Moraña

Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».

Coordenadas: 42°33′46″N 8°35′8″O / 42.56278, -8.58556

Moraña
Escudo de Moraña
Casa concello morana 3
Casa do concello.
Situacion Moraña
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Caldas
Poboación4.200 hab. (2018)
Área41,3 km²
Densidade101,69 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldesaLuísa Piñeiro Arcos (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Moraña
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,79%
Na rede
http://www.morana.org

Xeografía

Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.

Poboación

Censo total 2014 4.362 habitantes
Menores de 15 anos 588 (13.48 %)
Entre 15 e 64 anos 2.732 (62.63 %)
Maiores de 65 anos 1.042 (23.89 %)
Evolución da poboación de Moraña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.975 4.421 4.810 4.698 4.281 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Moraña

Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.

Moraña na cultura popular galega

En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [5].

Cantigueiro
  • Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas [6]
  • Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [7].
  • Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [8].
  • Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [9].
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [10][11].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [12].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.
Moraña, Saiáns, Santa Lucía 01-06f

Monumento ó "Carneiro ó Espeto"

Moraña.Galiza.4

Rúa

Moraña.Galiza.1

Paisaxe rural no concello de Moraña

Moraña.Galiza.3

Vides

Lugares de Moraña

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Moraña". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
  6. Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro.
  7. Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
  8. Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
  9. A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
  10. Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
  12. Bouza Brey 1929, 184.

Véxase tamén

Bibliografía

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A oliveira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Amil, Moraña

San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.

Campo Lameiro

Campo Lameiro é un concello galego, situado no interior da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca de Pontevedra.

De 63 km2, limita cos concellos de Moraña, Cuntis, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Pontevedra. A súa poboación era de 1.962 persoas conforme o censo de 2014. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é campolameirán.

Comarca de Caldas

A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

Cosoirado, Moraña

Santa María de Cosoirado é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 69 habitantes (36 mulleres e 33 homes), nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 78 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 26 homes e 23 mulleres.

Cuntis

Cuntis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.931 habitantes (5.340 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cuntense» .

Eleccións municipais en Moraña

Corporacións democráticas en Moraña desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ernesto Fariña Ruibal — UCD

1983 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOE

1987 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOEModelo:Moraña 2003

2007 Alcalde: José Amador Eiras Paz — PSdeG-PSOEModelo:Moraña 2007

2011 Alcalde: María Luísa Piñeiro Arcos — PPdeG

2015 Alcalde: María Luísa Piñeiro Arcos — PPdeGCandidaturas: María Luísa Piñeiro Arcos (PP), Celso Diz Rey (PSdeG-PSOE), Marcos Suárez Redondo (BNG) e Juan Carlos Rey Folgar (Independentes por Moraña).

Gargantáns, Moraña

San Martiño de Gargantáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 225 habitantes (118 mulleres e 107 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 234 habitantes.

Lamas, Moraña

Santa Cruz de Lamas é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 346 habitantes (176 homes e 170 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 323 habitantes, sendo 154 homes e 169 mulleres.

Laxe, Moraña

San Martiño de Laxe é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2013 tiña 383 habitantes (212 mulleres e 171 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 477 habitantes.

Laxe (homónimos)

O termo laxe pode referirse a:

Laxe, unha pena de grandes dimensións, ou unha pedra alisada;

Laxe, en arquitectura, o elemento estrutural horizontal dunha edificación, tamén chamada placa;O topónimo galego Laxe pode referirse a:

Laxe, concello da provincia da Coruña;

Laxe, parroquia de dito concello;

Laxe, lugar de dita parroquia;

Laxe, parroquia do concello de Moraña;

A Laxe, parroquia do concello de Chantada;

A Laxe, parroquia do concello de Fornelos de Montes;

A Laxe, parroquia do concello de Paradela;

A Laxe, lugar de dita parroquia;

A Laxe, parroquia do concello do Saviñao;

A Laxe, parroquia do concello do Valadouro;

Laxe, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada;

Laxe, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte;

Laxe, lugar da parroquia de Sobrada de Aguiar, no concello de Outeiro de Rei;

Laxe, lugar da parroquia de Pidre, no concello de Palas de Rei;

Laxe, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño;

Laxe, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Silleda;

Laxe, lugar da parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo;

A Laxe, lugar da parroquia de Corvite, no concello de Abadín;

A Laxe, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Abadín;

A Laxe, lugar da parroquia de Barreiro, no concello de Antas de Ulla;

A Laxe, lugar da parroquia de Portela, no concello de Barro;

A Laxe, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Cambados;

A Laxe, lugar da parroquia de Fragas, no concello de Campo Lameiro;

A Laxe, lugar da parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde;

A Laxe, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Cedeira;

A Laxe, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Laxe, lugar da parroquia de Rutis, no concello de Culleredo;

A Laxe, lugar da parroquia do Ézaro, no concello de Dumbría;

A Laxe, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Friol;

A Laxe, lugar da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar;

A Laxe, lugar da parroquia de Santa Locaia de Parga, no concello de Guitiriz;

A Laxe, lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Guntín;

A Laxe, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín;

A Laxe, lugar da parroquia de San Xurxo de Lourenzá, no concello de Lourenzá;

A Laxe, lugar da parroquia de Bascuas, no concello de Lugo;

A Laxe, lugar da parroquia de Benade, no concello de Lugo;

A Laxe, lugar da parroquia de Pedreda, no concello de Lugo;

A Laxe, lugar da parroquia de Marín, no concello de Marín;

A Laxe, lugar da parroquia de Lores, no concello de Meaño;

A Laxe, lugar da parroquia de San Martiño de Meis, no concello de Meis;

A Laxe, lugar da parroquia das Chás, no concello de Montederramo;

A Laxe, lugar da parroquia de Santa Xusta de Moraña, no concello de Moraña;

A Laxe, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Muros;

A Laxe, lugar da parroquia de Setados, no concello das Neves;

A Laxe, lugar da parroquia de Parada, no concello de Nigrán;

A Laxe, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol;

A Laxe, lugar da parroquia de Aspai, no concello de Outeiro de Rei;

A Laxe, lugar da parroquia de Adai, no concello do Páramo;

A Laxe, lugar da parroquia do Xobre ou O Maño, no concello da Pobra do Caramiñal;

A Laxe, lugar da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra;

A Laxe, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo;

A Laxe, lugar da parroquia de San Xurxo de Salceda, no concello de Salceda de Caselas;

A Laxe, lugar da parroquia de Cabreira, no concello de Salvaterra de Miño;

A Laxe, lugar da parroquia de Soutopenedo, no concello de San Cibrao das Viñas;

A Laxe, lugar da parroquia de Padriñán, no concello de Sanxenxo;

A Laxe, lugar da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado;

A Laxe, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño;

A Laxe, lugar da parroquia de Arealonga, no concello de Vilagarcía de Arousa;

A Laxe, lugar da parroquia de Torres, no concello de Vilarmaior;

A Laxe, lugar da parroquia de Armental, no concello de Vilasantar;

A Laxe, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar;

A Laxe, lugar da parroquia de Covas, no concello de Viveiro;

A Laxe do Pan, lugar da parroquia da Illa de Arousa, no concello da Illa de Arousa;

O Rego da Laxe, lugar da parroquia das Neves, no concello de Ortigueira;

Laxe das Rodas, petróglifo ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Lugares de Moraña

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Moraña

Rebón, Moraña

San Pedro de Rebón é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 412 habitantes (215 mulleres e 197 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 422 habitantes.

Río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Saiáns, Moraña

San Salvador de Saiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña na comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.451 habitantes (757 mulleres e 694 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.375 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.857 habitantes, sendo 924 homes e 933 mulleres.

San Lourenzo de Moraña, Moraña

San Lourenzo de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 359 habitantes (187 mulleres e 172 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 256 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 289 habitantes, sendo 137 homes e 152 mulleres.

Santa Xusta de Moraña, Moraña

Santa Xusta de Moraña é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 525 habitantes (286 mulleres e 239 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 573 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 477 habitantes, sendo 220 homes e 257 mulleres.

Troáns, Cuntis

Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.

En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.