Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.
Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

CastañodePumbariños
Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales (monumento natural de Galicia), calcúlase que ten máis de 1.000 anos de idade.
Cono de Arita, Salar de Arizaro (Argentina)
Monumento natural Cono de Arita, en Salta, Arxentina.

En España

En España, un Monumento Natural é unha figura de protección legal establecida pola lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade[1].

No seu artigo número 33 a devandita lei establece a definición dos Monumentos Naturais tal como segue[1]:

  1. Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.
  2. Consideraranse tamén Monumentos Naturais as árbores senlleiras e monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos, os estratotipos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.
  3. Nos Monumentos con carácter xeral estará prohibida a explotación de recursos, salvo naqueles casos que por razóns de investigación ou conservación se permita a mesma, previa a pertinente autorización administrativa.

Monumentos Naturais en Galiza

De acordo coa lei 42/2007 a Xunta de Galicia desenvolve a figura de protección, declarando sete espazos como Monumentos Naturais en Galicia. En 2012 ampliouse a listaxe a oito:[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 "LEY 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 9 de maio de 2011.
  2. Turgalicia (ed.). "Monumentos Naturais". Consultado o 1 de decembro de 2015.
  3. "Decreto 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga)"

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antigua, Fuerteventura

Antigua é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado en parte do centro da illa de Fuerteventura chegando ata a costa este.

Antes da conquista era unha das zonas máis poboadas da illa. Tras a chegada dos casteláns a Fuerteventura convértese nun importante casarío, chegando a ser sede do Partido Xudicial (1834), aínda que só por un ano. Actualmente ten na súa costa un dos máis importantes enclaves turísticos da illa: a Caleta de Fuste.

Barbate

Barbate é unha localidade da provincia de Cádiz, Andalucía. No ano 2008 tiña 22.851 habitantes. A súa superficie é de 142 km² e ten unha densidade de 159,4 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 11' N, 5º 55' O. Atópase situada a unha altitude de 14 metros e a 64 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Áchase na costa próxima ao cabo de Trafalgar.

Tradicionalmente foi unha poboación pesqueira dedicada tanto na pesca nos caladoiros marroquís como na pesca do atún mediante a arte tradicional da almadraba.

Neste concello atópase o Parque Natural da Breña e Marismas do Barbate, o monumento natural do Tómbolo de Trafalgar, así como o mesmo Cabo Trafalgar.

Trala guerra civil, a localidade é refundada e separada de Vejer de la Frontera e pasa a chamarse Barbate de Franco, contando cun consistorio propio. Non foi até o 7 de marzo de 1998 cando perdeu o apelido Franco mediante decreto da Xunta de Andalucía.

Cabo Vilán

O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo.

O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España.

En 1890, o navío inglés Serpent, que navegaba cara a Serra Leoa, afundiu preto do cabo por mor dun temporal, perecendo 173 homes que están soterrados no cemiterio dos Ingleses, a escasa distancia do cabo Vilán.

Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega.

Carballa da Rocha

A Carballa da Rocha é un carballo situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga, Ourense, declarado Monumento natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007 .

A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.

Costa de Dexo-Serantes

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros. É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa. É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.

Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000, e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).

Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un dobramento recorrente nas montañas do Courel, en Quiroga, que se formou no carbonífero.Este elemento xeolóxico foi catalogado como monumento natural e ocupa un espazo de 90 hectáreas entre os lugares de Campodola, O Hospital, e Leixazós, Pacios da Serra. É ademais un Geosite español e parte do Xeoparque das Montañas do Courel.

Fraga de Catasós

A fraga de Catasós é unha fraga declarada monumento natural no ano 2000, situada no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de carballeira de Quiroga, xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos, aínda que salienta polos seus senlleiros castiñeiros (tamén se lle chamaba souto), algúns de varios centos de anos, 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).

Maestrazgo, Teruel

O Maestrazgo é unha comarca de Aragón, en España, situada no leste da provincia de Teruel. A súa capital é Cantavieja.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Pájara

Pájara é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Situado en parte do centro da illa de Fuerteventura, abarca tamén todo o sur da illa, que forma a chamada península de Jandía.

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas.

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Souto da Retorta

O Souto da Retorta está situado na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín.O 25 de febreiro de 2000 foi incluído entre os espazos naturais baixo a figura de monumento natural e en 2007 no "catálogo galego de árbores senlleiras" pola idade e grosor das árbores.

O espazo ten unha superficie de 3,19 ha e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.

Ademais dos eucaliptos centenarios, o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros.

Souto de Rozavales

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales, é un monumento natural que se atopa no lugar ourensá do Souto de Rozavales, San Martiño de Manzaneda, Manzaneda. Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro. Tamén o castiñeiro de Pumbariños, que está aí, se incluíu no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Tuineje

Tuineje é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Fuerteventura. Os principais núcleos de poboación son Gran Tarajal, Tarajalejo, Tesejerague e Tuineje.

Unión Internacional para a Conservación da Natureza

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

Ia - Reserva Estrita da NaturezaÁrea de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.Ib - Área SalvaxeGrande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.II - Parque NacionalÁrea natural de terra e/ou mar, destinada a:

protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;

excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;

fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.III - Monumento NaturalÁrea contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.IV - Área de Manexo de Hábitat/EspecieÁrea de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.V - Paisaxe/Costa ProtexidaÁrea de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.VI - Área Protexida de Manexo de RecursosÁrea que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Vilasuso, O Val, Narón

Vilasuso é un lugar da parroquia de Santa María a Maior do Val no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 19 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 8 homes e 11 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2003 cando tiña 22 habitantes.

Neste lugar está o Castro de Vilasuso e moi preto del o monumento natural da Pena Molexa.

Yaiza

Yaiza é un municipio español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no sur da illa de Lanzarote.

A poboación é de 14.871 habitantes (INE, 2011), e a súa densidade de poboación é de 70,2 hab./km², para unha área de 211,84 km². É o termo municipal máis ao sur e ao oeste da illa de Lanzarote. A súa industria principal é o turismo e a agricultura. Rodeado polo Océano Atlántico, linda ao norte cos municipios de Tinajo e Tías.

No extremo sur do municipio de Yaiza, na zona coñecida como "El Rubicón", instalouse o primeiro asentamento europeo das Illas Canarias, en 1402, desde onde se iniciou a Conquista do Arquipélago.

O pobo de Yaiza é o núcleo municipal, onde se atopa o concello. Fronte a el atópase a parroquia da nosa Señora dos Remedios, patroa do municipio, cuxa festividade é o 8 de setembro. Yaiza atópase no bordo da área sepultada polas erupciones volcánicas producidas en Lanzarote entre 1730 e 1736, que deron como orixe o Parque Nacional de Timanfaya. Precisamente, a crónica fundamental das erupcións foi narrada polo entón párroco de Yaiza, Andrés Lorenzo Curbelo. Yaiza sobresae entre os pobos da illa polo seu coidado paisaxístico e o seu respecto á arquitectura tradicional.

Ademais de Timanfaya, o municipio ten outros espazos naturais de grande importancia, como o monumento Natural de Los Ajaches, en cuxa costa atopar as Praias de Papagayo, ou o Charco Verde, tamén chamado de Los Clicos. Na costa de Yaiza sitúanse tamén as maiores salinas de Canarias, as Salinas de Janubio.

Dentro do termo municipal atópase Femés, pobo que serve de escenario principal da novela Mararía, do escritor canario Rafael Arozarena. En Femés está tamén a igrexa en honra a San Marcial, patrón de Lanzarote. Playa Blanca, no extremo sur da illa, é o principal núcleo turístico do municipio.

O municipio de Yaiza está formado polos pobos de Yaiza, Playa Blanca, Uga, Las Breñas, Femés, La Hoya, Las Casitas, El Golfo, La Degoyada, Playa Quemada e Maciot.

Entre os medios de comunicación do municipio, cabe destacar YaizaNews.com, diario dixital con vocación social.

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.