Muíños do Folón e do Picón

Os muíños do Folón e do Picón son un grupo de 60 muíños en fervenza, declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia[1] ao constituír parte do rico patrimonio etnográfico da comarca do Baixo Miño, xa mencionados en documentos do século XVII.

Coordenadas: 41°57′N 08°50′O / 41.950, -8.833

Muiños do Folón1
Vista xeral dos muíños do Folón.

Situación

Atópanse situados dentro do concello do Rosal, entre os lugares de Martín e Fornelos, na ladeira do Monte Campo do Couto, desde o cal se pode contemplar todo o val do Rosal, a desembocadura do río Miño e o Monte onde se atopa o Castro de Santa Trega.

Descrición

Baixada dos Muíños do Picón
Vista xeral dos muíños do Picón.
Inscrición1715muiñofolón
Inscrición no muíño número 16.

Os 60 muíños atópanse divididos en dous tramos que reciben dous nomes diferenciados:

  1. Os muíños do Folón, 36 construcións na vertente do Folón, por onde discorre o regato tamén chamado Folón.
  2. Os muíños do Picón, 24 da vertente do río Picón.

Dentro dos diferentes tipos de muíños existentes, pódense clasificar como muíños de rodicio ou de roda motriz horizontal, e dentro destes, nos muíños do Folón e do Picón podemos atopar tanto muíños de canle (normalmente cuberta no tramo máis inclinado), nos que a auga desemboca xustamente no inferno onde está situado o rodicio; e muíños de cubo ou de pozo, que se poden observar nos tramos con máis pendente da ruta, onde se almacenaba a auga nos cubos dos muíños superiores e de aí unha vez que o muíño xa a usara, pasaba ao seguinte e así sucesivamente.

A maioría deles teñen unha estrutura de dúas plantas, na inferior chamada sarteio pódese ver aínda a maquinaria na que actúa a forza da auga; no termiñado ou planta superior é onde se poden atopar as moas de moer o gran comunmente feitas de pedra.

Os primeiros muíños conservados datan dos séculos XVIII e XIX, como se pode comprobar, por exemplo, no muíño número 11 que recolle a datación máis antiga: Ano 1702, ou o muíño número 16 que recolle o ano 1715.

Nos linteis, xambas, limiaress e paredes (tanto interiores como exteriores), pódense observar, numerosos signos de canteiro, posteriormente, os propietarios dos muíños tamén deixaron as súas propias marcas e sinais coma cruces, tendo neste caso unha posible función a un tempo protectora e ao mesmo tempo delimitadora da propiedade.

Como exemplo está a inscrición dunha cruz coa lenda Ave María que se observa no muíño número 4 ou dunha cruz cun cáliz no muíño número 21.

Son edificacións feitas de pedra construídas en pendente ao lado do río, para aproveitar toda a forza da auga co fin de moer o gran. Neles moíase tanto gran de millo, de centeo ou de trigo para facer fariña. No exterior algúns deles conservan pías usadas coma abrevadoiros e comedeiros dos animais, coma por exemplo, no muíño número 5 (que ten un alpendre para as cabalerías) ou o 23.

Hoxe en día, existe unha ruta de sendeirismo sinalada coa posibilidade de facer visitas guiadas gratuítas co fin de ver e entender o funcionamento dos muíños.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de muíños do Folón e do Picón.
DetallemuíñoFolón

Detalle Muíño do Folón

Muíño restaurado folón

Muíño restaurado no Folón

Muíños do Folón, O Rosal
Detalledunmuíñodopicón2

Muíños do Picón

Notas

  1. Decreto 27/1998 de 22 de xaneiro, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo polo que declara ao conxunto de muíños do Folón-Picón da parroquia de Santa Mariña, Ben de Interese Cultural coa categoría de lugar de interese etnográfico

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Folón

Un folón é un batán, aparello de madeira construído polo xeral nun curso de auga para bater tecidos. O topónimo galego Folón pode referirse a:

Folón, lugar da parroquia de Lavadores, no concello de Vigo;

O Folón, lugar da parroquia de Petán, no concello da Cañiza;

O Folón, lugar da parroquia da Guía, no concello de Gomesende;

O Folón, lugar da parroquia de Mosende, no concello do Porriño;

O Folón, lugar da parroquia de Tebra, no concello de Tomiño;

O Folón, lugar da parroquia de Arnuíde, no concello de Vilar de Barrio;

Río Folón, no concello do Rosal, afluente do Tamuxe.

Galería de imaxes de muíños do Folón e do Picón

Os muíños do Folón e do Picón atópanse situados dentro do concello do Rosal.

Galería de imaxes do Rosal

Galería de imaxes do concello do Rosal, na provincia de Pontevedra.

Juan Ramón Martínez Barbosa

Juan Ramón Martínez Barbosa, nado no Rosal o 20 de decembro de 1977, é un historiador e escritor galego.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Sendeirismo

O sendeirismo, unha especialidade do montañismo, é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños balizados e homologados polo organismo competente de cada país. Consiste en camiñar principalmente polo campo seguindo sendas ou camiños. Etimoloxicamente a palabra provén de sendeiro.

O sendeirismo busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais, utilizando preferentemente o sistema tradicional de vías de comunicación, tales como cañadas reais, camiños veciñais, sendas e carreiros.O sendeirismo constitúe unha simbiose entre deporte, cultura e as paisaxes naturais.[Cómpre referencia]O sendeirismo é unha actividade que pode confundirse co excursionismo. Segundo despréndese da extensa literatura sobre deportes ao aire libre, o excursionismo sería a disciplina máis próxima e precursora do sendeirismo, aínda que a diferenza deste, discorre por carreiros non balizados e, por tanto, non conta coas garantías de seguridade e calidade que proporcionan os sendeiros homologados. Na maioría de ocasións, a actividade adoita desenvolverse durante un mesmo día.

Xoán Martínez Tamuxe

Juan Bautista Martínez González, coñecido como Xoán Martínez Tamuxe, nado no Rosal o 29 de novembro de 1930, é un historiador, arqueólogo e investigador galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.