Muros

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Coordenadas: 42°46′N 9°5′O / 42.767, -9.083

Muros
Escudo de Muros
Muros.Galiza.04-2008
Porto de Muros.
Situacion Muros
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Muros
Poboación8.695 hab. (2018)
Área72,9 km²
Densidade119,27 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloMuros
Política (2019[2])
AlcaldesaInés Monteagudo Romero (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Outros: CxG: 3
Eleccións municipais en Muros
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,77%
Na rede
www.muros.gal
muros@fegamp.es

Poboación

Censo Total (Habitantes) 9.117 (2014)
Menores de 15 anos 956 (10.48 %)
Entre 15 e 64 anos 5.561 (60.99 %)
Maiores de 65 anos 2.600 (28.52 %)
Evolución da poboación de Muros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9.130 10.282 11.155 12.302 10.050 9.787 9.565 9.437 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Clima

O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións no outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.

Historia

Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.

No século X o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. O primeiro emprazamento correspondíase coa parte sur do actual. O primeiro documento no que se documenta este lugar é de 1286, En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.

A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1544 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.

Vista de Muros por Mariano Ramón Sánchez
Vista de Muros por Mariano Ramón Sánchez (1792-1793).

En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila empresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisionomía da vila.

A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co se séquito.

En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño».

Muros na literatura popular

  • Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama [5].
  • Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña [6].
  • Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña [7].
  • Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela [8].
  • Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros [9].
  • Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros [10].
  • Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño [11].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [12].
  • Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [13][14].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muros.
Muros.Galiza.04-2008 casa do concello

Casa do concello

Ría de Muros, A Coruña, 20 Sept. 09

Ría de Muros e Noia, probablemente desde Abelleira, Muros

Monte Louro dende Arnela

Monte Louro dende Arnela, Baroña

Pozo de Cachón

Muíño de mareas de Pozo de Cachón

Capela de San Roque, Muros

Capela de San Roque

Lavadoiro, Muros

Lavadoiro

Lugares de Muros

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Inés Monteagudo recogió el bastón de mando en Muros como regidora «de todos»
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: á Muros.
  6. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: Héime. Santiago de Louro é unha parroquia do concello de Muros.
  7. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 168. No texto: c-unha.
  8. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. No texto: pol-o, rifóume, díume.
  9. ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
  10. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: bós. Segundo Eladio Rodríguez, chámase baloqueiro á persoa moi aficionada ás balocas (castañas ou patacas) cocidas.
  11. A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.
  12. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
  13. Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
  14. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Abelleira, Muros

Santo Estevo de Abelleira é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Muros, na comarca de Muros. Segundo o IGE en 2013 tiña 536 habitantes (262 homes e 274 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 647 habitantes.

Carnota

Carnota é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 4.376 habitantes (4.938 no 2009, 5.017 no 2007, 5.112 no 2006, 5.244 no 2005, 5.285 no 2004, 5.421 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carnotán.

Comarca de Muros

A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co Océano Atlántico.

Esteiro, Muros

Santa Mariña de Esteiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muros. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.036 habitantes (985 homes e 1.051 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.273 habitantes.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Os gravados están feitos nun penedo de granito que sobresae pouco do terreo e constan de nove figuras, que inclúen dúas espirais e sete círculos concéntricos con coviñas grandes ou cazoletas no centro. A figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda; ambas as dúas teñen un suco radial que. Rodéanas 65 coviñas.

Outro grupo consta de tres círculos concéntricos arredor dunha coviña e arrodeados por 40 cazoletas, con seis máis fóra. Desde a coviña central parte unha liña que sae fóra do círculo exterior.

A Laxe das Rodas tense interpretado como almanaque laboral (as dúas espirais principais), mesa de ofrendas para propiciar as boas colleitas, conxunto de signos solares, a morte ou a fecundidade acuática e lunar.

Louro, Muros

Santiago de Louro é unha parroquia situada ao sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.267 habitantes (641 homes e 626 mulleres), o que supón unha diminución respecto ao ano anterior.

Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.

Muros, Muros

San Pedro de Muros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.523 habitantes (1.313 mulleres e 1.210 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.902 habitantes.

Muros de Nalón

Muros de Nalón é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 1.880 habitantes.

Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Cudillero, ao leste con Soto del Barco e ao sur con Pravia. Atópase no curso baixo do río Nalón.

Está formado polas parroquias de Muros, capital do concello, e San Esteban de Pravia. Destacan os pazos de Valdecarzana e Vallehermoso do século XV e a igrexa de Santa María.

Nave (arquitectura)

Nave, en arquitectura, denomínase ao espazo comprendido entre dous muros ou filas de columnas.

Este termo adoita utilizarse habitualmente ao referirse aos templos.

A nave principal é a que ocupa o centro do templo desde a porta de ingreso ata o cruceiro ou o presbiterio, xeralmente con maior elevación e máis anchura que as laterais a ela paralelas.

Noal, Porto do Son

San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Limita ó nordeste coa parroquia de Nebra, ó sur coa de Baroña, ó leste co concello de Boiro, e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia. Nesta parroquia atópase a capital do concello. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 2.457 habitantes (1.233 homes e 1.224 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Porto do Son

Porto do Son é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. A capital do concello é a vila homónima, situada na parroquia de Noal. O termo municipal ten unha extensión de 94,58 km² e, segundo o padrón municipal (INE 2015), conta cunha poboación de 9.436 habitantes, o que daba, nesa data unha densidade de 99,77 hab./km². O seu xentilicio é sonense.

No concello de Porto do Son están o castro de Baroña e a vila de Portosín.

Ramón de Artaza Malvárez

Ramón de Artaza Malvárez, nado en Muros o 6 de marzo de 1877 e finado na Coruña o 20 de decembro de 1976, foi un avogado e escritor galego.

Saint-Malo

Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Serres, Muros

San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.

Sestaio, Muros

San Miguel de Sestaio é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Muros. Segundo o IGE en 2013 tiña 47 habitantes (27 mulleres e 20 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 43 habitantes.

Tal, Muros

Santiago de Tal é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) tiña 461 habitantes (236 mulleres e 225 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 529 habitantes.

Torea, Muros

San Xián de Torea é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 356 habitantes (189 mulleres e 167 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 462 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.