N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-540
Estrada Lugo - Portugal por Ourense
Rabelas - Parroquia de Veiga - Chantada (Lugo)
Estrada N-540 ó seu paso por Rabelas (Chantada)
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude79 km
Localización
Inicio N-VI  Lugo
FinOurense

Percorrido

A estrada comeza en Meixaboi (Guntín), onde enlaza coa estrada N-547 Lugo-Santiago de Compostela. Vai en dirección sur compartindo vía coa estrada N-640, que deixa á dereita cun desvío cara a Agolada en Vendas de Narón. Despois a N-540 atravesa Taboada, Chantada (cunha circunvalación) e A Barrela (Carballedo). Segue polos concellos de Vilamarín e A Peroxa até enlazar coa estrada N-525 (Benavente-Santiago de Compostela) no Empalme, en Cambeo (concello de Coles).

Antigamente continuaba até a fronteira con Portugal por Barbadás, Celanova, Bande e Lobios con fin na raia seca, mais este tramo foi renomeado como OU-540.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

CG-2.1

O CG-2.1 é un corredor galego e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lalín, pasando por Chantada, sendo unha alternativa ás estradas LU-533 e PO-533.

O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

CG-2.2

O CG-2.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lugo, sendo unha alternativa á LU-546. O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Carballedo

Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés.

Cartelle

Cartelle é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 2.944 habitantes (3.641 en 2003).

Caseta de Ansemil, Ansemil, Celanova

Caseta de Ansemil é unha aldea da parroquia de Ansemil, no concello ourensán de Celanova, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña 43 habitantes (18 homes e 25 mulleres), catro máis ca en 2009.

Esta aldea está formada por un grupo de casas dispostas ao longo da N-540 e conta entre as súas edificacións cunha tenda-bar e cunha granxa de polos.

Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Guntín

Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

N-547

A N-547 ou estrada Lugo - Santiago de Compostela é unha estrada nacional convencional que une a N-540, na altura de Guntín, coas vías estatais A-54 e N-634 no concello do Pino. Foi creada en 1988, tomando o trazado da antiga C-547.Trátase dunha estrada cun elevado índice de sinistralidade, en espera de que se remate completamente a A-54.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Ponte romana de Lugo

A ponte romana de Lugo, con 104 m de lonxitude e 4 m de largura, cruza o río Miño ao seu paso polo suroeste da cidade de Lugo, unindo a Calzada da Ponte coa estrada vella de Santiago, vertebrando esta última o barrio lugués de San Lázaro. Fica entre medias da Ponte Nova, que enlaza a capital da provincia coa estrada N-540, e o balneario de augas termais, que data así mesmo da época da romanización.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Reádegos, Vilamarín

San Vicente de Reádegos é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 377 habitantes (175 homes e 202 mulleres), menos ca en 2006.

A entidade máis poboada é a da Pena, onde chegou a estar a Casa Consistorial. A parroquia está atravesada pola estrada N-540.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.