Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′35″O / 42.43250, -8.64306

Museo Provincial de Pontevedra
Medalla de Galiza.svg
Museo de Pontevedra
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo
PaísFlag of Galicia.svg Galicia, España
CidadePontevedra
DirectorJosé Manuel Rey García
Inauguración1927
Superficie10.000 m²
Sitio Webwww.museo.depo.es

Historia

O Museo de Pontevedra foi fundado pola Deputación Provincial, no pazo do Castro Monteagudo o 30 de decembro de 1927 e abriu ó público o 10 de agosto de 1929[1].

Desde 2012, o museo ocupa cinco edificios históricos máis un sexto edificio moderno que se comezou a construír en 2004 e que foi inaugurado en 2012.

Edificio Castro Monteagudo

Este edificio está datado en 1760, e leva ese nome porque foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra[2]. É o edificio inicial do museo.

As distintas salas exhibían tradicionalmente os fondos arqueolóxicos, de orfebrería prerromana e romana, pratería e pintura. Actualmente, a exposición permanente está en proceso de remodelación.

Salas de arqueoloxía

Á arqueoloxía estábanlle adicadas tres salas no edificio Castro Monteagudo, presentando materiais moi significativos de etapas da prehistoria e da protohistoria de Galicia. Na última remodelación trasladáronse case todos estes fondos arqueolóxicos expostos para o Edificio Sarmiento. Algúns materiais aínda permanecen no seu lugar no ano 2014, como a colección de ourivaría galega tradicional que se empregaba para establecer un contraste coa colección de ourivaría prehistórica.

Colección de pratería Fernández de la Mora y Mon

A colección, depositada de modo permanente no edificio Castro Monteagudo, foi adquirida polo escritor e diplomático Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. Está formada por pezas anteriores a 1900, predominando a arte civil sobre a sacra. As pezas son procedentes, ademais da Península Ibérica e de Hispanoamérica, doutros lugares coma Rusia ou China.

A serie de prata niquelada (con incrustacións de aliaxes de chumbo) inclúe caixas e portavasos rusos, petacas turcas e cuncas tailandesas.

Unha das pezas máis antigas é unha cunca bizantina para bautizar, do século XV ou XVI. A de maior relevancia histórica é unha caixa do predicador de Nova Inglaterra Thomas Hooker de 1600, e a máis nobre é unha caixa de rapé moscovita con cantos curvos de comezos do século XIX.

Pero a peza máis valiosa é unha sopeira imperial, forxada en Estrasburgo cara a 1800, sen desmerecer unha xerra-trofeo ofrecida pola emperatriz de Alemaña Augusta Vitoria ao vencedor dunha carreira en 1898, con moedas de ouro incrustadas coas efixies dos tres emperadores que reinaron no mesmo ano.

Pazo García Flórez, Museo de Pontevedra
Pazo García Flórez.

Edificio García Flórez

O pazo García Flórez chámase así por ser Antonio García Estévez Fariña e maila súa esposa Tomasa Suárez Flórez os que no século XVIII ergueron esta casa señorial sobre un pazo anterior. Foi unido ó Museo Provincial en 1943.

Os fondos que se expón nas súas salas consisten en material e mobiliario de mareantes, escultura relixiosa e acibechería.

EdificioFernándezLópez
Edificio Fernández López

Edificio Fernández López

Foi edificado o ano 1962 e rematado no 1965. O nome é unha homenaxe ao principal doador José Fernández López. Expón unha ampla colección de pintura romántica e histórica, con salas dedicadas especificamente a Goya e Joaquín Sorolla.

Neste edificio alóxanse as dependencias administrativas do Museo, a biblioteca e o arquivo gráfico (composto por máis de 500.000 rexistros).

Pontevedra Santo Domingo504
Ruínas de San Domingos.

Ruínas de San Domingos

Artigo principal: Ruínas de San Domingos.

É o edificio máis antigo do museo. Ocupa os restos do Convento de San Domingos, construído nos séculos XIV e XV e abandonado desde a desamortización de Mendizábal de 1834. Conserva unicamente a capela maior e capelas laterais da cabeceira e mostra, ademais dos propios restos da igrexa que aínda se conservan en pé, unha ampla colección de escudos, lápidas gremiais, baldaquinos, capiteis e estatuas diversas.

Edificio Sarmiento

Trátase do antigo colexio dos Xesuítas, construción de estilo barroco iniciada en 1695 e rematada no ano 1714. Incorporouse ó museo en 1979.

Tras unha profunda remodelación, foi inaugurado ó público o 21 de agosto de 2013, coa colección arqueolóxica e a arte galega medieval ata o século XIII.[3] Pódese destacar a colección de torques e outras pezas castrexas procedentes, entre outros, dos achados do tesouro de Caldas de Reis e de Agolada[4].

Pontevedra capital Museo de Pontevedra Sexto Edificio
Sexto edificio.

Sexto edificio

Trátase dun edificio construído entre 2004 e 2012, polos arquitectos Eduardo Pesquera e Jesús Ulargui, que significa unha ampliación de 10.000 m2 de superficie para exposicións e talleres. Foi inaugurado o 4 de xaneiro de 2013.[5] Está situado trala igrexa de San Bartolomeu.

Distribúese en catro plantas e un soto. A planta baixa dedícase a exposicións temporais e as tres plantas superiores a exposición permanente dos fondos do Museo, en 23 salas, tanto referida á arte galega, desde o gótico á actualidade, como a doutros artistas españois e estranxeiros.

A primeira planta está dedicada á arte galega desde o gótico ata finais do século XIX, coa Xeración Doente. Expón esculturas e relevos relixiosos, entre o que destaca o retablo de Santa María de Belvís (procedente do convento dos dominicos de Santiago de Compostela), e diferentes pinturas e esculturas de Goya, Gregorio Fernández, Xosé Gambino, Pérez Villaamil, Serafín Avendaño etc.

A segunda planta está dedicada á arte comprendida entre finais do XIX e o primeiro terzo do século X. Pódense contemplar obras de Ovidio Murguía, Álvarez de Sotomayor, Camilo Díaz, Asorey e bustos e instrumentos do violinista Manuel Quiroga. Destacan as dúas salas dedicadas a Castelao.

A terceira planta está destinada a artistas galegos comprendidos entre os anos 20 dos séculos XX e XXI, con autores posteriores ó Grupo Atlántica.

No soto habilitáronse talleres de restauración, un amplo auditorio e cafetería.

Bibliotecamuseo
Biblioteca.

Biblioteca

A biblioteca empezou cun lote de 108 libros. En 2007 o seu fondo acadou, con máis de 6.000 títulos de publicacións seriadas, máis de 150.000 rexistros bibliográficos, 500 mapas e planos e seccións de documentación. É unha biblioteca especializada á disposición de investigadores, cunha sala de lectura aberta ao publico unicamente para consultar os fondos, non existindo o préstamo a domicilio. A biblioteca leva a cabo varias misións de interese científico e colabora co Ministerio de Cultura e coa Xunta de Galicia.

Publicacións científicas

A revista anual do museo, El Museo de Pontevedra, publicouse por primeira vez no ano 1942. Ademais dos catálogos propios de cada exposición, o Museo publica monografías.

Notas

  1. "www.cgmuseos.org/pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2008. Consultado o 30 de marzo de 2008.
  2. http://www.museo.depontevedra.es/museo/edificios/ga.01050003.html
  3. "El edificio Sarmiento renace entre lírica y aplausos"
  4. Museo de Pontevedra. "Ourivaría antiga". Consultado o 21 de abril de 2012.
  5. "Rajoy reivindica el Museo de Pontevedra como el mejor provincial de España" La Voz de Galicia, 4/1/2013 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

Agolada

Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é agoladés ou aqualatense.

Alfredo García Alén

Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981, foi un historiador e mestre galego. Irmán de Luciano García Alén.

Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Antas de Ulla

Antas de Ulla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2 152 habitantes (2 219 no 2012, 2 275 no 2011, 2 346 no 2010, 2 407 no 2009, 2 499 no 2008, 2 549 no 2007, 2 573 no 2006, 2 602 no 2005, 2 640 no 2004, 2 676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é seoanés, ullán ou ullao.

Antonio Rey Soto

Antonio Rey Soto, nado en Arrabaldo (Ourense) o 18 de febreiro de 1879 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1966, foi un sacerdote, escritor e destacado bibliófilo galego.

Antón Iglesias Vilarelle

Antón Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego.

Casto Méndez Núñez

Casto Méndez Núñez, nado en Vigo o 1 de xullo de 1824 e finado en Pontevedra o 21 de agosto de 1869, foi un mariño e militar, contraalmirante da Real Armada Española e heroe da Primeira Guerra do Pacífico.

A cuarta fragata da serie F-100 da Armada Española, en servizo desde marzo de 2006, leva o seu nome e no Museo Provincial de Pontevedra pódese visitar unha recreación do seu camarote.

Está enterrado no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando.

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Foxado, Curtis

Santa María de Foxado é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 499 habitantes (250 homes e 249 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación en 38,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 536 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Idade de Bronce en Galicia

Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a Galiza procedentes de Portugal hai uns 4 000 anos, durante o Calcolítico ou Idade do Cobre.

Na Idade de Bronce (1800-700 a.C.), a metalurxia comezou a evidenciar cambios tanto na forma coma na técnica coa aparición do bronce. A base económica foi a agricultura e a gandería e mailo aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa Europa atlántica e co Mediterráneo peninsular.

Son numerosas as pezas de ourivaría que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a xerarquización desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o tesouro de Caldas de Reis (Caldas de Reis), hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, así como o casco de Leiro (Leiro, Rianxo), no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, na Coruña.

A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, O Hío (Cangas) e Roufeiro (Nocelo da Pena, Sarreaus).

Da Idade de Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados petróglifos. Aparece a finais desta época a Cultura castrexa.

José Frau

José María Isidro Frau y Ruiz, nado o 15 de maio de 1898 en Vigo e finado o 24 de marzo de 1976 en Madrid, foi un pintor de orixe galega.

Juan Novás

Juan Novás Guillán, nado no Grove o 28 de abril de 1880 e finado en Pontevedra o 26 de abril de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.

Ramón Rozas

Ramón Rozas Domínguez, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1971, é un xornalista, crítico de arte e escritor galego.

Ruínas de San Domingos

As ruínas de San Domingos constitúen un dos seis edificios que forman o complexo do Museo Provincial de Pontevedra. Corresponde cos restos que permanecen en pé da igrexa gótica do que no seu día foi o convento de San Domingos.

Hoxe consérvase só a cabeceira porticada, con cinco capelas correspondentes ó brazo transversal do cruceiro, mentres que a entrada ó recinto faise polo extremo oposto do cruceiro.

A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra iniciou en 1889 as xestións para a súa recuperación e declaración como Monumento Nacional, e utilizou as ruínas como sede da institución. Co tempo, a Sociedade cedeu as instalacións ó Museo de Pontevedra, en 1938, e este converteu este espazo na súa Sección lapidar (arqueolóxica) e dedicouno á exposición permanente de sepulcros de persoeiros históricos pontevedreses, laudas gremiais e escudos heráldicos procedentes de enterramentos na propia igrexa e de casas nobres da cidade e da provincia.

Taboexa, As Neves

Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Tesouro de Agolada

O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700-1600 a.C.), composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro.

Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920, polo que se entende que formaba parte dun enxoval funerario.

O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fora de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade de Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.

Na actualidade consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.

Virxinia Pereira Renda

Virxinia Pereira Renda, nada na Estrada o 19 de outubro de 1884 e finada en Madrid o 23 de decembro de 1969, foi a muller de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Víctor Said Armesto

Víctor Said Armesto, nado en Pontevedra o 13 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1914, foi un escritor e catedrático de Lingua e literatura galaico-portuguesa, sendo o primeiro nesta especialidade.

1984–1999
Desde 2000
De interese en Pontevedra
Lugares senlleiros
Espazos relixiosos
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.