Muxía

Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».

Coordenadas: 43°6′17″N 9°13′5″O / 43.10472, -9.21806

Muxía
Escudo de Muxía
Vista Muxía
Vista da vila de Muxía desde o monte do Corpiño.
Situacion Muxía
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Fisterra
Poboación4.736 hab. (2018)
Área121,3 km²
Densidade39,04 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeFélix Porto Serantes (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Muxía
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes91,70%
Na rede
www.concellomuxia.com
info@concellomuxia.com

Poboación

Censo total 2014 5.068 habitantes
Menores de 15 anos 487 (9.61 %)
Entre 15 e 64 anos 3.079 (60.75 %)
Maiores de 65 anos 1.502 (29.64 %)
Evolución da poboación de Muxía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.542 7.296 7.612 7.080 5.899 5.424 5.269 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Casa consistorial de Muxía
Casa consistorial.

Patrimonio cultural de Muxía

O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.

Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.

Festas

Muxía 20040912 Santuario da Virxe da Barca 12 Xente no exterior o día da romaría (3861746232)
Santuario da Virxe da Barca o día da romaría.

Muxía na literatura popular

  • Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme [4].
  • Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [5].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [5][6].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [7].
  • Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muxía.
Muxía.Pedra dos cadrís

Pedra dos cadrís.

Muxía. Galicia 09

Vista desde Muxía.

Muxia1Marenegra1eue

Operario limpando nas praias de Muxía o chapapote procedente da marea negra do Prestige, nas datas posteriores ao 13 de novembro de 2002.

Faro de Muxía

Faro de Muxía.

A Ferida escultura en Muxía 01

Escultura A Ferida.

Lugares de Muxía

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.
  5. 5,0 5,1 Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
  6. Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.
  7. Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.
  8. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AC-440

A AC-440 é unha estrada pertencente á rede primaria complementaria da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Berdoias e Muxía, logo duns 15,5 quilómetros.

Bardullas, Muxía

San Xoán de Bardullas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 109 habitantes (63 mulleres e 46 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 147 habitantes, e 1999 cando tiña 150 habitantes.

Caberta, Muxía

San Fins de Caberta é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 114 habitantes (56 homes e 58 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.

Comarca de Fisterra

A comarca de Fisterra é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Fisterra. A esta comarca pertencen os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía. Correspóndese co territorio chamado Terra de Nemancos.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Coucieiro, Muxía

San Pedro de Coucieiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 392 habitantes (197 homes e 195 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Eduardo Toba

Eduardo Toba Muíño, nado en Muxía o 15 de maio de 1923 e finado na Coruña o 3 de agosto de 2001, foi un adestrador de fútbol galego.

Frixe, Muxía

Santa Locacia de Frixe é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (114 mulleres e 100 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 264 habitantes, e 1999 cando tiña 315 habitantes.

Gonzalo López Abente

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Leis de Nemancos, Muxía

San Pedro de Leis de Nemancos é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 110 habitantes (58 mulleres e 52 homes), cinco menos ca en 2004 e 18 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.

Moraime, Muxía

San Xulián de Moraime é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2011 tiña 892 habitantes (455 mulleres e 436 homes) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 1.030 habitantes, e 1999 cando tiña 1.096 habitantes.

Morquintián, Muxía

Santa María de Morquintián é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2009 tiña 203 habitantes (109 mulleres e 94 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.

Muxía, Muxía

Santa María de Muxía é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 1635 habitantes (821 mulleres e 814 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1654 habitantes, e 1999 cando tiña 1.742 habitantes.

Nemiña, Muxía

San Cristovo de Nemiña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o INE en 2009 tiña 129 habitantes (65 mulleres e 64 homes) distribuídos en 4 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 141 habitantes, e 1999 cando tiña 154 habitantes.

Nosa Señora da O, Muxía

Nosa Señora da O é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2013 tiña 104 habitantes (51 mulleres e 53 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 136 habitantes, e 1999 cando tiña 147 habitantes.

O seu principal atractivo turístico é a praia do Lago.

San Martiño de Ozón, Muxía

San Martiño de Ozón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muxía. Segundo o INE en 2009 tiña 947 habitantes (509 mulleres e 438 homes) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999 cando tiña 1080 habitantes.

Santiso de Vuiturón, Muxía

Santiso de Vuiturón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 59 habitantes (33 mulleres e 26 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 73 habitantes, e 1999 cando tiña 83 habitantes.

Touriñán, Muxía

San Martiño de Touriñán é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE de 2013 tiña 77 habitantes (45 homes e 32 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 98 habitantes.

Vilastose, Muxía

San Cibrán de Vilastose é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Segundo o IGE de 2013 tiña 364 habitantes (183mulleres e 181 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 435 habitantes, e 1999 cando tiña 496 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.