Monxe

Monxe (feminino: monxa) provén do provenzal antigo monge, este do latín tardío monăchus, anacoreta, e este do grego μοναχός, único, só. Fai referencia a unha persoa adicada á vida monástica e de clausura.

A tradición monástica está presente en varias relixións do mundo: budismo, xainismo, taoísmo, lamaísmo, cristianismo e anglicanismo. Os monxes residen en mosteiros e seguen unha vida de desapego aos bens materiais. Na Idade Media, os membros do clero, do cal os monxes formaban parte, eran os máis instruídos da época, xa que vivían enclausurados nos mosteiros, e tiñan moito tempo libre. Así, adicábanse a ler e copiar os libros das bibliotecas, motivo polo que tiñan unha preparación da que os labregos e viláns carecían.

Tapisserie moines mannequins
Monxes copistas medievais
Young monks of Drepung
Monxes tibetanos

Características comúns aos monxes de todas as relixións

  • A entrada no monacato vén despois dun tempo de preparación, que na tradición cristiá se chama noviciado: estudo, oración e réxime de vida que sirvan de preparación á vida monacal e tamén para probar a capacidade do candidato para esta vida.
  • É unha forma de vida estable. Como norma xeral, a persoa pasa toda a súa vida neste réxime monacal.
  • Implica unha vida de abstinencia sexual, que na tradición cristiá se denomina castidade. En xeral, porque se considera un obstáculo para o axeitado servizo relixioso.
  • É unha forma de vida austera. Non se considera que haxa bens propios, senón que todo é da comunidade. O que non quere dicir que, en determinadas épocas históricas, algúns mosteiros chegaran a ser institucións ricas e moi poderosas, como as grandes abadías europeas. Baste comparar, dentro de Galicia, o Mosteiro de San Martiño Pinario co convento dos franciscanos de Louro.
  • Viven en comunidade. Hai comunidades tanto femininas como masculinas. Pero como norma xeral, homes e mulleres forman comunidades separadas. O tamaño das comunidades pode ser moi variable, dependendo das zonas xeográficas e das épocas, desde uns poucos compoñentes ata mosteiros con centos de membros.
  • A comunidade ten unha estrutura xerárquica. Sempre hai un responsable (abade, prior, superior, mestre):
    • O sistema de selección do responsable pode ser por experiencia (o máis ancián), ou por considerarse a reencarnación dalgún gran mestre antigo (como no lamaísmo), aínda que o sistema máis habitual é o de elección democrática realizada polos membros da comunidade. O que converte a algunha comunidade monacal, como os monxes bieitos, nas máis antigas organizacións democráticas aínda en funcionamento. O cargo de goberno pode ser temporal ou vitalicio.
  • A ocupación principal da comunidade xira arredor da súa fe relixiosa. A oración tanto persoal como en comunidade, a contemplación, as celebracións litúrxicas segundo os preceptos e as festas de cada relixión, o estudo dos textos sagrados propios e dos autores teolóxicos máis senlleiros.
  • As comunidades tamén dedican algún tempo a atender as necesidades materiais. En xeral, os mosteiros tenden á autosuficiencia económica. Nuns casos, como no budismo, a principal fonte de ingresos proveñen das esmolas. Noutros casos, é algún tipo de actividade laboral que se pode realizar nas dependencias do mosteiro á que provén dos recursos económicos necesarios. Son famosas a repostería dalgúns mosteiros femininos ou as bebidas alcohólicas (licores, cervexa) dalgúns mosteiros masculinos. Pero tamén hai mosteiros que viven do teletraballo, de explotacións gandeiras ou agrícolas, dos servizos de hospedería ou, no caso de mosteiros de gran valor artístico, do turismo.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Afonso IV de León

Afonso IV de León e Galiza (falecido en 933), cognominado o Monxe, foi rei de toda Galiza altomedieval de 925 a 931.

Fillo máis vello de Ordoño II de Galiza, non ascendeu ao trono por morte do pai en 924, tendo a Ordoño sucedido o tío Froila II; coa morte deste no ano seguinte, sendo Afonso o descendente máis vello de entre os fillos de Ordoño e Froila, tornouse rei na cidade de León. Trala morte do seu irmán Sancho Ordóñez, Afonso IV pasou a actuar como rei de toda Galiza, desde a sede de León. Nesas condicións sería difícil asegurar a gobernación, tendo resignado en favor do seu irmán Ramiro II, e entrado de seguida nun mosteiro. Inconstante, porén, no seu carácter, tomou armas co fillo de Froila (Afonso Froilaz) contra Ramiro, tendo suspendido a súa renuncia ao trono, por un lado, e a vida monástica por outro. Ramiro derrotouno, mandouno cegar e colocouno baixo prisón no mosteiro de Sahagún, onde viría a falecer en 933. Ordoño IV, futuro rei de Galiza era seu fillo.

Bieito de Nursia

Bieito de Nursia, nado en Nursia no 480 e finado en Monte Cassino no 547, foi un monxe, fundador do monacato occidental. Na actualidade é o Santo Patrón de Europa. A súa festividade celébrase o 11 de xullo.

Gregorio I, papa

Gregorio I, nado arredor do ano 540 en Roma e finado o 12 de marzo de 604, foi un relixioso italiano, 64º papa da igrexa católica, coñecido tamén como San Gregorio Magno.

Himno de Suíza

O Himno de Suíza, tamén coñecido como Cántico Suízo (en alemán: Schweizerpsalm, en francés: Cantique suisse, en italiano: Salmo Svizzero, en romanche: Psalm svizzer) é o himno nacional de Suíza.

A historia do actual himno nacional suízo data de 1841, cando o himno foi composto polo monxe cisterciense da abadía de Wettingen Alberik Zwyssig (1808-1854). Desde entón o himno foi cantado frecuentemente en eventos nacionais. En 1961 foi admitido provisionalmente, ata que foi declarado himno oficial da Confederación o 1 de abril de 1981.

Malcolm I de Escocia

Máel Coluim mac Domnaill, tamén coñecido sinxelamente como Malcolm I, finado en 954, foi un rei dos escoceses. Deveu en rei cando o seu curmán Causantín mac Áeda abdicou para facerse monxe. Era o fillo de Domnall mac Causantín.

Martiño Lutero

Martiño Lutero ou Martin Luther, e inicialmente Martin Luder, nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, foi un teólogo alemán. É o pai espiritual da Reforma protestante e a súa influencia foi enorme nas doutrinas e cultura da tradición luterana e protestante en xeral. Como monxe agostiño tornouse teólogo e quería alcanzar reformas, vistas como necesarias, sen inicialmente pretender dividir a igrexa.

Mauro de Anjou

Non confundir con Santo Amaro.

Mauro de Anjou, nado en Roma no ano 511 e finado o 15 de xaneiro de 584, abade de Glanfevil, chamado despois san Mauro do Loira ou de Anjou, foi un relixioso cristián do século VI.

Nechtan mac Der-Ilei

Nechtan mac Der-Ilei ou Nechtan mac Dargarto (en irlandés antigo: Nechtan mac Der-Ilei ou Nechtan mac Dargarto) foi rei dos pictos entre os anos 706-724 e 728-729. Fillo de Dargart mac Finguine e de Der-Ilei, sucedeu ó seu irmán Bridei en 706. Está asociado a significativas reformas relixiosas entre os pictos. Abdicou en 724 en favor do seu sobriño e converteuse en monxe. En 728 e 729 loitou nunha guerra a catro bandos polo trono dos pictos.

Padre Sobreira

O padre Sobreira, nado como Xoán Sobreira Salgado en Beade en 1745 e finado en Guadalaxara en 1805, foi un monxe beneditino galego que, ademais de compoñer diversos textos sobre a xeografía de Galiza, traballou durante máis de oito anos na idea dun dicionario galego, que había levar o título de Glossario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando todas as outras linguas da Península Ibérica o tiñan. Este dicionario, ao seu ver, sería útil para conservar por escrito o idioma galego.

Protestantismo

O protestantismo abrangue o conxunto das igrexas e comunidades cristiás xurdidas no século XVI en Europa Occidental, separadas da Igrexa católica a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño Martiño Lutero, iniciador do luteranismo.

Rei Artur

O rei Artur é unha importante figura da mitoloxía de Gran Bretaña orixinada na mitoloxía celta, representa o ideal do cabaleiro na guerra e na paz. É a personaxe principal no ciclo de lendas coñecido como Materia de Bretaña. Os investigadores non concordan sobre se realmente existiu, nas máis antigas referencias dos textos galeses non se lle dá o título de rei, senón dux bellorum. O seu nome procede de arz (oso) símbolo da forza, da estabilidade e da protección

A máis antiga referencia dun historiador é do monxe e historiador galés Nennio, por volta do ano 826, en Historia Brittonum, narrou unha ducia de batallas épicas de Artur contra dos bárbaros (xutos, anglos, saxóns...). Segundo Nennio, Artur viviu entre fins do século V e comezos do século VI, e datou a súa morte no ano 542 da man do seu sobriño Mordred.

No século X aparece nos Annales Cambriae que no ano 516 rexistra a vitoria de Artur contra dos saxóns e no 537 a súa morte nunha batalla.

San Salvador de Camba, Rodeiro

San Salvador de Camba é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 112 habitantes (57 mulleres e 55 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 186 habitantes.

Nesta parroquia naceron o monxe Manuel García Gil, o alcalde de Rodeiro Luís López Diéguez, o filósofo Ramón Regueira Varela e o sacerdote Javier Vales Faílde.

Stanisław Konarski

Hieronim Franciszek Konarski, coñecido como Estanislao Konarski ou Stanisław Konarski, nado en Żarczyce Duże o 30 de setembro de 1700 e finado en Varsovia o 3 de agosto de 1773, foi un educador polonés, un reformador educacional, escritor, político, un poeta, un dramaturgo, monxe escolapio e uns dos principais promotores da Ilustración en Polonia.

Urbano V, papa

Urbano V, nado co nome de Guillaume de Grimoard en Grisac en 1310 e finado en Avignon o 19 de decembro de 1370, foi un relixioso francés, Papa n.º 200 da Igrexa católica de 1362 a 1370, e sexto Papa do pontificado de Avignon.

Xogos Olímpicos de 1924

Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.

Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.

Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.