Muíño

Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa')[1] é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.

Neck Neckermolen
Muíño holandés.
CasaMuiño en Santiago de Compostela
Casa-muíño en Santiago de Compostela.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga), animais (muíño de sangue) e, en muíños pequenos, a manual (un exemplo doméstico deles son os muíños do café, aínda que actualmente son eléctricos a maioría).

Campo de Criptana Molinos de Viento 2
Muíños de vento, no Campo de Criptana na Mancha (España).

Muíños de vento

Muiño de vento en Pedra
Muíño de vento na Coruña.

Os máis famosos, grazas a Don Quixote, son os da Mancha, pero habíaos por todas as partes e moi especialmente no centro e sur de España, onde as correntes dos ríos non eran tan importantes como noutros países europeos. Aínda poden verse en Campo de Criptana (Cidade Real) ou en Consuegra (Toledo). Tamén son famosos os dos Países Baixos.

A utilidade dos muíños de vento para producir enerxía mecánica tense aproveitado para outros usos, como sacar auga, do que son un exemplo os empregados nos polders dos Países Baixos ou, actualmente, para producir enerxía eléctrica. Pola súa forma, todos estes artefactos mantiveron o nome de muíños, o que ás veces pode dar a impresión equivocada de que a palabra muíño designa calquera destes ou especificamente os de vento. Concretamente, o nome correcto dos que producen enerxía eléctrica é aeroxeradores.

Muíños de auga

Muíño de Lamela
Muíño de auga en Vilabade (Castroverde).
Muíños - Caldas de Reis 1
Muíño de auga Caldas de Reis.
Muiño das Aceas
Muíño de mareas en Narón.
Muíño de mareas Muros Galiza
Muíño de mareas en Serres, Muros.

Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos ríos galegos.

Este modo de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns (tamén mencionados no Quixote) ou nos serradoiros americanas.

Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina, que substitúe a roda de pás.

Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso

  • De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo. O tamaño da maquía era un neto, cantidade regulada polo concello.
  • De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño).

Partes da obra e maquinaria dun muíño de auga

  • O inferno é a abertura no edificio do muíño, na que desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria.
  • A gradilla é unha grade ou reixa que impede o paso de paus ou pedras ao cubo.
  • A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe descendente que se chama cubo e acaba nun picho chamado buzo.
  • A saída da auga do buzo cara ao rodicio regúlase cunha billa accionada co ferro da billa.
  • O rodicio é a roda con penas (pás) que converte a velocidade da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras de moer.
  • O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa de madeira, e é suxeitado na parte superior por un eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela.
  • No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro.
  • O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega, moxega, caixón ou tremoia. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás pedras por medio dunha caneta.
  • Hai dúas pedras de moer ou moas: unha fixa ou , e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.

Muíños de sangue

En lugares sen ventos nin ríos aproveitábeis, construíronse muíños de sangue. O muíño propiamente dito estaba nunha primeira planta e o eixo que movía a moa seguía até a baixa, onde lle cruzaban uns madeiros aos que se enganchaban mulas ou bois, que camiñaban en círculo, para mover a pedra.

Outros muíños

Existen determinados tipos de muíños especializados, así o muíño fariñeiro ou trigueiro para moer trigo ou outros cereais ou o que extrae o aceite das olivas denominado muíño de aceite.

Os muíños na cultura popular galega

Refraneiro

Artigo principal: O muíño na cultura popular galega.
  • Ábrete, fol, pola boca, pra que en vez dunha maquía dúas che colla.
  • Ábrete, saco; unha maquía me debes, e dúas che agarro.
  • A mazorca, no muíño; e no bolso, o diñeiriño.
  • Andando gana a acea, e non estando queda.
  • Andando gaña o muíño, que parando está perdido.

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes de muíños de Galicia.
Muíño.Negreira.Portor.Galiza

Portor, concello de Negreira. Galicia.

Molino Batans do mosquetín

Moega, caneta e moa. Batáns de Mosquetín, Vimianzo.

Moendo millo, Rianxo, Galiza

Caneta pasando millo, muíño en Rianxo.

Rodicio de muíño

Roda de muíño ou rodicio no rego de Chan das Latas, en Cerdedo-Cotobade.

Muinho.Potemaceira.Negreira.Galiza

Interior dun muíño en Pontemaceira, Negreira.

Muíño acueduto Cotobade

Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas, en Cerdedo-Cotobade.

Pozo de Cachón

Muíño de mareas de Pozo de Cachón, en Muros, Muros.

Muíño de mareas das Aceñas, A Illa de Arousa

Muíño de mareas das Aceñas, A Illa de Arousa.

Muíño de vento Amoexa

Bomba de auga eólica, Antas de Ulla

Notas

  1. "Muíño". DIGALEGO. Consultado o 22 de maio do 2016.
Bardaos, San Sadurniño

Santa María de Bardaos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño, lindando ó leste co Concello de Moeche e ó oeste co Concello de Valdoviño. Segundo IGE en 2013 tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 274 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Insua, Ortigueira

San Xoán de Insua é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes.

Meirás, Sada

San Martiño de Meirás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.097 habitantes (551 mulleres e 546 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 703 habitantes.

Orogaficamente, é a parroquia máis elevada do concello, se ben non chega a superar os 170 m en Muíño do Vento.

A súa poboación dedicouse tradicionalmente á agricultura, coma demostra o Catastro de Ensenada no 1752.

Muíño, Zas

San Tirso de Muíño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 250 habitantes (136 mulleres e 114 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 357 habitantes.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Neda

Neda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 5.327 habitantes (5.528 no 2009, 5.675 no 2006, 5.771 no 2005, 5.804 no 2004, 5.913 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «nedense».

O Muíño Grande, Insua, Ortigueira

O Muíño Grande é un lugar da parroquia de Insua no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 5 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 3 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 8 habitantes.

O Muíño Vello, San Fiz de Monfero, Monfero

O Muíño Vello é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 15 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 6 eran homes e 9 eran mulleres.

O Muíño de Silvao, Insua, Ortigueira

O Muíño de Silvao é un lugar da parroquia de Insua no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Sarria

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.345 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003) segundo o INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Serres, Muros

San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.

Silva, Pol

Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluír en Santa Mariña de Ramil-Castro de Rei.

Houbo muíño en Gargallán no lugar de Muíño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos cales non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muíño de Gargallán -no río Azúmara-)

No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os termos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras.

Vimianzo

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.565 habitantes en 2015 (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (40,37 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.

Xoibán, Vilalba

O Salvador de Xoibán é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), a máis meridional das parroquias vilalbesas, e enclavada entre os concellos de Begonte e Cospeito.

En 2011, segundo o IGE, tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres) repartidos entre as entidades de: Alamparte, Alto, Bon Aire, Cascallal, Escoira, Granda, Igrexa, Lentille, Muíño e Pereiro; o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 94 habitantes.

Xuvia, Santa María de Neda, Neda

Xuvia é un barrio de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Segundo o IGE, en 2015 tiña 228 habitantes (106 homes e 122 mulleres) xunto con Casadelos.

Zas

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 4.581 habitantes (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é zaseiro ou salense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.