Nélida Piñon

Nélida Piñon, nada no Río de Xaneiro o 3 de maio de 1937, é unha escritora brasileira. Foi presidenta da Academia Brasileira das Letras. O seu nome é un anagrama do nome do avó, Daniel. É de familia de emigrantes galegos, de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), e sempre ten feito gala de que Galicia, onde pasou algúns anos da súa infancia, a marcou profundamente.

Nélida Piñon
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nelida Pinon by Elisa Cabot
Nacemento3 de maio de 1937 e 1938
 Río de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Alma máterPontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro
Ocupaciónescritora e novelista
EstudosXornalismo
PremiosPremio Príncipe de Asturias das Letras, Medalla Castelao, Premio Casa de las Américas, FIL Award, Orde do Mérito Cultural, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Honorary Doctorate from the National Autonomous University of Mexico e Prêmio Jabuti

Traxectoria

Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Filosofía da da Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro, e foi editora e membro do consello editorial de varias revistas no Brasil e Exterior. Tamén ocupou cargos no consello consultivo de diversas entidades culturais na súa cidade natal.

Xa en 1970 inaugurou a primeira cátedra de Creación Literaria na Universidade Federal de Río de Xaneiro. Salientou sempre na loita a favor da condición feminina, sendo a primeira muller que presidiu a Academia Brasileira de Letras (entre 1995 e 1996).

De carácter aberto e extravertido, Nélida sentiu moi cedo a paixón pola literatura. Estreou na literatura co romance "Guia-mapa de Gabriel Arcanjo", publicado en 1961, que ten como temas o pecado, o perdón e a relación dos mortais con Deus.

A súa obra xa foi traducida na Alemaña, Italia, España, Rusia, Estados Unidos etc. Recibiu varios premios ao longo de máis de 35 anos de actividade literaria; un dos máis recentes foi o Premio Príncipe de Asturias das Letras no 2005.

A novelista conquistou tamén no 2005 o Premio Jabuti, pola súa última novela Voces do deserto, unha relectura de As mil e unha noites, á que adicou varios anos de investigación mergullándose no universo do mundo árabe e oriental.

Outros libros seus son Fundador, A doce canción de Caietana ou A república dos soños.

A crítica internacional ten salientado sempre a calidade da súa obra, a forza da súa imaxinación e maila súa capacidade de expresar literariamente os soños da gran familia iberoamericana, como ben indicou en 1989 The New York Times Book Review.

Foi elixida membro de honra da Real Academia Galega na sesión plenaria de 28 de marzo de 2014 debido a ser unha figura senlleira das letras e da acción cívica brasileira e cun valor singular para a Academia "non so pola reivindicación explícita, pública e reiterada, da súa orixe galega, senón por considerala constituínte da súa identidade persoal, expresiva e intercultural".

Véxase tamén

Bibliografía

3 de maio

O 3 de maio é o 123º día do ano do calendario gregoriano e o 124º nos anos bisestos. Quedan (242) días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani, nado en Roma en 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
Membros de honra da Real Academia Galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.