N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-525
Estrada Zamora - Santiago
Avda. Ourense, Xinzo de Limia, Ourense 01

Travesía urbana da N-525 por Verín baixo o nome de Avenida de Ourense
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude341 km
Localización
InicioBenavente
FinSantiago de Compostela
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

Historia

Este traxecto foi a vía tradicional de paso do camiño real desde Ourense cara a Castela a través da comarca de Seabra. En varios tramos discorre paralela á Vía da Prata do Camiño de Santiago. Entre Rionegro del Puente e Ourense correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Actualmente está caendo en desuso debido á autovía A-52 (Benavente - Vigo) e á autoestrada AP/AG-53 (Ourense - Santiago de Compostela). Comparte parte do seu camiño coa estrada N-640 entre Lalín e Chapa.

En 1975 construíuse a variante de Padornelo e A Canda, que facilitaba o paso da Portela da Canda, entre a provincia de Zamora e a de Ourense. Esta variante acurtaba o traxecto de 21 a 11,5 km. O tramo vello da estrada consérvase co nome de ZA-106. Nesa mesma época construíuse o viaduto do río Mente, no concello de Riós, no que estaba previsto un encoro que non se chegou a construír. O tramo vello neste lugar consérvase co nome de OU-142, aínda que non ten saída[1]. Tamén por entón construíuse a variante do Viso, evitando o paso por varias aldeas de Cudeiro e Gustei. O tramo vello consérvase co nome de OU-150. Entre Piñeira de Arcos e Ourense o tramo vello son as actuais OU-320 e OU-105.

Nesta vía, á altura de Colinas de Trasmonte, morreu en 1976 a cantautora Cecilia cando volvía dun concerto en Vigo.

Puntos de paso

Castela e León Castela e León

Provincia de Zamora

Galería de imaxes

Véxase tamén: Categoría:Imaxes da estrada N-525.
N-525 sinal A Canda

N-525 nevada preto da Vilavella

Notas

  1. "El túnel de La Canda tiene 600 metros y evita 60 curvas", artigo en La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1975 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A Vilavella, A Mezquita

Santa María da Cabeza da Vilavella é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 170 habitantes (91 homes e 79 mulleres), nove menos ca en 2007.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola autovía A-52, amais de pola liña ferroviaria Madrid-A Coruña. A Estación da Mezquita-A Vilavella prestou servizo ferroviario até 2013. Por aquí pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

No Diccionario de Madoz aparece citada como "Villavieja" (sic), e indícase que entón tiña 300 habitantes.

Abavides, Trasmiras

San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. Segundo o IGE, en 2016 tiña 156 habitantes (73 homes e 83 mulleres). Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Atópase á altura do quilómetro 192 da estrada N-525.

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Chapa, Silleda

San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.

N-532

A N-532 ou Estrada Nacional 532 Verín - Portugal é unha vía terrestre con titularidade do Ministerio de Fomento de España que comunica Verín coa fronteira portuguesa. Ten o seu quilómetro cero na vila de Verín, no cruzamento coa N-525. Trátase dunha estrada convencional cun único carril en cada sentido da circulación. Foi creada en 1988 tomando o trazado da antiga C-532 e forma parte da ruta europea E-801.

Desde 2010 debía deixar de ser o acceso principal a Portugal coa entrada en servizo da A-75, que conecta a A-52 coa Raia en Feces de Abaixo, habendo unha autoestrada portuguesa que lle dá continuidade baixo a denominación A24, do mesmo xeito que a propia N-532 coa N-103-5. Porén, o incremento no número de peaxes nas vías de alta capacidade de Portugal, que incluíu a A24, provocou que moitos condutores seguisen a empregar a vella estrada e, por defecto, continuar pola homóloga en Galiza.

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

OU-320

A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.

O Canizo, A Gudiña

Santa María do Canizo é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE e o INE en 2011 tiña 198 habitantes (97 homes e 101 mulleres), 21 menos ca en 2007.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525, que cruza a vila, e pola autovía A-52.

PO-204

A PO-204 é unha estrada da rede secundaria dependente da Xunta de Galicia que une a localidade da Bandeira (Silleda) co municipio de Vila de Cruces. Ten unha lonxitude de 17 km, e atravesa estradas que conducen a lugares de interese como a área recreativa da Carixa, o mosteiro de Carboeiro, o poboado mineiro de Fontao ou a fervenza do Toxa. Comunica coa N-525, que a súa vez enlaza coa N-640 en Chapa.

PO-213

A PO-213 é unha vía secundaria de 15,4 quilómetros que une a vila da Estrada coa N-525.

PO-960/AC-960

A PO-960 (na provincia de Pontevedra)/AC-960 (na provincia da Coruña), é unha estrada que une as localidades de Vila de Cruces e A Susana (Santiago de Compostela); atravesando os concellos de Boqueixón e Touro. Ten unha lonxitude de 32 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Susana (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa PO-905 (Vila de Cruces-Arzúa). Ten conexión con outras vías como a AC-240 e a AC-261.

Santa Cristina de la Polvorosa

Santa Cristina de la Polvorosa é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2009 tiña 1205 habitantes.

Taboada, Silleda

Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

VG-1.6

A VG-1.6 é unha vía de alta capacidade que une a AP-53, á altura do lugar de Mosqueiros, coa N-525 no lugar de Santa Lucía. Asemade, serve como conexión desde esta última vía á AG-59.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Vila de Rei, Trasmiras

Vila de Rei é unha parroquia do concello de Trasmiras na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (86 homes e 84 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 236 habitantes.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola Vía da Prata do Camiño de Santiago.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.