Mosteiro de San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia.

Coordenadas: 42°52′54.52″N 08°32′40.03″O / 42.8818111, -8.5444528

Monasterio de San Martín, Santiago de Compostela, España, 2015-09-23, DD 08
Fachada desde a Acibechería (Praza da Inmaculada).

Situación

Sitúase na zona vella da cidade de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, fronte á fachada da Acibechería da Catedral e ocupa 22.000 m².

Historia

Símbolo San Martiño Pinario
Símbolo do mosteiro, un dos moitos situados nas fachadas das casas santiaguesas que foron propiedade do mosteiro. Representa un piñeiro e as letras S(an) M(artiño).

Tivo a súa orixe nun oratorio coa advocación de Santa María denominado da Corticela que foi derrubado a finais do século IX, agás a capela, que hoxe en día forma parte da Catedral de Santiago, cando o rei Afonso III o Magno e o bispo Sisnando iniciaron a nova fábrica catedralicia.

Deste xeito, cara ao ano 899, edificouse este mosteiro a onde se trasladaron os monxes beneditinos do antigo oratorio. Este mosteiro logo foi substituído por outro cenobio cuxa igrexa foi consagrada no ano 1102 polo bispo Xelmírez, mais non é moito o que fica daquela época.

Ao longo da Idade Media o mosteiro medrou de tal xeito que a finais do século XV converteuse no mosteiro máis rico e poderoso de Galicia. Isto comportou que fose reedificado case completamente a partir do século XVI. Desde ese século foi o mosteiro máis poderoso de Galicia tendo baixo a súa dependencia a maioría dos mosteiros galegos.

Coa desamortización no ano 1835 dedicouse a varias funcións e desde o ano 1868 converteuse na sede do seminario maior da arquidiocese compostelá.

Descrición

Mestúranse nel elementos renacentistas, barrocos e neoclásicos. Pero fundamentalmente trátase da gran fábrica do renacemento galego, coa gran reconstrución iniciada na segunda metade do século XVI, abandonándose definitivamente a tradición plateresca cuxo final o simbolizan as obras da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.

Deste xeito Mateo López tras rematar o coro do templo pontevedrés realizou o proxecto ou traza universal e a fachada da igrexa de San Martiño. Durante o longo proceso construtivo participaron tamén o experto trazista e tratadista de cantaría Ginés Martínez e o arquitecto granadino Bartolomé Fernández Lechuga.

A fachada principal

A fachada principal oriéntase cara ao sur e ten diante uns xardíns que constitúen a praza da Inmaculada. Foi deseñada por Gabriel de las Casas e comezouna a construír o mestre González Araujo e acabada por Fernando de Casas e Novoa. Conformada por cinco pavillóns a monumental fachada que data do ano 1738 ocupa a parte central e accédese a ela desde unha tripla escalinata pétrea. Nela catro grandes columnas dóricas soportan un entaboamento con pináculos. Sobre a porta hai unha imaxe de San Bieito, un gran escudo de España e San Martiño a cabalo no alto partindo a súa capa cun pobre.

A Igrexa

2010-07-18. San Martiño Pinario-Santiago Compostela-Galicia (Spain)
Fachada da igrexa.
Monasterio de San Martín, Santiago de Compostela, España, 2015-09-23, DD 23-25 HDR
Interior.

A igrexa, iniciada cara ao ano 1590 e rematada entre o ano 1645 e o 1652, é obra de Mateo López y González de Araújo. De grandes dimensións e primando nela un sobrio estilo clasicista ábrese á praza que leva o nome do mosteiro, que baixa cara ela.

A planta da igrexa ten unha soa nave lonxitudinal, cuberta con bóveda de canón con falsos casetóns. Ordénase arredor dunha cruz latina con capelas laterais que conforman coa súa composición un gran rectángulo. Ábrense á nave seis capelas laterais entre os contrafortes que comunican entre si e teñen o mesmo tipo de bóveda que a nave. Nelas hai retablos do século XVIII con esculturas de Ferreiro e Silveira entre outros. O cruceiro ilumínase por medio dunha cúpula de media laranxa, a maior ata o momento das construídas en Galicia. Foi deseñada por Bartolomé Fernández Lechuga, e rematada no ano 1626, seguindo o modelo da primeira gran cúpula do renacemento español, a cúpula da catedral de Granada, obra de Diego de Siloé, que a súa vez responde a unha tipoloxía florentina do século XV.

Os muros da nave central articúlanse sobre unha ordenación de arcos dobres apoiados sobre pilastras xónicas, a imaxe dos templos portugueses de Amarante ou Ponte de Lima.

O tipo de bóveda que cobre a nave central, as capelas laterais e as salas laterais á ábsida son de deseño reticular de casetóns ou artesóns.

O cadeirado do coro, barroco, é obra de Mateo de Prado entre os anos 1639 e 1647. As balconadas barrocas que sustentan o coro, así como a escaleira do claustro son obras de Frei Tomás Alonso, coa característica exuberante decoración vexetal. O retablo do altar maior foi construído entre o ano 1730 e o 1733 por Fernando de Casas Novoa e Miguel de Romay. É un retablo bifronte, coa cara posterior de madeira pulida. Acolle as representacións da coroación da Virxe e as ecuestres de San Martiño, o Apóstolo Santiago e san Millán da Cogolla.

A fachada, comezada no ano 1598 e rematada no ano 1645, é obra do portugués Mateo López. De gustos platerescos, ten estrutura de retablo dividido en tres plantas construídas en ordes corintia e composta e mostra as figuras da Virxe co neno e varios santos abades beneditinos. O Pai Eterno preside o frontón triangular. San Martiño culmina o conxunto no alto do mesmo na súa representación máis clásica: a cabalo e partindo a súa capa para abrigar a un mendigo.

Os claustros

O mosteiro conta con dous claustros construídos, o máis grande deles, o procesional, comezado a construír no ano 1636 seguindo o proxecto clasicista de Bartolomé Fernández Lechuga (o autor do cruceiro da igrexa), e iniciado no ano 1638 por José Peña de Toro e continuado por Fernando de Casas Novoa, quen o rematou no ano 1743. Configúrase nunha planta cadrada con dúas plantas con pares de columnas dóricas que soportan arcos de medio punto na planta inferior e balcóns na superior. No medio, unha fonte barroca obra de Casas e Novoa 1747.

Desde este claustro accédese ao piso principal, obra de Fernández Lechuga cara o ano 1627.

No interior acumúlanse pezas de moito valor, coleccións de ourivaría, pinturas, obxectos sacros etc. Pódense visitar o oratorio de San Filipe Neri, a sancristía, a botica, a capela das reliquias e o claustro procesional.

Situación actual

Na actualidade funciona como Seminario Maior, residencia de estudantes e sede da Escola Universitaria de Traballo Social, centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, así como sede do Instituto Teolóxico Compostelán. Nel tamén se sitúa o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do mosteiro de San Martiño Pinario.
Retablo.
Retablo. 
Vista superior do coro.
Vista superior do coro. 
Aldraba.
Aldraba. 
O Seminario Maior desde os tellados da Catedral.
O Seminario Maior desde os tellados da Catedral. 

Véxase tamén

Outros artigos

Batalla de Cacheiras

A batalla de Cacheiras, ou escaramuza de Cacheiras, foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo gobernodesignado polo goberno para apagar o levantamento galego.O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Fernando de Casas Novoa

Fernando de Casas Novoa, nado ao redor de 1670 e falecido o 25 de novembro de 1749, foi un arquitecto galego barroco de talle mundial.

Galería de imaxes do mosteiro de San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino situado no casco vello da cidade de Santiago de Compostela.

Galicia no tempo

Galicia no tempo foi unha exposición realizada en 1991 sobre a arte galega no Mosteiro de San Martiño Pinario. Organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Generalitat de Cataluña cun orzamento de 600 millóns de pesetas, e con Xosé Manuel García Iglesias como comisario, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.

A exposición derivou tamén nunha serie de televisión presentada por Eva Veiga e dirixida por Miguel Piñeiro, a primeira documental da CRTVG, e nun disco homónimo de música ambiental interpretado polo grupo Milladoiro.

Mateo de Prado

Mateo de Prado, nado en Cumbraos, Sobrado, cara a 1614, e falecido o 27 de agosto de 1677 en Santiago de Compostela, foi unha das meirandes figuras da escultura barroca galega.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Monxe

Monxe (feminino: monxa) provén do provenzal antigo monge, este do latín tardío monăchus, anacoreta, e este do grego μοναχός, único, só. Fai referencia a unha persoa adicada á vida monástica e de clausura.

A tradición monástica está presente en varias relixións do mundo: budismo, xainismo, taoísmo, lamaísmo, cristianismo e anglicanismo. Os monxes residen en mosteiros e seguen unha vida de desapego aos bens materiais. Na Idade Media, os membros do clero, do cal os monxes formaban parte, eran os máis instruídos da época, xa que vivían enclausurados nos mosteiros, e tiñan moito tempo libre. Así, adicábanse a ler e copiar os libros das bibliotecas, motivo polo que tiñan unha preparación da que os labregos e viláns carecían.

Mosteiro

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Parque de Galeras

O Parque de Galeras, ou parque das Galeras, é un xardín urbano de Santiago de Compostela, que se estende ao redor das marxes do río Sarela.

Val do Dubra

Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.