Número gramatical

Categoría lingüística que diferencia a cantidade de persoas que forman parte dunha entidade semántica: en galego, temos singular e plural, pero estes non son os únicos números. En linguas coma o árabe, hai outro número dual, que diferencia ás entidades que en galego serían plurais pero que están formadas por só dúas cousas. Do mesmo xeito, hai linguas que posúen un número chamado trial, e mesmo outras que teñen quatrial. O caso que pode parecer estraño é o nular.

Un número distinto destes é o paucal, que especifica entidades plurais que están formadas por varias partes pero que non chegan a sumar unha cantidade excesiva: así un enxame pediría un plural mentres que o número de fiestras dunha casa esixiría usar o paucal.

A tipoloxía lingüística demostrou que a existencia de determinadas variantes clasificadoras do número segue un universal lingüístico con forma de hierarquía:

  • tódalas linguas teñen un número;
  • se existe plural, debe haber un singular;
  • se unha lingua ten dual, deberá ter plural;
  • que teña trial obriga a que teña dual;
  • se aparece un paucal é necesario que existan os outros dous;

Así establécese unha orde: singular → plural → dual → trial → paucal.

Véxase tamén

Outros artigos

Categoría gramatical

Categoría gramatical é o termo empregado para a clasificación das palabras segundo o seu tipo. Dito vocábulo foi introducido por Antonio de Nebrija.

Modernamente o termo categoría gramatical refírese a unha variable lingüística que pode tomar diferentes valores que condicionan a forma morfolóxica concreta dunha palabra moito máis xeral có uso tradicional do termo.

Declinación do latín

A declinación do latín é o conxunto de formas en que se declinan os substantivos, adxectivos, pronomes e outras categorías de palabras na lingua latina. En latín, a declinación dunha palabra serve para indicar a función e o número gramatical. Hai cinco declinacións, que están numeradas e agrupadas segundo a terminación e o seu xénero gramatical. Os diferentes casos exprésanse por medio dun sufixo (ou morfema gramatical) incluído ó remate de da palabra. A flexión das palabras dentro dunha mesma declinación varía segundo o seu xénero gramatical: masculino, feminino ou neutro.

Cada un dos seis casos ten unha función principal e unha serie de funcións secundarias, que poden ter unha semellanza gramatical coa función principal ou non. Este sistema de casos do latín influíu na gramática das linguas románicas (as linguas que descenden do latín). Algunhas, coma o romanés, aínda conservan un sistema de casos hoxe en día, mentres que outras, coma o catalán, só conservan algúns vestixios.

Lingua escocesa

Para a lingua xermánica orixinaria de Escocia, véxase scots.O escocés ou gaélico escocés (gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; fálana só 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións locais.

O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx. Provén do irlandés antigo, xa que chegou desde Irlanda a Escocia a partir do século IV.

Linguas nilo-saharianas

As linguas nilo-saharianas son unha familia ou macrofamilia de linguas de África, faladas en África centro-oriental, principalmente no sahel e as concas do alto río Nilo (Sudán) e o Chari (Chad). Foi definida polo lingüista Joseph Greenberg en 1963. É unha familia na que existen importantes diverxencias entre os subgrupos que a forman, razón pola cal para algúns a familia necesita ser máis investigada para estabelecer máis firmemente o parentesco, mentres que os nilo-saharianistas consideran que a diverxencia débese a que a familia podería ter unha antigüidade de entre dez mil ou doce mil anos.

En 1987, falaban linguas nilo-saharianas uns 11 millóns de persoas aproximadamente, de acordo coa estimación de Merritt Ruhlen. As estimacións de Bender para 2004 sumaban 31 millóns de falantes. O número exacto de linguas nilo-saharianas non se coñece con precisión, aínda que L. Bender, sinala que o criterio de intelixibilidad mutua conduce a un mínimo de 120 linguas, e ofrece unha clasificación da familia sobre datos léxicos de 115 linguas diferentes, mentres que Ethnologue lista 205 variedades diferentes, algunhas das cales claramente son mutualmente intelixibles e, por tanto, poden considerarse a mesma lingua.Caracterízanse principalmente por ter un número gramatical trial singular-colectivo-plural, agás no caso do gumuz.

Número

Se busca o significado deste termo aplicado nas linguas, v. Número gramatical.

Un número, en ciencia, é unha abstracción que representa unha cantidade ou unha magnitude. En matemáticas un número pode representar unha cantidade métrica ou máis xeralmente un elemento dun sistema numérico ou un número ordinal que representará unha posición dentro dunha orde dunha serie determinada. Os números complexos úsanse como unha ferramenta útil para resolver problemas alxébricos e que alxebricamente son un mero engadido aos números reais que á súa vez ampliaron o concepto de número ordinal. Sobre todo, un número real resolve o problema de comparación de dúas medidas: tanto se son conmensurables ou inconmensurables. Exemplo: o lado dun cadrado é conmensurable co seu perímetro, pero o lado do cadrado coa diagonal do mesmo son inconmensurables.O símbolo dun número recibe o nome de numeral, mentres que cada un dos signos que conforman o numeral recibe o nome de algarismo. Pódese falar así de algarismos arábigos (0, 1, ..., 9), algarismos romanos (I,V,X,C,D,M) etc.

Os números úsanse con moita frecuencia na vida diaria tamén como etiquetas (números de teléfono, numeración de estradas), como indicadores de orde (números de serie), como códigos (ISBN) etc.

Número dual

En morfoloxía lingüística, o número dual (ou simplemente dual) é unha das posíbeis formas do número gramatical, que expresa a cantidade dúas; contrasta case sempre co singular e o plural, e ás veces con outras variantes como o trial. Semanticamente fai referencia ou ben a dous elementos en xeral, ou ben a un par de elementos, dúas entidades que constitúen unha parella natural (os ollos, as mans...), cultural ("as dúas deusas" en grego clásico fan referencia a Core e Deméter) ou circunstancial ("ambos ían da man"). [cita [Cómpre referencia] Para facer coherentes as oracións nas que se usa, o dual pode afectar á flexión de substantivos, pronomes, adxectivos e/ou verbos, segundo as regras de cada lingua.

O número dual existía en protoindoeuropeo, e conservouse nalgúns dos idiomas indoeuropeos agora extintos como o sánscrito, o grego antigo e o gótico entre outros. Aínda se pode atopar nalgunhas linguas indoeuropeas modernas como o frisón, croata, o esloveno e o serbio. Existen algúns exemplos modernos máis que amosan trazas residuais de dual, como a distinción entre ambos e todos, ou, en inglés entre either (un dos dous) e any (algún) ou neither (ningún dos dous) e none (ningún) etc.

Moitas linguas semíticas tamén posúen un número dual. Por exemplo, en árabe estándar todos os nomes poden declinarse en singular, plural ou dual. Tamén o manteñen o esloveno, o sórabo etc., aínda que en certas linguas só se aplica en cousas que naturalmente son pares, como as mans ou os ollos: por exemplo, en bretón, ao lagad ("o ollo", singular), an daoulagad ("os [dous] ollos [dunha persoa, mamífero, anfibio, peixe, ave ou réptil]", dual) e lagadoù ("ollos" [manchas de graxa formadas sobre un líquido], plural) ou skouarn ("orella", singular), an skouarn ou an divskouarn ("as [dúas] orellas [dunha persoa]", dual) e skouarnoù ("asas dunha vasilla", plural).

Quenya

O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]), é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.

O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.

Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a Primeira Guerra Mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.