Muíños

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Coordenadas: 41°57′0″N 7°58′59.88″O / 41.95000, -7.9833000

Muíños
Escudo de Muíños
Casa consistorial de Muíños
Casa consistorial
Situacion Muíños
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.486 hab. (2018)
Área109,7 km²
Densidade13,55 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldePlácido Álvarez Dobaño (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Muíños
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,93%
Na rede
www.concellomuinos.com
info@concellomuinos.com

Xeografía

O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.[5]

Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [6].

Demografía

Censo Total 1.622 (2014)
Menores de 15 anos 77 (4.75 %)
Entre 15 e 64 anos 867 (53.45 %)
Maiores de 65 anos 678 (41,8 %)
Evolución da poboación de Muíños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.579 4.436 4.341 4.291 1.985 1.821 1.782 1.779 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Turismo

Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.

A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

Patrimonio

O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991[7].

  • Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
  • Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
    • Anta Casiña da Moura
    • Anta Casota do Foxo

Castros:

  • Castro de Taboadela (Barxés)
  • Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
  • Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
  • Castro de Santa María do Castro (Guntumil)

A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.

Muíños na literatura popular

  • A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [8].
  • As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! [9].
  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [10].
  • O que queira vir, que veña,/ quen queira correr, que corra,/ pra botar un ventureiro/ na festa da Clamadoira [11].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.
Cados

Igrexa parroquial de Santa María de Cados

Casiña da Moura - Encoro das Maus de Salas - Muiños - Ourense

Casiña da Moura no encoro de Santa Baia das Maus de Salas

IMuíños2

Igrexa parroquial de San Pedro de Muíños

Lugares de Muíños

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Muiños". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Concello de Muíños, Símbolos
  6. Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data.
  7. Concello de Muíños (ed.). "Arqueoloxía". Consultado o 18 de novembro de 2013.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. O ventoreiro é un tipo de baile semellante á muiñeira. A festa da Clamadoira celébrase o 8 de xullo (segundo Xaquín Lorenzo) e existe unha ermida da Clamadoira en Muíños, próximo ó encoro das Conchas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bardaos, San Sadurniño

Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño, lindando ó leste co Concello de Moeche e ó oeste co Concello de Valdoviño. Segundo IGE en 2013 tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 274 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso . Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Cabanas, A Baña

San Miguel de Cabanas é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.

Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.

Canduas, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Comarca de Baixa Limia

A comarca de Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

Corneira, A Baña

San Cristovo de Corneira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Entrecruces, Carballo

San Xens de Entrecruces é unha parroquia situada ao sur do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2011 tiña 863 habitantes (441 mulleres e 422 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 968 habitantes.

Entrecruces é unha parroquia que está dividida en dúas partes: Entrecruces da Alta e Entrecruces da Baixa. Estes nomes foron postos polos propios veciños da parroquia, fixándose na posición xeográfica de cada parte.

Esta parroquia posúe unha igrexa na cal se organizan enterros, cabos de ano e misas cada domingo. Tamén dispón dun cemiterio, que coidan os veciños, alternándose cada vez que teñen que limpar os panteóns ou cortar a herba do camposanto. Esta repartición da limpeza tamén o levan a cabo cando teñen que limpar a igrexa ou o xardín que a rodea

A parroquia ten sona pola fervenza do salto da Férveda, situada no río Outón, duns 50 metros de altura. Está rodeada de vexetación, e preto das ruínas dunha antiga central hidroeléctrica (a primeira central que lle proporcionou electricidade ao concello de Carballo) e de muíños restaurados.

Fiopáns, A Baña

San Pedro de Fiopáns é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 181 habitantes (94 homes e 87 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 268 habitantes.

Marcelle, A Baña

Santa Cristina da Marcelle é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 164 habitantes (81 homes e 83 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 229 habitantes.

Moaña

Moaña é un concello da provincia de Pontevedra, situado na península que dá nome á comarca do Morrazo. O seu xentilicio é moañés. É un concello pequeno (35,1 km²) que no 2016 tiña unha poboación de 19 458 habitantes, cunha alta densidade de poboación (554,35 hab./km²).

Muíño

Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga), animais (muíño de sangue) e, en muíños pequenos, a manual (un exemplo doméstico deles son os muíños do café, aínda que actualmente son eléctricos a maioría).

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Ordoeste, A Baña

Santa María de Ordoeste é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 250 habitantes (134 mulleres e 116 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes.

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Ponte, Silleda

San Miguel de Ponte é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE, no ano 2017 tiña 155 habitantes (79 homes e 76 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000 cando tiña 187 habitantes. O seu nome provén da antiga ponte que servía de paso entre as terras de Trasdeza e as de Deza.

Rellas, Silleda

San Martiño de Rellas é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 63 habitantes (35 homes e 32 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 106 habitantes.

Suevos, A Baña

San Mamede de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.