Mosteiro de Santa María de Oia

O mosteiro de Santa María de Oia é un mosteiro da orde do Císter e de longa historia (1137 a 1835) na que foi a comunidade monástica de maior importancia socioeconómica da diocese de Tui. Sitúase en Santa María de Oia, a capital do concello, á beira do mar, na estreita lingua de terra chá que deixa o macizo da Groba e conforma a costa neste lugar. Na actualidade a igrexa monacal é a igrexa parroquial de Santa María de Oia, estando en mans privadas o resto de construcións monásticas conservadas.[1]

Coordenadas: 42°00′12″N 08°52′35″O / 42.00333, -8.87639

Monasterio Oia Aérea
Vista aérea da igrexa e do mosteiro.
Oia, Mosteiro, 2012
Fachada da igrexa e do mosteiro.

Historia

Fundación

Alzado norte mosteiro de Oia
Alzado norte das dependencias monacais.

Algúns autores xa falan da súa existencia en tempos de Martiño de Dumio no século VI; outros atribúen a súa fundación a san Froitoso de Braga un século máis tarde.

Porén, a falla de documentos que sexan concluíntes debemos situarnos no século XII para atopar referencias a unha comunidade monástica no lugar. Esta comunidade pertencente a Orde de San Bieito debeu ser froito da fusión de tres comunidades xa existentes na comarca: Oia, outra de San Cosme e San Damián situada por riba da vila de Erizana[2] e unha terceira en San Mamede de Loureza.

Deste xeito, seguindo a Manrique, pódese situar a fundación do mosteiro no ano 1137, incorporándose á Orde do Císter no ano 1185.

Doazóns reais

O 26 de xuño de 1137 o emperador Afonso VII, na cidade de Tui concedeulle grandes favores, ampliados anos despois, o 23 de abril de 1149 a propiedade de toda a parroquia.

Deste xeito a comunidade atopouse cun gran poderío económico que comezou de seguido a ampliar, chegando os seus dominios ás mesmas portas de Lisboa en pouco tempo.

No ano 1159 o rei Fernando II asinou o 16 de maio en Tui novos privilexios a favor da comunidade. A esta continuaron novas doazóns de Afonso IX nos anos 1201 e 1228, ano este en que estando en Ponte Sampaio doou a Illa de San Martiño[Cómpre referencia] ao mestre Pedro, establecendo que á súa morte a illa pasase a depender do mosteiro.

As doazóns reais continuaron: Sancho IV o Bravo, na vila de Pontevedra o 25 de agosto de 1286, concedeu ao mosteiro vinte pescadores para que poboasen o couto do mosteiro. Este real privilexio foi confirmado por Henrique III nas cortes de Burgos do 20 de febreiro de 1392.

No século XIV as súas propiedades en Portugal fóronlles arrebatadas polo rei don Dinís.

Incorporación á Congregación de Castela

No século XV a inobservancia das regras monacais nas comunidades relixiosas da Península Ibérica era un mal xeneralizado, ao que se lle unía o abuso da figura dos abades comendatarios. Ante esta situación os Reis Católicos promoveron unha total reforma que levou a cabo Frei Martín de Vargas, a través da Congregación de Castela. Os cenobios galegos foron incorporándose gradualmente á reforma, facéndoo o mosteiro de Oia no ano 1547.

O abade dese momento Gregorio Nieto e o prior Juan Rois, ao teren noticias da chegada dos monxes reformadores, fuxiron a Portugal "levando todo o pan e o viño do mosteiro e 100 cabezas de gando vacún, ademais de dúas cruces de prata, unha custodia dourada e un cáliz".

Chegou o reformador Frei Ignacio de Collantes e, acompañado dos abades de Meira e Sobrado, pronuncian sentenza en capítulo contra o abade fuxitivo privándolle do seu cargo. O abade instalouse na Granxa de Silva, pertencente ao mosteiro. Logo dun tempo acudiu a Roma a demandar o seu cargo e tras recuperalo, na viaxe de volta a España, morreu de xeito repentino.

Trala exclaustración, no ano 1838 o bispo Francisco García Casasrrubias y Melgar fixo as licenzas necesarias para converter a igrexa monacal en parroquia anexa a Pedornes, e o mesmo bispo declarou a parroquia de Santa María de Oia totalmente independente da de Pedornes o 25 de xaneiro de 1841.

A Virxe do Mar

Conta a tradición que no ano 1581 uns labregos atoparon nun acantilado no lugar coñecido como A Orelluda unha imaxe da virxe atada a unha cadea que no seu extremo enganchada ao colar dun lebrel.

A imaxe foi levada e venerada no mosteiro pero ao pouco tempo o Xeral de Congregación de Castela decidir levala ao actual convento de relixiosas cistercienses de Xesús de Salamanca. Para a comunidade de Oia fíxose unha reprodución a que na actualidade séguese a rendérselle culto como A Nosa Señora do Mar ou A Nosa Señora do Desterro e sitúase no centro do retablo do altar maior.

Poder económico e xurisdicional

Da cría de cabalos por parte da comunidade do mosteiro consérvanse testemuñas documentais dos cabalos e eguas que o mosteiro tiña nos seus montes xa desde o século XIII, documentación que continúa testemuñando a actividade e o valor económico desta actividade ata a desaparición da comunidade coa desamortización de Mendizábal.

Descrición

A igrexa

No templo seguiuse o modelo de templo cisterciense máis antigo conservado, o de Fontenay[3], con capelas absidais cadradas. Este modelo tamén foi o seguido na igrexa do mosteiro de Santa María de Meira.

Interior

Pinturas Oia1
Pinturas sobre o arco triunfal.

A igrexa ten planta de cruz latina, composto o brazo principal por tres naves curtas de catro tramos, cun marcado cruceiro, cuns brazos de dous tramos e a cabeceira composta de cinco capelas rectangulares e escalonadas.

O interior caracterízase pola simplicidade propia do ideario arquitectónico da Orde do Císter.

A nave central é de maiores dimensións que as laterais e cóbrese con bóveda de canón apuntado, que se apoia en arcos simples e de arestas vivas sobre ménsulas prismáticas escalonadas. Os piares compostos en forma de T son de gran groso e apóianse en sinxelos basamentos.

As naves laterais cóbrense tamén con bóvedas de canón apuntado, pero perpendicular a bóveda da nave central. Deste xeito os catro tramos das naves laterais comunícanse entre elas por medio de arcos apuntados simples.

Tanto a nave central como a norte (que dá cara ao claustro) non teñen iluminación lateral. Na sur ábrense vanos simples, dos que se conservan dous, con dobre derramo e rematados en arco de medio punto apoiado directamente nas xambas. Aos pés da igrexa o coro alto datado no último terzo do século XVI sostido por bóvedas enervadas.

No muro lateral norte ábrense dúas portas, unha no primeiro tramo que comunica co claustro e data do século XVI, e a segunda máis antiga sitúase no último tramo e na actualidade atópase tapiada. Era a chamada porta dos conversos.

Os brazos do cruceiro tamén se cobren con bóveda de canón apuntado. Estas son máis altas que as bóvedas das naves laterais. No brazo setentrional do transepto ábrense tres portas: a máis antiga atópase tapiada. Das outras dúas a inferior comunica coa sancristía e a superior comunica coa galería alta do claustro procesional.

Como o resto do templo as 5 capelas do testeiro cóbrense con bóvedas de canón apuntado. Os arcos triunfais son simples apoiados en pilastras acaroadas destacando en tamaño o central sobre os intermedios e estes sobre os laterais.

Bóveda do mosteiro de Oia
Detalle dunha bóveda.

Por encima do arco triunfal ábrense tres ventás, de maior tamaño a central. A superficie decórase con pinturas representado os emblemas das ordes militares e imaxes coa lenda de Afonso VII e Sancho O Desexado coa seguinte inscrición:

A capela maior desenvólvese en dous tramos. O muro testeiro cóbrese cun retablo datado aproximadamente no ano 1600. No muro abríanse tres vanos de igual altura e sobre eles un gran rosetón, tapiado na actualidade.

As capelas laterais teñen todas un mesmo deseño cun muro meridional, unha credencia e unha xanela no testeiro con derramo interno. Compóñense dunha arquivolta de medio punto apoiada en columnas acaroadas, de fustes monolíticos lisos sobre bases áticas e con capiteis con motivos maioritariamente vexetais, e entre eles un moi deteriorado representando un cuadrúpede.

Exterior

A fábrica é de aparello de perpiaño granítico disposto con certa regularidade. A austeridade decorativa do interior volve a manifestarse no exterior.

O conxunto destaca pola acusada horizontalidade do deseño, en gran medida a falta dun cruceiro destacado que lle da unha continuidade visual á nave central, da que semella ser parte.

O testeiro enmárcase entre contrafortes prismáticos e é o resultado de importantes modificacións, principalmente as levadas a cabo no século XVIII. Consérvanse escasos vestixios dunha pequena sancristía de planta rectangular. Das tres ventás coas que contaba só conserva a central e do antigo rosetón só conserva o círculo sen a trazaría e na actualidade está tapiado.

As capelas laterais cóbrense con un tellado común a unha vertente. Presentan sinxelas seteiras rematadas en arco de medio punto. A nave principal cóbrese cun tellado a dúas augas e os dous muros divídense en tramos por contrafortes prismáticos de pouco resalte.

A nave meridional foi moi alterada pola construción do coro alto e a da actual fachada conservando só dous tramos da fábrica orixinal.

A fachada principal rematouse no ano 1740 e substituíu a anterior fachada medieval que seguiría as pautas da arquitectura cisterciense.

O mosteiro ofrece visitas guiadas ao seu interior.[4]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de Santa María de Oia.
Mosteiro de Santa María de Oia, en Galicia (Spain)
 
Fachada barroca do templo
Fachada barroca do templo 
Interior dunha das capelas laterais do testeiro
Interior dunha das capelas laterais do testeiro 
Extremo sur do mosteiro coa portada barroca meridional de acceso
Extremo sur do mosteiro coa portada barroca meridional de acceso 

Notas

  1. Pertence á empresa consignataria viguesa Vasco Gallega de Consignaciones
  2. Actual vila de Baiona
  3. Abadía de terceira clase levantada en Borgoña como factoría industrial
  4. Páxina do proxecto privado de restauración e posta en valor do mosteiro para a hostalaría

Véxase tamén

Bibliografía

  • BAQUERO Alonso, Avelino. Breve historia del Monasterio y Parroquia de Santa María de Oia. Coruxo, Vigo - FAMA. ISBN 84-88272-25-1.

Outros artigos

Ligazóns externas

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Beade, Vigo

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e 5409 veciños (2013).

As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.

Feira do Viño do Rosal

A Feira do Viño do Rosal é unha gran festa de interese turístico no municipio de O Rosal, pertencente á comarca do Baixo Miño. Esta feira ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos da horta e a flor que se producen no Val do Rosal.

Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos/as, exposicións filatélicas, actuacións musicais etc. A esta celebración achéganse cada ano os amantes dos viños que hai nas Rías Baixas. Está situada na Praza do Calvario, con nove casetas pertencentes ás respectivas bodegas.

Galería de imaxes de Oia

Galería de imaxes do concello de Oia na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes do mosteiro de Santa María de Oia

O mosteiro de Santa María de Oia é un mosteiro medieval pertencente a orde do Císter. Na actualidade a igrexa monacal é a igrexa parroquial de Santa María de Oia.

Goián, Tomiño

San Cristovo de Goián é unha parroquia do concello de Tomiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.069 habitantes (1.054 mulleres e 1.015 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.560 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Igrexa de Santa María de Baiona

A Ex-Colexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII situado na vila de Baiona. Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840, ano en que volveu ser igrexa parroquial.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Mosteiro de Santa María de Meira

O mosteiro de Santa María de Meira é un mosteiro medieval fundado no século XII, do que se conserva a igrexa e parte das edificacións monásticas, situado na parroquia de Meira, pertencente ao concello do mesmo nome.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

Oia, Oia

Santa María de Oia é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE en 2015 tiña 701 habitantes (351 homes e 350 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 607 habitantes. O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Represión franquista en Galicia

Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión. A fase máis dura foi a que coincidiu coa guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

Roque de Montpellier

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Serra da Groba

A serra da Groba é un sistema montañoso que atravesa os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e O Rosal, en dirección norte - sur. A altura máxima acádaa no Alto da Groba, de 662 metros de altitude, en Belesar. Outros picos importantes son Corroubelo, en Pedornes, de 599 m e Campo do Couto, no Rosal, que alcanza os 553 metros. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.