Mos, Mos

Santa Eulalia de Mos é unha parroquia que se localiza no concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.585 habitantes (793 mulleres e 792 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.501 habitantes.[1]

Mos
Igrexa de Santa Baia de Mos, Mos
Igrexa de Santa Baia de Mos.
ConcelloMos
Poboación1.585 hab. (2014)
Entidades de poboación6

Patrimonio

A igrexa parroquial está situada a carón do pazo de Mos, orixinario do século XVI. Foi incendiado polas tropas francesas durante a guerra da independencia española, ao se negaren os marqueses de Mos a recoñecer a José Bonaparte como rei de España. Logo de estar en ruínas durante case dous séculos, foi restaurado recentemente.

O 20 de setembro de 2008 inaugurouse xunto ao camposanto un monumento ás 29 persoas alí fusiladas durante a guerra civil española. A escultura é obra de Marcos Escudero.

Lugares e parroquias

Parroquias de Mos

Galería de imaxes

Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Mos e Pazo de Mos dende a vía

Igrexa parroquial e pazo, dende a vía do tren.

Fachada principal do Pazo de Mos

Pazo de Mos.

Monumento fusilados Mos

Monumento ás persoas fusiladas en Mos.

Notas

  1. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Consultado o 27/2/2015.

Véxase tamén

Outros artigos

A Rúa, Mos, Mos

A Rúa é un lugar da parroquia de Mos no concello pontevedrés de Mos, na Comarca de Vigo. Tiña unha poboación censada de 40 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 21 eran homes e 19 mulleres, o que representa un progresivo descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 42 veciños, e respecto ó ano 2004, cando eran 46 veciños.

George Follmer

George Follmer, nado en Phoenix (Arizona) o 27 de xaneiro de 1934 é un ex piloto de automobilismo estadounidense.

O Castro, Mos, Mos

O Castro é un lugar da parroquia de Mos no concello pontevedrés de Mos, na Comarca de Vigo. Tiña unha poboación censada de 232 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 115 eran homes e 117 mulleres, o que representa un aumento en relación ós anos 2010, cando tiña 219 veciños, e 2004, cando eran 220.

Pazo

Un pazo (paço en portugués) é un tipo de casa señorial tradicional galega, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa comunidade (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de reis ou nobres). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase fidalga, que retrataron nas súas novelas escritores coma Otero Pedrayo, Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán.

Ao pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de foros, que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en portugués: paço) é un cognado de palacio, pois procede do latín palatiu(m). Os pazos de Galiza son un excelente exemplo de arquitectura civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha capela propia para celebracións relixiosas.

Sitúanse sempre no rural, en zonas de microclima benigno e solos fértiles. Erguíanse nas abas dunha ladeira ou nun outeiro, sempre en locais estratéxicos dende onde o señor puidese ollar as súas posesións.

A orixe dos pazos son castelos da Idade Media, polo que soen ir asociados a unha antiga torre, que os seus donos ampliaron para facer unha estancia máis confortábel na época moderna. Non se coñecen os nomes dos arquitectos, polo que debían ser simples canteiros ou arquitectos que copiaban outros modelos de arquitectura culta, como igrexas; é por iso que a súa arquitectura está a medio camiño entre a culta (influencias renacentistas, barrocas e neoclásicas) e a vernácula.

Os pazos salientan hoxe en día, ademais dende o punto de vista arquitectónico, pola súa xardinaxe, con bos exemplos de formacións de buxos e plantas e árbores senlleiras exóticas coma palmeiras, camelias etc.

Santa Marta, Mos, Mos

Santa Marta é un lugar da parroquia de Mos no concello pontevedrés de Mos, na Comarca de Vigo. Tiña unha poboación censada de 154 habitantes no ano 2013 segundo datos do IGE, dos cales 75 eran homes e 79 mulleres, mantenso a poboación que tiña en 2010, cando eran 151 veciños, e en 2004, cando eran 155.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.