Morte

A morte é o final permanente das funcións biolóxicas ou funcións vitais que definen un ser vivo. Refírese tanto á terminación en si da vida como ao estado posterior do antigo organismo, do que se di que está morto. A auténtica natureza do que vén despois da morte foi, desde hai milenios, unha preocupación central das tradicións relixiosas e filosóficas de todo o mundo. Moitas relixións teñen fe ben nunha vida no máis alá, ben na reencarnación.

O efecto da morte física sobre a mente ou a alma segue a ser unha pregunta aberta. Para a ciencia contemporánea, a morte dun organismo é o final.

Santa Compaña Pontevedra 01-05
A Santa Compaña.
SkullFromStillLifeWithASkull
Vanitas, a cara simbólica da morte, detalle dunha pintura de Philippe de Champaigne.

A morte nos animais

Case sen excepcións, agás a Turritopsis nutricula, un cnidario hidrozoo que ten un ciclo vital no cal o animal volve ao estado de pólipo colonial despois de alcanzar a madureza sexual, sendo o único caso coñecido dun metazoo que é capaz de volver a un estado de immadureza sexual despois de alcanzala,[1] os animais morren por envellecemento, pero algúns fenómenos poden causar unha morte prematura, como a malnutrición, a depredación, a enfermidade, os accidentes que provocan traumatismos terminais ou, en circunstancias extremas, unha grave perturbación dun ecosistema.

Por iso, a morte no mundo natural tamén pode producirse como resultado directo ou indirecto da activitade humana: unha causa crecente da extinción de especies en tempos recentes é a destrución de ecosistemas como consecuencia do incremento e expansión da tecnoloxía industrial.[2]

A morte nos seres humanos

As actividades humanas voluntarias que provocan a morte inclúen o suicidio, o homicidio e a guerra. Cada día morren aproximadamente 150 000 persoas en todo o mundo.[3]

O obxectivo principal da ciencia médica é o de pospoñer e evitar a morte. Neste contexto, a morte vese máis como un proceso que como un acontecemento; algúns elementos ou craracterísticas que antigamente eran considerados como indicadores da morte son actualmente reversíbeis.[4] Cando se quere trazar unha liña divisoria entre a vida e a morte, cómpre ter en conta outros factores a parte da presenza ou ausencia de signos vitais. En xeral, a morte clínica non é nin necesaria nin suficiente para determinar a morte legal. Un paciente cun corazón e uns pulmóns funcionais que estea en situación de morte cerebral pode declararse legalmente morto sen que se producira a morte clínica. Noutras palabras, a definición médica precisa da morte é máis problemática, paradoxalmente, a medida que avanzan os coñecementos científicos e a tecnoloxía.

Causas da morte nos seres humanos

Hai diferentes causas de morte: As mortes non intencionadas, a morte natural producida por unha patoloxía determinada que acaba coa vida do ser humano, a morte accidental como consecuencia da acción dun axente externo de forma involuntaria ou azarosa, as mortes intencionadas, a morte por culpa doutro, é dicir, o asasinato, incluíndo as mortes nas guerras e a pena de morte (para algunhas persoas tamén o aborto e a eutanasia, aínda que esta inclusión é polémica) ou a morte provocada por un a si mesmo (suicidio), que pode ser ritual (sacrificio) ou non.

As principais causas de morte na actualidade, segundo a OMS son (por orde de prevalencia): enfermidades relacionadas co corazón, infeccións, cancros, enfermidades respiratorias, accidentes, enfermidades dixestivas e mortes intencionadas.

Estas causas difiren segundo se trate dun país desenvolvido ou dun país do Terceiro Mundo. No primeiro caso, os motivos máis frecuentes de morte son os cardiovasculares, o cancro de pulmón e outros problemas respiratorios, os accidentes de tráfico, o cancro de estómago, problemas de presión arterial (tensión), tuberculose e suicidios, nesta orde. En cambio, nos países subdesenvolvidos a primeira causa de morte é a SIDA, seguindo as infeccións respiratorias, as diarreas, as enfermidades cardiovasculares, as enfermidades da infancia e a malaria.

Causas da morte en Galicia

No ano 2009, segundo cifras do Instituto Nacional de Estadística,[5] producíronse 30 180 defuncións (15 241 homes e 14 9839 mulleres), e as causas destes falecementos distribúense así:

Enfermidades do aparello circulatorio
  • 9 799 (32,5 %)
    • Accidente vascular cerebral, 2 893
    • Insuficiencia cardíaca, 1 453
    • Infartos de miocardio, 1 358
    • Outras isquemias, 1 191
    • Enfermidades hipertensivas, 580
    • Arteriosclerose, 299
    • Outras: 2 095
Tumores
  • 8 107 (26,90 %)
    • Cancro de traquea, bronquios e pulmón, 1 411
    • Cancro de colon, 811
    • Cancro linfático,1 580
    • Cancro de estómago, 558
    • Cancro de próstata, 480
    • Cancro de mama,2 440
    • Cancro de páncreas, 408
    • Cancro de fígado, 367
    • Cancro de vexiga, 347
    • Cancro de recto e ano, 267
    • Cancro de labio, boca e farinxe, 185
    • Cancro de pel,3 174
    • Cancro de esófago, 169
    • Cancro de útero,4 159
    • Cancro de encéfalo, 158
    • Cancro de ovario, 152
    • Cancro de ril, 140
    • Cancro de larinxe, 108
    • Outros cancros dixestivos, 185
    • Outros cancros respiratorios, 42
    • Tumores benignos, 26
    • Outros cancros,5 922

1. Dos que 206 foron leucemias.
2. Dos que 10 afectaron a homes.
3. Dos que 60 foron melanomas malignos.
4. Dos que 53 foron de colo uterino.
5. Iclúense óseos, de cartilaxes, síndrome mielodispolásica e incertos/descoñecidos.

Enfermidades do aparello respiratorio
  • 3 642 (12,07 %)
    • Enfermidades crónicas1, 1 205
    • Pneumonía, 684
    • Insuficiencia respiratoria, 193
    • Asma, 77
    • Influenza (gripe), 21
    • Outras, 1 472

1. Agás asma.

Enfermidades do aparello dixestivo
  • 1 377 (4,56 %)
    • Cirrose e outras enfermidades hepáticas, 431
    • Enfermidades vasculares intestinais, 269
    • Outras, 677
Trastornos mentais
  • 1 325 (4,40 %)
    • Trastornos mentais orgánicos, senís e presenís, 1 272
    • Trastornos mentais debidos ao abuso do alcohol, 27
    • Trastornos mentais debido a toxicomanías, 2
    • Ouros, 24
Mortes debidas a causas externas
  • 1 257 (4,17 %)
    • Suicidio, 340
    • Accidentes de tránsito, 250
    • Afogamento e sufocación, 239
    • Caídas accidentais, 155
    • Outros accidentes, 145
    • Envelenamento, 36
    • Homicidio, 14
    • Outras, 64
Enfermidades do sistema nervioso e órganos dos sentidos
  • 1 249 (4,14 %)
    • Enfermidade de Alzheimer, 695
    • Outras, 554
Mortes de causa non ben definida
  • 1 020 (3,38 %)
    • Paro cardíaco, morte sen asistencia e de causa descoñecida, 693
    • Senilidade, 636
    • Morte súbita infantil, 1
    • Outras, 160
Enfermidades do sistema xenitourinario
  • 751 (2,49 %)
Enfermidades endócrinas, nutricionais e metabólicas
  • 717 (2,38 %)
    • Diabetes mellitus, 632
    • Outras, 85
Pereiró, Asorey (4)
A morte axexando a unha rapaza. Escultura de Asorey, no Cemiterio de Pereiró, na sepultura das fillas de Xosé Gil Gil, finadas por tuberculose.
Infeccións e parasitoses
  • 498 (1,65 %)
    • Septicemia, 297
    • Hepatite vírica, 51
    • SIDA, 64
    • Tuberculose, 30
    • Outras, 22
    • VIH+, 0
Outras causas (menos do 1 % de prevalencia)
  • 442
    • Enfermidades do sistema osteo-muscular: 193 (0,64 %)
    • Enfermidades da pel: 107 (0,35 %)
    • Enfermidades do sangue e o sistema hemopoético: 66 (0,22 %)
    • Malformacións conxénitas e anomalías cromosómicas: 39 (0,13 %)
    • Enfermidades no período perinatal: 33 (0,11 %)
    • Enfermidades no embarazo, parto e puerperio: 0 (0,00 %)

A morte na cultura

Escudo de A Coruña
Escudo da Coruña, coa presenza dunha caveira con dúas tibias cruzadas, que simboliza na mitoloxía o triunfo de Hércules sobre Xerión, cuxos restos estarían enterrados nos alicerces do faro.

Tradicionalmente a morte foi unha das principais fontes do medo, e por iso varias relixións céntranse en explicar que coa morte non acaba realmente a vida, porque cren na resurrección futura, en algunha reencarnación da alma ou porque o espírito da persoa entra noutro mundo (escatoloxía).

Como asunto descoñecido, diversas culturas trataron de personoficar a morte con símbolos, entre os que están:

Varios mitos e lendas xiran en torno á criaturas que superan a morte (ou que permanecen nun estado intermedio entre a vida e a morte), como zombis, vampiros e ánimas errantes, entre outros. Tamén dobre diveros feitizos e encantamentos que prometen a inmortalidade ou elixires da eterna xuventude.

Tamén hai moitos mitos sobre o que cómpre facer cos falecidos, ritos funerarios e dós dos superviventes. Actualmente a maioría das culturas opta por enterrar os corpos (nos cemiterios) ou cremalos.

A fascinación pola morte é a esencia de movementos culturais como o dark, o gótico ou o decadentismo.

Galería de imaxes

A morte coa gadaña
A morte coa gadaña 
A caveira
A caveira 
A caveira con dous ósos cruzados
A caveira con dous ósos cruzados 
Símbolo de perigo de morte extremo por tóxicos
Símbolo de perigo de morte extremo por tóxicos 
A morte e o lansquenete Alberto Durero (1510)
A morte e o lansquenete
Alberto Durero (1510) 
A morte de Cleopatra José Antolínez (ca. 1663)
A morte de Cleopatra
José Antolínez (ca. 1663) 
Mausoleo de Mauricio de Saxonia. Igrexa de S. Tomé de Estrasburgo (1777)
Mausoleo de Mauricio de Saxonia. Igrexa de S. Tomé de Estrasburgo (1777)[6] 
A tentación de S. Antonio Félicien Rops (1878)
A tentación de S. Antonio
Félicien Rops (1878) 
O Anxo da Morte Émile Vernet (1851)
O Anxo da Morte
Émile Vernet (1851) 
O Anxo Exterminador. Cemiterio de Comillas (Cantabria)
O Anxo Exterminador.
Cemiterio de Comillas (Cantabria) 
O Xuízo Final. Porta principal de Nôtre Dame, París
O Xuízo Final.
Porta principal de Nôtre Dame, París 
A visión de Ezequiel Francisco Collantes, 1630
A visión de Ezequiel
Francisco Collantes, 1630 

Taxa de mortalidade e esperanza de vida ao nacer

Artigos principais: Taxa de mortalidade e Esperanza de vida.

A taxa de mortalidade é a relación entre o número de mortes nunha determinada poboación nun período de tempo e o número total de persoas vivas nunha zona determinada. Normalmente exprésase en número de mortes por 10 000 persoas e ano (tanto por mil):

Taxa bruta de mortalidade = Falecidos nun ano / poboación x 1.000

A taxa de mortalidade considérase alta se supera o 35 º/oo, moderada se vai do 15 º/oo ao 35 º/oo, e baixa se está por debaixo do 15 º/oo. En España a taxa bruta de mortalidade está situada arredor do 8,3 º/oo e en Galicia é un pouco máis elevada, o 10,8 º/oo (datos do ano 2009).

Porén, hai que dicir que se trata dunha taxa menos clara que a de natalidade, xa que se ve alterada polo envellecemento da poboación á que se fai referencia, que en Galicia é moi acusado. Por iso é necesario complementar este dato con outras taxas, como a da mortalidade infantil.

Taxa de mortalidade infantil (TMI) = Falecidos menores dun ano / nacidos no ano x 1000

Nalgúns países onde as condicións sanitarias e hixiénicas son moi deficitarias, a mortalidade infantil é moi elevada. Actualmente a mortalidade infantil española e galega é das máis baixas de Europa.

En Galicia, no ano 2009, a taxa de mortalidade infantil foi do 2,7 º/oo, sendo as das catro provincias:

  • A Coruña: 3,2
  • Lugo: 2,2
  • Ourense: 1,9
  • Pontevedra: 2,4

A esperanza de vida é o número medio de anos de vida que pode esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento. Actualmente existe unha clara diferenza entre os países desenvolvidos, onde a esperanza de vida é superior aos 70 anos, e os países subdesenvolvidos, onde a esperanza de vida está por debaixo dos 50 anos.

En Galicia a esperanza de vida pasou, nos últimos tempos, de 79,0 anos en 1998 (75,1 para os homes e 82,7 para as mulleres) a 81,7 anos en 2009 (78,3 para os homes e 85,1 para as mulleres).[7]

Algunhas frases sobre a morte

  • "Estar alerta, eis a vida; xacer na tranquilidade, velaí a morte". Oscar Wilde.
  • "Polo tanto, amados míos, como sempre obedecéchedes, [...], ocuparvos na vosa salvación con temor e tremor". Filipenses 2, 12.
  • "Un individuo que sobrevivise á súa morte física é algo alén da miña comprensión, nin eu o desexo doutro xeito; tales nocións son para os medos ou absurdos egoísmos das mentes febles". Albert Einstein.
  • "Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirache falando". Rabindranath Tagore.
  • "A figura da morte, en calquera traxe que veña, é espantosa". Miguel de Cervantes.
  • "É unha mágoa irse, isto comezaba a poñerse divertido". Louis Joseph Gay-Lussac.
  • "A morte é o remedio de todos os males; pero non debemos botar man deste até última hora". Molière.

Notas

  1. Turritopsis nutricula in World Register of Marine Species (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
  2. Human Activities Cause of Current Extinction Crisis Consultada o 11/2012
  3. Aubrey D.N.J,, de Grey (2007). "Life Span Extension Research and Public Debate: Societal Considerations" (PDF). Studies in Ethics, Law, and Technology 1 (1, Artigo 5). doi:10.2202/1941-6008.1011. Consultado o 11/2/2012..
  4. Crippen, David (2005): "Brain Failure and Brain Death", in ACS Surgery Online, Critical Care ACS
  5. Galicia. Defunciones por provincia de residencia, causas (lista reducida), sexo y edad Consultada o 12/1/2012.
  6. Vítima do triplo "vicio" das súas orixes: "protestante, estranxeiro e bastardo", o mariscal non puido ser inhumado na basílica de St. Denis, como desexaba Luís XV.
  7. Datos do IGE Morte (en galego) Consultada o 12/2/2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Aries, P. (1982): La muerte en Occidente. Barcelona: Argos Vergara.
  • Arregui, Jorge V.(1992): El horror de morir: el valor de la muerte en la vida humana. Barcelona: Tibidabo Edicions. ISBN 978-84-86421-89-2
  • Becker, E. (2003): La negación de la muerte. Barcelona: Kairós.
  • Bowker, J. (1996): Los significados de la muerte. Cambridge University Press.
  • Cobo Medina, C. (2000): Los tópicos de la muerte. La gran negación. Madrid: Ediciones Libertarias.
  • Critchley, Simon (2008): El libro de los filósofos muertos. Madrid: Taurus. ISBN 978-84-306-0677-1
  • García-Sabell, D. (1999): Paseata arredor da morte. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-275-8
  • Huisman-Perrin, E. (2003): La muerte explicada a mi hija. Barcelona: El Aleph.
  • Kübler-Ross, E. (1989): Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo.
  • León Azcárate, Juan Luis de (2007): La muerte y su imaginario en la historia de las religiones. Bilbao: Universidad de Deusto. ISBN 978-84-9830-101-4
  • Llinás, Rodolfo (2003): El cerebro y el mito del yo, el papel de la neuronas en el pensamiento y el comportamiento humano. Belacqua.
  • Lonetto, R. & Templer, D. I. (1992): La ansiedad ante la muerte. Barcelona: Ediciones Temis.
  • Moody, R. A., Jr. (2006): Vida después de la vida. Barcelona: Círculo de lectores.
  • Pieper, J. (1982): Muerte e inmortalidad. Herder. ISBN 978-84-254-0530-3
  • Poveda, J. & Silvia Laforet (2009): El buen adiós. Espasa. ISBN 978-84-670-3026-6
  • Scheler, M. (2001): Muerte y supervivencia. Encuentro Ediciones. ISBN 978-84-7490-623-3
  • Waugh, E. (2000): Los seres queridos. Barcelona: Círculo de lectores. ISBN 978-84-226-7804-5

Outros artigos

Ligazóns externas

Apoptose

A apoptose é o principal tipo de morte celular programada, é un xeito de "autodestrución celular" que require enerxía e síntese proteica para a súa execución. Está relacionada coa homeostase na regulación fisiolóxica do tamaño dos tecidos, exercendo un papel oposto ao da mitose. O termo é derivado do grego, que se refería á queda das follas das árbores no outono - un exemplo de morte programada fisiolóxica e axeitada que tamén implica a renovación.

Ocorre no desenvolvemento embrionario, na organoxénese, na renovación de células epiteliais e hematopoéticas, na involución cíclica dos órganos reprodutivos da muller, na atrofia inducida pola remoción de factores de crecemento ou hormonais, na involución de algúns órganos e aínda na regresión de tumores. Por tanto consiste nun xeito de morte programada, desexábel e necesaria que participa na formación dos órganos e que persiste nalgúns sistemas adultos como a pel e o sistema inmunolóxico.

Como a apoptose é a principal forma de morte celular programada, moitas veces ambos os termos aparecen usados como sinónimos. Non obstante, conforme se descubriron novos tipos de morte celular programada, este termo foi adquirindo un significado amplo. A apoptose denomínase tamén morte celular programada de tipo I.

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas, coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Cancro

O cancro ou cáncer é o nome popular do que tecnicamente se denomina como neoplasia maligna, e refírese xenericamente ás doenzas en que determinado grupo de células do corpo se divide de forma descontrolada, invadindo os tecidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida.

Entre os factores que aumentan o risco de cancro inclúense a exposición excesiva á radiación solar (cancros de pel), algúns virus (cancro de pene, colo do útero, algúns linfomas). Non obstante as causas previsibles máis importantes do cancro son o tabaco (cancros de pulmón e vexiga) e o alcohol (cancro de estómago e do páncreas).

O cancro pode ter diversos síntomas e por veces é asintomático ata unha fase avanzada. A perda de peso rápida con falta de apetito está moitas veces asociada á neoplasia maligna. O diagnóstico só se pode comprobar pola análise de tecido recollido en biopsia pola anatomía patolóxica. Calquera masa anormal, sangradura urinaria, intestinal, ou na tose é suxestiva e deberá ser examinada por un médico. As persoas de idade avanzada están en maior risco e deben ser examinadas regularmente.

Hoxe en día, un 40 % dos casos de cancro son curables ou permiten unha supervivencia prolongada. Con todo case todos os casos de bo prognóstico continúan a ser os de detección precoz: o cancro diagnosticado en fase avanzada aínda resulta case sempre na morte do paciente, con poucas excepcións.

O 4 de febreiro de cada ano celébrase o Día Mundial Contra o Cancro.

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Corpo

Con respecto aos seres vivos, un corpo é o material físico íntegro dun individuo. O termo "corpo" a miúdo é utilizado en relación coa aparencia, cuestións de saúde e mais a morte. O estudo dos traballos do corpo é a fisioloxía.

Doenza

Unha doenza ou enfermidade é unha condición anormal que afecta ó corpo dun organismo. A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunha fonte externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida. No senso máis amplo, tamén se inclúen feridas, discapacidades, desordes, síndromes, infeccións, síntomas illados, desviación do comportamento, e variacións atípicas de estruturas e funcións, mentres que noutros contextos e para outros propósitos son consideradas noutras categorías. As doenzas adoitan afectar ás persoas non só fisicamente, senón tamén emocionalmente, xa que poden alterar a perspectiva da vida e a personalidade das persoas.

Existen catro tipos principais de doenzas: doenzas patóxenas, doenzas de discapacidade, doenzas hereditarias e doenzas psicolóxicas. Tamén poden ser clasificadas como transmisibles e non transmisibles. A doenza máis común do mundo é doenza das enxivas que afecta a 3 de cada 4 persoas. A doenza máis mortal do mundo é a doenza isquémica do corazón (obstrución da circulación do sangue), seguida polas cerebrovasculares e as infeccións das vías respiratorias.A morte causada por unha doenza é chamada morte por causas naturais. O estudo das doenzas denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.

Imperio Romano

O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sahara. A súa superficie máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

Infarto agudo de miocardio

O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria.A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable.

A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto.

O infarto de miocardio é a principal causa de morte de homes e mulleres en todo o mundo. A facilidade de producir arritmias, fundamentalmente a fibrilación ventricular, é a causa máis frecuente de morte no infarto agudo de miocardio nos primeiros minutos, razón pola que existe a tendencia a colocar desfibriladores externos automáticos en lugares públicos concorridos.

Os principais riscos que predispoñen a un infarto son a arteriosclerose ou outra enfermidade das coronarias, antecedentes de anxina de peito, dun infarto anterior ou de trastornos do ritmo cardíaco, así como a idade, principalmente en homes maiores de 40 anos e mulleres maiores de 50 anos. Certos hábitos modificables como o tabaquismo, consumo excesivo de bebidas alcohólicas, a obesidade e niveis altos de tensión tamén contribúen significativamente a un maior risco de ter un infarto.Un infarto de miocardio é unha urxencia médica por definición e débese buscar atención médica inmediata. As demoras son un erro grave que cobra miles de vidas cada ano. O prognóstico vital dun paciente con infarto depende da extensión do mesmo (é dicir, a cantidade de músculo cardíaco perdido como consecuencia da falta de irrigación sanguínea) e a rapidez da atención recibida.

É a causa máis frecuente, pero non a única, de morte súbita cardíaca, mediante as referidas arritmias. O cadro é dun paro cardíaco. Con todo, na maior parte dos casos hai actividade eléctrica no corazón, cuxo paro pode reverterse cunha desfibrilación precoz.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Paulo III, papa

Paulo III, nacido Alessandro Farnese, nado en Canino o 29 de febreiro de 1468 e finado en Roma o 10 de novembro de 1549, foi Papa o 13 de outubro de 1534 ata a data da súa morte.

Pena de morte

A pena capital ou pena de morte é a execución dun prisioneiro como castigo por un crime ou delito. A expresión provén do latín capita (=cabeza), onde á súa vez chegou supostamente dun termo indoeuropeo kaput, co mesmo significado. Así, etimoloxicamente, a pena capital é o castigo imposto a un crime tan grave que, a xuízo dalgúns, merece a decapitación.

Segundo o informe anual de execucións xudiciais de Amnistía Internacional, no ano 2003 foron executadas polo menos 1.146 persoas en 28 países. O 84% das mortes documentadas ocorreron en catro países: a República Popular China levou a cabo 726 execucións, Irán matou 108 persoas, Estados Unidos 65 e Vietnam 64.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o 18 de decembro de 2007 unha resolución chamando a tódolos países a suspender a pena de morte en todo o mundo. 104 Estados votaron a favor, 54 en contra e 29 abstivéronse. No 2008, 137 países xa aboliran este castigo pero 60 aínda o manteñen e o aplican. Durante o 2007 foron condenadas a morte 3.347 persoas e executadas 1.252 (42 delas nos Estados Unidos).

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial contra a Pena de Morte para sensibilizar a poboación.

Premios Nobel

Os Premios Nobel foron instituídos por Alfred Nobel, un industrial sueco, inventor da nitroglicerina. Son atribuídos anualmente no día 10 de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel, ás persoas que fixeron investigacións importantes, inventaron técnicas pioneiras, ou deron contribucións destacadas á sociedade.

Inicialmente eran concedidos pola Fundación Nobel, cos cartos cedidos por Alfred Nobel. Son propostas por institucións nacionais e internacionais e outorgados pola Real Academina Sueca correspondente.

As Matemáticas non dispoñen dun premio correspondente, polo que foi creado o Premio Abel en Noruega como correspondente ós Premios Nobel.

Alfred Nobel ficou sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, e inventou unha forma de lembrarse. Creou premios para que fosen concedidos a aqueles que serviron ao ben da Humanidade, máis propiamente a aqueles que proporcionaron á Humanidade beneficios no campo da física, química, fisioloxía ou medicina, literatura e paz. Nobel nunca creou un premio para Economía, aínda que moitos economistas famosos afirman ter recibido o Nobel de Economía. Véxase máis abaixo.

Unión de Centro Democrático

Unión de Centro Democrático (UCD) foi un partido político español de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras eleccións lexislativas democráticas tras a morte de Franco previstas para xuño dese ano. UCD disolveuse o 18 de febreiro de 1983 tras a desfeita das eleccións xerais de 1982.

Xoán Paulo I, papa

Albino Luciani, nado en Canale d'Agordo o 17 de outubro de 1912 e finado na Cidade do Vaticano o 28 de setembro de 1978, foi Papa da Igrexa católica co nome de Xoán Paulo I (latín: Ioannes Paulus PP. I).

Xoán Paulo II, papa

Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920, e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).

Foi considerado, segundo a revista Time, un dos líderes máis influentes do século XX, e considérase que axudou á fin dos réximes comunistas en Polonia e no resto de Europa. No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica co xudaísmo, co islam, coa Igrexa ortodoxa e coa Comuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante a anticoncepción e a ordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio ao Concilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto á doutrina católica.

Xoán XXIII, papa

San Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.