Nós Televisión

Nós Televisión, antigamente Canal Deza e DEZTV, é unha canle de televisión galega impulsada por Isidro Barco.[3] Desde o 14 de marzo de 2019 emite exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R, deixando de transmitir en TDT nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago o día 18 de marzo do mesmo mes.[4] Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia[5][6], pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka[7] e Galaxia[8] ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.[9]

O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.[10][11]

O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.[12]

Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo,[13] e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.[14]

Nós Televisión
Inicio das emisións 2013[1]
Propiedade de Nós Televisión S.L.
Formato da imaxe HDTV 16:9
Slogan Unha televisión aberta á cidadanía
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Polígono do Tambre, Santiago de Compostela[2]
Nome(s) anterior(es) Canal Deza, DEZTV
Páxina web Nós Televisión
Dispoñibilidade
Cable
R Dial 119
Entrevista a Henrique Alvarellos en Nós TV.

Programas

  • Espazo Aberto: programa informativo diario
  • A cámara branca: programa de entrevistas
  • KalandrakaTv: novidades editoriais e crítica literaria
  • Universo Galaxia: novidades editoriais e crítica literaria
  • Rede galega de videoblogues: vídeos curtos de opinión

Notas

  1. "Comienza sus emisiones el canal Nós Tv". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  2. "NOS TELEVISION SL". Infocif. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  3. "Nace Nós TV unha televisión para o corazón de Galicia" Praza Pública.
  4. Espazo Aberto, o primeiro programa da nova etapa de Nós Televisión (Nós Televisión). 14/03/2019. Escena en 11:39. «Desde o luns 19 de marzo, Nós Televisión deixará de emitirse a través da Televisión Dixital Terrestre como viña facendo nos últimos anos»
  5. "Area de influencia". Consultado o 10 de setembro de 2016.
  6. "Unha televisión aberta á cidadanía". Nós Televisión. Consultado o 24 de maio de 2018.
  7. Editora, Kalandraka (2019-03-15). "@NosTelevision e @kalandrakatv tecen sinerxias na difusión de contidos #engalego relacionados coa #literaturainfantil e xuvenil. Mañá sábado ás 16:30h comeza a emisión de vídeos de #KalandrakaTv na grella de #NosTelevision, que tamén se pode sintonizar no dial 119 de @os_de_Rpic.twitter.com/JUVhU3y2dW". @KalandrakaEdit. Consultado o 2019-03-18.
  8. "Universo Galaxia". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
  9. "Nós Televisión chega a toda Galicia a través da plataforma R". Nós Televisión. 2019-03-11. Consultado o 2019-03-18.
  10. "Rabela: especial pola lingua". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
  11. Redacción (2016-06-16). "28 de xuño: programa especial sobre lingua". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
  12. "A nación das mulleres: do teito de cristal ao cantil de cristal". Matadoiro Compostela. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018.
  13. "Documental". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18.
  14. "San Finx 1960". Nós Televisión. 2019-04-03. Consultado o 2019-04-04.

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Luzes

Luzes é unha revista mensual en lingua galega. Comezou a publicarse en papel e en dixital no ano 2013. Está dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro.No seu manifesto Prendamos as luzes defínese como situacionista, inconformista e disidente. O 22 de decembro de 2016 organizou o debate arredor do feminismo A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal, producido por Nós televisión no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu as catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández Gómez, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Praza.gal

Praza.gal é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.