Mosteiro de Santa María da Armenteira

O mosteiro de Santa María da Armenteira é un mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter. Deste xeito o seu estilo arquitectónico responde aos preceptos do Plano Bernardino baseado na austeridade formal e o rigor funcional.

Sitúase na parroquia de Santa María da Armenteira, no concello pontevedrés de Meis.

Coordenadas: 42°27′48″N 08°44′31″O / 42.46333, -8.74194

Mosteiro de Santa María de Armenteira
Fachada da igrexa

Historia

A lenda conta que foi fundado por Santo Ero. Risco recóllea así [1]:

Castelao utilizou este motivo para o ex libris que debuxou para Filgueira [2].

Descrición

Mosteiro da armenteira 1-1
Maqueta do mosteiro, exposta no Museo do Viño (Cambados).

A este estilo corresponden as bóvedas de canón apuntado, as bóvedas de crucería, as distintas alturas das naves. Con eles tamén se mestura un compoñente rexional, a rica tradición e personalidade do románico local convive co racional e austero estilo da orde. O engadido máis importante desta tradición local é un ciborio cuberto con cúpula nervada de arcos cruzados mudéxares sobre trompas, relacionada coa arquitectura hispano-musulmá.

O rosetón e a portada son de trazaría xeométrica.

Recoñécense na súa estrutura distintas campañas construtivas:

  1. Na que se realizan a cabeceira e os muros.
  2. Etapa de transición: construción das naves.
  3. Realización da cúpula e a fachada.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de Santa María da Armenteira.
Rosetón da fachada.
Rosetón da fachada. 
Ábsida.
Ábsida. 
Pía de auga bendita.
Pía de auga bendita. 
Milagre de Santo Ero.
Milagre de Santo Ero. 

Notas

  1. Risco 1962:356.
  2. Museo de Pontevedra

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dionisio Duarte (1624). La relación escrita del convento de Armenteira.
  • Risco,Vicente: “Cultura espritual”, en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777).

Outros artigos

Ligazóns externas

A Armenteira, Meis

Santa María da Armenteira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE, en 2016 tiña 776 habitantes (354 homes e 422 mulleres), o que supón un descenso respecto ós anos 2014, cando tiña 823 habitantes, ou 2004 cando tiña 822 habitantes.

O topónimo Armenteira procede do latín ARMENTARIAM, do substantivo ARMENTUM, 'rabaño de gando maior' e do sufixo abundancial -ARIAM.

Arquitectura románica en Galicia

A arquitectura románica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións erixidas en Galicia durante os primeiros séculos da baixa Idade Media. Sen dúbida, a obra fundamental do Románico galego é a Catedral de Santiago de Compostela, modelo de igrexa de peregrinación, con conxuntos escultóricos (Pórtico da Gloria) de entre os máis senlleiros da Europa occidental.

Ero da Armenteira

Ero da Armenteira foi un nobre galego do século XII.

Galería de imaxes do mosteiro de Santa María da Armenteira

O mosteiro de Santa María da Armenteira sitúase na parroquia de Santa María da Armenteira, no concello pontevedrés de Meis.

Lista de monumentos da provincia de Pontevedra

Esta é unha lista dos monumentos da provincia de Pontevedra que están declarados como BIC polo Ministerio de Cultura ou pola Xunta de Galicia.

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

Rosetón

Un rosetón é unha fiestra circular calada, dotada de vidreiras, cuxa trazaría disponse xeralmente de forma radial.

O rosetón utilizouse na arquitectura románica e con maior profusión na gótica. Inicialmente adoitaban ser de pequeno diámetro e dispúñase a modo de óculo nos laterais das naves. Pero a partir do século XIII os rosetóns foron aumentando en tamaño e en complexidade de decoración, ata chegar a incribles graos de filigrana pétrea. Pasaron a situarse nas fachadas, por encima das portadas, e en cada un das frontes do transepto. As vidreiras decorábanse normalmente con escenas bíblicas en vivas cores.

Ao rosetón atribuíuselle un dobre simbolismo: un mariano, pola aparencia que ten da estrutura dunha rosa; outro que suxire a Cristo, como remedo dos raios do sol.

A súa misión tamén é dobre: por unha banda, a máis simple de iluminar o interior dos templos; por outro, o conseguir un ambiente misterioso ao incidir no altar os raios filtrados polas multicolores vidreiras cando os rosetones ábrense no imafronte da nave central.

Como un dos exemplos máis representativos dun rosetón adóitase citar a parella que adorna o transepto de Notre Dáme de París. En España existen magníficas e variadas mostras, por exemplo o maior do mundo, coñecido popularmente como o ollo do gótigo na Catedral de Santa María de Palma de Mallorca ou tamén o da Catedral de Burgos entre tantos outros.

Uvas e granito

Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia) é un libro de viaxes da escritora inglesa Nina Epton publicado en lingua inglesa por Cassell en 1956 co título orixinal de Grapes and Granite. Foi traducido ao galego por Antonio e Francisco Fernández del Riego e publicado pola editorial Ir Indo no ano 1993.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.