Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tamén coñecido como MARCO, é un espazo público dedicado á difusión da arte contemporánea, situado na cidade de Vigo (provincia de Pontevedra).

Coordenadas: 42°14′10″N 08°43′15″O / 42.23611, -8.72083

MARCO
Entrada MARCO Vigo 1
PaísGalicia
CidadeVigo
TipoArte contemporánea
DirectorIñaki Martínez Antelo
Inauguración13 de novembro de 2002
Visitantes51.955 (2003)
47.095 (2004)
58.470 (2005)
72.470 (2006)
87.027 (2007)
96.120 (2008)
96.081 (2009)
Sitio Webwww.marcovigo.com

Historia

Edificio

O museo, atópase situado no centro da cidade de Vigo, na rúa peonil de Príncipe e ocupa o antigo edificio dos Xulgados e cárcere de Vigo, construído en 1880. A reconversión do edificio en Museo de Arte Contemporánea xurdiu como resposta á falta de infraestruturas culturais que tiña a cidade. As obras de remodelación foron dirixidas polo equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, iniciáronse no outono de 1999 e concluíron en decembro de 2001[1].

Suso Fandiño no MARCO
Exposición de Suso Fandiño no MARCO

Antes da súa remodelación, o edificio xa contaba cun espazo que se adaptaba ao concepto de museo, cun vestíbulo de acceso (ou rotonda) que organizaba o espazo e do cal partían tres naves radiais (antigas celas derrubadas) que dan lugar a catro patios abertos. Este modelo de construción orixinaria foi respectado na súa remodelación.

Actividade

O museo, de titularidade municipal, foi inaugurado o 13 de novembro de 2002, A primeira directora do museo foi Carlota Álvarez Basso, quen foi substituída por Iñaki Martínez Antelo no mes de novembro de 2005[2]. Dispón de 10.007 m², dos cales 3.500 están destinados a salas de exposicións.

Naceu co obxectivo de conservar, investigar e exhibir obras de arte, estando entre as súas prioridades a produción, formación, comunicación e difusión da cultura contemporánea. É un centro cunha programación pluridisciplinar aberta a tódolos soportes artísticos actuais, orientado cara ao coñecemento da arte e da cultura.

O MARCO forma parte da Rede Española de Museos. O modelo de colaboración da rede é a Asociación Estratéxica de Museos, que posibilita modelos de xestión cun carácter estruturado e normalizado. Entre as premisas desta alianza están a coprodución de mostras, a creación de programas conxuntos, o intercambio de experiencias e información e o préstamo e depósito patrimonial.

Durante 2007, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo tivo un total de 87.027 visitantes[3], o que constitúe un aumento de 14.500 persoas respecto aos 72.000 visitantes de 2006. Na actualidade atópase á cabeza dos museos galegos en número de visitas, superando no ano 2006[4] ao Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, que con 58.000 visitantes é o segundo máis visitado. En parte isto é debido á política de gratuidade impulsada polo museo.[5]

O 13 de novembro de 2007 o MARCO celebrou o seu quinto aniversario con ¨Tempo ao tempo¨, exposición conmemorativa sobre o paso do tempo que, por primeira vez, ocupou os dous andares e o espazo anexo do museo.[6] A mostra foi considerada pola revista El cultural como unha das dez mellores exposicións feitas en España durante 2007[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

Espazo Anexo.
Espazo Anexo. 
Detalle do edificio.
Detalle do edificio. 
Unha das salas de exposición.
Unha das salas de exposición. 
Cúpula do museo.
Cúpula do museo. 

Notas

  1. Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.
  2. "Iñaki Martínez Antelo, elixido novo director do Marco de Vigo" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 17 de novembro de 2005.
  3. "Máis de 87.000 persoas visitaron o Marco no 2007", artigo en La Voz de Galicia, 3 de xaneiro de 2008.
  4. "O museo vigués excedeu en números ao CGAC de Santiago", artigo en La Voz de Galicia, 29 de agosto de 2007.
  5. "A gratuidade do Marco dobra a cifra de visitantes nos seus meses iniciais", artigo en La Voz de Galicia, 29 de agosto de 2007.
  6. "El MARCO da «Tempo ao tempo»", artigo no Faro de Vigo, 20 de outubro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

13 de novembro

O 13 de novembro é o tricentesimo decimoseptimo (317) día do ano no Calendario Gregoriano e número 318 nos anos bisestos. Quedan 48 días para rematar o ano.

Andrea Costas

Andrea Costas Lago, nada en Vigo en 1978, é unha artista e fotógrafa galega. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Carlos Velo

Carlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros (Cartelle) o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura clave do cinema mexicano.

Carme Nogueira

Carme Nogueira, nada en Vigo o 17 de decembro de 1970, é investigadora e artista multidisciplinar galega.

Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.

Centro penitenciario

Centro penitenciario, cárcere, prisión ou presidio é un lugar de internamento para os presos ou prisioneiros que a través do sistema xurídico están sentenciados a unha pena de privación de liberdade, temporal ou permanente. A diferenza cun campo de reagrupamento, campo de internamento, campo de prisioneiros, campo de retención, campo de concentración ou campo de exterminio é que conta con construcións pechadas comúns (calabozos, barracóns), e nestes obríganse ademais normalmente a realizar traballos forzados.

Edificio Aurora Polar

O edificio Aurora Polar de Vigo é un inmoble obra do arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez encargado pola compañía de seguros Aurora Polar en 1959, que se atopa no centro da cidade no chafrán que forman as rúas Urzáiz e República Arxentina. É un edificio de feitura moderna con formas dinámicas propias do racionalismo, movemento xa iniciado por Xosé Bar Boo en 1957 co edificio Plastibar. Salientan a disposición recuada dos últimos andares, as terrazas voadas de formas curvas no encontro das rúas que achegan sensación de movemento, a disposición inclinada das cristaleiras do primeiro andar, e tamén os materiais: granito con ferro e vidro nos antepeitos dos balcóns, e as faixas lonxitudinais de peciñas de gres azul que contribúen ao enriquecemento plástico do conxunto. Destacan tamén as esculturas, as laterais en relevo, e a principal no chafrán que representa unha familia protexida polo seguro, obra de Camilo Nogueira. Trátase dun dos edificios máis significativos da arquitectura racionalista en Vigo, e un dos pioneiros da introdución na cidade do movemento moderno.

Iñaki Martínez Antelo

Iñaki Martínez Antelo, nado en Santiago de Compostela en 1969, é o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo dende o 18 de novembro de 2005.

Jules Verne

Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne, nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Manuel Sendón

Manuel Sendón Trillo, nado na Coruña o 11 de xuño de 1951, é un profesor e fotógrafo galego, residente en Vigo.

Marco

O termo marco pode facer referencia a:

Marco, encadramento teórico dunha investigación científica;

Marco, antigo padrón de peso para o ouro e a prata;

Marco alemán, moeda de Alemaña antes do euro;

Marco, antropónimo masculino;

Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO);

Marco, proxecto da NASA para recoller información gráfica do Sistema Solar;

Marco, pedra espetada no chan que marca os límites dunha leira (véxase tamén fito);

Marco, serie anime.O topónimo galego O Marco pode referirse a:

O Marco, lugar da parroquia de Carral, no concello de Begonte;

O Marco, lugar da parroquia de Uriz, no concello de Begonte;

O Marco, lugar da parroquia de Cañás, no concello de Carral;

O Marco, lugar da parroquia de Meis, no concello de Meis;

O Marco, lugar da parroquia de Ligonde, no concello de Monterroso;

O Marco, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves;

O Marco, lugar da parroquia de Porzomillos, no concello de Oza-Cesuras;

O Marco, lugar da parroquia de Tomeza, no concello de Pontevedra;

O Marco, lugar da parroquia da Virxe do Camiño, no concello de Pontevedra;

O Marco, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de San Amaro;

O Marco, lugar da parroquia de Siador, no concello de Silleda;

O Marco, lugar da parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo;

O Marco, lugar da parroquia de Boizán, no concello de Vilalba;

O Marco Alto, lugar da parroquia de Álvare, no concello da Pastoriza;

O Marco Baixo, lugar da parroquia de Álvare, no concello da Pastoriza;

O Marco da Fontenla, lugar da parroquia de Pexegueiro, no concello de Tui;

O Marco das Eiras, lugar da parroquia de Paleo, no concello de Carral;

O Marco das Pías, lugar da parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado;

O Marco de Abaixo, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

O Marco de Arriba, lugar da parroquia de Sendelle, no concello de Boimorto;

O Marco do Río, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior;

Riba do Marco, lugar da parroquia de Berbetouros, no concello de Palas de Rei.

María Luisa Sobrino

María Luisa Sobrino Manzanares Villanueva Correa, nada en Vigo o 29 de xullo de 1943, é unha historiadora da arte galega, especialista en arte galega contemporánea, residente en Santiago de Compostela.

Museos de Galicia

Esta é unha lista de museos de Galicia.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Xacobe Martínez Antelo

Xacobe Martínez Antelo é un músico galego.

Álvaro Negro

Álvaro Negro Romero, nado en Lalín en 1973, é un artista plástico galego.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.