Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil é un vello mosteiro beneditino de tres claustros situado en Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense, rehabilitado como establecemento hoteleiro pola Xunta de Galicia e cedido a Paradores de Turismo de España[1]. Está considerado un ben de interese cultural.

Coordenadas: 42°25′02″N 07°41′08″O / 42.41722, -7.68556

S Estevo de Ribas de Sil, parador e igrexa
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Historia

As orixes remóntanse á neboenta época do eremitismo cristián do período do Reino suevo impulsada por Martiño de Dumio que tivo na Ribeira Sacra un enclave privilexiado. Porén non será ata o 921 cando se teña a primeira testemuña documental; trátase dunha autorización do rei de Galicia Ordoño II ao abade Franquila para a reconstrución dun moi antigo cenobio adicado ao primeiro mártir do cristianismo, santo Estevo.

Cando a regra de Bieito de Nursia comezou a espallarse, avanzado o século X, por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do Reino de Galicia tras o pulo dado ao monacato por Aldara de Celanova e o seu fillo Rosendo de Celanova. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña Goto trala morte do seu home o rei de Galicia Sancho Ordóñez. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dioceses de Coímbra, Ourense, Iria e Astorga. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de peregrinación.

O rei de Galicia e León Afonso IX dotouno dun amplo couto xurisdicional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades (mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas.

As medidas políticas dos Reis Católicos, co sometemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fose integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da Idade Media (revolución irmandiña, descabezamento da nobreza galega, implantación da Santa Irmandade e da Real Audiencia do Reino de Galicia, amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo renacentista e barroco. A chegada do abade de San Martiño Pinario e de frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a reforma beneditina nos mosteiros desta orde no Reino de Galicia, impulsaron as obras de reforma sobre a estrutura medieval.

A desamortización acabaría co esplendor deste mosteiro. Será iniciativa de Aurelio Miras Portugal, de acordo co bispo de Ourense monseñor Carlos Osoro, acometer a súa rehabilitación integral para uso hoteleiro en 1998, o que permitirá que no 2004, mediante convenio coa Xunta de Galicia, o Estado Español instalase nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra.

O proxecto de rehabilitación foi redactado polo arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte.

Arquitectura

A Igrexa é románica e protogótica. A actual encetouse en 1183 e consta de tres naves e unha tripla ábsida semicircular. As tres naves están cubertas por bóvedas de crucería. A ábsida central presenta a peculiaridade de ser máis baixa que as laterais. A fachada é simple e dunha época posterior (século XVIII), presidida por unha imaxe de santo Estevo e enmarcadas por sendas torres piramidais e balcóns corridos. No interior o retablo de catro corpos é obra de Juán de Angés. Salienta un retablo en pedra medieval onde se representa a Xesucristo cos doce apóstolos.

O claustro procesional ou dos Bispos presenta arcos de medio punto románicos na planta baixa e arcos carpaneis renacentistas na superior, coroada por unha obra de trazaría típica dun gótico florido tardío. Sosteñen a estrutura contrafortes de sección prismática. No século XVI substitúese a cuberta de madeira por bóvedas de crucería estrelada.

O claustro da Portería, de grandes dimensións e con alas distribuídas en tres corpos, e un terceiro claustro, de dous corpos, teñen influencia herreriana da man de Diego de Isla con arcos de medio punto.

A cociña é de planta cadrada e está cuberta por bóvedas de crucería encol de arcos de medio punto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín, Galiza
 
Claustro grande.
Claustro grande. 
Claustro dos bispos.
Claustro dos bispos. 
Claustro pequeno.
Claustro pequeno. 

Notas

  1. Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • María Teresa González Balasch e José Carlos Valle Pérez, Artigo "RIBAS DE SIL, Mosteiro de Santo Estevo de" da GEG
  • Arturo Vázquez Núñez, El monasterio de Ribas de Sil, 1900.

Outros artigos

Ligazóns externas

A Peroxa

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.902 habitantes.

Alfredo Freixedo Alemparte

Alfredo Freixedo Alemparte, nado en Ourense en 1946, é un arquitecto galego.

Ansurius

San Ansur (tamén chamado Aduri, Asuri ou Isauri), finado no ano 925 foi bispo de Ourense entre o ano 915 e o 922. A súa festa litúrxica é o 26 de xaneiro.

En agosto do ano 922 renunciou ao cargo e marchou como monxe ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que axudou a fundar. Así fixeron outros oito bispos da época: Bimarasio de Ourense; Gonzalo Osorio e Froalengo de Coímbra; Servando, Viliulfo e Paio, de Iria; e mais Afonso e Pedro de Astorga. Todos finaron nese mosteiro, onde son venerados como os "Bispos santos".

Ansur foi sepultado no claustro do mosteiro, mais no século XV movéronse os restos mortais de todos eles ao retablo da igrexa do mosteiro. Hai constancia do seu culto dende o século XIII.

Armariz, Nogueira de Ramuín

San Cristovo de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 204 habitantes (101 homes e 103 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Estevo

Estevo pode referirse a:

O antropónimo masculino Estevo pode referirse a:

SantosSanto Estevo Mártir, protomártir do cristianismo do século I, patrón de numerosas parroquias galegas,

Santo Estevo I, papa da Igrexa Católica de 254 a 257,

Santo Estevo de Antioquía, finado en 481,

Santo Estevo I de Hungría, rei de Hungría, finado en 1038,

Santo Estevo III de Moldavia, finado en 1504;PapasEstevo I, papa da Igrexa Católica entre 254 e 257, anteriormente citado na lista de santos,

Estevo II,

Estevo III,

Estevo IV,

Estevo V,

Estevo VI,

Estevo VII ,

Estevo VIII,

Estevo IX,

Estevo IX;OutrosEstevo de Bizancio, xeógrafo e lexicógrafo do sséculo VI;TítulosEstevo I,

Estevo III,

Estevo IV,

Estevo V;Amais, como topónimo pode referirse a:

Estevo, lugar da parroquia de Barbos, no concello de Ortigueira;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga;

Santo Estevo, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

Santo Estevo, lugar da parroquia de Ansar, no concello de Taboada.

Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín

Galería de imaxes do concello de Nogueira de Ramuín na provincia de Ourense.

Galería de imaxes do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín.

Guterre Méndez

Guterre Méndez, (tamén Guterre Mendes, Gutier Menendiz ou Gutier Menéndez), nado en 865 e finado en 934, foi un importante conde galego.

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil é unha construción cristiá medieval, situada a carón do río Sil.

Moura, Nogueira de Ramuín

San Xoán de Moura é unha das parroquias do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. No ano 2007 tiña 200 habitantes.

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Parador de Santo Estevo

O Parador de Santo Estevo é un Parador xestionado pola rede estatal de Paradores, que ocupa un antigo mosteiro beneditino en Nogueira de Ramuín, Ourense, na Ribeira Sacra.

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de tres claustros, é, xunto cos de Celanova e Oseira, un dos cenobios máis importantes de Ourense e até de Galicia.

Edificado nunha terra de eremitas, a Ribeira Sacra a súa orixe remóntase ao século VI e está relacionado con Martiño de Dumio, o "Apóstolo dos suevos".Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1923.

Rosende, Sober

San Miguel de Rosende é unha parroquia do concello de Sober, na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 105 habitantes.

Atópase a 3 km ao oeste da vila de Sober, a uns 673 m de altura, na beira esquerda do río Cabe.

Santo Estevo

O nome de santo Estevo pode referirse a varias persoas veneradas polo cristianismo:

Santo Estevo Mártir, protomártir do cristianismo do século I, patrón de numerosas parroquias galegas;

Estevo I, papa da Igrexa católica de 254 a 257;

Estevo de Antioquía (f. en 481);

Estevo I de Hungría, rei de Hungría (f. en 1038);

Estevo III de Moldavia (f. en 1504).

Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín

Santo Estevo de Ribas do Sil é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 107 habitantes (55 homes e 52 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Santos bispos de Ribas de Sil

Coñécese como nove santos bispos a nove bispos galegos de diferentes sés que se retiraron ao mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil a finais das súas vidas, e que alí morreron e foron enterrados con sona de santidade.

Íñigo García Jiménez

Íñigo García Jiménez, nado na diocese de Calahorra, e finado preto de Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1848, foi un frade e xornalista español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.