Mosteiro de San Salvador de Celanova

San Salvador de Celanova é un mosteiro medieval beneditino fundado por San Rosendo a mediados do século IX en Celanova.[1]

Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e premio Europa Nostra no ano 1984.[2]

Mosteiro de San Salvador de Celanova
Fachada San Salvador de Celanova
Fachada do mosteiro.
Datos xerais
LocalizaciónCelanova
Coordenadas42°09′08″N 7°57′25″O / 42.152277777778, -7.9568694444444Coordenadas: 42°09′08″N 7°57′25″O / 42.152277777778, -7.9568694444444
CatalogaciónBen de Interese Cultural
Culto
CultoIgrexa católica
Arquitectura
EstiloPrerrománico - Románico - RenacentistaBarroco
IdentificadorRI-51-0000782
San Salvador de Celanova en Galicia

San Salvador de Celanova
San Salvador de Celanova
Localización.

Situación

O Mosteiro de San Salvador sitúase no concello de Celanova, no centro da mesma localidade pertencente á Comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Dista só 26 quilómetros da capital.[1]

Historia

Fachada leste Mosteiro de Celanova
Fachada leste do mosteiro.

Arredor do ano 937, San Rosendo construíu un cenobio na aldea de Vilar, nuns terreos propiedade do seu irmán, o conde Froila Gutiérrez[1]. Segundo conta a tradición, o mozo Rosendo recibiu en sonos unha revelación pola cal debía fundar no lugar de Vilar, actual Celanova, un cenobio. Segundo a lenda, San Rosendo subiu a un monte preto a Celanova, lanzou desde alí unha pedra, e no lugar onde caeu a pedra foi onde o Santo levantou o cenobio.[2]

San Rosendo foi bispo de Mondoñedo e de Iria, e Ordoño III nomeouno vicerrei de Galiza, mais retirouse ao pouco a este cenobio, onde foi o seu segundo abade até a súa morte o 1 de marzo de 977. O seu primeiro abade foi Franquila, que fora fundador do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de onde provirían os monxes para a nova comunidade. Trala súa morte no ano 955 sucedeuno no cargo San Rosendo.[3] Deste primitivo mosteiro só queda a pequena capela de San Miguel, situada no que debeu ser anteriormente unha capela adicada a San Martín.[4][5]

Foi bendicida o 25 de setembro do ano 942, atrás quedaban cinco anos de traballos.[3]

O lugar medrou arredor do mosteiro e acabaríase convertendo na actual Celanova. O abade ostentaba, entre outros, os títulos de conde de Bande e marqués de Torre de Sande, nomeaba xuíces e alcaldes en máis de 50 localidades e tiña asento reservado na catedral de Ourense.[6]

Após un período de decadencia, en 1506 sumouse á Congregación de San Bieito de Valladolid, co que recuperou certo esplendor, e deste modo comeza unha nova etapa, que lle concede maior esplendor.[6] A importancia do mosteiro foi medrando co tempo e no século XVI o mesmo Carlos I pensou na idea de retirarse a este mosteiro, aínda que prefireu Yuste pola climatoloxía máis benigna.[4] A importancia do mosteiro durante os séculos XVII e XVIII, así como o seu poder económico e social, quedaron reflectidos nas reformas que o mosteiro levaba a cabo co paso dos anos, chegándose a reconstruír todo o mosteiro.[6]

No século XIX prodúcese a desamortización, e isto supuxo o abandono do mosteiro como ocorreu con outros moitos outros. O concello pasou a ser o propietario das instalacións e a igrexa monacal pasou a ser templo parroquial honrando a San Rosendo. A igrexa construíuse no século XVI, comezándose en 1653 e rematándose no ano 1687. Pode ser considerado como un exemplo de transición do Barroco o Renacemento.[4][6] O resto das instalacións pasaron a propiedade de institucións públicas, que as utilizaron para diversas actividades. De feito, os Escolapios, tiveron unha escola e adicáronse alí á ensinanza, ata 1929. Despois nas instalacións estiveron durante breves períodos de tempo: Augustiños, Salesianos e incluso a Cidade dos Muchachos.[6]

Na actualidade, tras unha remodelación que lle valeu o premio Europa Nostra,[6][7] as instalacións monacais utilízanse para albergar diferentes institucións municipais e rexionais, como o propio concello, a biblioteca, un instituto de secundaria, a oficina de turismo ou o Servizo Galego de Colocación.[4]

Descrición

O mosteiro que hoxe pode visitarse non é máis que o resultado da evolución histórica que ó longo do tempo unhas veces experimentou e outras sufriu o edificio.[1]

O mosteiro primitivo, que se comezou nos tempos do fundador, estaba composto por un conxunto de pequenas edificacións levantadas nas inmediacións dunha antiga capela adicada a san Martiño, entre as que documentalmente se sabe polo monxe Ordoño de Celanova que eran as seguintes:[1]

Posteriormente estas construcións illadas, probablemente moi humildes na súa configuración arquitectónica inicial, deron lugar ó levantamento dun mosteiro propio da arquitectura do románico, o cal foi visto e descrito por Mauro Castellá Ferrer, discípulo do célebre poeta Frei Luis de León, e que escribiu unha obra titulada Historia del apóstol Santiago, que imprimiu a principios do século XVII e na que indicaba: La iglesia con la torre mayor que para antigua es muy grande, hermosa, y de muy buena bóveda coronada toda de almenas y saeteras, que bien parecía soldado y caballero.

O mosteiro, na actualidade, está formado pola igrexa, dous claustros e as dependencias monacais.[6]

Planta SMdC
Planta.

A Capela de San Miguel

Capela de San Miguel Mosteiro de San Salvador de Celanova
Capela prerrománica de San Miguel.
Artigo principal: San Miguel de Celanova.

Da época da fundación só resta, na horta, unha pequena capela prerrománica de influencia mozárabe consagrada a San Miguel (coñecida como Capela de San Miguel), única no seu estilo en Galicia. Ergueuna San Rosendo como santuario-oratorio dedicado ao seu irmán. Ocupa 22 m², con seis de altura. A nave é de planta rectangular; o cruceiro está cuberto por unha bóveda de aresta e a ábsida é circular no interior e cadrada no exterior. Os tres espazos sepáranse mediante arcos de ferradura.

Segundo o investigador da Universidade de Vigo Roberto Vázquez Rozas a capela foi construída segundo as proporcións matemáticas de Euclides[9].

O templo consta de tres espazos: a nave, o espazo central e a ábsida. O módulo central ten 3,836 metros de longo, o duplo da lonxitude do rectángulo da ábsida (1,915 m 2,31 de ancho). Estas proporcións están relacionadas coas medidas árabes, que posiblemente determinaron o tamaño da edificación. Así, na capela aparece a relación de proporción de 6, 9 e 12 pés árabes na ábsida, a nave e o espazo cadrado central. Isto responde aos principios da sección áurea expostos por Euclides cara ao século III a. C.

As fachadas

As fachadas principais do mosteiro e da igrexa están en liña, cando o habitual é que se coloquen en ángulo recto. Dan para a Praza Maior, na que se colocou unha fonte procedente do claustro das Procesións, onde se erguera en 1580 imitando a fonte da praza da Ferrería de Pontevedra.

A fachada principal do mosteiro conta cunha portada na dereita. Nela, o primeiro corpo ocúpao unha porta alintelada flanqueada por dous pares de columnas de capiteis dóricos, o segundo unha porta acristalada con tímpano e un balcón con varanda de ferro forxado e o terceiro un frontón curvo cun escudo.

Mosteiro (monastery) de San Salvador, Celanova, Ourense, Galicia

A igrexa

A fachada da igrexa, barroca, foi rematada en 1653, aínda que sufriu algunhas modificacións no século seguinte. Atópase próxima a unha torre, a dos Abades, obra iniciada no século XVI e rematada con elementos típicos barrocos. A porta principal está presidida por San Bieito, flanqueado por San Torcuato e San Rosendo, colocados estes últimos entre dous pares de columnas con capiteis corintios; San Bieito ten unha pedra na man. No corpo intermedio hai unha ventá moi grande e o superior culmínase cunha peineta co escudo abacial, rodeado por oito pináculos barrocos. O conxunto tende á horizontalidade.

A planta da igrexa é de cruz latina (cun formato rectangular) con tres naves e foi deseñada por Melchor de Velasco en 1661 que asina un contrato coa comunidade beneditina polo que levantou a igrexa aproveitando a fachada recentemente rematada. A nave central cóbrese cun artesoado pétreo. Unha balconada percorre todo o beirado, que se apoia sobre grandes pilastras. O presbiterio rectangular entre sacristías e o cruceiro cuberto por unha cúpula resalta os seus elementos clasicistas. O conxunto non foi rematado por Melchor Velasco xa que as obras dilatáronse no tempo, e foi Pedro de Monteagudo o que traballou no seu acabado desde 1672, pertencendo a cúpula (1682-1684) a este último período.

A igrexa consagrouse polo ano 1687.[1][5][6]

Choir of San Salvador monastery, Celanova, Ourense, Galicia
Coro.

O retablo barroco da capela maior é de 1697 e foi obra de Francisco Castro Canseco e algúns datos falan da continuación da obra por parte do seu taller trala súa morte, unindo o seu traballo co barroco compostelán tardío tomando como referencia as obras que se estaban a realizar no mosteiro de San Martiño Pinario. Deste xeito pódense atopar paralelismos (uso de estípites e o tratamento do remate dos laterais) nos retablos laterais dedicados a Santa Escolástica e Santa Xertrude. Isto fai pensar nunha cronoloxía tardía para esta parte da obra, posiblemente de tempos no que frei Plácido Iglesias foi mestre de obras do mosteiro. Noutros retablos como o de San Rosendo, montado no ano 1718 consta o traballo de Frei Primitivo.

O templo conta tamén cun cadeirado plateresco de finais do XV no coro alto, adornado con figuras de misericordias, algunhas delas choqueiras ou procaces. O coro baixo, de principios do XVII, cara a 1715 a 1720, é obra tamén de Francisco de Castro Canseco, aínda que hai autores que sosteñen a obra de outros autores e a participación de Castro Canseco só cara ao final da obra, polo que se fala da convivencia de dous estilos. Conta con 38 cadeiras na altura superior e 28 na inferior. Nos sitiais da parte baixa relátanse as vidas de San Bieito (no lado da epístola) e a de San Rosendo (na do evanxeo). Nos respaldos están tallados santos da Orde Beneditina (nos superiores) e escenas da vida do mosteiro (nos inferiores). Os seus lados longos únense por medio dunha fronte aberta por medio dun arco de medio punto que orixinariamente permitiría a contemplación directa do altar maior desde os pés da igrexa.

No ano 1735 a comunidade contratou a un reixeiro ourensán, Rodrigo Díaz de Lombán, a realización de dúas reixas que pechan o coro.

Claustro procesional Mosteiro Celanova
Claustro procesional.

Os claustros

GaleriaDo claustro vello Mosteiro de Celanova
Galería do claustro procesional, Detalle das bóvedas de crucería.

No interior hai dous claustros:

O claustro Vello ou claustro das Procesións ten planta cadrada e é obra de Frei Juan de Badajoz. O seu corpo inferior, de estilo renacentista. Comezouse a súa construción cara ao ano 1550 e rematouse no ano 1594. Apóiase sobre vinte e catro arcos semicirculares e está cuberto por bóvedas de crucería no desenvolvemento e por bóvedas estreladas nas esquinas. O corpo superior, barroco, foi remodelado no XVIII obra do mestre de obras frei Plácido Iglesias, que decora as placas con formas cilíndricas, acios de froitos e volutas e gárgolas nos seus balcóns. As ménsulas nas que pousan as nervaduras da bóvedas decóranse con bustos de Carlos V, Filipe II, Xoán de Austria e outros.

O claustro Novo ou do Poleiro, neoclásico, foi construído a finais do século XVII ou comezos do XVIII e conta cun grande balcón corrido montado sobre grandes ménsulas que serve de lugar de acceso ás celas que se atopan nese nivel, ao que lle debe o seu alcume.

Estado actual

A súa situación privilexiada no centro da vila de Celanova fixo que este mosteiro fose reempregado trala exclaustración para fins civís. Na actualidade é a sede da Reitoral, o Concello, o Xulgado, a Biblioteca, o instituto de educación secundaria e outras dependencias oficiais.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ficha en Turgalicia
  2. 2,0 2,1 Páxina sobre Celanova na Revista Ibérica (en castelán)
  3. 3,0 3,1 Páxina do mosteiro na web Terra de Celanova (en castelán)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Páxina na web Galicia Máxica". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2015.
  5. 5,0 5,1 5,2 http://www.arteguias.com/orense/celanova.htm
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Páxina de Turismo Ourense (en castelán)
  7. Monasterio de Celanova y Capilla de San Miguel Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
  8. Páxina do MEC para consultar os BICs
  9. "Descobren que a capela de Celanova segue a xeometría de Euclides", La Voz de Galicia, 3 de agosto de 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A Bola

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Aldara de Celanova

Ilduara Eriz tamén coñecida como santa Ilduara e frecuentemente Aldara de Celanova foi unha das aristócratas galegas máis importantes de finais do século IX e X. Filla dos condes de Lugo, Ero Fernandes e a súa muller Adosinda. Casada con Gutier Menéndez, foi nai de Rosendo de Celanova. Os seus outros fillos foron Hermesinda, Froilán III (conde de Trastámara), Munio, Aloito e Adosinda.

Arquitectura prerrománica en Galicia

A arquitectura prerrománica galega enténdese como unha expresión xenérica que designa calquera manifestación artística que preceda temporalmente á arquitectura románica e que sexa posterior ao período clásico romano. Esta definición é aplicable a toda a arte e arquitectura da Europa occidental.

Deste xeito, o termo prerrománico aplicaríase, no temporal, a todo o lapso comprendido entre mediados do século V (caída do Imperio Romano de Occidente) e comezos do século XI (espallamento do románico), e no estilístico, á arte ostrogoda, longobarda, carolinxia, otoniana etc., estando representada en Galicia pola arquitectura visigoda, asturiana, mozárabe e de repoboación.

Como diversos estudos revelaron, en toda Galicia existiron numerosas construcións deste estilo. Actualmente moitos monumentos románicos galegos aséntanse sobre estruturas prerrománicas.

Campo de concentración

Un campo de concentración é unha instalación destinada a recluír persoas pola súa oposición a un réxime político, pola súa etnia ou relixión ou pola súa orientación sexual.

Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Coro (arquitectura)

En arquitectura denomínase coro á parte dunha igrexa reservada ao conxunto de relixiosos a ela adscrito, os cales cantan os oficios. A súa localización cambiou ao longo do tempo pois, mentres ao principio (nas basílicas paleocristianas) situouse no presbiterio, máis adiante situouse na nave central ou nos pés da igrexa e en alto.

Na Catedral de Santiago de Compostela colocouse por primeira vez o coro na nave central, cerca do cruceiro, o que tivo influencia nas catedrais e igrexas españolas posteriores e gran transcendencia en toda España, posto que, ao liberar espazo no presbiterio, deu lugar ao desenvolvemento de retablos de maior tamaño e complexidade no altar maior.

Porén, no resto de Europa seguiu adoitándose a colocar na cabeceira da igrexa.

Década de 940

A década de 940 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 940 e remata o 31 de decembro de 949.

Década de 950

A década de 950 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 950 e remata o 31 de decembro de 959.

Francisco Castro Canseco

Francisco Castro Canseco, nado en Valderas (León) en 1655 e falecido en 1724, foi un escultor destacado pola súa produción en Galicia. Hai quen opina que se formou en contacto con Domingo de Andrade[Cómpre referencia]. Residiu en Melide e Ourense.

Galería de imaxes de Celanova

Galería de imaxes do concello de Celanova na provincia de Ourense.

Gárgola (arquitectura)

En arquitectura, as gárgolas son desaugadoiros, ou sexa, son a parte saínte das calexas dos tellados que se destinan a botar as augas pluviais a certa distancia da parede dos edificios e que, especialmente na Idade Media, eran ornadas con figuras monstruosas, humanas ou animalescas, comunmente presentes na arquitectura gótica.

O termo orixinouse a partir do francés gargouille, de gargouiller 'producir un ruído semellante ao dun líquido nun tubo', derivado do latín gurgulio, e este do grego antigo γαργαρίζω gargarízo, 'facer gargarexos'.

No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida.

As quimeras ou figuras grotescas son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas. Malia que non funcionan como desaugadoiros, tamén son popularmente coñecidas como gárgolas.

Reloxo de sol

Un reloxo de sol é un dispositivo que permite medir o paso do tempo a partir do movemento aparente do Sol. Expresa a posición diúrna do Sol a través da sombra guindada por un gnomon ou estilo sobre unha superficie escalada.

Rosendo de Celanova

Rosendo de Celanova, Rudesindus Guterri ou Rosendo Gutérrez, nado no 907 e finado no 977, máis coñecido como san Rosendo, foi un nobre e relixioso galego, bispo de Mondoñedo, abade fundador do mosteiro de San Salvador de Celanova e administrador da Sé Iriense, foi unha figura política e relixiosa sobranceira no reino de Galicia durante o século X.

San Miguel de Celanova

A Capela de San Miguel de Celanova é unha construción prerrománica de estilo mozárabe, ou de repoboación, a carón do mosteiro de San Salvador de Celanova. Foi declarada Monumento Nacional en 1923.

Torre de Milmanda

A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.

Torre de Sande

A torre de Sande ou fortaleza de Sande, é unha fortificación medieval situada na parroquia de Sande, no concello ourensán de Cartelle.

Trocado de Acci

San Trocado foi un cristián discípulo do apóstolo Santiago.

Os seus restos están no mosteiro de San Salvador de Celanova, a onde foron levados en 1601. Ata entón estiveron na igrexa de Santa Comba de Bande, onde aínda se conserva o seu sartego, feito nunha soa peza de mármore.

Dá nome ó monte de San Trocado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.