Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Bromptoncross
Cruz celta de pedra, bo exemplo deste estilo de decoración.

Historia

O uso de patróns entrelazados tivo a súa orixe como obra de arte a finais do Imperio Romano.[1] Os patróns de nó apareceron por primeira vez nos Séculos III e IV, e pódense observar exemplos deles en mosaicos romanos da época, o desenvolvemento como uso artístico destes deseños atópase tamén na arquitectura bizantina, a decoración de libros, a arte copta, a arte celta, a arte islámica, en Rusia como elemento de decoración de libros medievais, arte en Etiopía e a arquitectura europea.

Meister des Book of Lindisfarne 002
Unha páxina dos Evanxeos de Lindisfarne.

O paso a patróns de espirais e patróns fundamentais son os motivos dominantes na arte celta antes da influencia cristiá sobre os celtas que comenzou arredor do ano 450. Estes deseños encóntranse nos primeiros manuscritos cristiáns e obras de arte co agregado de representacións da vida, tales como animais, plantas e mesmo seres humanos. En principio os deseños intricados entrelázanse como trenzas, que tamén se poden encontrar noutras zonas de Europa, como Italia no século VI, nun fragmento dun libro do Evanxeo agora na Catedral de Durham e nunha colección no norte de Gran Bretaña do século VII que contén o primeiro exemplo de verdadeiros deseños de nós na forma celta.

Exemplos de traballos en trenza existen en varias culturas arredor do mundo.[2] Pero son característicos os traballos de lacería no norte de Italia e no sur de Francia, que tamén se espallou por Irlanda no século VII.[3] O estilo é máis comunmente asociado co pobo celta, pero tamén se practicaba amplamente en Inglaterra. Nos tempos modernos a arte celta relaciónase popularmente en termos de identidade nacional cos irlandeses, escoceses e galeses.

Importancia

J. Romilly Allen identificou «oito nós elementais que constitúen a base de case tódolos patróns entrelazados na arte decorativa celta». Porén, non hai evidencias para indicar que un nó específico teña importancia filosófica ou relixiosa, pois moitos artigos decorados con lacería foron atopados en sitios arqueolóxicos de diferente uso.[4][5]

Imaxes

Mosaic.woodchester.arp.750pix

Unha pequena parte dun mosaico romano do ano 325 en Woodchester, Gloucestershire, Inglaterra

Lindisfarne StJohn Knot2 3

Deseño influenciado pola ilustración nos Evanxeos de Lindisfarne

Cruz de Santa Susana

Cruz románica no alto da igrexa de Santa Susana en Santiago de Compostela, Galiza.

KellsDecoratedInitial

Case a totalidade dos folios do Libro de Kells contén pequenas decoracións de nós.

-Possible Productions knotwork- by Steve Ball

Outro nó circular empregado no álbum de King Crimson Discipline e que é o logo de Discipline Global Mobile.

Gallaecia petrea 01-14b

Nó de Salomón (século -II-I), Galiza.

Celtic rond chien

Beltane, nó celta formado por animais.

Torque de Foxados

Torque de Foxados, Galiza, remates con nós celtas.

Cruz de San Lázaro

Cruz románica con nós celtas na igrexa de San Lázaro, en Santiago de Compostela, Galiza

Bembrive Santiago 45

Motivo con nós celtas nun tímpano da igrexa de Santiago de Bembrive, en Vigo, Galiza.

Notas

  1. James Trilling (2001). The Language of Ornament. Thames and Hudson Ltd ISBN 0-500-20343-1
  2. George Bain (1973). Celtic Art: The Methods of Construction. Dover Publications, Inc. ISBN 0-486-22923-8.
  3. Sir Edward Sullivan (1986). The Book of Kells. Studio Editions Ltd. ISBN 1-85170-035-8.
  4. J. Romilly Allen (1933). Celtic Art in Pagan and Christian Times. Studio Editions Ltd. ISBN 1-85891-075-7.
  5. Drew Ivan (10-08-2005). "Eight Basic Knotwork Patterns". Consultado o 10-01-2007.

Véxase tamén

Outros artigos

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Calan Gaeaf

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro. A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf, un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Calan Mai

Calan Mai ou Calan Haf é unha festividade celebrada en Gales o 1 de maio que festexa o primeiro día de verán. As celebracións comezan antes do solpor, coñecido como May Eve, con fogueiras; e coma no Calan Gaeaf, a noite anterior (Nos Galan Mai) é unha Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", momento no cal andan fóra e é posible practicar a arte da adiviñación. A tradición do acendido das fogueiras faise anualmente no sur de Gales dende mediados do século XIX. É o equivalente galés da festa goidélica da Beltane.

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Entrelazado (arte)

O entrelazado é un elemento decorativo propio da arte medieval. Nos entrelazados, partes doutros motivos únense, trenzados ou anoados, en complexos patróns xeométricos, a miúdo usados para encher enpazos en baleiro. O entrelazado é común en Europa do norte na arte dos pobos xermánicos, e especialmente na arte insular das Illas Británicas e na arte islámica. Galicia tamén conta con elementos de entrelazado dende a cultura castrexa até a época moderna.

Fíbula celta

As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África.

Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900). Son os obxectos máis importantes da metalurxia medieval de alta calidade, e forman parte da arte celta e da arte insular.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Labirinto celta

Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.

Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.

Lammas

Lammas ou día de Lammas é unha festividade tradicional da colleita, de orixe celta, tamén conocida como Lughnasadh, que se celebra o 1 de agosto nos países anglosaxóns e en relixións de revival celta e neopagás como a wicca.

Durante a época medieval esta festa era conocida como "Gule of August", pero o significado de "gule" é descoñecido. Ronald Hutton suxire que esta palabra puido ser unha derivación inglesa de "gwyl aust", o nome galés para o 1 de agosto e que significa "festa de agosto"; e propón unha orixe pagá e pre-cristiá de Lammas entre os anglosaxóns e a súa conexión co festival gaélico de Lughnasadh ("vodas de Lug", un deus celta).

Lingua gálata

O gálata é unha lingua morta celta falada antigamente en Galatia, en Anatolia (actual Turquía) ata o século IV.

Da lingua so se conservan algunhas glosas e breves comentarios de escritores clásicos ademais dun pequeno número de inscricións. Todo xunto suman unhas 120 palabras, a maioría nomes de persoa terminados en -riks (galo -rix/-reix, antigo irlandés ri, latín rex) "rei", algúns terminados en -marus, dativo -mari (galo -maros, antigo irlandés mor, galés mawr) "grande", nomes de tribos como Ambitouti (antigo irlandés imm- "ao redor", antigo irlandés túath "tribo") e palabras como drunaimeton "lugar da asemblea" (antigo irlandés drui "druída", antigo irlandés nemed "lugar sagrado").

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.