Muras

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Coordenadas: 43°28′01.8″N 7°43′22.2″O / 43.467167, -7.722833

Muras
Escudo de Muras
NacementoEumeLandro-100
Nacemento do río Landro na serra do Xistral.
Situacion Muras
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación636 hab. (2018)
Área163,8 km²
Densidade3,88 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloMuras
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Requeijo Arnejo (BNG [3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Muras
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes90,23%
Na rede
muras.gal
ayuntdemuras@terra.es

Xeografía

O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos coma Ferrol, A Coruña ou Lugo.

Historia

Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.

O municipio constituíuse como tal en 1835, estando integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado ao de Vilalba.

En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).

Patrimonio

A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non está integrada no conxunto.

A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.

Poboación

Censo total 636 (2018)
Menores de 15 anos 32 (5.03 %)
Entre 15 e 64 anos 332 (52.20 %)
Maiores de 65 anos 272 (42.77 %)
Evolución da poboación de Muras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.272 3.085 3.129 2.228 978 830 784 754 723 696 684 668 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, destacando a as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.

Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.

Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.
Onde comer?

Placa da Praza de Cándida Bello, no Viveiró

Casa concello Muras, Galicia

Casa do concello.

Placa altimétrica Muras

Placa altimétrica do concello.

Vistas do parque eólico de Muras.

Lugares de Muras

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Muras". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Balsa, Muras

Santa María da Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 105 habitantes, o que supón un descenso do 30 % respecto ao ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab./km²). Ten 23 lugares.

Ambosores, Muras

Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Muras. Segundo o IGE en 2014 tiña 7 habitantes (1 muller e 6 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación.

As Muras, Carballido, Vilalba

As Muras é un lugar da parroquia de Carballido no concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Irixoa, Muras

San Xillao de Irixoa é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 38 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 19 homes e 19 mulleres. O que supón unha diminución de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 57 habitantes (29 homes e 28 mulleres) e 20 menos que en 2006.

Juan Pérez Dopico

Juan Pérez Dopico, alcumado Xan de Xenaro, nado en Grandal (Vilarmaior) en 1917 e finado en Muras o 21 de xuño de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Meavía, Forcarei

San Xoán de Meavía é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 293 habitantes (148 mulleres e 145 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 307 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 238 habitantes, sendo 117 homes e 121 mulleres.

Desta parroquia era o pintor Xesús Muras (1958-2008).

Montouto, Abadín

Santa María de Montouto é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 119 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 79 habitantes, sendo 87 homes e 98 mulleres.

Muras, Muras

San Pedro de Muras é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 292 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 144 homes e 148 mulleres. O que supón unha diminución de 81 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 373 habitantes (183 homes e 190 mulleres) e 93 menos que en 2006.

O Burgo, Muras

Santa María do Burgo é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 80 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 33 mulleres. O que supón unha diminución de 36 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 116 habitantes (64 homes e 52 mulleres) e 43 menos que en 2006.

O Sisto, Muras

Santa María do Sisto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Muras. Segundo o IGE en 2014 tiña 7 habitantes (4 mulleres e 3 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica do Sisto que está formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis os 17 lugares da parroquia homónima do concello de Ourol.

O Viveiró, Muras

Santa María do Viveiró é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 92 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 44 homes e 48 mulleres. O que supón unha diminución de 33 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 125 habitantes (64 homes e 61 mulleres) e 41 menos que en 2006.

Ortigueira

Ortigueira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2017 tiña 5.966 habitantes (6.871 no 2010, 7.376 no 2006, 7.697 no 2005, 7.830 no 2004, 8.022 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ortigueirés» ou «urticariense».

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Serra da Gañidoira

A serra da Gañidoira forma parte das serras setentrionais de Galiza e está localizada no concello de Muras e unida polo leste co monte Guriscado. Limita polo leste co curso superior do río Landro e polas abas do oeste co do río Sor. Ten unha altura media de ao redor de 700 metros sobre o nivel do mar.

Ten extensos pasteiros e un importante número de aeroxeradores. Entre a súa fauna, destacan os cabalos que viven en liberade.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Silán, Muras

Santo Estevo de Silán é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 62 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 34 homes e 28 mulleres. O que supón unha diminución de 17 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 79 habitantes (36 homes e 43 mulleres) e 20 menos que en 2006.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Vilapedre, Vilalba

San Mamede de Vilapedre é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 177 habitantes (92 homes e 85 mulleres) repartidos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 248 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.