Mosteiro de Santa María de Oseira

O mosteiro de Santa María de Oseira é un mosteiro medieval da parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea. De fundación bieita, ao longo da súa historia tivo unha grande importancia económica e social para a comarca e terras máis afastadas.

Coordenadas: 42°32′18.46″N 07°57′4.37″O / 42.5384611, -7.9512139

Mosteiro de Oseira, exterior
Imaxe do conxunto.

Historia

Mosteiro de Oseira.Ourense
Detalle do interior.

Coñécese da súa existencia desde 1137, pero aos poucos anos converteuse nun mosteiro dependente da Orde do Císter e no ano 1141 estableceuse unha colonia de monxes franceses enviados por San Bernardo.

No ano 1835, como consecuencia da desamortización de Mendizábal, os freires deixaron o convento, que quedou totalmente abandonado propiciando o espolio do lugar. Os monxes volveron de novo en 1929, comezando a súa reconstrución.

Descrición

A igrexa abacial, foi construída entre os anos 1200 e 1239, aproximadamente, e é considerada unha das obras cume da arquitectura cisterciense da Península Ibérica, cun característico estilo románico oxival, e está claramente influenciada polas igrexas de peregrinación. A sala capitular do mosteiro data de fins do século XV e está sustentada por catro columnas centrais de fustes tortos rematando nunha orixinal bóveda.

No antigo refectorio do mosteiro pode visitarse o Lapidarium ou Museo da Pedra, unha colección de obxectos e restos de pedra obtidos durante as restauracións feitas no mosteiro e as escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos etc.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de Santa María de Oseira.
Sala capitular.
Sala capitular. 
Sala capitular.
Sala capitular. 
Refectorio.
Refectorio. 
Altar maior.
Altar maior. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Galería de imaxes do mosteiro de Santa María de Oseira

O mosteiro de Santa María de Oseira sitúase na parroquia de Oseira, no concello de San Cristovo de Cea.

Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón

San Pedro de Dozón é unha igrexa románica situada no lugar do Mosteiro da parroquia de Dozón, no concello de Dozón e que se atopa en bastante bo estado de conservación. Fundouna Dona Guntrodo Suárez no ano 1154 como mosteiro de monxas bieitas, converténdose en igrexa dependente de San Paio de Antealtares no ano 1499.

José Meixengo Pereira

José Meixengo Pereira, nado en Castrelo de Miño en 1909 e finado en Vigo o 2 de xaneiro de 2000, foi un médico e político galego.

Lista de monumentos da provincia de Ourense

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Ourense que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

Represión franquista en Galicia

Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión. A fase máis dura foi a que coincidiu coa guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

San Cristovo de Cea

San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceés».

Vales, A Pobra do Brollón

Vales é un lugar do concello da Pobra do Brollón dividido entre as parroquias de Piño e Veiga. Contaba en 2008 cunha poboación de 12 habitantes (3 homes e 9 mulleres). Todos eles pertencen a Piño, xa que a Veiga só pertence unha das casas do lugar, que está deshabitada e abandonada. Está situado a 437 m de altitude.

Xente ao lonxe

Xente ao lonxe é unha novela de Eduardo Blanco Amor publicada en 1972 pola Editorial Galaxia. A segunda edición é de 1976. Galaxia publicou en 2014 unha edición que é o resultado dunha investigación de Xosé Manuel Dasilva, na que reconstrúe definitivamente a versión orixinal que se sometera á censura na década de 1970.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.