Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de Ourense ao carón da Casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).

Ourense museo arqueolóxico 1
Fachada do Museo.

Historia

O actual museo ten a súa orixe no ano 1845 cando a Comisión Provincial de Monumentos creou o Museo de Pinturas de Ourense, que abriu as súas portas o 1 de novembro de 1846. En maio de 1895 a propia Comisión decidiu a creación dun Museo arqueolóxico provincial que recollería os fondos do anterior museo así como as pezas arqueolóxicas que se foran atopando na provincia. Foi creado un ano despois, en 1896.

A comezos do ano 2002, o museo pechou ao público para acometer obras de remodelación en profundidade. Os servizos do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de 2006, baixo o titulo Escolma de Escultura na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais.

O edificio: O Pazo Episcopal

Ourense museo arqueolóxico 2
Escudo na fachada.

A súa sede é o antigo Pazo Episcopal, edificio de fábrica románica iniciado no ano 1131, en tempos do bispo Diego de Velasco e que sufriu diversas transformacións en estilo gótico (Torre de Santa María), renacentista (soportal ao xardín, cuartos...) e barroco (portada, patio dianteiro).

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico polo Decreto de 3 de xuño de 1931.

O Museo ocupa o actual edificio desde o ano 1951. O edificio foi obxecto de estudos arqueolóxicos (o que obrigou a pechar o museo desde o ano 2002) ó aparecer evidencias da ocupación do terreo desde época romana.

As coleccións

Torso de guerreiro
Torso fragmentario dunha estatua de guerreiro castrexo.

A sección de arqueoloxía acolle pezas da prehistoria e das idades Antiga e Media. Hai elementos do megalitismo, da idade de bronce (A Pedra Alta, espada de Mouruás), da cultura castrexa (figuras dos Guerreiros, estatua de Dioniso e Ampelos e cabeza de guerreiro de Rubiás), da romanización e do prerománico.

A sección de Belas Artes mostra esculturas do renacemento e barroco (como a Inmaculada de Juan de Juni ou cinco taboleiros do coro de Montederramo) e pinturas dos séculos XIX e XX.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Boletín Avriense

Boletín Auriense (abreviado Bol. Auriense) é unha revista científica española editada polo Grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Cabeza de guerreiro de Rubiás

A cabeza de guerreiro de Rubiás é unha estatua dunha cabeza masculina realizada en granito e datada no século I d.C. Trátase dun dos exemplares máis representativos da escultura galaico romana, no esplendor da cultura castrexa. Na actualidade consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Cadós, Bande

Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 96 habitantes (50 homes e 46 mulleres).

Carta xeométrica de Galicia

A Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias…, coñecida popularmente como Carta xeométrica de Galicia, é un mapa físico de Galicia, obra de Domingo Fontán, que cobra especial relevancia por ser o primeiro da historia do país realizado con medicións matemáticas.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Estatua de Dioniso e Ampelos

A estatua de Dioniso e Ampelos é unha escultura de vulto redondo realizada en mármore branco moi degradado que representa ao deus grego Dioniso ebrio asistido polo sátiro Ampelos, tema mitolóxico derivado de modelos gregos. Trátase dunha peza única dentro da plástica romana galega, polo material empregado e polo seu estilo clasicista. Atopouse no castro da Muradella, en Mourazos (Verín). Datada no século III d.C., consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Fariña Busto

Os apelidos Fariña Busto poden referirse a:

Luciano Fariña Busto, avogado e auditor galego, conselleiro maior do Consello de Contas (n. 1945).

Francisco Fariña Busto, arqueólogo galego, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (n. 1949).

Felipe Senén

Felipe Senén López Gómez, nado no Carballiño o 10 de febreiro de 1948, é un arqueólogo galego.

Francisco Fariña Busto

Francisco L. Fariña Busto nado en 1949 en Ourense, é un arqueólogo e numismático galego, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Grupo Marcelo Macías

O Grupo Marcelo Macías recibe o seu nome do arqueólogo Marcelo Macías y García e a súa formación oficial data do 14 de xaneiro de 1942. O seu obxectivo é contribuír co seu traballo ao fomento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense así como o Arquivo Provincial de Ourense. Dedícase ó estudo e á investigación do patrimonio cultural galego e, por outra parte, á difusión dos coñecementos sobre as materias de antropoloxía, arqueoloxía, historia antiga e bibliografía. Para realizar este labor, apóiase na publicación do Boletín Auriense así como as monografías Anexos do Boletín Auriense (desde o ano 1982). O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou coa colaboración de Florentino López Alonso Cuevillas, Vicente Martínez Risco, Xaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela.

José María Acuña López

José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.

Manuel Díez Sanjurjo

Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Ourense (homónimos)

Ourense pode referirse a:

Ourense, un concello da provincia de Ourense, Galicia.

Comarca de Ourense, unha comarca da provincia de Ourense, Galicia.

Provincia de Ourense, unha provincia de Galicia.

Deputación de Ourense, o órgano institucional propio da provincia de Ourense.

Diocese de Ourense, unha sede territorial galega da Igrexa Católica sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, localizado en Ourense.

Catedral de Ourense, un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese de Ourense.

Club Deportivo Ourense, un equipo de fútbol da cidade galega de Ourense(Desaparecido).

Club Deportivo Ourense B, un equipo de fútbol filial do Club Deportivo Ourense(Desaparecido).

Ourense Fútbol Sala, un equipo de fútbol sala da cidade galega de Ourense.

Ourense Rugby Club, un equipo de rugby da cidade de Ourense.

Club Ourense Baloncesto, un equipo de baloncesto da cidade de Ourense.

Club Waterpolo Pabellón Ourense, un equipo de wáter-polo da cidade de Ourense.

Estación de Ourense - Empalme, a estación de tren de ADIF máis importante da cidade de Ourense.

Ourense Club de Fútbol, un equipo da cidade de Ourense.

Unión Deportiva Ourense, outro equipo da cidade de Ourense.

Ramón Parada Justel

Ramón Parada Justel, nado en Esgos o 11 de marzo de 1871 e finado en Ourense o 13 de maio de 1902, foi un pintor galego, pertencente á chamada xeración Doente.

Vilar de Santos

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Xesús Vázquez

Xesús Vázquez Pérez, nado en Pentes (A Gudiña) en 1946, é un pintor galego.

Lugares de interese de Ourense
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.