Nós-Unidade Popular

NÓS-Unidade Popular foi unha organización política galega, de filiación individual, que admitía a dupla militancia e se posicionaba nos parámetros da esquerda independentista, revolucionaria, antipatriarcal e defensora do galego como lingua nacional de Galiza, defendendo a unidade lingüística galego-portuguesa (reintegracionismo).

Nós-Unidade Popular
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderCarlos Morais
MocidadesBriga
Historia
Fundación2001
Disolución2015
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo galego
Esquerda
Marxismo
Reintegracionismo
Feminismo
Internacionalismo[1]
Representación
RepresentaciónNon ten representación
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
PublicaciónVoz Própria
Páxina webwww.nosgaliza.org

Historia

25julho05
Manifestación de NÓS-Unidade Popular no 25 de xullo, Día da Patria, de 2005.

Formouse en 2001 pola unión de organizacións independentistas de carácter comarcal, incluíndo militantes da organización comunista Primeira Linha. A súa asemblea fundacional (en 2001, que culminou o chamado Processo Espiral), celebrouse en Santiago de Compostela, capital de Galiza. A segunda (2003) foi na Coruña e a terceira (2005) en Ferrol.

Este partido publica a revista política Voz Própria, de carácter cuadrimestral.

No ano 2004 presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo, e obtivo 1.331 votos en Galiza (0,12%) (2.516 votos en toda España) e nas eleccións autonómicas de 2005 obtivo 1.749 votos (0,12%).

De entre as súas campañas, destacan as que periodicamente reivindican a autodeterminación nacional de Galiza, a integridade territorial do país (incluídas as comarcas limítrofes so administración asturiana e castelá que non inclúe o actual Estatuto de Autonomía), a eliminación da simboloxía franquista e a memoria dos milleiros de vítimas que a ditadura deixou en Galiza, alén das de carácter socio-laboral. A súa filiación participa activamente nos principais movementos sociais galegos (feminista, sindical, cultural etc).

Nas eleccións autonómicas de 2009 presentou unha candidatura encabezada por mulleres en todas as circunscricións[2] e a proposta de que o galego se convertese en única lingua oficial de Galiza.[3] Nelas, conseguiu 1.471 votos (0,09%), perdendo votos ao igual que o conxunto da esquerda nacionalista, conseguindo o PPdeG a maioría absoluta que perdera no 2005. Nas eleccións municipais do 2011 as candidaturas relacionadas con Nós-UP acadaron 1.518 votos[4]. Non se presentou ás eleccións galegas do 2012.

Asembleas Nacionais

A chamada Assembleia Nacional Constituinte tivo lugar en Santiago de Compostela os días 2 e 3 de xuño do ano 2001 baixo o nome "Construindo o novo independentismo", e nela recoñeceuse "a enorme experiência acumulada em todos e cada um dos intentos de construir umha alternativa revolucionária para a Galiza" e a necesidade de construír "força social para a libertação nacional", identificando explicitamente o independentismo galego como "um projecto de esquerda". Definiuse a admisión da dobre militancia e o respecto pola pluralidade interna como valor a promover e defender na construción do novo independentismo galego.

A II Assembleia Nacional celebrouse na cidade da Coruña os días 21 e 22 de xuño do 2003 e foi convocada baixo o lema "Um futuro independentista para a Galiza". Nela definiuse con precisión o obxectivo da "libertação nacional e social de género" como identidade de Nós-Unidade Popular, así como os ámbitos concretos nos que alongar a presenza e o traballo da organización, tales como os locais sociais en defensa da cultura e lingua galega, o ámbito feminista, a comunicación social (promoción e lanzamento de medios propios), o traballo sindical e o ambiental.

A III Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular celebrouse na cidade de Ferrol os días 2 e 3 de xullo do 2005, quedando marcada polo abandono do sector ligado á entidade xuvenil Assembleia da Mocidade Independentista (AMI). Definiuse a oposición ao autonomismo, situando a necesidade de constituír un amplo espazo social autodeterminista para facer fronte ás pretensións oficiais de reformar o Estatuto de Autonomía de Galiza sen incluír ningunha referencia aos dereitos nacionais de Galiza. O posicionamento contrario a Constitución Europea e en defensa dos dereitos lingüísticos completaron os debates.

A IV Assembleia Nacional tivo lugar no Concello de Teo o 1 de decembro do 2007. Nel avaliouse a nova etapa política, marcada pola entrada do PSdeG e o BNG en coalición no poder galego, polo que Nós-Unidade Popular considerou a "necessidade de articular uma oposição nacional e de esquerda".

A V Assembleia Nacional descorreu na cidade de Vigo en decembro do ano 2009, servindo para redefinir os parámetros de actuación no seo do independentismo de esquerda, marcado en Galiza pola fragmentación. Na cidade olívica acordouse tamén relanzar o seu perfil propio como xeito de fortalecer o carácter de clase e feminista da esquerda independentista, e ante a evidencia de que non habería avances significativos na unidade da esquerda independentista nun futuro inmediato[5].

Ata o 2010, Nós-Unidade Popular integrou, xunto con outros sectores da esquerda nacional galega, espazos de articulación autodeterminista. Primeiro foi en torno ás chamadas Bases Democráticas Galegas, e posteriormente á plataforma suprapartidaria Causa Galiza, onde se integraron as Bases Democráticas Galegas e onde participa militancia dalgunhas correntes soberanistas galegas. Non obstante no ano 2011 Nós-Unidade Popular abandonouna formalmente, convocando ese mesmo ano en solitario unha manifestación independentista co gallo do Día da Patria Galega[6].

O 25 de xuño de 2015, a organización anunciou a súa disolución logo de considerar "esgotado" o seu ciclo político na asemblea nacional extraordinaria do 20 de xuño.[7]

Notas

  1. http://nosgaliza.org/prova2/?p=2155
  2. "Nós-UP achega programa e unha candidatura encabezada por catro mulleres". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 07 de marzo de 2016.
  3. NOS-UP: O castelán non debera ser lingua oficial en Galiza
  4. "5.169 votos para as onze candidaturas independentistas". 22 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xuño de 2018.
  5. Dispoñibles os textos da V Assembleia Nacional de NÓS-Unidade Popular
  6. Alberte Moço, portavoz de NÓS-UP: Continuamos a apostar por verdadeiras dinámicas unitarias (entrevista no Diario Liberdade)[Ligazón morta]
  7. A, D (25 de xuño de 2015). "Nós-UP anuncia a súa disolución". Sermos Galiza. Consultado o 25 de xuño de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Agir defende un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loita contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Esta ligado a Nós-UP. Contan cun representante na USC.

O órgano central e básico de Agir son os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que teñen presenza.

Asemblea Nacional-Popular Galega

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Assembleia do Povo Unido

A Assembleia do Povo Unido foi un partido galego independentista que se proclamaba socialista e reintegracionista formado en 1989 despois de escindirse da Frente Popular Galega un grupo nucleado en torno a Galiza Ceive-OLN. Deulle un papel fundamental á loita armada como medio de liberación nacional e foi o apoio político do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Disolveuse o 26 de febreiro de 1995 despois de varios anos sen apenas actividade logo que o EGPGC realizase a súa última acción armada en 1991 e de obter 1.492 votos (0,1%) nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993. Porén a Assembleia da Mocidade Independentista, a organización xuvenil da APU seguiu a súa actividade política.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Carlos Morais

Carlos Morais, nado en Muíños en 1966, é un político galego.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Os Pobos Deciden

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG), e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP). Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións, así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu, seguido de Ana Miranda como representante do BNG. Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independiente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns, e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular, que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Partido Galeguista Demócrata

O Partido Galeguista Demócrata actual é un partido político galego de centro, constituído no ano 2004 con Manuel Soto como secretario xeral e Xabier González como presidente. Autodefínense como galeguista, nacionalista, demócrata e europeísta. O PGD presentou candidaturas en 33 concellos nas eleccións municipais de 2007.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Primeira Linha

Primeira Linha é unha organización política comunista galega integrada no Movimento de Libertaçom Nacional Galego. Apoia a independencia de Galicia, considerando esta como a actual comunidade autónoma de Galicia máis as Terras do Eo-Navia, o Val do Íbias e as rexións do Bierzo e A Seabre. Forma parte de Nós-Unidade Popular.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Solidaridad Gallega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.