Mosteiro do Escorial

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial[1] é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Mosteiro e Sitio de El Escorial en Madrid
Vista aerea del Monasterio de El Escorial
Vista do Mosteiro desde o monte Abantos.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónSan Lorenzo de El Escorial (Madrid)
40°35′21.04″N 4°8′52.62″O / 40.5891778, -4.1479500Coordenadas: 40°35′21.04″N 4°8′52.62″O / 40.5891778, -4.1479500
TipoCultural
CriteriosI, II, VI
Inscrición1984 (8ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador318

Características

O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xerónimos, está ocupado actualmente por frades da Orde de Santo Agostiño. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladera meridional do monte Abantos, a 1028 m. de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.

Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.

Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.

As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.

Galería de imaxes

Facade monastery San Lorenzo de El Escorial Spain

Fachada oeste

El escorial blick von oben

Vista desde o monte Abantos

EscorialBiblioteca

Biblioteca

Basílica El Escorial 1

Basílica

Evangelg

Patio dos Evanxelistas

Main staircase of the Monastery of San Lorenzo de El Escorial

Frescos

Monastery El Escorial Spain Gardens Old Style Cut Into A Maze Pattern for Walking

Xardíns dos Frades

A Black and White Photograph from Spain.jpeg

Mosteiro do Escorial

Sala Vicarial

Sala Vicarial

EscorialPanteo

Vista xeral do altar do Panteón de Reis

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
15 de xaneiro

O 15 de xaneiro é o décimo quinto día do ano no calendario gregoriano. Quedan 350 días para rematar o ano e 351 nos anos bisestos.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Benito Arias Montano

Benito Arias Montano, nado en Fregenal de la Sierra en 1527, e finado en Sevilla o 6 de xullo de 1598, foi un relixioso e humanista español, eminente políglota, teólogo, bibliólogo e poeta en latín.

Influído pola reforma protestante e a conseguinte contrarreforma e cunha boa relación coa monarquía hispánica, participa no Concilio de Trento e vive o ambiente cultural dende Roma e Flandres, onde comeza correspondencia e amizade cos principais humanistas da época. Humanista cristián, o seu pensamento harmoniza razón e fe, plásmase na produción intelectual, e baseáse nos seus coñecementos do mundo greco-latino e no dominio das linguas clásicas e bíblicas.

É coñecido sobre todo por ser o editor científico da Biblia Políglota de Antuerpen, onde supervisa a súa edición, traduce algunhas partes e é o autor do apparatus crítico. Tamén é coñecido por ser o primeiro bibliotecario da Biblioteca Real do mosteiro do Escorial, onde dirixe a súa instalación, programa as adquisicións e efectua a ordenación do fondo bibliográfico. O seu traballo intelectual céntrase nos comentarios bíblicos e na doutrina cristiá, utilizando a poesía como un complemento da súa obra científica.

Benvenuto Cellini

Benvenuto Cellini, nado en Florencia o 3 de novembro de 1500 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1571, foi un artista do Renacemento, escultor, ourive e escritor italiano.

Fiestra

Unha fiestra, tamén chamada xanela ou ventá, é un van ou oco elevado sobre o chan, que se abre nunha parede coa finalidade de proporcionar luz e ventilación á estancia correspondente. Tamén se denomina fiestra ó conxunto de dispositivos que se utilizan para pechar ese van.

O termo fiestra procede do latín fenestra, de onde tamén procede o termo defenestrar (botar a alguén por unha fiestra). A verba ventá procede de ventus (vento), facendo referencia á capacidade de ventilación que proporciona.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Infante de España

Infante é un título que se outorga en España aos fillos do rei e do príncipe herdeiro dentro do que se chama Familia Real. Ao contrario do que sucede noutras monarquías, en España só ostenta a dignidade de príncipe o herdeiro da Coroa, e que recibe por iso o Principado de Asturias e demais títulos vinculados tradicionalmente ao sucesor. Reciben o título de infantes o resto dos fillos dos Reis de España e dos Príncipes de Asturias.

Doutra banda, a lexislación española permítelle ao Rei, ou no seu caso á Raíña, conceder devandito título, á súa discreción e de forma excepcional, a persoas dignas de tal merecemento. Deste xeito, o título de infante, foille concedido a Carlos de Borbón, Duque de Calabria, Rei titular das Dúas Sicilias (Carlos I) e curmán do Rei Xoán Carlos I. Devandita persoa é a primeira na liña de sucesión ao trono de España logo da familia directa do Rei. Sería o sucesor do Rei Xoán Carlos se se aplicase a Pragmática Sanción de 1776, pois os fillos daquel contraeron matrimonio morganático e, en virtude da citada lei, estarían excluídos da sucesión ao trono xunto con toda a súa descendencia. A pesar de que algúns xuristas consideran derrogada a Pragmática pola Constitución española de 1978, moitos xurisconsultos opinan que se mantén en pé unicamente para a sucesión da Casa Real Española e non no Reino de España.

Entre outras distincións, os infantes teñen dereito a ser enterrados no Mosteiro do Escorial, no Panteón de Infantes. Os fillos dos infantes reciben o tratamento e honras de Grandes de España, excepto os fillos dos Príncipes de Asturias, que reciben o título de infantes.

Tampouco son infantes os maridos das infantas Cristina e Margarita, Iñaki Urdangarin e Carlos Zurita, que reciben o tratamento de «Excelentísimos Señores», ademais dos correspondentes títulos de duque consorte de Palma de Mallorca e duque consorte de Soria a título vitalicio -non transmisible aos seus fillos- mentres sigan sendo consortes das infantas ou permanezan viúvos.

Isabel II de España

Isabel II de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Juan Fernández de Navarrete

Juan Fernández de Navarrete, nado en Logroño, 1526, e finado en Toledo o 28 de marzo de 1579, foi un pintor español do Renacemento coñecido como Navarrete o Mudo. Destacou polo seu traballo ó servizo de Filipe II, o cal nomeaouno pintor real en 1568 despois da morte de Gaspar Becerra e encargoulle diversas series de lenzos para decorar os muros do mosteiro do Escorial, o cal estaba en construción dende 1563.

Juan Sánchez Cotán

Juan Sánchez Cotán, nado en Orgaz en 1560, e finado en Granada o 8 de setembro de 1627, foi un pintor español discípulo de Blas de Prado e influído por algúns artistas que traballaron no mosteiro do Escorial, como Luca Cambiaso ou Juan Fernández de Navarrete. Sánchez Cotán traballou en Toledo, onde contou cunha importante clientela, até que en 1603 deciciu ingresar como irmán da Orde dos Cartuxos, unha das ordes relixiosas de máis estrita observancia. Estableceuse en Granada até o seu pasamento o 8 de setembro de 1627.

Julián Zarco-Bacas

Eusebio Julián Zarco-Bacas y Cuevas, nado en Cuenca o 27 de xullo de 1887 e finado en Paracuellos de Jarama o 30 de novembro de 1936, foi un sacerdote católico e historiador español, membro da Orde de Santo Agostiño, bibliotecario do Mosteiro do Escorial e membro da Real Academia da Historia. Foi asasinado ao comezo da Guerra Civil Española xunto con outros 50 presos, e é considerado mártir pola Igrexa Católica, sendo beatificado xunto a outros 497 mártires polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.

Libro de los juegos

O Libro de los juegos ou Libro de axedrez, dados e tablas é un manuscrito encargado por Afonso X o Sabio e completado en 1283 en Sevilla.

O manuscrito consta de 98 follas de pergameo, encadernado en pel de ovella, e escritas por ambas as caras, con 150 miniaturas a cor. O único orixinal coñecido atópase na biblioteca do Mosteiro do Escorial, ten unhas dimensións de 40×28 cm. Unha copia de 1334 consérvase na biblioteca da Real Academia da Historia.

Trata sobre xadrez (inclúe os problemas de xadrez máis antigos que se coñecen en Europa), dados e táboas. Basicamente é un tratado con compilacións de textos árabes sobre diferentes xogos de mesa. Divídese en sete partes ou libros separados por follas en branco.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.

O Escorial, Madrid

O Escorial (en castelán e oficialmente El Escorial) é un concello da Comunidade de Madrid, pertencente á comarca de Cuenca del Guadarrama.

Real Academia da Historia

A Real Academia da Historia é unha institución encargada do estudo da Historia de España e ten a súa sede na Vila de Madrid.

Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e o Escorial

O Real Sitio de San Lorenzo do Escorial e O Escorial, tamén coñecido como Real Sitio de San Lorenzo do Escorial ou Real Sitio do Escorial, era un híbrido de señorío de reguengo e señorío de abadengo constituído no último terzo do século XVI, a instancias do rei Felipe II. Estendíase ao redor do mosteiro homónimo, polos actuais términos municipais de San Lorenzo de El Escorial, El Escorial, Zarzalejo e Santa María de la Alameda, na vertente meridional da Serra de Guadarrama, na Comunidade de Madrid (España).

Sobre este territorio articulouse unha potente industria turística, radicada preferentemente nos municipios de San Lorenzo de El Escorial e de El Escorial. Nel intégrase o Mosteiro do Escorial, situado na primeira localidade, ademais de diferentes edificios artísticos, leiras históricas e paraxes naturais, vinculados, desde o século XVI, coas Casas Reais dos Austrias e dos Borbóns. Algúns dos seus enclaves tamén foron utilizados pola dinastía dos Trastámara, entre os séculos XIV e XV.

Patrimonio Nacional, organismo do que dependen as posesións que estiveron en mans da Coroa Española, xestiona a parte principal desta oferta turística, que se promociona unitariamente, xunto co Valle de los Caídos. Este monumento funerario, situado nas proximidades do Real Sitio, foi erixido no século XX, a iniciativa do ditador Francisco Franco.

O Mosteiro e Real Sitio recibiron en 1984 a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

San Lorenzo de El Escorial

San Lorenzo de El Escorial é un municipio español da Comunidade de Madrid, situado ao noroeste da rexión, na vertente suroriental da Serra de Guadarrama, ao pé do Monte Abantos e Las Machotas, a 47 km de Madrid. É cabeza do partido xudicial homónimo. Recibe popularmente o nome de El Escorial de Arriba, para diferencialo do veciño pobo de El Escorial, que, pola súa banda, é designado como El Escorial de Abajo. Dentro do seu termo, atópanse o Mosteiro do Escorial e o Valle de los Caídos.

Linda ao norte con Guadarrama, ao oeste con Santa María de la Alameda, Robledo de Chavela e a provincia de Ávila, ao leste con Alpedrete e Collado Villalba e ao sur con El Escorial e Zarzalejo. Tamén cerca atópase a inmensa e agradable urbanización de Los Arroyos, que ten gran cantidade de servizos.

O pobo foi fundado en tempos de Carlos III, no século XVIII, e constituído en municipio no século XIX, cando tivo o seu primeiro alcalde. Xurdiu como unha escisión de El Escorial, onde Filipe II construíu a finais do século XVI o Mosteiro do Escorial e constituíu, mediante a anexión das leiras lindeiras, o Real Sitio do mesmo nome. Na parte segregada atopábanse os principais edificios e paraxes deste Real Sitio, incluído o Mosteiro, que na actualidade áchase, xa que logo, no termo de San Lorenzo de El Escorial. Por iso é polo que o citado monumento reciba tamén o nome de Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

O Mosteiro e o Real Sitio foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o día 2 de novembro de 1984, coa denominación de "El Escorial, Mosteiro e Sitio".

Ao redor deste edificio, un dos principais monumentos renacentistas españois, articulouse unha potente industria turística e hostaleira, que converteu a San Lorenzo de El Escorial nun dos principais destinos da Comunidade de Madrid.

Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico, figura na que tamén se inclúen os municipios veciños de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo.

Virxe do Rosario co Neno

Virxe do Rosario co Neno (en castelán: Virgen del Rosario con el Niño) é unha pintura ó óleo sobre lenzo realizada polo pintor sevillano Bartolomé Esteban Murillo entre os anos 1650 e 1655. Atópase na colección permanente do Museo do Prado (Madrid) e está clasificada co número P00975. Anteriormente estivo no Mosteiro do Escorial –polo que tamén é coñecida como Virxe do Escorial– e no Palacio Real de Madrid. Versións semellantes á que se exhibe no museo do Prado hai outras tres, repartidas por diferentes museos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.