N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares[1]. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

N-120
Estrada Logroño - Vigo
Carreteraesp n120
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude662 km
Localización
InicioLogroño
FinVigo (Porto)
N-120 en Vilasobroso, Mondariz
N-120 en Vilasobroso.
Ponteareas, N-120
N-120 en Ponteareas.
Melón N-120 Land Rover
N-120 en Melón.

Percorrido

Tramo A Rioxa

Localidade Ligazóns/saídas Estrada coa que liga
Logroño Soria
Pamplona
Zaragoza
Laguardia
Lodosa
Oyón
Ribafrecha
 N-111 
 N-111   A-12 
 AP-68 
 LR-132 
 LR-131 
 A-2126 
 LR-250 
Navarrete cara a Fuenmayor
Soria
 LR-137 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Daroca de Rioja  LR-341 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Ventosa  LR-342 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Huércanos  LR-322 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Alesón  LR-428 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Huércanos  LR-427 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Tricio  LR-136 
Nájera Salas de los Infantes - Uruñuela  LR-113 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg San Asensio  LR-208 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Hornilla  LR-313 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Briones  LR-315 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Azofra  LR-206 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Rodezno - Alesanco  LR-312 
Hervías Bañares - Cirueña  LR-309 
Santo Domingo de la Calzada Haro(  AP-68 ) - Ezcaray
Herramélluri
Cirueña
Manzanares de Rioja
Corporales
 LR-111 
 LR-201 
 LR-204 
 LR-325 
 LR-323 
Grañón Villalobar de Rioja - Villarta-Quintana  LR-308 

Tramo Castela e León

Localidade Ligazóns/saídas Estrada coa que liga
IndicadorCACastillaLeón Burgos  Comunidade de Castela e León - Provincia de Burgos  /  Comunidade da Rioxa 
Redecilla del Camino
Castildelgado Bascuñana
Sotillo de Rioja
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg San Pedro del Monte
Villamayor del Río Fresneña
Quintanilla del Monte
 BU-V-8106 
Belorado cara a Pradoluengo- Ezcaray- Encoro de Arlanzón
Briviesca
 BU-811 
 BU-710 
Tosantos Villansur Río de Oca  BU-704 
Villambistia
Espinosa del Camino
Villafranca Montes de Oca comarca de Montes de Oca
Alcocero de Mola - N-I

 BU-703  -  N-I 
Puerto de la Pedraja (1130 m)
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Galarde  BU-V-8134 
Villamórico Atapuerca (xacementos arqueolóxicos)
Arlanzón
 BU-V-7012 
 BU-V-8133 
Zalduendo
Ibeas de Juarros Ezcaray - Encoro de Uzquiza - Encoro de Arlanzón  BU-P-8101 
Tomillares San Millán de Juarros  BU-V-8002 
Polígono Industrial Castrillo del Val
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Casa de Oria
Villayuda
Burgos Madrid
Valladolid
Santander
Cardeñadijo
Mansilla de Burgos
Villimar
 N-I   A-1 
 N-620   A-62 
 N-623 
 BU-900 
 BU-622 
 BU-V-5021 
Villalbilla de Burgos Valladolid
León
 N-620   A-62 
 A-231 
Tardajos Rabé de las Calzadas (Cruce sobre o Río Arlanzón)
Las Quintanillas Mansilla de Burgos (Cruce sobre o Río Úrbel)  BU-V-6067 
Villanueva de Argaño cara a Villadiego
Estepar
 BU-627 
 BU-406 
Olmillos de Sasamón Sasamón
Iglesias
 BU-610 
 BU-P-4041 
Villasandino cara a Castrojeriz  BU-404 
Padilla de Abajo Padilla de Arriba
Melgar de Fernamental Villadiego
Castrojeriz
 BU-601 
 BU-400 
Indicador ProvinciaPalencia  Provincia de Palencia  /  Provincia de Burgos  Indicador ProvinciaBurgos
Osorno la Mayor Comarca de Tierra de Campos
Santander, Palencia
Abia de Las Torres
Osornillo

 N-611   A-67 
 P-240 
 PP-4311 
Villadiezma
Villaherreros cara a Villasarracino  P-236 
San Mamés de Campos Bahillo  P-242 
Carrión de los Condes Comarca de Tierra de Campos
Palencia, Guardo e Saldaña
Frómista
La Serna
Villotilla
Torre de Los Molinos

 CL-615 
 P-980 
 P-241 
 PP-2411 
 PP-9641 
Calzada de Los Molinos Villarrabé  PP-2419 
Cervatos de la Cueza Villada
Villalumbroso
 P-972 
 P-962 
Quintanilla de La Cueza
Calzadilla de La Cueza
Santa María de las Tiendas
Ledigos Población de Arroyo, Cisneros  P-970 
Terradillos de los Templarios Saldaña  P-235 
Moratinos Villada  P-973 
San Nicolás del Real Camino
Indicador ProvinciaLeón  Provincia de León  /  Provincia de Palencia  Indicador ProvinciaPalencia
Sahagún Comarca de Sahagún - Tierra de Campos
Villada e Palencia
Cistierna
Mayorga
Renedo de Valderaduey
Joarilla de las Matas
Codornillos.

 CL-613 
 LE-232 
 LE-941 
 LE-251 
 CV-234-1 
 CV-196-12 
Calzada del Coto Calzadilla de los Hermanillos Ruta Jacobea de la Vía Trajana
Gordaliza del Pino Bercianos del Real Camino
Vallecillo (León) El Burgo Ranero
Villeza
 CV 195-17 
 CV 233-11 
Castrotierra
Castrotierra de Valmadrigal
Castrovega de Valmadrigal Únese á  N-601  (Adanero-León) ata León
Matallana de Valmadrigal Valencia de Don Juan
Santa Cristina de Valmadrigal
 LE-521 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Villamoratiel de las Matas
Santas Martas Valencia de don Juan
Villamarco
 LE-522 
 CV 195-14 
Estación de ff.cc. de Santas Martas - Valdearcos cruce co ff.cc Palencia-León
Reliegos
Luengos
Renfe -  A-231 
Mansilla de las Mulas Cistierna-Riaño
Palanquinos - Valencia de don Juan
Villafalé - Monasterio de San Miguel de Escalada
 N-625 
 LE-523 
 CV 195-18 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Mansilla Mayor
Puente Villarente Boñar
Villafañe
Marne - Villaturiel
 CL-624 
 LE-213 
 CV 162-1 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Sanfelismo
Arcahueja
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Villasogo de Arriba  CV 162-2 
Valdelafuente Valdefresno
Golpéjar de la Sobarriba
 CV 162-10 
 CV 162-6 
León Asturias
Astorga
Boñar
Porto de Pajares - Salamanca - Sevilla - Ruta de la Plata
Lorenzana
Matallana de Torío
Carrizo de la Ribera - San Andrés del Rabanedo
Trobajo del Cerecedo
Villaobispo de las Regueras
 A-66 
 AP-71 
 N-621 
 N-630 
 CL-623 
 LE-311 
 LE-441 
 CV 161-18 
 CV 162-5 
Trobajo del Camino
La Virgen del Camino Aeroporto de León
Valverde de la Virgen
San Miguel del Camino Chozas de Arriba  CV 161-33 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Santa María del Páramo
Carrizo de la Ribera
 LE-413 
 LE-442 
Villadangos del Páramo Santa Marina del Rey  LE-443 
San Martín del Camino Santa Marina del Rey
Bustillo del Páramo
 CV 194-29 
 CV 194-2 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Villavante  CV 194-1 
Hospital de Órbigo La Bañeza  LE-420 
Villarejo de Órbigo Villares de Órbigo
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Estébanez de la Calzada  CV 193-27 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg San Justo de la Vega - Nistal  CV 193-10 
Astorga únese á  A-6  /  N-VI ;Comarca de la Maragatería
Madrid - A Coruña
Quintana del Castillo
Santiago Millas
Castrillo de los Polvazares - Ponferrada
Val de San Lorenzo

 A-6   N-VI 
 LE-451 
 LE-133 
 LE-142 
 CV 192 
Pradorrey Villaobispo de Otero
Brazuelo
 CV 193-11 
 CV 159-21 
Combarros Magaz de Cepeda  CV 160-2 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Quintanilla de Combarros
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Veldedo
Rodrigatos de la Obispalía
Manzanal del Puerto Puerto del Manzanal (1230m)
Ucedo
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Montealegre
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Brañuelas  CV 160-11 
La Silva
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg La Granja de San Vicente
Torre del Bierzo Tremor de Abajo  LE-460 
La Ribera de Folgoso Folgoso de la Ribera  LE-461 
Albares de la Ribera
Bembibre O Bierzo
Toreno
Castropodame
Santibáñez del Toral
Noceda del Bierzo

 LE-114 
 CV 157-8 
 CV 157-12 
 CV 127-7 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Castropodame  CV 157-6 
Almázcara
San Miguel de las Dueñas Congosto
Calamocos
 CV 159-3 
 CV 157-7 
Ponferrada O Bierzo
As Médulas - A Ponte de Domingo Flórez
Cacabelos - Os Ancares - Vilablino
Molinaseca-Astorga
Cacabelos
A Veiga de Espiñareda

 N-536 
 CL-631 
 LE-142 
 LE-713 
 LE-711 
Carracedelo
Vilamartín da Abadía Vilafranca do Bierzo
Cacabelos
 A-6 
 LE-611 
Toral dos Vados Viladepaos
Paradela do Río
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Sobrado  CV-157-15 
A Barosa Carucedo
As Médulas

Tramo Galicia

Localidade Ligazóns/saídas Estrada coa que liga
IndicadorCAGalicia Ourense  Comunidade de Galicia - Provincia de Ourense  /  Comunidade de Castela e León - Provincia de León  IndicadorCACastillaLeón León
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Biobra - Vilardesilva
A Veiga de Cascallá Robledo  OU-622 
Rubiá
O Barco de Valdeorras Comarca de Valdeorras
As Médulas - A Ponte de Domingo Flórez - Ponferrada

 N-536 
O Castro de Valdeorras
A Proba
Arcos
Vilamartín de Valdeorras Baxeles  OU-324 
Vilela
A Rúa A Gudiña
Petín
Roblido
 OU-533 
 OU-195 
 OU-136 
Indicador ProvinciaLugo  Provincia de Lugo  /  Provincia de Ourense  Indicador ProvinciaOurense
Sequeiros
Os Novais
Quiroga Folgoso do Courel
Barreiro
 LU-651 
 LU-623 
Barxa de Lor
Abrence
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg A Pobra do Brollón - O Incio  LU-653 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Sarria - Lugo  LU-652 
Bascós Sindrán
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg As Fontes
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Centro Expolemos
Monforte de Lemos A Terra de Lemos
Sarria - Lugo
Castro Caldelas

 LU-546 
 LU-603 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Chantada - Lalín  CG-2.1 
Canaval Sober
O Castro de Ferreira Ferreira de Pantón
Indicador ProvinciaOurense  Provincia de Ourense  /  Provincia de Lugo  Indicador ProvinciaLugo
Os Peares A Peroxa  OU-407 
Ourense Benavente - Vigo
Benavente - Santiago de Compostela e A Pobra de Trives
 A-52 
 N-525   OU-536 
Arrabaldo O Carballiño - Pontevedra  N-541 
A Barca de Barbantes Benavente - Ourense - Vigo  A-52 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Benavente - Ourense - Vigo
Cortegada
 A-52 
 OU-402 
Ribadavia O Carballiño  OU-504 
Melón Benavente - Ourense - Vigo  A-52 
Indicador ProvinciaPontevedra  Provincia de Pontevedra  /  Provincia de Ourense  Indicador ProvinciaOurense
A Cañiza Benavente - Ourense - Vigo
Cortegada
 A-52 
 PO-406 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg Ponte Caldelas - Pontevedra  PO-255 
Ponteareas Salvaterra de Miño - Monção - Portugal  PO-403 
O Porriño Tui - Portugal  A-55 
Vigo Pontevedra - Santiago de Compostela - A Coruña - Ferrol  AP-9 

Notas

  1. "La carretera Nacional 120 cumple veinte años de vida", artigo en El Progreso, 4 de febreiro de 2011 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017. Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

Abrence, A Pobra do Brollón

San Xoán de Abrence é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 112 habitantes (173 en 1991), 51 homes e 61 mulleres, agrupados en 10 entidades de poboación, cunha densidade de 9 hab./km².

Limita ao norte coas parroquias de Cereixa e Castroncelos, ao leste con Barxa de Lor, ao oeste con Pinel e ao sur con Liñares e Quintá de Lor. O centro da localidade está situado a 483 m de altitude, ao sur da estrada N-120.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial. O primeiro domingo de setembro celébranse as festas na honra a Santa Lucía.

Comarca da Terra de Lemos

A Terra de Lemos é unha comarca galega situada ó sur da provincia de Lugo cuxa capital é Monforte de Lemos, que tamén é o concello máis poboado da comarca. A maioría da superficie (toda excepto o concello de Bóveda) forma parte da Ribeira Sacra, da que Monforte tamén é a súa capital.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas ourensás de Ourense e Terra de Caldelas.

Manila

Manila é a capital e cidade principal de Filipinas. Localízase na illa de Luzón, á beira da ampla baía do seu nome que se abre ó Mar do Sur da China. Con diferenza é o máis importante centro económico, comercial, industrial, financeiro e cultural do país a máis do seu maior porto. Aínda que a cidade en si ten 1 581 082 habitantes (2000), arrodéase dunha vasta coroa metropolitana que fai da aglomeración resultante unha das maiores do mundo (15 980 000, 2001)

Había un asentamento musulmán na desembocadura do río Pasig cando, en 1571, arribaron conquistadores españois ao mando de Miguel López de Legazpi que o destruíron, fundando no seu lugar unha colonia amurallada, berce da cidade actual.

Mar de Sulu

8°25′6″N 120°19′10″L

O mar de Sulu é unha parte do océano Pacífico limitada a nordeste polas illas Visayas, a leste e sueste polas de Mindanao, a suroeste pola costa norte de Borneo, onde se encontra o estado malaio de Sabah, e ao noroeste pola illa Palawan. É compartido por Malaisia e Filipinas.

Mouriscados, Mondariz

San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

OU-536

A OU-536 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Ata xaneiro de 2003 era coñecida como C-536, e unía as localidades de Ourense e A Rúa pola Pobra de Trives.

A Xunta de Galicia iniciou unha redenominación das súas estradas en 2002 seguindo a política de racionalización da nomenclatura dos viarios iniciada polo Ministerio de Fomento. Esta nomenclatura nas estradas nacionais non fora alterada desde 1941, e nas autovías e autoestradas desde 1967.

O seu inicio está no campus universitario de Ourense e o cabo nas piscinas municipais da Pobra de Trives.

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Petelos, Mos

San Mamede de Petelos é unha parroquia do concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.373 habitantes (716 mulleres e 657 homes). Están distribuídos en 8 entidades de poboación.

Desde 1935 alberga a casa consistorial de Mos, situada a carón da igrexa parroquial.

Estaba atravesada polo camiño histórico de Vigo a Ourense e Castela. Posteriormente sobre esa vía construíuse a estrada N-120 e a autovía A-55.

Petán, A Cañiza

San Xián de Petán é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Cañiza. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 345 habitantes (162 mulleres e 183 homes) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 603 habitantes.

Nesta parroquia, a carón da estrada N-120, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Quins, Melón

Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.