Muiñeira

A muiñeira[1] (provén de muíño, tomado do latín [saxum] molinum ‘moa’)[2] é un baile e un xénero musical tipicamente galego. Como xénero, distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, do cal existen algunhas variantes.

Muiñeira
Muiñeira
Orixe musicalGalicia Galicia
Instrumentos típicosgaita
pandeireta
DerivadosRibeirana


Golpe
Carballesa
Redonda


Contrapaso
Subxéneros
muiñeira nova e muiñeira vella

Clasificación

Existen dous tipos de muiñeira:

  • A muiñeira nova, na que se acentúa a primeira corchea das tres que compoñen o ritmo base. Como baile, a muiñeira nova segue o esquema coreográfico tradicional no que un grupo de parellas de homes e mulleres bailan facendo coreografías baseadas en táboas ou rodas. Normalmente cando se fala simplemente a muiñeira é a este tipo a que nos referimos.
  • A muiñeira vella (tamén chamada empuñada, punteada ou ribeirana, polo particular xeito de tocarse na pandeireta) na que se acentúa a segunda corchea, producindo unha sensación rítmica diferente. A muiñeira vella pódese bailar en combinacións dun ou dous homes fronte a varias mulleres, dependendo da tradición local. Tanto o xénero da muiñeira vella como as danzas que a acompañan considéranse de orixe anterior que a muiñeira nova.

Características

A Muinheira no rio sisalde
Panel explicativo a carón dos muíños da senda do rio Sisalde (Arteixo)

A muiñeira nova é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. A súa orixe é discutida, pero comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban. Para algúns estudosos é un baile de asimilación recente, non habendo testemuños escritos anteriores ó século XIX.

Muiñeira, zarzuela Flor de cardo, 1916, Ricardo Courtier 1865-1922, portada del rollo
Muiñeira incluída na zarzuela Flor de cardo (1904), de Ricardo Courtier.

Como baile tradicional interpretábase en festas, romarías e canta xuntanza social o permitía. Se se dispuña de gaita, preferíase esta; pero senón, un grupo de percusión máis ou menos improvisado. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira. A estrutura musical, composta de copla e volta, reflíctese na danza en xeito de punto e paseo. Un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.

Na muiñeira vella, un ou dous homes bailan con dúas ou máis mulleres. O home realiza puntos complexos, mentres que a muller ten un papel secundario, limitándose a seguir o home con paseos con forma de oito, e con actitude máis recollida.

Tradicionalmente tanto a muiñeira como a xota galega son bailes de carácter lúdico e con compoñente social, ou incluso de galanteo.

Na actualidade o baile da muiñeira séguese a interpretar moito, tanto de forma improvisada en seráns e festas, como en exhibicións e actuacións, onde a compoñente improvisada desaparece en favor dunha maior calidade interpretativa. Certos grupos folclóricos incrementan a complexidade coreográfica ou dos puntos, mentres que outros reflicten só figuras ou esquemas de carácter puramente tradicional.

Xénero musical

Como xénero musical, a muiñeira é o máis común da música tradicional galega. Ten unha orixe antiga, mais descoñecida, xa que a composición máis antiga rexistrada é unha panxoliña de Nadal de 1786, obra de Melchor López, mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela. O seu compás característico é o de 6/8.

Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.

Variantes

Notas

  1. "Aula de muiñeira con Micaela Areas". ardelloeixo.gal. Consultado o 28/02/2018.
  2. "Muiñeira". Portal das Palabras. Consultado o 6 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A oliveira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Airiños do Parque de Castrelos

Airiños do Parque de Castrelos era un grupo de gaitas que interpretaba música tradicional galega, fundado na parroquia de Castrelos (Vigo) en 1943.

As Bouzas, Visma, A Coruña

As Bouzas é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña.

Neste lugar viviu a familia Ambite Seijido. Enrique Ambite Seijido, nado nesta parroquia en 1913 e finado en 1998, foi un gaiteiro ligado coa agrupación Aturuxo, a sección femenina (na época franquista aglutinou un gran grupo de músicos tradicionais coruñeses), e tamén tivo vínculos con Follas Novas. Compuxo algúns temas de certa singularidade como o "pasarrúas de Ambite" ou a "muiñeira de Olvido".

Avelino Cachafeiro

Avelino Cachafeiro Bugallo, O Gaiteiro de Soutelo, nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899 e finado o 13 de abril de 1972, foi un gaiteiro galego.

Carballesa (muiñeira)

A carballesa é unha composición musical variante da muiñeira propia das terras do Courel. De ritmo rápido e vivo, escríbese en compás de 6/8 ou de 2/4. Segundo o cancioneiro de Casto Sampedro, cando unha parella sobresaía sobre as outras polo alto dominio técnico do baile os restantes bailadores abandonaban a danza para convertérense en espectadores.

Emilio Corral Vázquez

Emilio Corral Vázquez, nado na Coruña o 7 de febreiro de 1910 e finado ibídem o 13 de abril de 2013, foi gaiteiro maior de Galicia. Chegou a ser, xunto con Francisco Paradela, un dos máis veteranos de tódolos míticos do instrumento. Tamén foi ben coñecido por ser o dedicatario ou mesmo o autor de varias pezas moi interpretadas, entre elas a "Muiñeira de Cabana", a el debida.

Moraña

Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».

Muiñeira de Chantada

A "Muiñeira de Chantada" é unha peza tradicional da música tradicional galega.

Música tradicional galega

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.

Obrigado

Obrigado é o primeiro álbum musical do grupo Treixadura. O traballo foi ideado como unha homenaxe do grupo ao mundo da gaita, incorporando tamén voz nalgunhas das cancións. Dos doce temas, oito son tradicionais e para "Muiñeira de Oliveira", o grupo contou coa colaboración do conxunto Donicelas.

Os Gaiteiros de Soutelo

Os Gaiteiros de Soutelo foron un grupo folclórico galego do primeiro terzo do século XX.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Ribeirá (Muiñeira)

A ribeirá ou ribeirana, tamén denominada empuñada, é a denominación xenérica que recibe a muiñeira vella nalgunhas zonas costeiras do territorio galego. En especial na costa da morte.

Ricardo Courtier

Ricardo Courtier, nado na Coruña o 10 de marzo de 1865 e finado en Ourense o 10 de decembro de 1922, foi un músico e compositor galego.

Ricardo Portela

Ricardo Emilio Avelino Portela Bouzas, máis coñecido como Ricardo Portela, nado en Viascón o 4 de novembro de 1920 e falecido o 24 de marzo de 1992, foi un gaiteiro galego.

Santa Xusta de Moraña, Moraña

Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

Vilaboa, Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.