Nécora

A nécora[1] (Necora puber) coñecida tamén como navalleira (no sur de Galicia)[1][2] e como andarica (na costa norte do noso país, e en Asturias)[1][2][3], Necora puber, é un crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos (Portunidae) moi apreciado gastronomicamente e que se dá en relativa cantidade nas rías galegas. O xénero foi descrito por N. B. Holtius en 1987.[4]

Nécora
Necora puber
Etrille(Necora)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Brachyura
Superfamilia: Portunoidea
Familia: Portunidae
Xénero: Necora
Especie: N. puber
Nome binomial
Necora puber
(Linnaeus, 1767)
Sinonimia
  • Liocarcinus puber (Ingle, 1980)
  • Macropipus puber (Christiansen, 1969)
  • Portunus puber (Leach, 1814)
  • Cancer velutinus (Pennant, 1777)
  • Cancer puber (Linnaeus, 1767)
  • Polybius puber (Linnaeus, 1767)

Características

As principais características da nécora son as seguintes:[5]

  • Caparazón (cacho) case oval, máis ancho que longo e algo aplanado, moi pubescente [6]
  • Rexión frontal con aproximadamente 10 dentes, dispostos irregularmente, sendo os dous centrais en xeral máis anchos que os demais.
  • Os ollos son vermellos.
  • Quelípodos (primeiro par de pata, rematados en pinzas) semellantes, robustos e pubescentes.
  • Segundo a quinto par de pereiópodos (patas marchadoras) robustos; as do quinto par, aplanadas e prolongadas por pelos máis longos, adaptadas á natación.
  • Abdome do macho cos segmentos terceiro a quinto fusionados, libres na femia.
  • Cor parda avermellada, con manchas azuladas e vermellas nas patas.
  • Nos exemplares capturados en Galicia, o ancho do caparazón chega até os 10,2 cm nos machos e aos 90 cm nas femias.

Hábitat e bioloxía

Habita nas costas, principalmente en zonas con fondos rochosos e nos polígonos de bateas mexilloeiras (que teñen, en xeral, os fondos moi transformados e con abundancia de lama), desde o litoral até os 70 m de profundidade. os individuos xuvenís abundan en zonas de area a pouca profundidade, mesmo na zona intermareal.[5]

Aliméntase de algas pardas, pequenos crustáceos e peixes mortos. Ás veces chegan a devorar outras nécoras.

Distribución

Atlántico oriental, desde a costa oeste de Noruega até o Sáhara (incluíndo o Mediterráneo e o mar Negro).[5]

En Galicia

É unha especie abundante en toda Galicia, onde se captura principalmente con nasas e tamén con artes de arrastre.[5]

No noso país, ademais das que se pescan na costa, véndense tamén outras procedentes de Inglaterra, a Bretaña e Irlanda. As que se apañan en Galicia distínguense, segundo algúns, pola cor do cacho e a súa textura, que é suave, sendo as de fóra máis lisas e cun veludo máis fino que o das nosas.

A veda en Galicia adoita coincidir cos seis primeiros meses do ano.[7]

Usos: Gastronomía

O principal uso da nécora é gastronómico. Adoita prepararse simplemente cocida en auga con sal nas zonas costeiras do Atlántico nororiental, Galicia (onde á auga para cocelas adoita engadirse unha folla de loureiro), Asturias, Cantabria, País Vasco, así como na parte occidental de Francia, e en Irlanda e Inglaterra.

Galería de imaxes

Necora024eue

Vista frontal.

Necora026eue

Nécora macho.

Necora027eue

Nécora femia.

Necoras

Prato cun par de nécoras cocidas, listas para comer.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 nécora no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 46.
  3. Dicionario de dicionarios
  4. Holthuis, N. B. (1987): "Necora, a new genus of european swimming crabs (Crustacea Decapoda, Portunidae) and its type species, Cancer puber L., 1767." Zool. Med. Leiden, vol. 61, nº 1, pp.1-14 (texto orixinal).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 González Gurriarán e Méndez (1985), p.81.
  6. Ao que alude o seu nome específico, puber, do latín pūbēr, -ēris, "viril" —no sentido de "non neno"—, relacionado con pūbens, -entis, "cuberto de pelo", que lle deu Linneo.
  7. "La nécora entra en veda en Galicia tras cerrar uno de los peores años de la década" Diario Faro de Vigo, 5/01/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
  • González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9.
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
  • Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del marisco. (Prólogo: Domingo García Sabell. Epílogo: Luis Caparrós). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2.
  • Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. (Prólogo: Álvaro Cunqueiro). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8.

Outros artigos

Ligazóns externas

Artrópodos

O dos artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, «articulación» e πούς, poús, «pé») é un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.

Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón), que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.

Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.

A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no aire. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.

Bentos

En ecoloxía chámase bentos (do grego βένθος bénthos, "o fondo mariño") á comunidade formada polos organismos que habitan o fondo dos ecosistemas acuáticos.Adxectivos referidos ao bentos son bentónico (organismos bentónicos) e béntico (usado case exclusivamente no termo zona béntica).

O bentos distínguese do plancto e do necto, formados por organismos que viven en suspensión e se trasladan pasivamente nadan nas aguas, ou que nadan activamente nelas, respectivamente.

Alí onde a luz alcanza o fondo, o que depende da profundidade e da transparencia do medio, a comunidade inclúe produtores primarios fotosintetizadores. No medio afótico (sen luz) dos fondos máis profundos, todos os organismos son consumidores, dependendo por tanto o conxunto dos animais bentónicos dos cadáveres, restos orgánicos e microorganismos que a gravidade arrastra desde niveis máis superficiais.

Un caso especial e notábel é o das biocenoses máis ou menos efémeras que se establecen en puntos das dorsais mediooceánicas, a profundidades abisais, onde se produce vulcanismo hidrotermal, con emisión de auga moi quente e cargada de sales. Nestes ecosistemas a produción primaria corre a cargo de bacterias quimiosintetizadoras, unhas de vida libre e outras simbióticas asociadas con animais.

As comunidades bentónicas máis produtivas e de maior biodiversidade, tamén probabelmente as máis ameazadas, son os arrecifes de coral. A desorganización e empobrecemento das comunidades bentónicas por certas artes de pesca, como as redes de arrastre, están entre os maiores problemas ambientais.

Moitos taxons notábeis están especializados para a súa residencia no bentos. O filo dos equinodermos (estrelas e ourizos de mar), por exemplo, está constituído por innumerábeis formas bentónicas. A orde dos pleuronectiformes (linguados e especies semellantes) é un exemplo de peixes adaptados á vida no bentos. Tamén os polbos ou as xibas entre os cefalópodos, e a clase enteira dos bivalvos, entre outros moluscos. Algúns organismos do bentos desprázanse doadamente, como os crustáceos reptadores, como a nécora ou a cigala; pero moitos outros desprázanse moi pouco, por exemplo, as ameixas ou as anemones de mar e, finalmente, outros son directamente sésiles (fixos), como as ostras, os corais ou as algas coralinas (un grupo de algas vermellas).

Cangrexo

Para a constelación do cangrexo, véxase Cáncer (constelación)

Para a Supernova do Cangrexo, véxase SN 1054.

Chámanse cangrexos ou caranguexos a diversos crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente aos da suborde dos braquiúros.

Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares de patas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciados gastronomicamente, como lagostas, lumbrigantes, centolas ou nécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, o cangrexo violinista, o cangrexo dos coqueiros ou os cangrexos de río.

Crustáceos

Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número).O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes.

Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.

Constitúen un dos grupos zoolóxicos con maior éxito biolóxico, tanto polo número de especies viventes como pola diversidade de hábitats que colonizan; dominan os mares, como os insectos dominan a terra.

A ciencia que estuda os crustáceos coñécese como carcinoloxía.

Días contados (libro de 1991)

Días contados é un libro de doce relatos de Xosé Cid Cabido, publicado por Edicións Xerais en 1991 logo de acadar o Premio Cidade de Lugo de Narrativa.

Eucáridos

A dos eucáridos (Eucarida) é unha superorde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos eumalacostráceos, que inclúe case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) e o krill (da orde dos eufausiáceos, principal alimento das baleas). Ademais, tamén comprende os membros da pouco coñecida orde dos anfionidáceos.

Fariña (serie de televisión)

Fariña é unha serie de televisión inspirada en feitos reais, emitida pola canle de televisión española Antena 3, entre o 28 de febreiro e o 9 de maio de 2018. Está baseada no libro homónimo Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, e versa sobre o narcotráfico en Galicia e Sito Miñanco, un histórico traficante de drogas galego.Foi producida por Atresmedia Televisión en colaboración con Bambú Producciones e nela participaron un gran número de actores galegos como Javier Rey, Celso Bugallo, Marta Larralde, Patricia Vázquez e Antonio Durán "Morris", entre moitos outros.A súa estrea foi adiantada debido ao secuestro cautelar xudicial do libro no que está baseado, levado a cabo o 5 de marzo de 2018.

Galería de imaxes de crustáceos de Galicia

Galería de imaxes de crustáceos de Galicia.

Os crustáceos (crustacea) son unha clase de artrópodos que comprende máis de 55.000 especies, na súa maioría acuáticas e algunhas parasitas.

Galería de imaxes de mariscos de Galicia

Galería de imaxes de mariscos de Galicia.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Laureano Oubiña

Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego.

Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos. A terceira foi de 6 anos e nove meses, por dirixir unha banda que intentou introducir en España 12,5 toneladas de haxix en 1999 no do barco Regina Maris. Amais, en 1994 foi condenado a 12 anos por branqueo de cartos, pero finalmente foi absolto e condenado a 6 anos por delitos fiscais.

En 1983 fora detido por contrabando de tabaco en Platja d’Aro (provincia de Xirona).

O 10 de febreiro de 2014 ingresa outra vez en prisión para cumprir unha condena de 4 anos e 7 meses que lle fora imposta en 2012 pero que recorrera por motivos de saúde, finalmente rexeitada a súa solicitude a Audiencia Nacional pide o seu ingreso en prisión.

Actualmente cumpre condena na prisión de Alcalá Meco.

Liocarcinus corrugatus

O cangrexo rugoso (Liocarcinus corrugatus, Pennant 1777) é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, moi abundante nas rías galegas.

Macruros

Os macruros eran os membros dunha antiga subdivisión dos crustáceos decápodos (Macrura), fundada por Milne-Edwards e hoxe sen validez taxonómica, en oposición á outra, a dos braquiúros (Brachyura), esta si válida na actualidade: é unha infraorde da suborde dos pleociemados (Pleocyemata) dos crustáceos.

A orde dos crustáceos, da clase dos malacostráceos (Malacostraca), "os de cuncha branda" (o nome engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda inmediatamente despois da muda ou écdise, e o resto do tempo é xeralmente dura. Foi creada por Pierre André Latreille (1762-1833) en 1802.

Tradicionalmente dividíase nos dous grupos antecitados, macruros, que comprendía as especies caracterizadas por teren o abdome alongado, ben desenvolvido, rematado nunha peza caudal formada á súa vez por unha central denominada telson e dous urópdos, como o lumbrigante, a lagosta ou a cigala, e braquiúros, que recollía os individuos de abdome curto e a miúdo pregado baixo o cefalotórax, como a centola, o boi ou a nécora.

Tamén noutros tempos os decápodos clasificáronse en dúas subordes chamadas Natantia, ou decápodos nadadores, e Reptantia, ou decápodos marchadores (Boas).

Pero na acualidade divídense noutras dúas subordes, baseadas na morfoloxía das branquias:

Dendrobranchiata Bate, 1888

Pleocyemata Burkenroad, 1963cun xénero incertae sedis, Charassocarcinus Van Straelen, 1925.

Malacostráceos

A dos malacostráceos (Malacostraca) é unha subclase de crustáceos que inclúe a case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) os estomatópodos (como Squilla mantis) e o krill. Así mesmo comprende tamén os grupos dos anfípodos e os isópodos (cochinillas da humidade).

Describíronse máis de 42.000 especies de malacostráceos, case as dúas terceiras partes de todas as especies de crustáceos.A súa taxonomía é obxecto de controversia: existen varias escolas que disputan as categorías dos subgrupos.

Mariscada

Unha mariscada é unha comida constituída fundamentalmente por marisco. É típico da cociña costeira de Galiza. A súa popularidade pode atoparse noutras zonas peninsulares e estranxeiras (especialmente Francia). Aplícase tamén a denominación mariscada a aquelas comidas nas que o prato principal ou central do menú é o marisco (indiferentemente de cal for este), sen que inflúa o tipo de recipiente que se use para tal efecto, nin todo o marisco deba ir nesa bandexa. Quizais os máis comúns sexan a centola, a nécora, o percebe, o lagostino e a cigala.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Nasa

Este artigo trata sobre a arte de pesca; se anda á procura da páxina dedicada á National Aeronautics and Space Administration, vexa NASA.

A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.

As nasas somérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquera tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son a centola, o lumbrigante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.

No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.

Operación Nécora

A Operación Nécora foi un proceso xudicial, que iniciou unha das maiores e a primeira das redadas contra o narcotráfico galego da década dos 90.

O 12 de xuño de 1990 o xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón e o fiscal antidroga Javier Zaragoza botaron a andar o primeiro gran golpe contra as bandas do narcotráfico arousás que operaban nas rías galegas. Un continxente de centenares de policías desprazados de Madrid para a ocasión arrestaban nas súas casas a grandes traficantes de tabaco, reconvertidos en narcotraficantes.

Detrás da histórica redada estaban as declaracións de Ricardo Portabales de Marín e de Manuel Fernández Padín de Vilanova de Arousa, o que permitiu meter no cárcere a gran parte do clan da droga galega, incluídos persoeiros como Laureano Oubiña.

A Operación Nécora concluíu no ano 2004 coa lectura da sentenza.

Portúnidos

A dos portúnidos (Portunidae) é unha familia de crustáceos decápodos braquiúros que inclúe os chamados cangrexos nadadores, dos que os máis coñecidos son o cangrexo común ou cangrexo propiamente dito (Carcinus maenas), a nécora (Necora puber), o pateiro ou patexo (Polybius henslowii) e o queimacasas (Pachygrapsus marmoratus).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.