Mosteiro

Mosteiro, palabra que procede do grego monos (só), designa un grupo de construcións de residencia e práctica relixiosa de monxes ou monxas.

Definición

O termo convento, do latín conventus que significa "asemblea", procede orixinalmente da asemblea romana onde os cidadáns se reunian para fins administrativos ou de xustiza (conventum iuridicum). Posteriormente pasouse a utilizar con sentido relixioso, relativamente ao monasticismo cando, para mellor servir e amar a Deus, os homes se retiraban do mundo, primeiro soíños (como ermitáns), despois en grupos de monxes (comunidades relixiosas), para edificios concibidos para o efecto, os conventos. En termos xerais, aínda que convento sexa sinónimo de mosteiro (algunhas persoas pensan, erradamente, que os mosteiros se destinan a homes e os conventos, a mulleres), a palabra convento pode ser, especificamente utilizada para as ordes monásticas de vida activa, mentres que mosteiro se aplica, en xeral, a ordes contemplativas, vocacionadas para a clausura - mais tal diferenciación non presenta unanimidade existindo diversos posicionamentos doutrinais[1].

Os mosteiros de Occidente

San Bieito, no Occidente, foi o primeiro a crear a estrutura dun convento. Despois, ao traballo da Igrexa, xuntouse o das cruzadas desde o século XII nas Ordes militares, e o dos apostolados nas Ordes mendicantes. Os conventos, fose cal fose o estilo arquitectónico da súa construción, tiveron sempre unha traza fundamentalmente igual, debido ás esixencias da vida relixiosa en comunidade: a igrexa conventual co coro; o claustro onde abrian as salas en que se realizaban os outros actos de vida en común; a sala do capítulo para as reunións solemnes de instrución e corrección onde normalmente tamén eran erguidos o refeitorio e a biblioteca; encima, a toda a volta, corrían os dormitorios, con celas individuais; ao redor do edificio, campo para recreo e cultivo.

A Igrexa, a través dos mosteiros, cumpriu un papel determinante na transición entre a antigüidade e o feudalismo, na consolidación do sistema feudal, cuxo control, seguindo a Le Golf: "pasa en todos os elementos esenciais pola igrexa, igrexa de celibatarios que dominan a produción económica, a medida do tempo, os lazos de parentesco, a ensinanza, a cultura, a arte, a asistencia e a caridade" [2]

O cristiano medieval fixo dos mosteiros uns dos centros máis beneficiados das súas actitudes piadosas co obxecto de procurar os seus servizos relixiosos para que actuaran como intermediarios entre Deus e os fieis. Reciben limosnas e doazóns a cambio de actuar como axentes redentores que interceden polos fieis na procura da salvación da súa alma.

San Lourenzo de Carboeiro Mosteiro Galicia6
Capela maior da Igrexa do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro

Podemos falar logo de que o cristiano medieval buscou o mosteiro tanto na vida como na morte.

Os mosteiros en Galicia

Artigo principal: Mosteiros e conventos de Galicia.

A aparación en Galicia da primeira comunidade bieita documéntase en datas moi tardías. A incorporación á Orde de Cluny foi promovida durante o reinado de Afonso VI (metade do século XII) e a finais deste século e principios do seguinte moitos dos mosteiros galegos acolléronse a reforma do Císter. Durante toda a Idade Media os cenobios foron obxecto de interese da nobreza galega que vinculaba pola forza ao mosteiro coa súa liñaxe e economía. En tempos dos Reis Católicos o Papa ordena a restruturación do entramado monacal de España. A partir de entón todos os mosteiros e conventos pasaron a depender dun mosteiro central pasando a formar parte da Congregación Cisterciense de Castela. No caso de Galicia os mosteiros masculinos pasaron a depender do Mosteiro de San Martiño Pinario e os de mulleres do Convento de San Paio de Antealtares.

Notas

  1. Por exemplo, o DRAG especifica convento como "Edificio onde viven en comunidade frades ou monxas dunha orde relixiosa" e mosteiro como "Convento grande, xeralmente apartado das poboacións, onde viven os membros dunha orde relixiosa", polo que as diferenzas veñen dadas polo tamaño e pola situación. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para convento.; Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mosteiro.
  2. Prefacio do libro de A.Guerreau "Le feudalisme. Un horizon theorique". París. Le Sycomore. (1980). Páx. 13.

Véxase tamén

Fotos Galicia II 171
Mosteiro de Poio

Outros artigos

A Capela

A Capela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.334 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «capelao».

Burgos

Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.

Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.

Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.

Celanova

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Cellán de Mosteiro, Castroverde

San Pedro de Cellán de Mosteiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 31 habitantes (16 homes e 15 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 29 habitantes.

Cis, Oza-Cesuras

San Nicolao de Cis é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 244 habitantes (130 homes e 114 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 273 habitantes.

Convento de San Paio de Antealtares

San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Lourenzá

Lourenzá é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.259 habitantes (2. 338 no 2014, 2.629 no 2006, 2.677 no 2005, 2.700 no 2004, 2.730 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «laurentino».

Lousame

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 3.447 habitantes (1.681 homes e 1.766 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán.

É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

Mosteiro, Outeiro de Rei

San Salvador de Mosteiro é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 118 habitantes (60 homes e 58 mulleres), os mesmos ca o ano anterior.

Mosteiro de San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia.

O Mosteiro, Ortigueira

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.

Pol

Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Sahagún, León

Sahagún é unha vila e municipio, situada no sueste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León. Contaba en 2008 con 2.858 habitantes.

Samos

Samos é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.458 habitantes (1.820 no 2006, 1.897 no 2005, 1.923 no 2004, 1.999 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é samanense .

Vimbodí i Poblet

Vimbodí i Poblet é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña. Pertence á comarca da Conca de Barberà e tiña en 2014 unha poboación de 964 habitantes.

O termo comprende a vila de Vimbodí, que é a capital municipal, o mosteiro de Poblet, el Codoç (onde se atoparon restos arqueolóxicos dun poboado ibero) e as antigas granxas do mosteiro: Milmanda, Riudabella, Castellfollit, la Pena e el Titllat.

Ata 2006 o concello chamábase simplemente Vimbodí. A denominación de Vimbodí i Poblet responde á vontade do municipio de integrar nun só obxectivo turístico toda a oferta cultural, gastronómica e monumental que se atopa dentro do seu termo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.