Nómade

Os nómades (do grego: νομάδε, "nómade", "o que deixa os rabaños nos pastos") son comunidades que se trasladan dun lugar a outro, no canto de establecerse permanentemente nun só lugar. Estímase que, no planeta, ao redor de 30 a 40 millóns de persoas pertencen a pobos nómades.[1]

Os primeiros seres humanos foron nómades, mais aínda é a forma de vida de moita poboación do mundo.

Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a gandaría, víase obrigado a seguir os rabaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.

O home descubriu a agricultura e a gandaría durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e convertérense en sedentarios. Porén, nalgúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o gando para que este puidese seguir pacendo unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaban (e séguese cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez cultivados, abandónanse e búscanse novos terreos.

Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómades. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongois sobre a China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.

Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).

Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómades que hoxe existen son os seguintes:

Nomads near Namtso
Familia de pastores nómades da rexión tibetana de Naptso.
Bedouin Mother and Child NGM-v31-p552
Unha nai e o seu fillo dun pobo beduino nómade (National Geographic) Foto do 2005.

Notas

  1. Nomads - The Facts Arquivado 27 de agosto de 2002 en Wayback Machine. (consultado o 16 de agosto de 2011) (en inglés)
Anshan, Persia

Anshan,( Izeh) Anzan ou Anšan é a antiga capital do reino elamita durante os seus períodos alto e medio, e despois a primeira capital dos reis persas aqueménidas. Corresponde ao actual sitio arqueolóxico de ( Izeh) , que se atopa en Irán, na provincia de Khuzestan , preto da cidade de Khuzestan.

Anshan está ocupada desde o VI milenio antes da nosa era. No período proto-elamita (finais do IV milenio antes da nosa era) convértese nunha das principais aglomeracións do país elamita, grazas á súa situación nas rutas comerciais de primeira importancia. Entre -2400 e -2000, os reis de Anshan están á cabeza de reinos poderosos, e enfróntanse ao expansionismo dos mesopotamios (reis de Akkad e de Ur). Os soberanos do reino de Simashki dominan o reino elamita no século -XXI, e fan de Anshân unha das cidades principais de Elam. Baixo as dinastías seguintes, as dos sukkalmah, Anshân convértese con Susa unha das dúas capitais de Elam. Este reino toma daquela o seu carácter dual, entre o País Alto elamita, arredor de Anshân, e a Susiana fortemente influenciada pola tradición mesopotámica. Pero o primeiro garda a primacía, como o proban os títulos dos soberanos do período medio-elamita (-1500 – -1100), que se denominan «reis de Anšan e de Susa».

Con todo, Anshân non terá nunca a importancia de Susa, e ficará como cidade de talla media, pouco ornada polos soberanos elamitas, e por iso as escavacións de Tell-e Malyân non foron ocasión de grandes descubrimentos, malia os medios investidos. Isto explícase polo carácter esencialmente nómade do País Alto elamita, onde os lugares de culto principais do gran deus elamita Napirisha son santuarios rupestres (como Izeh/Malamir e Kurangun), e onde a poboación fica maioritariamente nómade. Os edificios máis importantes sacados á luz pertencen ao período proto-elamita (dous grandes edificios, un administrativo e outro artesanal, con restos de frescos murais con motivos xeométricos e taboíñas proto-elamitas), e o fin do período medio-elamita (un grande edificio construído por Hutelutush-Inshushinak, onde se atoparon taboíñas administrativas en elamita).

No primeiro milenio antes da nosa era, a rexión de Anzan (novo nome de Anshân) pasa ás mans dos persas. Os seus soberanos retoman para eles o título de «reis de Anšan», como testemuña un selo co nome de Ciro I. O seu ilustre sucesor Ciro II, fundador do Imperio aqueménida, fixo o mesmo. Pero a cidade veuse pronto relegada a un segundo plano coa construción das novas capitais persas nos séculos VI e V a.C., Pasargadas e logo Persépole, a menos que os títulos adoptados fosen máis nominais (unha maneira de se poñer en relación coa tradición local elamita) que efectivos. A cidade é abandonada de todos modos durante este período.

Arte islámica

O termo arte islámica designa a produción artística que se desenvolveu entre a héxira (622) e o século XIX no territorio habitado por poboacións de cultura islámica que se estendía no momento de máximo esplendor desde España ata Indonesia. A fe nun Deus único, Alá, e no seu profeta, Mahoma, creou uns lazos culturais e relixiosos que se reflectiron tamén na arte.

A orixe nómade do pobo árabe, primeiro en converterse ó islam, determinou que a arte estivese centrada nas artes decorativas e industriais: ourivaría, marfís, cerámica mentres que a arquitectura, carente en orixe dunha organización no construtivo e no ubanístico vai derivar nunhas estruturas arquitectónicas abertas con patios e pórticos cubertos xeralmente con terrazas. O material de construción habitualmente utilizado foi o ladrillo, as naves realízanse mediante o arco de medio punto, o arco apuntado, o arco peraltado e sobre todo polo arco de ferradura e o arco polilobulado, os edificios estaban cubertos por bóvedas de canón e a partir do século X por bóvedas de aresta formando arcos que se cruzan deixando un polígono central. O edificio máis característico da arte islámica é a mesquita, a súa orixe está na casa de Mahomed e a súa tipoloxía non mudou ata a época actual, consta de haram, sala de piares orientada cara A Meca cun nicho aberto no muro do fondo, diante do que está a macsura (palco) e o mimbar (púlpito), esta sala dá ao sahn, patio porticado no que está o sabil (fonte de ablucións).

A decoración da arte islámica é plana, sen eixo de simetría e con tendencia á repetición indefinida de motivos xeométricos e vexetais estilizados que se mesturan entre si e con outros motivos epigráficos.

Asia Central

Asia Central é unha rexión no corazón do continente asiático dende o Mar Caspio no oeste, a China no leste, Afganistán no sur, e Rusia no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos nómade e a ruta da seda. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre Europa, Asia Occidental, Asia Meridional e Asia Oriental.

Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga Unión Soviética: Casaquistán (poboación: 16´0 millóns), Kirguizistán (5´5 millóns), Taxiquistán (7´3 millóns), Turkmenistán (5,1 millóns), e Uzbekistán (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son Mongolia, Afganistán, no norte e o oeste de Paquistán, nordés de Irán, Caxemira, e, ás veces Xinjiang no oeste da China e o sur de Siberia en Rusia.

Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente iraniano, rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades escitas e alanos. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os uzbekos, casacos, kirguises, e uigures.

Cosacos

Cosaco (en ruso: каза́к, tr.: kazak, plural: казаки; en ucraíno: козак) refírese a unha persoa pertencente ó antigo pobo nómade, guerreiro por excelencia e grande amante da liberdade que se estableceu de forma permanente nas estepas do sur do que é actualmente Rusia e Ucraína aproximadamente no século X. Os cosacos foron coñecidos pola súa destreza militar e a súa confianza en si mesmos. O nome deriva posiblemente da palabra turca quzzaq, "aventureiro", "home ceibe". Este termo menciónase por primeira vez nun documento ruteno que data de 1395.

Cosaco é o nome común compartido de forma independente por varios grupos de poboación e unidades militares ó longo da historia de Europa Oriental e dos territorios próximos. O grupo principal e máis numeroso é o dos cosacos ucraínos (Козаки) e o dos cosacos rusos (Казаки) dos ríos Don, Kubán, Terek, Ural, respectivamente. Algo menos coñecidos son os cosacos polacos (Kozacy) e os cosacos tártaros (Nağaybäklär).

Algúns representantes deste pobo chegaron a ser grandes comandantes militares, escritores, poetas, historiadores, enxeñeiros, artistas e científicos.

O nome "cosaco" non se debe confundir cos casacos (naturais de Casaquistán, país en Asia Central). En lingua nativa de Casaquistán ós orixinarios deste chámanos Kazáj: Kazajo).

Os cosacos rusos participaron de forma importante na colonización de Siberia. A mediados do século XVII, os cosacos rusos acadaron a costa do océano Pacífico.

Os cosacos ucraínos formaron o estado dos Cosacos de Zaporozhia en 1649. Considéraselles os proxenitores da moderna nación ucraína.

En 1670, o cosaco do Don Stenka Razin proclamou a República Cosaca na cidade de Astrakán, á beira do río Volga, preto da súa desembocadura no mar Caspio. Xunto co anterior decreto a abolición da escravitude, o principio de igualdade e a fin dos privilexios en territorios desta República Cosaca.

Os cosacos do Don formaron o Estado Cosaco del Don en Rusia. Durante a época do Imperio Ruso uníronse ós cosacos do Don numerosos servos rusos que fuxían dos seus amos. Porén, os cosacos do Don e de Kubán foron unhas das principais forzas de resistencia contra os bolxeviques durante a guerra civil rusa.

Na mesma época e tras a caída do Imperio Ruso (en maio de 1918), cosacos do Don liderados polo seu ataman, Piotr Nikolaevich Krasnov, novamente tentaron formar unha República Cosaca Independente en unión cos cosacos de Kubán. A república incluía 10 provincias coa capital na cidade de Novocherkassk, co esquema administrativo-político dun estado federal independente.

As tradicións, cultura e a comunidade mesma cosaca na súa maioría foron expostos ó exterminiona época da Unión Soviética, especialmente entre os anos 1922 e 1945, e na actualidade atópanse nun proceso de rexurdimento.

Consonte ó censo oficial da Federación de Rusia do ano 2002, por primeira vez despois do censo do ano 1897, máis de 140.000 persoas de ambos os sexos (0,1% do total da poboación) en Rusia en forma aberta indicaron a súa nacionalidade como cosaca, residentes e cidadáns de Rusia.

A gran maioría da comunidade cosaca está concentrada en rexións de Volgograd e de Rostov, 108.140 del total. Outros 21.444 cosacos son residentes do Krai de Krasnodar e da rexión de Stavropol. 3.223 cosacos están repartidos entre a República Karacháevo-Cherkesia e República Osetia do Norte. Máis de 1.000 cosacos son residentes de Moscova. O resto da comunidade cosaca está distribuída ó longo e ancho da Federación de Rusia dende o mar Báltico ata as costas do océano Pacífico. Independentemente do anterior e segundo distintas estatísticas, preto de 10 000 000 de persoas de ambos os sexos en Rusia, en Ucraína actual e no exterior considéranse a si mesmos como cosacos de orixe ou descendentes directos destes.

Cultura Kurgan

A cultura Kurgan foi unha hipotética cultura neolítica nómade e gandeira, desenvolvida cara ao V milenio antes de Cristo en adiante nas chairas situadas ó nordeste do mar Negro e nos lugares cara os que se expandiu. A hipótese da existencia desta cultura creouna Marija Gimbutas, e nela combina arqueoloxía e lingüística para situar a sede orixinaria dos pobos falantes do protoindoeuropeo (PIE).

É a primeira cultura indoeuropea, e polo tanto, a polémica en séculos pasados causada pola Urheimat (patria ancestral dos indoeuropeos), é establecida segundo as hipóteses de Gimbutas nas chairas meridionais rusas, entre o nordeste do mar Negro e o noroeste do mar Caspio, acoutada polo sur polo Cáucaso.

Cumanos

Os Cumanos, chamados en lingua eslava polovtsianos o polovtsi (húngaro: kunok, ruso: Половцы, polovtsi, ucraíno: Половцi, polovtsi), é o exónimo occidental para os cupchacos, unha tribo turca oriental nómade que vivía ao norte do Mar Negro ao longo do Volga e se asentou en diversas partes da Europa central e oriental, como en Hungría e Romanía, durante o século XIV.

Falaban a lingua cumana, hoxe unha lingua morta, documentada no Codex Cumanicus, un manual lingüístico usado polos misioneiros católicos.

Década de 400

A década de 400 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 400 e remata o 31 de decembro de 409.

Gandaría

A gandería ou gandaría é unha actividade económica do sector primario, dedicada á cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de ambiente e ecosistemas, que son os do medio rural ou agroecosistema.

Hungría

Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ao oeste, Eslovaquia e Ucraína ao norte, Romanía ao leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ao sur. Ten unha poboación de ao redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.

A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou o planalto dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.

O nome Hungría vén do turco On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría pasou a formar parte da Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.

Iurta

A iurta (en mongol: Гэр; romanización: ger) é unha vivenda utilizada polos nómades nas estepas de Asia Central. Distintos pobos usaron este tipo de vivenda desde a Idade Media. Na Idade Media, a vida nómade dos mongois obrigou a que tivesen unha vivenda para os seus constantes desprazamentos. Esta tenda de campaña estaba protexida por unha grosa cuberta, era fácil de transportar e óptima para soportar os intensos cambios climáticos de Mongolia.

A visita a unha iurta implicaba un rigoroso ritual protocolario. Podíase executar unha persoa polo só feito de entrar na iurta dun mandatario sen anunciar previamente a súa visita.

A súa influencia na cultura de Asia Central vese reflectida nos deseños do escudo de Casaquistán e a bandeira de Kirguizistán, ambos adoptados en 1992.

A artesanía tradicional relativa á iurta mongola foi designada como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade pola Unesco o 5 de decembro de 2013. Ao ano seguinte, o 26 de novembro de 2014, igualmente foi designada a artesanía da iurta kirguiz e kazaka.

Kirguizistán

Kirguizistán é un país de Asia Central. Extremadamente montañoso, poboado orixinariamente por poboacións nómades, foi república da URSS; Kirguizistán faise independente despois da fin desta última, no 1991. Dirixido entre 1990 e 2005 por Askar Akaiev, o país está hoxe en día nunha situación política confusa despois da revolución dos tulipáns que atravesou.

Lingua casaca

A lingua casaca ou casaco é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe en China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Casaquistán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia china de Xinjiang, Mongolia, Quirguistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de casaco. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Casaquistán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.

Qazak significa vagabundo; o pobo casaco que fala este idioma foi historicamente nómade.

Pobo chukchi

Os chukchis (en ruso: чукчи (plural) e чукча (singular) son un pobo, de tradición nómade, nativo de Siberia (Rusia). Son cazadores de renos e viven en tendas de pel de reno, que son ben vedadas para reter a calor. Habitan na Península Chukchi e no litoral do Mar de Chukchi e Mar de Bering, Océano Ártico. As súas orixes veñen dos habitantes da área do Mar de Okhotsk.

Pobo tártaro

Os tártaros (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongola que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.

Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.

Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).

A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.

O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.

Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.

O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.

Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:

Os Tártaros de Crimea, en Crimea, Ucraína, Bulgaria, Rusia, Lituania, Polonia, Romanía Turquía e Norteamérica.

Os Tártaros do Cáucaso.

Os Tártaros de Siberia.Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.

Pobos xermánicos

Os pobos xermánicos habitaban a rexión de Europa situada alén das fronteiras do Imperio Romano, entre os ríos Rin, Danubio e Vístula e os mares do Norte e Báltico, denominada Xermania. Eran considerados "bárbaros" polos romanos (do grego βάρβαροι, bárbaroi = estranxeiros, que non falan a lingua grega), pois non posuían a mesma cultura. Dividíanse en numerosas tribos.

Somalia

Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado a norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, a leste e a sur polo Océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e a oeste polo Quenia e pola Etiopía. Capital: Mogadiscio. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.

Ávaros

Os ávaros (chamados polos chineses: joujan ou you-yan) foron un pobo nómade de Eurasia, orixinarios de Asia occidental, que emigrou cara a Europa central e oriental no século VI. Dominaron a chaira panónica ata principios do século IX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.