Museo do Louvre

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Museo do Louvre
Louvre, vu de la Seine
O Louvre visto dende o río Sena.
Coordenadas48°51′36.38″N 2°20′22.66″L / 48.8601056, -2.3396278
PaísFlag of France.svg Francia
CidadeParís
DirectorHenri Loyrette
Inauguración8 de novembro de 1793
Superficie210.000 m² (60.600 a salas de exposicións)[1]
Visitantes6.894.000 (2004)
8.300.000 (2005)
Sitio Webwww.louvre.fr

Historia do edificio

O edificio que alberga o museo é o palacio do Louvre. A súa orixe atópase nunha fortaleza do século XII, con ampliacións renacentistas e outras máis tardías. No edificio acumulou o rei Carlos V as súas coleccións artísticas. Os posteriores monarcas Francisco I e Henrique II planearon reformas do palacio, para facer del unha verdadeira residencia real renacentista. Foi a raíña Catarina de Medici a que esbozou o proxecto que fixo do Louvre o gran palacio que é actualmente, labores que continuou Henrique IV logo das guerras de relixión. A construción do Palacio de Versalles fixo que o do Louvre quedase desocupado pola familia real, e por iso instalouse, xa no século XVIII nel a Academia Francesa primeiro, e as restantes academias despois. Alí celebráronse exposicións anuais da Academia de Pintura e Escultura.

Louvre medieval foundations flickr
Restos da fortaleza orixinal sobre a que se construíu o palacio

O Palacio do Louvre foi afectado por decreto de maio de 1791 a funcións artísticas e científicas, concentrándose ó ano seguinte as coleccións da coroa. Parte do Palacio do Louvre abriuse por primeira vez ó público como museo o 8 de novembro de 1793, durante a Revolución Francesa. Esta era unha solución lóxica, tendo en conta de que estaba ocupado polas academias, e porque, xa en 1778, elaborouse o proxecto de utilizar a Gran Galería como pinacoteca.

Estivo unido ó palacio das Tullerías formando un só conxunto ata 1870, cando este último foi destruído nos feitos da Comuna de París, á vez que se destruían os tesouros artísticos deste palacio.

A última remodelación foi a pirámide de cristal que serve como entrada desde 1989, deseñada por Ieoh Ming Pei.

En marzo de 2004 anunciouse unha nova ampliación deste museo. Estará dedicada á arte do Islam. Para o seu deseño convocarase un concurso internacional en 2005. Espérase que esta nova sala sexa aberta ó público antes de 2009, cun investimento de 50 millóns de euros para este proxecto.

Louve paris france 1908
Vista panorámica do Louvre en 1908
Louvre 2007 02 24 c
Vista panorámica do Louvre en 2007

Coleccións

Nike of Samothrace, Paris 16 September 2007

O museo do Louvre conta actualmente con diferentes coleccións de obras de arte que proveñen de civilizacións, culturas e épocas variadas. Contén arredor de 300.000 pezas, das que só 35.000 están expostas.

Louvre Sérapéum
Cabeza de esfinxe do Serapeo de Saqqara. Época de Nectanebo I

As coleccións do Louvre proveñen de diversas orixes:

  • As coleccións reais. Os monarcas franceses mostraron, xa desde o século XIV, afección por adquirir obras de arte, debendo destacarse o labor de Francisco I e Luís XIV coa adquisición da colección do banqueiro Jabach e do cardeal Mazarino; Luís XV adquiriu a colección do príncipe de Carignan, e Luís XVI, cadros das escolas flamenga e neerlandesa.
  • A revolución francesa significou a obtención de obras de arte para o estado por diversos camiños: a supresión das ordes monásticas, a desafectación das igrexas e o abandono de bens pola nobreza fuxida. Tamén, entre 1794 e 1795, chegaron obras requisadas polo exército revolucionario en Bélxica e Países Baixos.
  • As guerras napoleónicas significaron un notable incremento das coleccións do Louvre, pois os exércitos requisaron obras nos distintos países invadidos. Porén, moitas destas obras tiveron que devolverse ós seus países de orixe. En 1801 a sinatura do Concordato obrigou a devolver ás igrexas obras relixiosas.
  • Durante os séculos XIX e XX, a colección incrementouse mediante doazóns de coleccionistas privados, así como por unha política de adquisicións que se centrou especialmente na escola francesa. Entre as doazóns, cabe destacar a 1935, do Baron Edmond de Rothschild (1845-1934), con máis de 40.000 gravados, case 3.000 debuxos e 500 libros ilustrados.

O Louvre mostra obras de arte anteriores a 1848; as obras posteriores móstranse no Museo de Orsay e a arte contemporánea no Centro Pompidou.

No Museo do Louvre atópase a máis que famosa Gioconda do non menos afamado pintor e escultor Leonardo da Vinci, así como outras obras da Arte universal coma a Venus de Milo, a Vitoria de Samotracia ou o escriba sentado. Aínda que estes feitos provocaron tensións entre os franceses e os italianos, gregos e exipcios xa que os primeiros "apoderáronse" das súas obras máis importantes.

Aparte diso tamén podemos atopar nel bastantes obras de autores moi coñecidos como poden ser Jacques-Louis David, Fragonard, Rembrandt, Rubens, Tiziano, Poussin, ata españois como Goya ou Zurbarán.

Ademais de obras de arte, o Louvre ten unha ampla colección de mobles, sendo o obxecto máis espectacular desta colección o Bureau du Roi do século XVIII, hoxe devolto ó Palacio de Versalles.

Antigüidades orientais

O departamento de antigüidades orientais conserva obxectos da rexión situada entre a actual India e o Mar Mediterráneo. Desde o Neolítico, numerosas civilizacións sucedéronse nesta zona, onde se observa a aparición dunha administración política, militar e relixiosa. É igualmente o berce da escritura, que fixo aparición arredor do 3300 adC en Uruk, Mesopotamia. O museo do Louvre dispón de tres coleccións relevantes neste departamento, organizadas segundo os conxuntos xeográficos e culturais:

Arte islámica

Este departamento, creado en outono de 2003, reagrupa as coleccións que proveñen da área situada entre España e a India e datan da orixe da civilización islámica (622) ata o século XIX.

Aquí atópanse moitas xoias da arte islámica: a pyxide de al-Mughira, unha caixa de marfil do ano 968; le plat au paon, unha importante cerámica otomá, e sobre todo o Baptistère de Saint-Louis, unha das máis famosas e enigmáticas pezas desta arte, creada por Muhammad ibn al-Zayn a comezos do século XIV. Tamén é salientable o material das escavacións en Susa (Irán), nas que o museo participou.

O museo pronto tivo que dobrar o espazo dedicado á arte islámica para mostrar polo menos 3.005 obras.

Cadros destacados

Séculos XIII a XV

Cimabue - Maestà du Louvre

Madonna con anxos, Cimabue, h. 1270

Meister des Porträts des Jean le Bon 001

Retrato de Xoán II o Bo, anónimo, h. 1350

Jan van Eyck 070

Virxe do chanceler Rolin, h. 1435

Albrecht-self

Autorretrato, Durero, 1493

Renacemento: Século XVI

Mona Lisa, by Leonardo da Vinci, from C2RMF retouched

A Gioconda, por Leonardo da Vinci

Leonardo da Vinci - Virgin and Child with St Anne C2RMF retouched

A Virxe, o Neno Xesús e Santa Ana, por Leonardo da Vinci

Baldassare Castiglione, by Raffaello Sanzio, from C2RMF retouched

Retrato de Baltasar Castiglione, por Rafael

Paolo Veronese 008

As vodas de Caná, polo Veronés

Século XVII

Charles I of England

Carlos I de Inglaterra, Van Dyck (1635)

Nicolas Poussin - Et in Arcadia ego (deuxième version)

Et in Arcadia ego, Nicolas Poussin (1637-1638)

Rembrandt Harmensz. van Rijn 016

Betsabé no baño, Rembrandt (1654)

Ex voto (Champaigne)

Exvoto de 1662, Philippe de Champaigne (1662)

Século XVIII

Hyacinthe Rigaud 001

Retrato de Luis XIV, Rigaud, 1701

Antoine Watteau 040

Embarque para Citerea (detalle), Watteau, 1717

Jean-Baptiste Siméon Chardin 007

Bodegón con gato e raia, Chardin, 1728

Marchioness of la Solana, Francisco de Goya

Retrato da condesa do Carpio, Goya, 1794-1795

Século XIX

Antoine-Jean Gros - Bonaparte visitant les pestiférés de Jaffa

Bonaparte visitando ós apestados de Iafa, Gros, 1804

JEAN LOUIS THÉODORE GÉRICAULT - La Balsa de la Medusa (Museo del Louvre, 1818-19)

A balsa da Medusa, Géricault, 1819

Eugène Delacroix - La liberté guidant le peuple

A Liberdade guiando o pobo, Delacroix, 1830

Théodore Chassériau 003

As dúas irmás, Chassériau, 1843

Esculturas destacadas

Venus de Milo, Anónimo

Paris.louvre.winged.500pix

Vitoria alada de Samotracia, probablemente de Pithókritos de Rodas, cara ó 190 adC.

Canova Le Baiser

Cupido e Psique, Antonio Canova, 1783

O Louvre na literatura e o cine

Literatura

Cine

Notas

  1. Parisinfo

Véxase tamén

Bibliografía

  • Monreal, L., Grandes Museos, Vol. 2, Planeta, 1975. ISBN 84-320-0460-X (obra completa)

Ligazóns externas

A Liberdade guiando o pobo

A Liberdade guiando o pobo (en francés: La Liberté guidant le peuple) é unha obra do pintor francés Eugène Delacroix. Trátase dunha pintura alegórica da Revolución de Xullo do ano 1830, pintada no mesmo ano, que tivo lugar en París, e onde aparecen os diferentes estamentos sociais e tendencias que propiciaron estes feitos. En primeiro termo aparece unha representación alegórica da liberdade, que terma dun fusil con baioneta e unha bandeira francesa, a que se adoptou a partir desta revolución. O cadro foi pintado pouco despois dos feitos e foi adquirido polo rei Luís Filipe I de Francia. Actualmente atópase no Museo do Louvre de París.

Afrodita

Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo.

Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura. Foi a protectora de Paris e de Troia, e logo do heroe latino Eneas, o fillo de Anquises e fundador simbólico de Roma. É tamén a fecundidade na natureza vexetal e animal. O seu fillo é Eros -o latino Cupido- caprichoso frecheiro de dous dardos: un para os amores felices, e o outro para os desgrazados.

Os seus poderes eran inmensos: protexía aos esposos, fecundaba os fogares, estaba presente nos partos, simbolizaba a paixón desenfreada, incitaba aos mortais a toda clase de voluptuosidades e vicios.

A illa de Citeres era o centro do seu culto.

Afrodita tiña o seu propio festival, as Afrodisias, celebradas en toda Grecia, pero sobre todo en Atenas e Corinto.

O seu equivalente romano era Venus, Ishtar en Mesopotamia, Ashtart en Fenicia, Turan en Etruria.

Por mor da súa fermosura, Zeus temía que puidese ser causa de violencia entre os deuses, polo que a casou con Hefesto, pero a infelicidade do seu matrimonio causou que buscase compañía noutros deuses, especialmenteAres, pero tamén Adonis, Anquises e moitos outros.

Bartolomé Esteban Murillo

Bartolomé Esteban Murillo, nado en Sevilla o 31 de decembro de 1617 e finado na mesma cidade o 3 de abril de 1682 foi un pintor andaluz do Século de Ouro da pintura española.

Moi aprezado na súa época, con grande número de imitadores, Murillo foi esquecido durante séculos, considerado como un pintor amaneirado e melífluo. Porén, foi estimado polos savants británicos, e a mediados do século XX, Murillo regresou como un pintor de primeira categoría. Topicamente foi denominado o Rafael español.

Década de 1640

A década de 1640 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1640 e remata o 31 de decembro de 1649.

Escravo moribundo

Escravo moribundo, é unha escultura de mármore branco creada cara a 1513 polo escultor renacentista Michelangelo. Xunto con outra do mesmo autor, chamada Escravo rebelde, atópase no Museo do Louvre en París. Ten unhas medidas de 229 centímetros de altura.

Michelangelo comezou esta escultura despois da realización da pintura para a bóveda da Capela Sistina. Estaba destinada para formar parte do grupo escultórico da tumba do papa Xulio II, que había de colocarse na parte inferior do monumento.

Hércules (Michelangelo)

O Hércules foi unha escultura en mármore do ano 1492 realizada por Michelangelo en Florencia e que na actualidade se atopa desaparecida.

O 1492, á morte de Lourenzo o Magnífico e por iniciativa propia, realizou unha escultura dun Hércules de mármore na casa paterna, escollendo o tema por ser Hércules, dende o século XIII un dos patróns de Florencia. A estatua foi comprada polos Strozzi, que a venderon a Giovan Battista Palla, ao que lla adquiriu o rei de Francia Henrique II e se colocou nun xardín de Fontainebleau, onde Rubens realizou un debuxo desta escultura, que se conserva no Museo do Louvre en París. En 1713 desapareceu. Só queda o mencionado debuxo e un bosquexo gardado na casa Buonarroti.

Esta obra realizouse nunha escala xigantesca e polo debuxo de Rubens apréciase que se representou como un heroe novo coa cabeza xirada cara a un lado, a clava apoiada no chan formando unha diagonal, mentres a figura semella que está en repouso, o conxunto aparece como unha estatua antiga, non obstante as dobras da vestimenta están inspiradas no San Xurxo de Donatello. Polos escritos de Ascanio Condivi sábese a medida que era de "Bracia quatro", é dicir, 2,40 metros.

Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Mona Lisa

A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.

O cadro foi pintado entre 1503 e 1519 . A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo.

Nicolas Poussin

Nicolas Poussin, pintor francés, principal autor clásico do período barroco, traballou case exclusivamente en Roma. Naceu en Les Andelys, Normandía, Francia, o 15 de xuño do 1594 e morreu en Roma o 19 de novembro de 1665.

Poussin pintou un lenzo que foi famoso na súa época. A pintura retrata un túmulo cunha lápida enorme, onde se le " Et in Arcadia Ego". Este túmulo, anos despois da súa morte, foi encontrado nos arredores do castelo de Rennes.

O escriba sentado

O escriba sentado, ás veces denominado o escriba sentado do Louvre, é unha das estatuas máis representativas da escultura do Imperio Antigo de Exipto, e unha das máis famosas e ben conservadas de toda a civilización exipcia.

Foi esculpida entre os anos 2480 e 2350 a.C., nunha época en que Exipto estaban no cumio da súa gloria e xa se abandonara a construción de grandes pirámides.

Os artesáns cobren máis campos, as tumbas e os templos teñen unha arquitectura máis complexa e a arte ocúpase de obxectos máis pequenos, reproducindo a vida cotiá.

Os escribas no Antigo Exipto eran persoas moi importantes, xa que eran indispensábeis nun Estado fortemente centralizado, polo que foron representados frecuentemente.

Esta estatua descubriuse en 1850 na necrópole de Saqqara, situada na ribeira occidental do río Nilo, fronte á antiga cidade de Menfis, que foi a capital do Imperio Antigo de Exipto.

Partenón

O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade de Atenas.

É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre o 447 e 438 a.C., por Ictino e Calícrates. Á parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluír. O templo está feito de mármore do Pentélico, agás os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis algúns pequenos detalles sexan xónicos). O perístilo ten 17 columnas de cada lado e 8 nos extremos (máis dúas do que se adoitaba naquel tempo). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 métopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaquia, a Amazonomaquia e outros combates; o pedimento do lado nacente, o nacemento de Atenea, e o do lado poñente, a loita entre a deusa e Poseidón pola pose da cidade; o friso exterior, a procesión das Panateneas, cos deuses a observala. O edificio, en que foron aplicados todos os requintes da éntase, mantívose case intacto até 1687, data en que unha explosión de pólvora gardada nel, durante a guerra entre turcos e venecianos, destruíu a cobertura. O pedimento e as métopas foron apropiados por Lord Elgin e vendidos ao Museo Británico, en 1816; outras foron para o Museo do Louvre, conservándose algunhas in loco.

Roque de Montpellier

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Venus de Milo

A Venus de Milo, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha célebre escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos), e actualmente conservada no Museo do Louvre, en París.

Trátase dunha estatua de mármore, de preto de 2,02 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.

Vitoria de Samotracia

A Vitoria de Samotracia (en grego antigo Νίκη της Σαμοθράκης / Níkê tês Samothrákês) é unha estatua de polo ano 190 antes de Cristo, de mármore branco representando a divindade grega Atenea Nike (Atenea que achega a vitoria). Esta estatua consérvase no museo do Louvre en París (Francia).

Xuramento dos Horacios

O Xuramento dos Horacios (en francés: Le Serment des Horaces) é unha obra de Jacques-Louis David realizada en 1784, uns anos antes da Revolución Francesa. O cadro mide 330 x 425 cm e consérvase no Museo do Louvre. Considérase o paradigma da pintura neoclásica.A pintura representa o «saúdo romano», co brazo estendido e a palma cara abaixo. O tema da pintura está baseado na lenda dos Horacios e os Curiacios, lenda relatada por Tito Livio na súa obra Ab urbe condita libri, e ten unha perspectiva patriótica e neoclásica; máis tarde converteríase nun modelo a seguir por pintores posteriores. O éxito da obra fixo medrar a fama do seu autor, e permitiulle manter os seus propios estudiantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.