Myanmar

Myanmar,[2] oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman. O censo de 2014 do país rexistrou unha poboación de 51 millóns de persoas.[3] No 2017, a poboación roldaba os 54 millóns.[1] Myanmar ten unha área de 676 578 km2. A súa capital é a cidade de Naypyidaw, e a meirande cidade e antiga capital é Yangon.[4] Myanmar é membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) dende 1997.

Coordenadas: 22°N 96°L / 22, -96

República da Unión de Myanmar
Myanmar long form

Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw
Bandeira de Myanmar
Escudo de Myanmar
BandeiraEscudo
Myanmar on the globe (Myanmar centered)
Himno: Gba Majay Bma
Capital
 • Poboación
Naypyidaw
924 608
Cidade máis poboadaYangon
Linguas oficiaisBirmano
Forma de gobernoRepública parlamentaria unitaria
Presidente
Conselleiro de Estado
Win Myint
Aung San Suu Kyi
Independencia do Reino Unido4 de xaneiro de 1948
SuperficiePosto 39º
 • Total676 578 km²
 • % auga3,06
Fronteiras5 876 km
Costas1 930 km
PoboaciónPosto 25º
 • Total (2017)53 582 855[1] hab.
 • Densidade76 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 63º
 • Total (2005)78 564 millóns US$
 • per cápita1 417 US$
MoedaKyat (MMK)
IDH (2007)0,583 (132º) – medio
XentilicioBirmano/a
Fuso horarioUTC +6:30
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.mm2
Prefixo telefónico+95
Prefixo radiofónicoXYA-XZZ
Código ISO104 / MMR / MM
Membro de: ONU, ASEAN
2 Anteriormente .bu

Historia

Birmania, que era reino independente, foi anexionado no 1886 polo Reino Unido, que a converteu en colonia como parte da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, o país foi ocupado polas tropas xaponesas, e logo liberado.

No 1948 o país atinxe a independencia, sendo primeiro ministro U Nu. No 1962 o xeneral Non Win dá un golpe de estado, e reina durante máis de 26 anos, introducindo reformas marxistas a marchas forzadas. No 1990 tiveron lugar eleccións libres, mais foron anuladas pola xunta militar.

Política

Birmania é membro da ASEAN (Asociación das nacións do Sueste asiatico) e ostentará a súa presidencia no ano 2006.

Ditadura militar

Após o golpe de estado de setembro do 1988, Birmania é un réxime autoritario. O traballo forzado practícase a miúdo. A liberdade de prensa non é respectada. O exército, con 40 000 homes, non ten inimigo exterior; o seu único papel é o de controlar a poboación.

O partido de oposición dirixido por Aung San Suido Kyi (a Liga nacional pola Democracia ou NLD) gañou as eleccións lexislativas en maio do 1990 con máis do 80% de votos a favor, á sorpresa da xunta que esperaba lexitimar o seu poder. Entón invalidou as eleccións. O NLDO loita polo retorno da democracia ao país.

A xunta ten unha posición ambigua cara á opoñente Aung San Suido Kyi, que é moi popular no mundo co seu premio Nobel da Paz no 1991. Aung San Suido Kyi comezou o décimo ano de detención o 24 de outubro 2004.

A política dos xenerais ocasiona migracións masivas cara á Tailandia.

O 19 de outubro do 2004, o Primeiro ministro, o xeneral Khin Nyunt foi descartado e autorizado a se retirar por razóns de saúde e asignado a residencia. Foi substituído por Soe Win, un duro. Khin Nyunto accedeu ao posto de primeiro ministro en agosto do 2003, logo de supervisar os servizos secretos birmanos durante máis de vinte anos. Asinara os acordos de alto o fogo coas etnias do norte (wa) que podían, en troques, continuar a cultivaren o opio. Iniciou o achegamento á India co que quería utilizar o modelo de abrir o país á democracia, e foi o interlocutor privilexiado das sociedades estranxeiras. O seu sucesor, o xeneral Maung Aye, moi duro, que ocupaba ata entón as funcións de vicepresidente do Consello de Estado pola paz e o desenvolvemento, é igualmente xefe de estado maior. Está próximo ao xeneral Tan Shwe, presidente da xunta e comandante xefe das forzas armadas. Khin Nyunt, 65 anos, encarnaba a vía das reformas. Khin Nyunt soubera manter o contacto cos grupos rebeldes representando as minorías étnicas e pór fin aos conflitos armados cos opostos ao réxime e mailos rebeldes. Fai falla esperar que o país non vaia á guerra civil.

Numerosas voces protestan contra as sociedades, coma Total que invisten no país e contra os que fan funcionar o industria do turismo, permitindo a entrada de divisas estranxeiras e axudando así o goberno actual.

Subdivisións

Birmania divídese en sete rexións administrativas (Hun-khu) e sete estados (Chiu).

As sete rexións son: Ayeyarwady, Bago, Magway, Mandalay, Sagaing, Tanintaryi e Yangon.

Os sete estados son: Chin, Kachin, Kayin, Kayah, Mon, Rakhin e Shan.

Pricipais cidades : Yangon, Mandalay, Pagan

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Myanmar.
Un-myanmar
Mapa do país.

Datos xerais

Karen Padaung Girl Portrait
Unha nena padaung de Myanmar, nun campo de refuxiados no norte da Tailandia.

Poboación : 41 994 678 habitantes (en 2001). 0-14 anos: 29,14 %; 15-64 anos: 66,08 %; + 65 anos: 4,78 %
Superficie : 678 500 km²
Densidade : 61 hab./km²
Fronteiras terrestres : 5876 km (China 2185 km; Tailandia 1800 km; India 1463 km; Laos 235 km; Bangladesh 193 km)
Litoral : 1930 km
Altitude : 0 m > + 5 881 m
Esperanza de vida dos homes : 54 anos (en 2001)
Esperanza de vida das mulleres : 57 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 0,6 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 20,13 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 12,3 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 73,71 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 2,3 infantes/muller (en 2001)
Taxa de migración : - 1,84 ‰ (en 2001)
Liñas de teléfono : 250 000 (en 2000)
Teléfonos móbiles : 8 500 (en 1997)
Aparellos de radio : 4,2 millóns (en 1997)
Aparellos de televisión : 320 000 (en 2000)
Usuarios de Internet : 500 (en 2000 : Internet autorizado só ao Estado e ás empresas)
Número de provedores de acceso a Internet : 1 (en 2000)
Estradas: 28 200 km (3440 km asfaltadas) (en 1996)
Vías férreas : 3991 km
Vías navegables : 12 800 km
Número de aeroportos : 80 (dan 9 coas pistas asfaltadas) (en 2000)

Economía

Artigo principal: Economía de Myanmar.
Longyi
Campesiño birmano vestido co longyi.

A situación económica de Myanmar é bastante delicada. A agricultura é a principal actividade económica; ocupa case os dous terzos da poboación economicamente activa e contribúe nun 40% ao produto interior bruto. O cultivo predominante é o arroz, que ocupa cerca da metade das terras cultivables. Os demais cultivos (algodón, cacahuete, hevea, ) son secundarios. É de destacar igualmente o cultivo da durmideira.

A explotación forestal é intensa: Myanmar ocupa a primeira posición mundial na produción de teca. As industrias extractivas, outrora destacadas, están hoxe en día en retroceso, ao igual que a produción petrolífera. O sector industrial, anticuado, vive un momento delicado, cunha notable falta de investimentos, pese aos esforzos do Estado por atraer capital estranxeiro.

A situación en xeral de extrema penuria favorece a proliferación tanto das corruptelas, como do contrabando e do mercado negro.

Demografía

Myanmar demography
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Cultura

A poboación é esencialmente rural e a maioría budista.

As universidades son de novo pechadas desde decembro de 1996 por razóns de seguridade. Segundo a UNICEF, soamente o 27% dos nenos terminan a súa escolaridade.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Myanmar Population (2018) – Worldometers". worldometers.info.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birmano.
  3. "Asian Development Bank and Myanmar: Fact Sheet" (PDF). Asian Development Bank. 30 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2007. Consultado o 20 de novembro de 2012.
  4. "The World Factbook – Burma". cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2010. Consultado o 4 de maio de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lieberman, Victor B. (2003). Strange Parallels: Southeast Asia in Global Context, c. 800–1830, volume 1, Integration on the Mainland. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-80496-7.
  • Myint-U, Thant (2006). The River of Lost Footsteps—Histories of Burma. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-16342-6.
  • Charney, Michael W. (1999). History of Modern Burma. Cambridge University Press.
  • Kemp, Hans (2013). [Burmese Light, Impressions of the Golden Land] (illustrated with text by Tom Vater ed.). Visionary World. ISBN 978-9628563708.
  • "Burma's Western Border as Reported by the Diplomatic Correspondence(1947–1975)" por Aye Chan

Ligazóns externas

.mm

.mm é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Birmania.

Asociación de Nacións do Sueste Asiático

A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ANSA, tamén coñecido como ASEAN polas súas siglas en inglés) é unha organización de países do sueste de Asia, fundouse o 8 de agosto de 1967 co propósito de fomentar a cooperación e asistencia entre os membros. En novembro de cada ano os países membros celebran unha xuntanza. O seu secretario permanente está en Iacarta.

Os membros fundadores foron Indonesia, Malaisia, Filipinas, Singapur e Tailandia. Posteriormente uníronselles Brunei (1984), Vietnam (1995), Laos (1997) Myanmar (1997) e Camboxa (1999). Papúa Nova Guinea ten status de observador.

Aung San Suu Kyi

Aung San Suu Kyi (en birmano အောင်ဆန်းစုကြည် /àuɴ sʰáɴ sṵ tɕì/), nada en Rangún o 19 de xuño de 1945, é unha política e activista birmana. É a líder da Liga Nacional para a Democracia e a primeira e actual Conselleira de Estado de Birmania, cargo correspondente ao de xefe de goberno.

Foi a figura emblemática da oposición birmana contra a ditadura militar que tivo o poder entre 1962 e 2011. Tras pasar case 15 anos en prisión e baixo arresto domiciliario, nas eleccións de 2012, saíu elixida deputada. Nas eleccións de 2015, o seu partido conseguiu o 86% dos escanos, pero debido a que o seu defunto marido e fillos eran estranxeiros, non puido acceder á Presidencia. Por este motivo creouse o cargo de Conselleira de Estado, do que tomou posesión o 6 de abril de 2016.

En 1991 concedéronlle o Premio Nobel da Paz pero a Xunta Militar birmana non lle permitiu saír do país e tivo que esperar ata xuño de 2012 para recollelo en Oslo. Tras o seu ascenso ao poder, Suu Kyi recibiu críticas de varios países e organizacións pola súa inacción contra a persecución á que é sometido o pobo rohingya, cualificada polas Nacións Unidas de xenocidio, e por negar as masacres presuntamente cometidas polo exército birmano.

Bandeira de Myanmar

A bandeira de Myanmar ou Birmania (en birmano: မြန်မာ နိုင်ငံတော်အလံ), foi adoptada o 21 de outubro de 2010 para substituír a antiga bandeira socialista en uso dende 1974. A nova bandeira foi introducida xunto coa implantación de cambios no nome do país, os cales foron establecidos na Constitución de 2008.

O deseño da bandeira ten tres franxas horizontais de cor amarela, verde e vermella, cunha estrela branca de cinco puntas no centro. As tres cores queren simbolizar a solidariedade, a paz, a tranquilidade, a coraxe e a decisión.

Budismo

O budismo é unha das grandes filosofías e relixións orientais, considerada ás veces como unha relixión non teística. O budismo engloba unha gran variedade de tradicións, crenzas e prácticas baseadas un gran medida nas ensinanzas atribuídas a Siddhartha Gautama, que é comunmente coñecido como Buda, que significa "o iluminado". De acordo coa tradición budista, Buda viviu e ensinou na parte oriental do subcontinente indio nalgún momento entre os séculos VI a.C. e IV a.C.. El é recoñecido polos budistas como un mestre esperto ou iluminado que compartiu as súas revelacións para axudar aos seres sensibles a poñer fin ao seu sufrimento a través da eliminación do desexo e a ignorancia por medio do coñecemento e a visión da orixinación dependente, coa meta final de acadar o estado sublime do nirvana. O budismo está fundado sobre as chamadas Tres Xoias : os budistas declaran tomar refuxio no Buda (o fundador do budismo), no Dharma (a doutrina do Buda) e na Saṅgha (a comunidade dos crentes).

Xeralmente son recoñecidas dúas grandes ramas do budismo: Theravada ("A Escola dos Anciáns") e Mahayana ("O Gran Vehículo"). O Theravada ten un seguimento extenso en Sri Lanka e Sueste asiático (Camboxa, Laos, Tailandia, Myanmar etc). O Mahayana encóntrase pola Asia oriental (China, Corea, Xapón, Vietnam, Singapur, Taiwán etc) e inclúe as tradicións de Terra Pura, Zen, Budismo Nichiren, Budismo Tibetano, Budismo Shingon, e Tiantai (Tendai). Nalgunhas clasificacións, o Vajrayana —practicado principalmente en Tibet e Mongolia, e as partes adxacentes de China e Rusia— é recoñecido como unha terceira rama, mentres que outras o clasifican como unha parte do Mahayana.

Commonwealth de Nacións

A Commonwealth ou Commonwealth of Nations é o nome en inglés dunha asociación de territorios autónomos, mais dependentes do Reino Unido, creada en 1931 e formada actualmente por 54 estados, a maioría dos cales independentes pero incluíndo algúns que aínda manteñen lazos políticos coa antiga potencia colonial.

Coa progresiva perda de poder da Gran Bretaña sobre as súas colonias a partir de mediados do século XIX, a poboación branca conseguiu a autonomía, primeiro coa concesión do estatuto de Dominio británico (Canadá, Australia, Nova Zelandia, Suráfrica e Terranova). O termo Commonwealth foi utilizado por vez primeira en 1917 como sinónimo de Imperio Británico para designar a asociación existente entre a Gran Bretaña e estes Dominios. Coa Primeira Guerra Mundial e a aceleración da descomposición do imperio, os Dominios foron accedendo á súa independencia. O Imperio comezou a transformarse na British Commonwealth of Nations tras as conferencias imperiais de Londres de 1922 e 1926. Foi definida xuridicamente no Estatuto de Westminster (1931), que incluía a Gran Bretaña, os Dominios e os protectorados. O rei de Inglaterra seguía sendo o xefe de estado e o gobernador xeral representábao en cada país membro.

O nome orixinal era British Commonwealth (Comunidade Británica) até 1946. Ao ano seguinte, os Comúns accederon a que todos os antigos territorios do Imperio formasen parte da Commonwelth. Así entraron a India, Sri Lanka e Paquistán. Porén, Irlanda e Myanmar abandonárona unha vez lograda a súa independencia.

Segundo as colonias ian accedendo á independencia, pasaban a formar parte da Commonwelth. Chipre, independizado en 1960, entrou no ano seguinte. Suráfrica foi expulsada en 1961 pola súa política de apartheid (ingresou de novo en 1994). Rodesia (hoxe Cimbabue) foi excluída ao proclamar unilateralmente a súa independencia. Paquistán abandonouna en 1972 coa secesión de Bangladesh (aínda que ingresou de novo en 1989). As illas Fidxi entraron en 1987.

A Raíña Isabel II é actualmente a xefa titular da asociación. Esta fórmula foi inventada en 1950 cando a India se converteu en república e, aínda que non recoñecendo a Xurxo VI como xefe de estado, recoñecíao como o símbolo da asociación libre de nacións.

A Commonwealth ten historicamente por obxectivo promover a integración entre as ex-colonias do Reino Unido, concedendo beneficios e facilidades comerciais, mais agora os seus obxectivos inclúen a asistencia educativa aos seus países membros e a harmonización das súas políticas.

A maioría dos membros da Commonwealth son antigas colonias do Reino Unido, coa excepción notábel de Mozambique, antiga colonia portuguesa que accedeu a asociación en 1995, co apoio dos seus veciños, que eran antigas colonias británicas. (Cimbabue saíu da Commonwealth en 2004.)

Outros países, como Australia, continúan recoñecendo o monarca do Reino Unido como xefe de estado, representado por un gobernador e usan a palabra Commonwealth como título do seu estado.

Os 50 estados membros constitúen unha asociación que carece de goberno central, de institucións xurídicas e de organización administrativa. Ás súas Conferencias Xerais asisten os primeiros ministros e, desde 1965, conta cunha Secretaría Xeral asociada ao Foreign Office. Dentro da Commonwealth funciona un sistema de intercambio comercial denominado sistema de "preferencias", polo que as mercadorías procedentes dos estados membros gozan de privilexios de importación. Coa entrada do Reino Unido na CEE e na Unión Europea, estas preferencias deberon ser reformuladas. A convención de Lomé (1975) ratifica esta situación especial.

Golfo de Bengala

O golfo de Bengala é un mar na área nordeste do océano Índico. A súa forma aseméllase a un triángulo. Limita ao leste coa península de Malaca, ao oeste co subcontinente indio. O extremo norte do golfo limita co estado indio de Bengala Occidental e con Bangladesh. Os extremos do sur están limitados pola illa de Sri Lanka e o territorio indio Illas Andaman e Nicobar. Estas últimas illas separan o golfo de Bengala do mar de Andaman.

Indochina

Indochina é a península situada no sueste asiático, situada entre a India e China. Actualmente está formada por Camboxa, Vietnam, Laos, Myanmar e Tailandia. No sentido máis estrito só se denomina Indochina ás colonias francesas de Asia (Laos, Camboxa, Annam, Tonkín e Cochinchina). Ás veces tamén se consideran parte desta rexión a Malaisia peninsular e Singapur.

Conta con máis dun millón e medio de km² de territorio e unha poboación que supera os 200 millóns de habitantes.

Laos

Laos (en lao: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.

Lingua birmana

A lingua birmana (en birmano: မြန်မာဘာသာ) é a lingua oficial de Myanmar. O birmano é a lingua nativa dos bamar e outros subgrupos étnicos bamar, así como por minorías de Myanmar como os mon.

O birmano é falado por 32 millóns de persoas como primeira lingua e como segunda por outros 10 millóns, particularmente as minorías étcnicas en Myanmar e nos países veciños.

O birmano é unha lingua tonal, moi monosilábica e analítica, cunha orde de palabras suxeito obxecto e verbo. É membro da familia lingüística Linguas tibeto-birmanas, que é unha subfamilia da sino-tibetana. A lingua emprega o alfabeto birmano, derivado da escritura antiga mon e da alfabeto brahmi.

Mar de Andaman

O mar de Andaman (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar de China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

Península Malaia

A Península da Malasia, Península Malaia ou Península de Malaca (coñecida en lingua malaia como Tanah Melayu) é unha grande península do sueste asiático. É alongada, cunha posición aproximada norte-sur e a súa extremidade, onde se encontra a illa de Singapur, é o punto mais austral de Asia separado de Sumatra polo Estreito de Malaca. A súa rexión máis estreita é o Istmo de Kra.

Na Península Malaia encontramos os seguintes países:

Myanmar: na rexión noroeste;

Tailandia: na rexión central e nordeste;

Malaisia: a maior parte da rexión sur;

Singapur: a extremidade sur.

Río Mekong

O Mekong é o río máis longo e importante da Indochina e un dos maiores, no só de Asia, senón da Terra.

Nace no Tíbet e despois dun percorrido de cerca de 4.500 km desauga no sur do Vietnam, no Mar da China Meridional, tras atravesar antes varios países: China, Laos, Birmania, Tailandia e Camboxa. Nas proximidades de Phnom Penh o seu ancho é de 3 km. O caudal do Mekong oscila entre 15.000 m3/s no período seco e os 60.000 m3/s na estación das chuvias. É navegábel desde Laos a Vietnam e serve de fronteira entre Birmania e Laos, Tailandia e Laos, e nun curto treito do curso inferior Camboxa e Vietnam.

É denominado polos Vietnamitas Cửu Long, en tibetano Dza-chu, en chinés Lan-ts'ang Chiang (湄公河), e en tai Mae Nam Khong (แม่น้ำโขง).

Sueste asiático

O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.

Yangon

Yangon (en birmano: ရန်ကုန်) é unha cidade de Myanmar, a maior e máis importante do país (4.668.755 hab. en 2007), e capital do mesmo ata o 2005 no que foi substituída pola nova cidade de Naypyidaw.

Situada no delta do Irawadi, a beira da súa póla máis oriental preto da desembocadura no Mar de Andaman, é o principal porto, centro industrial, comercial, financeiro e cultural de Myanmar.

Naceu coma cidade cando, en 1753, o rei Alaungpaya conquistou o que dende o século V era unha vila de pescadores xunto a un templo mon, Dagon, renomeándoa Yangon, "sen inimigos".

En 1852 caeu en mans do Imperio Británico que a chamaron Rangoon (Rangún).

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.