Moratinos

Moratinos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 67 habitantes (INE 2012).

Coordenadas: 42°21′38″N 4°55′36″O / 42.36056, -4.92667

Moratinos
Flag of None
Coats of arms of None
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaTerra de Campos
Xeografía
Altitude857 msnm
Superficie29,40 km²
Demografía
Poboación67 hab. (2012)
Densidade2,28 hab./km²
Outros datos
Código postal34349
AlcaldeGregorio Borge Celada (PP)
moratinos.es

Véxase tamén

Ligazóns externas

Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Cardeais creados por Xoán Paulo II

O papa Xoán Paulo II creou 231 cardeais en nove consistorios durante o seu pontificado, entre 1978 e 2005.

Diocese católica latina de Astorga

A diocese de Astorga ou diocese asturicense é unha diocese da Igrexa Católica Latina sufragánea da de Oviedo, cuxa sé catedralicia está radicada na cidade de Astorga.

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Francisco Miguel

Francisco Miguel Fernández Díaz (noutras fontes Francisco Miguel Fernández Moratinos e mesmo Francisco Miguel Moratinos Fernández-Díaz), de nome artístico Francisco Miguel, nado na Coruña en 1897 e finado no Campo de Morgade, Queo de Arriba (Bértoa, Carballo), o 28 de setembro de 1936, foi un pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro galego. A súa pintura é de carácter surrealista, e cultivou as naturezas mariñas.

Historia de Xibraltar

A historia de Xibraltar remóntase aos tempos da antigüidade. A mitoloxía situou nos seus penedos un dos alicerces nos que se apoiou Hércules para separar os dous continentes.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Luís Huici

Luís Huici Fernández, nado en Barballor (Zaragoza) en 1896 e finado en Pastoriza (Arteixo) o 20 de agosto de 1936, foi un pintor, debuxante e gravador galego.

Miguel Ángel Moratinos

Miguel Ángel Moratinos Cuyaubé, nado en Madrid o 8 de xuño de 1951, é un político e diplomático español.

Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.

Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.

Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.

Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.

Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.

Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da AAgencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECI) e do Instituto Cervantes.

O ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España é, en xaneiro de 2012, José Manuel García-Margallo.

Miticultura

A miticultura ou mitilicultura é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Población de Cerrato

Población de Cerrato é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 119 habitantes (INE 2012).

Relacións entre España e o Xapón

As relacións España-Xapón son as relacións exteriores entre o Reino de España e o Xapón. En 2013 e 2014 celebrouse o 400º aniversario do intercambio entre ambos os países. O Xapón enviou a Embaixada Keicho no 1613 e chegou a España no 1614 (para solicitar comercio directo con Nova España e o envío de misioneiros). Celebráronse audiencias co rei Filipe III e o pontífice Paulo V. No 2018 celébrase o 150º aniversario do establecemento das relacións diplomáticas entre España e o Xapón. ​

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

Tirán, Moaña

San Xoán de Tirán é unha parroquia que se localiza no concello de Moaña. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.411 habitantes (2.136 homes e 2.275 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 4.381 habitantes.

Trinidad Jiménez

Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.