Mu isamaa, mu õnn ja rõõm

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (A miña terra nai, o meu gozo e dita) foi adoptado como himno nacional (en estoniano: riigihümn, ou rahvushümn) da República da Estonia en 1920, sendo retomado en 1990. Entre 1956 e 1990, a República Socialista Soviética de Estonia, parte da Unión Soviética, tiña un himno diferente: Eesti NSV hümn.

A letra foi escrita por Johann Voldemar Jannsen para unha melodía composta en 1848 por Fredrik (Friedrich) Pacius que tamén compuxo a música do himno nacional da Finlandia: Maamme.

A canción presentouse ao público pola primeira vez no decorrer do Gran Festival da Canción da Estonia en 1869 e tornouse rapidamente no símbolo do Nacionalismo estoniano.

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
En galego: A miña terra nai, o meu gozo e dita
Himno deEstonia Estonia
LetraJohann Voldemar Jannsen
1869
MúsicaFredrik (Friedrich) Pacius
1848
Adoptado1920
Mostra da música
Mu isamaa, mu õnn ja rõõm (Instrumental)

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm

Mu isamaa, mu õnn ja rõõm,
kui kaunis oled sa!
Ei leia mina iial teal
see suure, laia ilma peal,
mis mul nii armas oleks ka,
kui sa, mu isamaa!

Sa oled mind ju sünnitand
ja üles kasvatand;
sind tänan mina alati
ja jään sull' truuiks surmani,
mul kõige armsam oled sa,
mu kallis isamaa!

Su üle Jumal valvaku,
mu armas isamaa!
Ta olgu sinu kaitseja
ja võtku rohkest õnnista,
mis iial ette võtad sa,
mu kallis isamaa!

Tradución

A miña terra nai, o meu gozo e dita,
Que fermosa es!
Non atoparei lugar ningún
No mundo enteiro
Que sexa máis querido para min,
Ti, a miña querida terra nail!

Ti déchesme a nacenza,
Ti criáchesme.
Sempre cho agradecerei,
Sereiche fiel ata a morte,
Como a máis amada,
A miña querida terra nai!

Poida Deus coidarte
A miña preciosa patria!
Poida El defenderte,
dándoche abondosas benzóns
Implicándose nas túas accións,
A miña querida terra nai!

Ligazóns externas

Estonia

Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos, particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca.

A lingua estoniana forma parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea.

Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917.

Johann Voldemar Jannsen

Johann Voldemar Jannsen, nado en Vändra (Livonia) o 16 de maio de 1819 e finado en Tartu o 13 de xullo de 1890, foi un profesor, xornalista e poeta estoniano, autor da letra do himno nacional Mu isamaa, mu õnn ja rõõm ("A miña terra nativa, o meu gozo e dita"), figura central no movemento do Espertar Nacional Estoniano. Foi pai da poetisa Lydia Koidula.

Maamme

Maamme ou Vårt land (en finés e sueco respectivamente, en galego: significa A Nosa Terra) é o nome do himno nacional de facto de Finlandia.

A música foi composta polo alemán Fredrik Pacius, e a letra (orixinalmente en sueco) polo sueco-finés Johan Ludvig Runeberg. Foi presentado por primeira vez o 13 de maio de 1848. O poema orixinal, escrito en 1846 pero non impreso até 1848, tiña 11 estrofas e formaba parte do prólogo do verso Relatos do Alférez Ståhl (Fänrik Ståhls Sägner), unha obra mestra do nacionalismo romántico.

Relatos do Alférez Ståhl foi unha obra moi apreciada en Escandinavia. Até a independencia de Finlandia, as notas de Pacius e as letras de Runeberg eran cantadas frecuentemente en Noruega, Dinamarca e Suecia. Débese notar que na versión sueca do himno, o texto non fai referencia a Finlandia, só a un país no norte (ou os países nórdicos en xeral); con todo na versión finesa do himno, o texto refírese explicitamente a Finlandia.

Algúns finlandeses propuxeron que o himno nacional sexa cambiado por Finlandia de Jean Sibelius; en parte porque a música tamén se usa no himno nacional de Estonia (Mu isamaa, mu õnn ja rõõm) cunha letra moi similar, e en parte porque Pacius era alemán e Runeberg era sueco-finés (aínda que Sibelius era tamén sueco-finés).

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.