Museos de Galicia

Esta é unha lista de museos de Galicia.

Provincia da Coruña

Dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella.
Aula didáctica sobre as abellas, a súa cría e os útiles recoller e elaborar mel e cera, cun parque exterior con colmeas (tradicionais e modernas) e un xardín con plantas melíferas e medicinais.
Casa de las ciencias
Casa dae las Ciencias
Trátase dun museo interactivo no que, baixo o lema “prohibido non tocar”, destaca a área dedicada ós experimentos físicos dirixida especialmente ós escolares. Posúe tamén unha ampla mostra de animais e minerais. Na cúpula hai un planetario cunha bóveda de 10 m de diámetro. Forma parte do grupo “Museos Científicos Coruñeses”.
Mostra a cría das abellas e a elaboración de mel. Dá tamén axuda técnica ós apicultores profesionais.
Tamén chamada Casa da Matanza, é a casa na que viviu Rosalía de Castro desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, fotografías e recordos persoais etc, así como, na segunda planta, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía. É sede da Fundación Rosalía de Castro e do Centro de Estudos Rosalianos, e ten por obxecto divulga-la obra e a memoria da escritora.
  • Casa Museo da Fundación Camilo José Cela (Iria Flavia, Padrón)
Sede da Fundación Camilo José Cela, no conxunto denominado Casas dos Cóengos (do século XVIII). Reúne tódalas edicións existentes de La Familia de Pascual Duarte, ou 127 das 202 edicións de La colmena, así como algúns dos seus debuxos, epistolario, condecoracións etc., ou unha colección de 62 ouriñais de porcelana, entre os numerosos obxectos relacionados co escritor.
Recreación da vivenda familiar da escritora na Coruña, con mobiliario e útiles orixinais. Pretende achegar o visitante á vida e obras de Emilia Pardo Bazán, para o que reproduce a vida nun pazo típico urbano do século XIX, cos obxectos de arte, relixiosos e persoais que tiña a Condesa. Comparte dependencias coa Real Academia Galega.
En lembranza de María Pita, heroína coruñesa na defensa da cidade do ataque da frota inglesa de 1589, recréase a tenda e o dormitorio principal da casa dos seus pais, xunto diversa documentación da Coruña nos séculos XVI e XVII (a evolución da cidade, o papel das mulleres etc.), especialmente nos aspectos relacionados coas súas relacións con Inglaterra. O museo está construído sobre o terreo que ocupara unha vivenda propiedade do seu primeiro home.
Reproduce a vivenda na que viviu Picasso na Coruña, entre 1891 e 1895, conservando o mobiliario, obxectos e enxoval tal como cando estaba daquela. Mostra 27 reproducións das obras que Picasso pintou na Coruña durante este período e 4 reproducións das do seu pai.
Na Torre de Bermúdez, dedicada a conservar e promociona-la obra de Ramón del Valle-Inclán durante a súa vida na Pobra: primeiras edicións, manuscritos orixinais e unha colección fotográfica de Valle na Pobra, así como cadros, esculturas e diverso material relacionado co teatro.
  • Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira (Ortigueira)
Tamén chamado Museo Ortigalia, busca divulga-lo patrimonio de Ortegal, mediante un percorrido pola súa historia, desde os primeiros achados arqueolóxicos ata a actualidade. Mostra os restos atopados nas escavacións realizadas na zona e maquetas e reconstrucións virtuais dos sitios arqueolóxicos. Entre tódolos restos destaca un túmulo datado no 4.400 adC.
  • Colección de Anestesioloxía e Reanimación (Santiago de Compostela)
Mostra o instrumental utilizado antigamente en medicina cirúrxica e, en menor grao, noutras especialidades. A colección está distribuída nas instalacións do Colexio de Médicos de Santiago e nas da Facultade de Medicina.
Colección dunhas 2.000 pezas expostas nas propias instalacións do centro escolar, relacionadas coas actividades rurais tradicionais no campo e na casa, como son os trebellos de diferentes oficios, útiles de cociña, maquinaria agrícola, ferramentas agrícolas e gandeiras, obxectos da vida cotiá etc. O obxectivo é que os alumnos lembren todos estes útiles, o seu uso e os seus nomes, logo de desapareceren do seu ámbito doméstico.
  • Colección Fernando Blanco de Lema (Cee)
Conxunto do instrumental e material didáctico do vello Colexio de Cee (fundado por Fernando Blanco de Lema a finais do XIX), distribuídos nunha sección de física e química (con aparatos de medida, mecánica, acústica etc.), agricultura, xeografía e unha sección de historia natural (con mostras animais, cunchas, minerais e fósiles). Á marxe deste material propio, inclúe cadros (Madrazo, Carreño), gravados e diversas pezas de ourivaría.
  • Colección de Reloxos (A Coruña)
Conxunto de reloxos procedentes de diferentes épocas (desde o século XVIII), países e estilos (de mesa, de caixa ou de pé), creada a partir da doazón de 82 pezas que legou Antonio Ríos Mosquera ó Concello. O museo está situado na primeira planta do edificio do concello.
  • Domus (Casa do Home) (A Coruña)
Museo monográfico con carácter interactivo dedicado ó ser humano, estruturado en áreas temáticas (bioquímica, xenética, reprodución etc.). O edificio é obra de Arata Isozaki e César Portela.
  • Ecomuseo de Cerceda
Museo interactivo que busca divulga-la historia, cultura e sociedade de Cerceda, a través de maquetas, fotografías, paneis e medios audiovisuais.
Colección bibliográfica e documental da obra de José Cornide Saavedra (1734-1803), xeógrafo, historiador e naturalista, entre outras actividades. Tamén conserva os legados e coleccións de Salvador de Madariaga e do naturalista Víctor López Seoane. O Instituto edita unha revista histórica desde 1965.
Mostra pezas arqueolóxicas (como o torque de Xanceda ou o casco de Leiro), pezas referentes á historia da Coruña e obxectos de uso litúrxico e imaxes relixiosas.
Museo en honra deste pintor que reúne, ademais da súa obra, unha importante colección de plástica galega contemporánea, como Castelao, Asorey, Laxeiro, Arturo Souto, Cristino e Maruja Mallo, Seoane, Lugrís, Granell etc., xunto a autores da última vangarda. Unha planta está dedicada ó debuxo humorístico.
Era unha colección de pintura e escultura, principalmente, procedente das Bienais de arte contemporánea que a empresa promovía desde 1989, polo que recollía boa parte da obra da vangarda galega. Tamén organizaba talleres e cursos de mimo, ikebama ou micoloxía, por exemplo, audicións (de música clásica, étnica ou jazz), danza, ciclos de cine e vídeo, faladoiros etc., así como exposicións temporais.
O Museo pechou as portas o 30 de decembro de 2018 [1]
  • Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar (Santiago)
Colección de pezas arquitectónicas extraídas do antigo claustro, do século XIII, hoxe desaparecido na súa maior parte, e diversas esculturas relixiosas. Tamén mostra obxectos e ornamentos litúrxicos que amosan a vida desta comunidade ó longo dos séculos XVII ó XIX (como cruces procesionais ou cálices) e, noutra sala, unha ampla colección de traxes tradicionais galegos.
Colección de pezas de prata, de carácter relixioso, pertencentes á Colexiata, de distintas épocas (entre os séculos XVI e XX) e estilos artísticos, entre as que destaca unha custodia de finais do XVII.
  • Museo Casa da Troia (Santiago)
Reprodución dunha antiga pensión de estudantes de finais do XIX (sobre a que Alejandro Pérez Lugín -1870-1926- escribiu en 1915 a novela "La Casa de la Troya"). Mostra cadros, mobles, fotografías e obxectos pertencentes ós personaxes da novela. Alberga tamén obxectos e recordos das tunas da Universidade de Santiago, nunha sección coñecida como Museo da Tuna.
Coro Pétreo del Maestro Mateo (1211)
O Coro do Mestre Mateo, parcialmente reconstruído no Museo Catedralicio
Conxunto de obras arqueolóxicas e de espazos dentro do edificio da Catedral. No Museo-Claustro destaca o antigo coro pétreo do mestre Mateo, reconstruído recentemente. Na cripta baixo o Pórtico da Gloria móstranse restos e esculturas procedentes de zonas da catedral que foron derrubadas ou modificadas ó longo dos séculos. O Tesouro acolle unha ampla colección de ourivaría desde o século XI ata a actualidade. No Panteón Real están as laudas dos sepulcros en pedra de diferentes Reis e nobres galegos e casteláns. Tamén forma parte deste conxunto o Pazo de Xelmírez.
Mostra o desenvolvemento histórico da implantación da electricidade en Galicia, mediante máquinas e distintos obxectos de empresas eléctricas, así como maquetas de distintas instalacións eléctricas galegas. Comparte edificio co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa.
Colección de diverso material etnográfico reunido polo Colexio Público Mosteiro de Caaveiro e agora trasladada á antiga Casa Reitoral da parroquia. Está formada por apeiros de labranza, trebellos utilizados nos distintos oficios, o forno do pan, enxoval da cociña, xoguetes, teares etc. distribuídos nas habitacións da casa tradicional. O Museo comprende tamén o Parque Etnográfico do Sesín (con muíños de auga, elaboración de carbón vexetal ou colleita de castañas), unha ferrería hidráulica O Machuco (en restauración) e un Museo da Escola (en proxecto).
  • Museo Etnográfico de Meixido (Freires, Ortigueira)
Colección privada de máis de 3.000 útiles e ferramentas de diferentes oficios: carpinteiros, zoqueiros, tecelás, barbeiros, ferreiros, panadeiros,etc. Mostra tamén unha cociña tradicional completa con toda a súa menaxe, unha escola de aldea e unha botica do século XIX
  • Museo do Ferrocarril "John Trulock" (Iria Flavia, Padrón)
Integrado na casa Museo de Camilo José Cela, neto deste John Trulock, quen instalou a primeira liña férrea en Galicia, en 1873, entre Santiago de Compostela e Carril (Vilagarcía de Arousa). Mostra uniformes, obxectos relacionados co ferrocarril e unha fiel reprodución dunha estación da época. Nos xardíns pode verse a locomotora Sarita, a primeira máquina de tren que circulou por Galicia.
É a colección máis importante do patrimonio científico e natural de Galicia, con numeroso e variado material botánico (como o herbario de Baltasar Merino), zoolóxico e xeolóxico, ademais de obxectos e instrumentos de valor histórico e científico.
  • Museo do Humor (Fene)
Único no seu xénero en Galicia e en España, recolle debuxos orixinais de humoristas galegos (Xaquín Marín –o seu director-, Siro, Torres, Pepe Carreiro), españois (Chumy Chumez, Gila, Máximo, Peridis) e do resto do mundo (Mort Walker, Kosobukin, Tomy), así como fotografías e outros obxectos.
Noia, Santa María a Nova 02-10a
Lauda gremial dun mariñeiro.
A maior colección do mundo de laudas medievais (gremiais, familiares e heráldicas), desde os séculos XIV ó XIX, xunto a diversos sartegos de persoeiros medievais. Está exposta na igrexa de Santa María a Nova, do século XIV.
Pequeño museo do liño e do tear tradicional, creado pola Asociación Amigos do Liño, con tódolos apeiros necesarios para a súa elaboración. En ocasións, realízanse demostracións en vivo do proceso de fiado e tecido de diversas pezas.
Museo etnográfico e histórico inaugurado en 1983, ocupando o antigo convento de Santo Domingo. Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversos sartegos e laudas; o cadro Apostolado, da escola de Rubens; a sala destinada ás antigas escolas, en homenaxe ós irmáns García Naveira; e a sección do traxe galego, con máis de 50 traxes tradicionais.
Colección de útiles mariñeiros utilizados nas costas de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría e Carnota, de diversas épocas e materiais. Conta con varias embarcacións e pezas de barcos (como mastros, focos, drizas, áncoras) así como instrumentos de navegación. Nunha sala destinada á carpintería de ribeira recóllense as ferramentas e os padróns utilizados na construción dos barcos.
Material diverso sobre a cría das abellas e a obtención do mel. Resulta especialmente interesante a reconstrución dunha albariza con trobos de cortiza.
Reúne máis de 5.000 pezas relacionadas co moucho: esculturas, cadros, xoiería, artesanía, literatura. Conta tamén cunha completa biblioteca e videoteca así como con instalacións interactivas para ver, tocar e escoitar estas aves.
Museo antropolóxico galego por excelencia, contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico e sonoro de Galicia. Edita numerosas publicacións de carácter etnográfico.
  • Museo Santiago Rey Fernández-La Torre (Arteixo)
Mostra máis de 4.500 cabeceiras de periódicos e revistas de tódalas épocas e de todo o mundo, así como as máquinas para compoñelos (entre elas, a primeira rotaplana coa que se comezou a publicar La Voz de Galicia, en 1882). Tamén se expón un exemplar de El Catón Compostelano (primeiro periódico galego, de 1800) e un mapa de Galicia de Domingo Fontán (o primeiro mapa topográfico de Galicia). Tamén se lle coñece como Museo da Prensa.
  • Museo da Terra de Melide (Melide)
Cunha nova sede desde 2001, ten 7 salas: o Camiño de Santiago, o neolítico e os castros, a romanización, os oficios tradicionais, o xoguete e a música, o tecido (liño e la) e a casa.[1]
  • Museo da Terra Santa (Santiago de Compostela)
Mostra pezas procedentes de Terra Santa, referentes ós lugares sagrados da Biblia, distribuídas nunha sección de Pasado remoto (desde o paleolítico ata a dominación romana) e Presente en Terra Santa (desde o século I ata a primeira guerra mundial). Nesta segunda sección pódense ver maquetas de edificios históricos de Xerusalén e unha valiosa selección numismática que vai desde Grecia ata hoxe.
Mostra do traxe galego e a súa historia ó longo dos séculos. O propio museo acolle tamén mostras estacionais de artesanía relacionada co vestido (encaixe, liño, zocos, coiro, xoiería, acibeche etc.), así como cestería, cantería ou cerámica, en tódolos casos coa presenza dos artesáns realizando o seu traballo.
Museo das Peregrinacións fachada Santiago de Compostela
Museo das Peregrinacións
Institución museística de titularidade pública definida como Museo Nacional e Centro de Documentación, Investigación e Interpretación da Peregrinación e de Santiago. O discurso expositivo xira derredor do fenómeno universal da peregrinación, da peregrinación xacobea en particular e do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela. Posúe importantes fondos escultóricos, pictóricos, artes decorativas, arqueolóxicos e fondos documentais. Dispón dunha importante biblioteca especializada.
  • Museo da Tuna (Santiago)
Véxase Museo Casa da Troia.

Provincia de Lugo

Casa Museo de Víctor Corral
Casa Museo de Víctor Corral
Brocados Castro de Viladonga
Museo do Castro de Viladonga
O museo é un barco boniteiro real, o Reina del Carmen, de 25 metros de eslora e botado en 1968, que, en vez de ser desguazado foi acondicionado para lembra-la pesca do bonito, cos seus aparellos e tódolos útiles, algúns propios da pesca tradicional, como o corricán. Poden visitarse tódolos espazos do barco e observar como era a vida a bordo dos 14 tripulantes durante os 20-25 días que duraba unha marea.
  • Casa Museo de Esculturas de Víctor Corral (Begonte)
Conxunto de esculturas expostas no propio domicilio do escultor lucense Víctor Corral, aberto ó público. No interior mostra obras de madeira, bronce e marfil, así como cadros; no xardín, esculturas de pedra e bronce. Cómpre destaca-la imaxe dunha Virxe do Rosario tallada no tronco dun castiñeiro, xunto á igrexa parroquial de Baamonde.
Materiais procedentes das escavacións realizadas no castro (elementos arquitectónicos, ferramentas, ourivaría, cerámica, muíños de man, xogos e moedas etc.), cunha parte introdutoria á cultura castrexa e unha gran maqueta que reconstrúe o castro
Importante colección de obxectos de arte sacra, unha das máis importantes de España, con roupa litúrxica e variada ourivaría relixiosa, como relicarios. Entre os seus fondos destacan as estatuas de Cristo xacente e da Inmaculada, obras de Gregorio Fernández. Hai tamén unha reprodución da Piedade, de Michelangelo, que se atribúe ó seu taller.
  • Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá
Colección de pezas de carácter relixioso formada por ourivaría, cadros, esculturas, cálices, mobiliario etc. Destaca un sarcófago do século V procedente de Terra Santa, un relicario de pedra e madeira policromada composto por 28 bustos-relicarios, do século XVII, e unha variada biblioteca monacal de máis de 4.000 volumes.
  • Museo Comarcal da Fonsagrada
Museo etnográfico que mostra ferramentas agrícolas, domésticas e de distintos oficios tradicionais. Conta tamén cunha reprodución dunha forxa, unha adega e unha lareira e, nunha sección de arquitectura popular, distintas maquetas, planos e fotografías de vivendas e outras construcións tradicionais. O museo tamén mostra restos arqueolóxicos (das épocas castrexa e romana) e pezas de escultura contemporánea (Ignacio Basallo, Manolo Paz, Fernando Villapol etc.).
Palloza rehabilitada e dotada con tódolos útiles que empregaban os seus moradores ata mediados do século XX para a súa vida diaria (habitacións, roupa, enxoval, mobiliario, alimentación e cociña etc.) e nos traballos agrícola e gandeiro (cortes, apeiros, trobos, útiles de caza e pesca etc.).
Inaugurado en 1983 na fortaleza do mesmo nome, como sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. No patio expóñense trebellos propios dos oficios tradicionais, cortes e adega, e na cociña, os elementos propios dunha cociña tradicional galega. Hai unha sala do tear dedicada ó traballo da la e do liño. Na torre da homenaxe reprodúcese o ambiente no que vivía a nobreza medieval, con armaduras e armas de distintos tipos.
Tamén chamado Museo da Compañía (de Xesús). Recolle obras de pintura relixiosa entre as que destacan dous cadros de El Greco (únicas obras deste pintor en Galicia) e cinco do italiano Andrea do Sarto, así como ornamentos relixiosos e diversos documentos. O edificio é do mestre Juan de Herrera, polo que se coñece como o Pequeno Escorial de Galicia.
  • Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (Vilalba)
Constitúe a colección máis completa de Galicia de restos dos períodos paleolítico e mesolítico, procedentes de escavacións realizadas polo Museo, se ben os fondos expostos chegan ata a dominación romana, en módulos sucesivos: Idade de Pedra (tallada e puída), Idade de Bronce, Idade de Ferro (o mundo castrexo) e a época romana. O museo compleméntase con maquetas e reproducións, así como con exposicións temporais.
Lugo, Museo Provincial 01-25b
Sartego dobre procedente de Santa María de Zolle, Guntín (s. IX-X), no Museo Provincial de Lugo
Fundado no ano 1934 e trasladado en 1957 ó edificio actual, inspirado na estrutura dun típico pazo galego anexo ó convento de San Francisco. No claustro, do s. XV, expóñense aras e estelas romanas, sartegos e laudas sepulcrais medievais, así como unha completa colección de reloxos de sol. Na sección de arqueoloxía expóñense obxectos que van desde a prehistoria ata a romanización, destacando o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo. Exponse tamén o mosaico de Dédalo e Parsífae procedente das escavacións realizadas na rúa Armañá nos anos 80 do pasado século. Completa o museo unha serie de salas dedicadas á arte sacra e á pintura e escultura galega máis representativa dos séculos XIX e XX.
  • Museo Histórico de Sargadelos (Cervo)
Recolle pezas relacionadas coa evolución histórica das Reais Fábricas de Sargadelos –, industria siderúrxica creada a finais do XVIII e transformada a primeiros do XIX en fábrica de louza, ata desaparecer en 1875- sen esquece-la historia industrial galega máis destacada. Mostra antigas pezas de cerámica, útiles da fundición e os moldes orixinais, no que foi a casa da administración daquela fábrica.

Provincia de Ourense

Mostra obxectos persoais de Ramón Otero Pedrayo e a súa biblioteca particular. O propio pazo, propiedade da súa familia e residencia de Otero Pedrayo nos últimos anos e ata a súa morte, reconstrúe a estrutura tradicional dun pazo galego de principios do século XX e conserva as dependencias nas que vivira (o despacho, a biblioteca, o dormitorio).
Office of Museum of Vicente Risco in Allariz, Ourense, Galicia
Museo de Vicente Risco.
Colección de fondos documentais sobre a vida e obra do escritor Vicente Risco e do seu fillo, Antón (natural de Allariz e que foi quen fundou a casa museo en 1995 como homenaxe ó seu pai). Recrea o despacho que Risco tivera na súa casa de Ourense, coa súa biblioteca, e mostra numerosos debuxos, deseños e materiais da revista Nós, que fundara en 1920.
Conxunto de fotografías que ilustran o proceso de elaboración do viño e exposición dos principais viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, da que A Teixeira forma parte. No mes de novembro, o concello celebra a "Festa do Viño Novo", para proba-lo viño da colleita do ano.
Pequeno museo etnográfico que recolle ferramentas e trebellos comúns na Galicia rural tradicional, co mobiliario típico (cama, berces), unha lareira completa, a cociña co seu enxoval, un tear, unha roda de afiar, os pupitres da vella escola etc.
Espazo cultural para lembra-la presenza dos xudeus en Galicia, os seus oficios, a súa relixión e a inquisición. Ourense e, en concreto, Ribadavia, tiveron unha notable comunidade xudía (ata o 50% da poboación desta localidade) que deixou unha pegada histórica.
  • Colección de Trens Fernández Pacheco Outeiriño (Ourense)
Colección de máis de 4.000 pezas que recolle a historia do ferrocarril no mundo, con reproducións de máquinas de tren desde a primeira máquina a vapor ata os últimos trens de alta velocidade.
  • Exposición Permanente da Emigración na Comarca do Carballiño (O Carballiño)
Completa mostra do fenómeno da emigración na comarca do Carballiño, a través de paneis, vídeos e diferentes obxectos, así como das súas consecuencias -sociais e económicas- en Galicia e, concretamente, nesta comarca.
Tamén chamado Museo da Pedra por consistir nunha colección de obxectos e restos pétreos obtidos durante as restauracións feitas no Mosteiro de Oseira e escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos etc. Tamén pode visitarse o propio mosteiro e a biblioteca, do século XVII.
Mostra restos arqueolóxicos achados no propio castelo de Castro Caldelas e materiais relacionados coa construción de vivendas, mosteiros e outros elementos. A sección de etnografía recolle sobre todo os apeiros propios dos oficios tradicionais.
Cabeza de Rubiás lateral
Lateral da Cabeza de guerreiro de Rubiás, no Arqueolóxico de Ourense.
Posúe unha sección de arqueoloxía (con pezas do mundo castrexo, como os Guerreiros, e das épocas romana, prerrománica e medieval) e unha sección de Belas Artes (con esculturas, como a Inmaculada de Juan de Juni ou os taboleiros do cadeirado de Montederramo, e pinturas dos séculos XIX e XX).
  • Museo de Arte Sacra de Santa Clara de Allariz
Museo de arte relixiosa, con notables pezas de marfil, entre as que destaca unha Virxe Abrideira de finais do século XII (doazón de Dona Violante, fundadora do convento e dona de Afonso X o Sabio); e de prata, entre as que destaca unha Cruz de cristal de rocha gótica.
Museo de arte sacra inaugurado en 1954 na chamada Claustra Nova, da Catedral de Ourense. Expón numerosos obxectos relixiosos entre os que destacan o Tesouro de San Rosendo, a lauda cristiá máis antiga de Galicia (do século VI, procedente de Baños de Molgas) ou as placas de esmalte do frontal dun relicario (de Limoges). Tamén, o Misal Auriense (o primeiro libro que se imprentou en Galicia, en 1494) e o Breviario Auriense.
Allariz, Museo do Coiro
Museo do coiro.
Vella fábrica de curtidos ó pé do río Arnoia, levantada no XVIII e reconstruída agora para mostra-los seus elementos e todo o proceso de curtido de peles (pilos para o lavado e encascado, coitelos e outras ferramentas para face-lo coiro). Nun obradoiro anexo hai un taller artesanal onde se traballa o coiro. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
Centro de interpretación situado no que foi o colexio de La Salle, reproduce a historia local a través da escola e a infancia, mediante a exposición de xogos, mapas, libros, diverso material escolar etc. Os materiais expostos datan desde primeiros do XIX ata os nosos días.
  • Museo Etnográfico Olimpio Liste (Oseira, San Cristovo de Cea)
Completa colección etnográfica, que supera xa as 10.000 pezas, que mostra o traballo agrícola e as ferramentas dos vellos oficios, xunto a numerosos obxectos singulares da vida rural galega. O museo está a realizar un inventario e catalogación do patrimonio cultural galego, á vez que edita diversos traballos antropolóxicos e etnográficos.
Material etnográfico recopilado en boa parte por Elixio Rivas Quintas por terras ourensás que representa os aspectos máis representativos da cultura tradicional (polo que tamén se lle coñece como Museo de Devanceiros). Mostra tamén os numerosos obxectos relixiosos que albergaba desde vello o Santuario de Nosa Señora dos Milagres.
Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas.
  • Museo da Gaita (Ourense)
Tamén chamado Museo Internacional de Cornamusas, recolle variedades deste instrumento popular procedentes de diferentes países de Europa, Asia e África, ademais de modelos de gaitas galegas. Moitas son reproducións feitas por especialistas, unha vez desaparecidas no seu lugar de orixe.
  • Museo Iconográfico de Allariz (Museo Aser Seara)
Colección de arte relixiosa, doada polo doutor Aser Seara Vázquez, con predominio de temas marianos (Virxes, Inmaculadas, Dolorosas) ou relacionados coa paixón de Cristo. Os fondos expostos abarcan desde finais do XIII ata finais do XIX, e entre eles destacan as esculturas en madeira e marfil e os relicarios.
Colección de iconas bizantinas, pinturas, cerámicas, reloxos etc. O museo está situado nas inmediacións da Igrexa de Santa Comba de Bande (do século VII), nunha antiga casa rehabilitada.
Pequeno museo aberto no lugar de Bidueira, dedicado a lembra-lo cultivo do liño (con mostras de sementes autóctonas e a planta nas súas distintas fases), o seu fiado e o tecido e a elaboración artesanal de roupa, de casa e de vestir, cunha ampla colección dos útiles tradicionais.
  • Museo do Tecido "O Fiadeiro" (Allariz)
Reproduce todo o ciclo do cultivo e recolección do liño e mailos aparellos utilizados no seu procesamento para a obtención do fío (ripo, espadeleiro, restrelo, fusos, rocas etc.), continuando co tear tradicional, aínda en uso. Mostra tamén pezas elaboradas á man, como sabas, colchas ou roupa interior. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
Allariz, Museo Galego Xoguete, revólveres
Museo do xoguete.
  • Museo Galego do Xoguete (Allariz)
Colección de xoguetes desde principios do século XX ata a década dos setenta: coches, trens, arcos, pistolas, bonecas e casas de bonecas, cadeiras (miniaturas), xogos de mesa etc.
Muíño hidráulico (de turbina, en lugar do rodicio tradicional) situado ó pé do Arnoia, restaurado e con tódalas pezas e ferramentas que se utilizan no proceso da moenda do millo, trigo e centeo. É posible ver funciona-lo muíño. Forma parte do Parque Etnográfico do Río Arnoia.
  • Parque Etnográfico do Río Arnoia (Allariz)
Conxunto etnográfico relacionado coas industrias ligadas ó río Arnoia, recuperadas na década dos 90. Está formado polo Museo do Coiro "Familia Nogueiras" (nunha antiga fábrica de curtidos, cos seus pilos e os útiles necesarios), o Museo do Tecido "O Fiadeiro" (que revive o cultivo do liño e as ferramentas para fialo e tecelo) e o Muíño do Burato (muíño reconstruído e aínda en uso, con tódalas súas pezas).

Provincia de Pontevedra

Xosé Otero Abeledo, Laxeiro
Fundación Laxeiro.
Centro principal de exposicións temporais do concello de Vigo e sede da Fundación Laxeiro e da colección Luís Torras. A primeira mostra 62 obras de Laxeiro e percorre tódalas épocas do pintor. A segunda mostra unha colección de 67 cadros do artista vigués Luís Torras. A Casa das Artes contén tamén o arquivo fotográfico Pacheco, con máis de 100.000 imaxes tomadas desde 1900 ata 1970.
Casa natal de Ramón Cabanillas, o Poeta da raza (1876-1959), rehabilitada nos anos 90 para reproduci-lo ambiente no que viviu. O museo recolle diversos obxectos do escritor, fotografías, testemuñas e obras que lembran a súa figura.
Casa natal de Julio e Francisco Camba, rehabilitada para expoñer fotografías destes escritores, exemplares de primeiras edicións, artigos e outro material relacionado con eles.
  • Casa Museo Valle Inclán (Vilanova de Arousa)
Tamén chamada Museo do Cuadrante, por se-lo nome co que se coñecía a casa natal de Valle-Inclán, pretende recolle-la memoria do escritor, reproducindo o ambiente onde creceu e un percorrido pola súa vida, obra e contexto histórico. Mostra as primeiras edicións dun bo número das súas obras.
  • Casa do Patrón (Museo Etnográfico Casa do Patrón) (Codesedo, Doade, Lalín)
Expón unha ampla colección de máis de 1.800 pezas, cos utensilios propios dunha casa tradicional galega (mobiliario diverso, a cociña, o tear e a roupa), os apeiros necesarios na agricultura e gandería (carros, xugos e maquinaria) e as ferramentas características de máis de 85 oficios diferentes (canteiro, ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, afiador etc).
Castro de Santa Trega - remates de torques
Remates de torques no Museo de Santa Trega.
Colección das pezas arqueolóxicas atopadas nas escavacións do Castro (e mais nalgúns castros próximos). Complementa a visita ó propio castro e permite coñece-lo seu contexto histórico, as campañas arqueolóxicas e os obxectos extraídos: restos paleolíticos, neolíticos, da idade de bronce, da cultura castrexa e da ocupación romana.
Museo nacido para desenvolver, ademais das actividades propias de exposición permanente, traballos de investigación, conservación, e difusión da arte e da cultura contemporáneas nos eidos das artes plásticas, arquitectura, vídeo, deseño, cine etc. Desenvolve tamén frecuentes exposicións temporais dedicadas a autores ou movementos artísticos galegos de vangarda.
Colección de obxectos relacionados coa cultura material doméstica de Galicia xa desaparecida: ferramentas artesanais e agrícolas, o carro, roupa e tecidos, a vivenda tradicional etc. Recolle tamén pezas relacionadas coa relixión, a superstición e a medicina popular.
Soutelo maqueta 11
Centro Etnográfico Terra de Montes
Material etnográfico, recollido na Terra de Montes (Pontevedra), da vida cotiá na primeira metade do século XX: ferramentas usuais no medio rural (carro, xugos, arados etc.) e nos oficios comúns (canteiros, carpinteiros, ferreiros etc.). Tamén recrea un dormitorio e unha cociña tradicionais, con tódolos útiles necesarios.
  • Museo da Carabela Pinta (Baiona)
A carabela Pinta foi a que regresou a España tralo descubrimento de América, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribando concretamente en Baiona o 1 de marzo de 1493. O museo consiste nunha reprodución da carabela Pinta coa distribución, mobiliario e tódolos utensilios utilizados polos seus tripulantes, así como os obxectos, froitas e animais que trouxeron do novo mundo.
  • Museo Catedralicio (Tui)
Colección composta principalmente de obxectos relixiosos, como cálices, custodias, cruces procesionais e ornamentos. Contén tamén un ha sección arqueolóxica con pezas extraídas nas escavacións realizadas na Catedral, como sarcófagos, laudas, os escudos da porta da muralla de Tui e un antigo coro románico.
É o resultado da musealización do antigo edificio da fábrica de conservas que fundara Juan Goday Gual en 1879, a primeira fábrica de conservas de Galicia, e que pechou en 1958. Consérvanse os mesados sobre os que recibían, preparaban e enlataban a sardiña e algunhas das máquinas que posuía, xunto outras procedentes do Museo Massó (Bueu), así como latas da época, ferramentas diversas e numerosas fotografías das mulleres traballando na fábrica.
Tui, Museo Diocesán
Detalle da fachada do Museo Diocesano de Tui.
  • Museo Diocesano (Tui)
Situado no antigo Hospital para Pobres e Peregrinos, levantado en 1756. Aquí os peregrinos a Santiago de Compostela tiñan dereito a pasar tres noites. Na súa planta baixa estaba a alfóndega ou mercado da cidade. Consta dunha sección de arqueoloxía, outra de arte sacra e unha terceira de pintura e escultura. Na primeira destacan un sarcófago romano e un casco celta do século III-II a.C. A sección de arte sacra mostra obxectos e figuras procedentes de distintas igrexas da Diocese e unha colección única en España de Sambenitos (penitencias ditadas polo Santo Oficio, e na de escultura pódese contemplar unha Virxe atribuída a Juan de Juni.
  • Museo Etnográfico "Pazo da Cruz" (A Hermida, Covelo)
Casa soarega do século XVII con máis de 3.800 pezas (armas, instrumentos musicais, ferramentas, utensilios, mobles, enxoval, etc.) A Casa Museo é tamén sede do Centro de Estudios de A Paradanta.
  • Museo Municipal Manuel Torres (Marín)
Recolle 77 obras do pintor, escultor e humorista Manuel Torres Martínez (cadros, debuxos e esculturas), que cedeu ó seu concello natal. Outras salas do museo dedícanse a exposicións temporais de pintura ou escultura contemporáneas ou de artesanía, fotografía etc.
Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.
Inaugurado en outubro do 2001, mostra unha ampla colección de marionetas da compañía de títeres Viravolta, ademais de biblioteca, vídeos e outros materiais. O Museo organiza talleres de iniciación, cursos e mostras de teatro de marionetas.
Material etnográfico relacionado coa pesca artesanal galega, coa industria (salga, conservas de peixe e caza da balea) e coa navegación (diverso instrumental, maquetas de distintos tipos de embarcacións, material utilizado na carpintería de ribeira etc.).
  • Museo Muíño de Mareas A Seca (Cambados)
Muíño de mareas, construído en 1622, con toda a súa maquinaria: tres moas de gran groso (para o millo) e outra de gran fino, albeira (para trigo e centeo). Expóñense tamén diversos apeiros agrícolas relacionados co cultivo dos cereais, maquetas e reproducións de distintos tipos de maquinaria.
Pazo Quiñones de León, Castrelos
Pazo Quiñones de León, sede do museo homónimo.
Por unha banda, conta cunha sección arqueolóxica, con pezas representativas da historia de Vigo, desde o paleolítico á Idade media, e os restos achados no Monte do Castro. Por outra, expón unha completa colección de arte galega contemporánea, desde finais do XIX ata a actualidade: Avendaño, Maside, Torres, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís etc, xunto a representantes do "Movemento Atlántica".
Pluridisciplinar : belas artes, arqueoloxía, etnografía, artes aplicadas.
Colección de artes de pesca e materiais relacionados coa historia mariñeira do Grove, tanto no que se refire á salga de peixe como no tocante á pesca e á industria conserveira. Ademais da nave principal pódese visitar unha fábrica de salga de 1790, reconstruída en tódolos seus elementos orixinais.
Colección de obras de diferentes artistas do Deza, como Laxeiro, Colmeiro, Sucasas e outros, xestionada polo tamén pintor Paco Lareo na súa casa natal, como lugar de encontro de artistas e de exposición permanente.
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.
Situado na antiga casa reitoral de Santa Mariña Dozo, restaurada e ampliada. Mostra tódolos pasos da elaboración do viño, desde a viña ata a botella, especialmente no relacionado co viño albariño. Mediante maquetas, proxeccións e obxectos relacionados coa viña, o seu cultivo e as súas enfermidades, a colleita, a vinificación, o embotellado e a cata.
Museo interactivo relacionado coa palabra e a comunicación humana, organizado en catro grandes bloques: linguaxe e comunicación, literatura, ciencias e tecnoloxía. Permite coñecer e experimentar coa lingua, os idiomas, as letras, sons, vista, oído, lectura e escritura etc. mediante 29 cubos –tantos como as letras do alfabeto- de distinto carácter interrelacionados.
Inaugurado o 9 de novembro de 2013.
Inaugurado o 1 de marzo de 2015.
Inaugurado en 2019.
  • Museo do Mar de Marín

Notas

  1. "Museo da Terra de Melide". Xunta de Galicia. Consultado o 4.3.2019.
  2. "Museo numismático do Concello de Lobios". No sitio web oficial do Concello de Lobios.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

2naFronteira

2naFronteira (Dous na Fronteira) é un dúo musical italo-galego formado en 2008 en Italia, integrado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli.

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Colexio da Nosa Señora da Antiga

O colexio da Nosa Señora da Antiga, tamén coñecido como os Escolapios, é un edificio de estilo herreriano construído a finais do século XVI na vila de Monforte de Lemos, na Ribeira Sacra. É coñecido a miúdo como o Escorial galego, por ser unha das poucas manifestacións deste estilo nesta comunidade, caracterizado pola regularidade das súas formas e a sobriedade nos detalles.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Espazo Caritel

Espazo Caritel, Arte e natureza, é un conxunto de museo e parque sito no Caritel (San Martiño de Mondoñedo, Foz).

Felipe Senén

Felipe Senén López Gómez, nado no Carballiño o 10 de febreiro de 1948, é un arqueólogo galego.

Illa de Santo Antón, A Coruña

Non confundir coa Illa de Santo Antón no municipio de Redondela.A illa de Santo Antón (A Illa do Santo) ou illa da Pena Grande é unha illa galega da Coruña, situada xusto no porto da cidade vella. Trátase dunha das estampas máis coñecidas da cidade herculina.

A pesar do seu reducido tamaño (1,1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construída na década de 1940, á cidade.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

Museo

Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.

En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.

Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un museo situado en Lugo, Galicia, que acolle pezas de distinto interese, sobre todo de carácter relixioso.

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.

Museo Naval de Ferrol

O Museo Naval de Ferrol está situado dentro da base Naval de Ferrol, no antigo Cuartel de Presidiarios coñecido como San Campio, foi proxectado en 1765, lugar onde se aloxaban os presidiarios mentres duraban os traballos de construción, reparación e limpeza dos buques.

Este museo conta con magníficos modelos de barcos de grandes dimensións, cartografía, canons, armamento antisubmarinos, velas, instrumentos de navegación, traxes de mergullo, bandeiras, maquetas de barcos e outro tipo de aparellos relacionados co mar.

Museo Numismático de Lobios

O Museo Numismático situado no concello ourenán de Lobios é unha exposición permanente de moedas de Galicia impulsada polo numismático natural desa vila Jaime Paz, que se inaugurou en 1996.A sede do museo está no edificio do propio Concello e o seu horario de visita é de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tamén coñecido como MARCO, é un espazo público dedicado á difusión da arte contemporánea, situado na cidade de Vigo (provincia de Pontevedra).

Museo do Castro de Viladonga

O Museo do Castro de Viladonga é un museo situado ao carón do Castro de Viladonga, na parroquia do mesmo nome, pertencente ao concello de Castro de Rei, foi concibido para gardar, investigar e expoñer tódolos materiais procedentes das escavacións do castro realizadas a partir do ano 1971.

Sitúase nun socalco exterior entre as dúas últimas murallas do lado leste do castro.

Ovidio Murguía

Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía, nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.

Sabela López Pato

Sabela López Pato, nada en Ourense o 14 de outubro de 1975, é unha historiadora da arte e museóloga galega.

Xesús Rodríguez Rodríguez

Xesús Rodríguez Rodríguez, nado en Cabreiros (Xermade) en 1969, é un pedagogo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.