Mozárabes

Recibiron o nome de Mozárabes (do árabe مستعرب musta'rib, "arabizado"‎) os cristáns nativos que viviron na Spania musulmá entre os séculos VIII e XV, baixo o goberno de monarcas ou gobernadores de relixión musulmá. Aínda que non se chegaron a converter ao islam, adoptaron elementos da lingua e cultura árabes. Eran principalmente católicos de rito visigótico ou mozárabe.

Véxase tamén

Outros artigos

Abd ar-Rahman II

Abd ar-Rahman II, Abderramán II, Abderrahman II ou 'Abd ar-Rahmān II, nado en 792 e falecido en 852, foi un emir de Córdoba.

Neto de Abderramán I, o seu mandato adoita ser referido como un período de gran florecemento cultural, científico, administrativo e económico. Continuou as obras na mesquita de Córdoba, iniciadas polo seu avó.

O seu reinado foi unha época de relativa paz interna, aínda así tivo que facer fronte a trece revoltas, en especial significativas as de Mérida e Toledo e a revolta dos mozárabes (850-859), o que propiciou que as expedicións de saqueo cara aos reinos cristiáns aconteceran cada verán, a presenza normando no 844 saldouse coa vitoria do exército do emir nas proximidades de Sevilla.

Afonso VI de León

Afonso VI, nado contra 1040, e finado entre o 29 de xuño e o 1 de xullo de 1109, foi un nobre do Reino de León.

Era fillo de Fernando I de Castela, o Magno, (1035-1065) e de Sancha I de Galicia, e foi rei de León desde o 27 de decembro de 1065, e de Galicia e de Castela a partir do 6 de outubro de 1072.Así, a partir de 1072 intitulouse rex Adefonsus in Castella et in Legione et in Gallecia (rei Afonso en Castela, en León e en Galicia) ou simplemente en tota Gallecie (toda Galicia). Despois da conquista de Toledo en 1085 autoproclamouse Victoriosissimo rege in Toleto, et in Hispania et Gallecia (Vitoriosísmo rei de Toledo, e de Hispania e Galicia). O papa Urbano II, personaxe perfectamente informado, dirixíuselle nunha carta de 1088 como Regi Ildefonso Gallitia e, na primeira metade do século XII, as crónicas anglo-normandas de Guillerme de Malmesbury titulárono Gallicae Regie mentres a Historia Ecclesiástica de Orderico Vital denominouno rex Galliciae.Os historiadores alcumárono como O Bravo.

Arquidiocese católica latina de Toledo

A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.

Centulle, San Xurxo de Asma, Chantada

Centulle e un lugar na parroquia de San Xurxo de Asma, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes, dos que 55 eran homes, e 51 eran mulleres; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

O castro de Centulle atópase en mal estado de conservación. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos normandos e máis tarde pertencente á casa de Altamira.

Nel construíuse a mediados do século XX o santuario da Nosa Señora de Fátima. Promovido polo párroco Emilio Eyré Lamas, foi o primeiro santuario dedicado en España a Virxe de Fátima. O templo foi concibido a modo de fortaleza, coroado con cruces gaélicas, dun modo semellante ao dos castelos irlandeses. O santuario recolle unha mestura de elementos arquitectónicos mozárabes, románicos e gaélicos. A talla de Nosa Señora de Fátima foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid, sendo consagrada na Academia de San Fernando o 12 de xuño de 1945.

Ciutadella de Menorca

Ciutadella de Menorca é un concello español situado no oeste da illa de Menorca, nas Illas Baleares. En 2011 tiña 29.315 habitantes, sendo o concello máis poboado da illa.

Situada no extremo oeste de Menorca, é a sede do bispado da illa. Rexentou a capitalidade da illa ata a ocupación inglesa en 1714. A finais do 2009 Ciutadella superou en número de habitantes a Maó, antes concello máis poboado de Menorca e no que se encontra o Consello Insular.

Coreses

Coreses é un concello español da provincia de Zamora, en Castela e León. Atópase na comarca da Tierra del Pan, a pouco máis de 15 km de Zamora.

Escola de Tradutores de Toledo

A denominación Escola de tradutores de Toledo emprégase para designar na historiografía, desde o século XIX, os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos greco-latinos alexandrinos, que foran vertidos ao árabe ou ao hebreo, á lingua latina, servíndose do romance castelán como lingua intermedia.

A conquista en 1085 de Toledo e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con mahometanos e xudeus facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento filosófico, teolóxico e científico, primeiro, de España, e logo de todo o occidente cristián.

León, España

León (en leonés: Llión) é a cidade capital da provincia de León situada na comunidade autónoma de Castela e León, localizada no noroeste da Península Ibérica en España. É atravesado polos ríos Bernesga e Torío.

O concello acada unha poboación de 135.059 habitantes (2007) e posúe unha área metropolitana de 204.212 habitantes, sendo así a 45º máis poboada do Estado español.

Naceu dun campamento militar romano da Legio VI Victrix, instalado na confluencia dos ríos Bernesga e Torío no 79 a. C.|79 a. C., o seu carácter de cidade consolidouse co asentamento definitivo da Legio VII Gemina no século I. Coa chegada dos musulmáns á Península, a cidade fica parcialmente despoboada. En 856 León recibe un novo impulso repoboador por parte do Reino de Asturias. Será García I quen en 910 converta a cidade de León na cabeza do máis importante reino cristián da Península Ibérica na época, dando inicio ao Reino de León, cuxa vixencia nominal chegou até o século XIX, mais dende a Plena Idade Media a cidade perdeu a importancia e empuxe de antano, en parte pola perda da súa independencia debida a unión da coroa leonesa e a castelá, definitiva dende 1301, constituíndo canda outros reinos e territorios a Coroa de Castela.

Lingua mozárabe

A lingua mozárabe (do árabe musta`rab مستعرب que quer dicir "arabizado") é unha lingua extinta da Península Ibérica. O mozárabe era a evolución do latín falado nas zonas da Península Ibérica que ao mesmo tempo que os diversos romances peninsulares se separaban para dar lugar ao castelán, catalán e galego-portugués, e demais, na zona baixo dominio musulmán apareceu un conxunto de falas non moi coñecidas. Non había unidade entre eles e a diferenza doutras linguas románicas escribíase con alfabeto árabe. Coñecémolos polas "kharxas" e as "muaxahas" dos poetas andalusís que usaban retrousos mozárabes e os desenvolvementos en árabe.

O mozárabe era un romance moi conservador, mantendo moitas características do latín vulgar que se perderon no resto das linguas peninsulares:

Conservación de pl-, fl- e cl- iniciais.

Conservación de oclusivas xordas intervocálicas p, t e k.

Lleida

Lleida (en catalán: Lleida, [ˈʎɛjðə], pronunciación local: [ˈʎejðɛ]) é un municipio e cidade do oeste de Cataluña, capital da provincia de Lleida e da comarca do Segrià. Está situada no curso do río Segre, arredor dun outeiro coroado pola antiga catedral, a Seu Vella. Con 139.809 habitantes en 2013 é a segunda capital catalá e a sexta cidade máis poboada da comunidade.

Existen probas de asentamentos na área da cidade de Lleida polo menos dende a Idade de Bronce. Dende o século VI a.C. e ata a conquista romana converteuse na principal cidade dos ilerxetes, un pobo ibero que a denominou Iltirta. A cidade, que os romanos denominaron Ilerda, no século VIII foi invadida polos musulmáns e reconquistada en 1149 polas tropas de Ramon Berenguer IV e Ermengol VI. En 1297 Xaime II fundou o Estudo Xeral, que sería a primeira universidade de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a segunda de España tras a Universidade de Salamanca (cuxo antecedente sitúase na Universidade de Palencia).

Ojén

Ojén é un concello español da provincia de Málaga, Andalucía. É lindeiro con Mijas ao leste, con Marbella ao sur, con Istán ao oeste e con Monda e Coín ao norte. Dentro do termo municipal de Ojén destacan dous núcleos:

O centro urbano de Ojén

As urbanizacións da Mairena e O Vigairo, no sueste do termo municipal.

Paio Soares de Taveirós

Pai ou Paio Soares de Taveirós ou foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.

Raimundo de Sauvetat

Raimundo de Sauvetat, tamén coñecido como Raimundo de Toledo, nado en Gascuña e finado en Toledo en 1152, foi un relixioso e político castelán.

Foi monxe cluniaciense, bispo de Osma (1109 – 1125)

e, en 1126, tras case dous anos de administrador en sede vacante, foi confirmado como arcebispo de Toledo, cátedra que ocupou até a súa morte, en 1152.

En 1130 tamén foi nomeado Chanceler de Castela polo rei Afonso VII, posto que abandonou en 1150, pouco antes da súa morte. Sobre este rei exerceu unha importante influencia, e logrou para a súa diocese importantes legados e privilexios.

Continuou a obra reformadora gregoriana do seu predecesor, Bernardo de Sedirac, impoñendo o rito romano na liturxia e mellorando a moral do clero.

A súa obra máis importante foi o impulso que lle deu á formación da Escola de Tradutores de Toledo, grupo de traballo que incluía a mozárabes, xudeus e profesores da madrasa toledana e a novos pensadores, fundamentalmente monxes cluniacienses.

Mandou reconstruír o palacio episcopal fronte á antiga mesquita maior convertida na Catedral de Santa María, á que deu o seu primeiro estatuto, e deixou unha parte do edificio para a Escola.

A riqueza das bibliotecas toledanas en libros árabes e o coñecemento desta lingua por parte dos cristiáns mozárabes impulsárono a recuperar textos perdidos da Antigüidade clásica e a fomentar a transmisión dos importantes avances da Escola Toledana en medicina, álxebra e astronomía; este empeño cristalizou na tradución de numerosas obras do árabe ao castelán, e do castelán ao latín (ou directamente do árabe ou do grego ao latín) e, pouco a pouco, deu a coñecer tamén a importante filosofía árabe e hebrea de orientación aristotélica, o que supuxo unha renovación radical da escolástica europea.

Entre os tradutores que traballaron nesta primeira época destacaron o mozárabe Domingo Gundisalvo, o xudeoconverso Juan Hispalense, o italiano Gerardo de Cremona e o escocés Miguel Scoto.

A Escola toledana, xa en tempos de Raimundo, adquire fama en toda a cristiandade, xa que tamén se fomentaban os estudos filosóficos e científicos, competindo cos nacentes universidades.

San Vicente de Paradela, Paradela

San Vicente de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 159 habitantes, deles 79 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Santa Baia de Castro, Coristanco

Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 256 habitantes, sendo 126 homes e 130 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 347 habitantes: 183 mulleres e 164 homes distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 354 habitantes.

Seabra

Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra, en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» .

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur con Portugal (distrito de Braganza).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Yeles

Yeles é un concello español da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Torrejón de Velasco da provincia de Madrid e Esquivias, Numancia de la Sagra e Illescas da provincia de Toledo.

Yunclillos

Yunclillos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Recas, Villaluenga de la Sagra, Cabañas de la Sagra, Olías del Rey e Bargas, todas de Toledo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.