Montmeló

Montmeló é un municipio español pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado a uns 20 km ao norte de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental. Atópase na parte baixa do río Congost, na súa confluencia co río Mogent para formar o Besòs, río que constitúe o límite meridional do municipio.

Montmeló
Bandera de Montmeló
Escut de Montmeló
Ajuntament Montmelo - 2010-02-06 - JTCurses
Casa do concello de Montmeló
Localización
Localització de Montmeló respecte del Vallès Oriental
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Oriental
Xeografía
Altitude72 msnm
Superficie4,0 km²
Demografía
Poboación9.001 hab. (2010)
Densidade2.250,25 hab/km²
XentilicioMontmeloní, montmelonina
Outros datos
Código postal08160
AlcaldeAntoni Guil Román (PSC)
www.montmelo.es

Historia

Santa Maria de Montmeló
Igrexa de Santa María de Montmeló

A máis antiga referencia a Montmeló é unha acta do 945 na que se fala da igrexa de Santa María de Montmeló, que aínda conserva algúns restos románicos (sobre todo unha ábsida).

O 28 de marzo de 1642, durante a guerra dos Segadors foi escenario da batalla de Montmeló, na que as tropas catalanofrancesas derrotaron a columna castelá de 4.500 homes que se dirixía a Perpiñán, que quedara illada.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
537 880 1.020 4.384 6.865 8.437 9.001

Economía

Montmeló constitúe a zona máis industrializada da comarca do Vallès Oriental. A superfície forestal ocupa só 8 hectáreas e a agricultura está en regresión fronte á industria. Os principais cultivos foron os cereais, forraxes e a viña.

F1 Circuit de Catalunya - Tribuna
Tribuna e recta de chegada do circuíto

En 1991 foi inaugurado o Circuíto de Catalunya, no que se disputan anualmente o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Ambas as carreiras gañaron en máis dunha ocasión o premio a mellor GP da tempada. O circuíto está entre os municipios de Montmeló, Granollers e Parets del Vallès.

Festividades

A festa maior celebrábase anteriormente en torno ao 15 de agosto coincidindo coa festividade da Asunción da nosa Señora, pero o municipio decidiu cambiar a data de celebración ao último domingo de xuño, case sempre coincidindo coa festividade de San Pedro, conmemorando a relación secular de Montmeló co mosteiro beneditino de Sant Pere de les Puel·les.

Nos últimos anos a Festa Maior divídese en dúas collas, a de Melons (en referencia ao nome do municipio) e a de Creuats (en referencia ás Tres Cruces), representados pola cor verde e o vermello respectivamente, que compiten en diferentes probas ao longo da Festa Maior.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AP-7

A Autoestrada do Mediterráneo ou AP-7 é unha autoestrada española que comunica toda a costa mediterránea desde a fronteira con Francia ata Alxeciras. O primeiro tramo da autoestrada foi inaugurado en 1969 entre Barcelona e Granollers.

Son seis as concesionarias da explotación dos tramos de peaxe nesta autoestrada:

Acesa para o tramo La Jonquera - Tarragona.

Aumar para o tramo Tarragona - Alacant.

Ciralsa na circunvalación de Alacant.

Ausur para o tramo Crevillent - Cartagena.

Aucosta para o tramo Cartagena - Vera.

Ausol para o tramo Fuengirola - Guadiaro.

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 foi o campionato anual número 50 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 16 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 7 de marzo, e rematou o 31 de outubro.

Cataluña

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha; en castelán: Cataluña) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Circuíto de Barcelona-Cataluña

O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten un aforamento de 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP.

Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo.

O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña. Está xestionado polo Real Automóbil Club de Cataluña (RACC).

O circuíto sufriu unha pequena remodelación a principios de 2007, ao introducirse unha chicana na curva do estadio, reducindo a velocidade desa curva. A escapatoria desa chicana é de asfalto, a diferenza das típicas escapatorias de grava, e instalaron un sistema novo de absorción de impactos, que aseguran a integridade do piloto ata velocidades de 200 km/h.

Gran Premio de España de 2009

O Gran Premio de España de 2009 (formalmente o L Gran Premio de España Telefónica) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de maio de 2009 no Circuit de Catalunya, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A carreira, composta por 66 voltas, foi gañada por Jenson Button do equipo Brawn GP tras saír da pole position. Rubens Barrichello finalizou segundo no segundo automóbil de Brawn GP e con Mark Webber, de Red Bull, terceiro.

Gran Premio de España de 2011

O Gran Premio de España de 2011 (formalmente o LIV Gran Premio de España Santander) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 22 de maio de 2011 no Circuit de Catalunya, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011. A carreira, composta por 66 voltas, foi gañada por Sebastian Vettel do equipo Red Bull Racing.

Gran Premio de España de 2012

O Gran Premio de España de 2012 (formalmente o LV Gran Premio de España Santander) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrara o 13 de maio de 2012 no Circuit de Catalunya, Montmeló, España. Será a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012.

Gran Premio de España de 2013

O Gran Premio de España de 2013 (formalmente o LVI Gran Premio de España Santander) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 12 de maio de 2013 no Circuit de Catalunya, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013.

Nico Rosberg logrou a pole position da carreira, por diante do seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton.Fernando Alonso acadou a súa vitoria número 32 nun Gran Premio, por diante de Kimi Räikkönen, quen quedou en segundo lugar no Lotus - Renault e o compañeiro en Ferrari Felipe Massa quedou terceiro. Malia cualificar na pole position, Nico Rosberg chegou nun humilde sexto posto, resaltando aínda máis o mal comportamento de Mercedes na tempada 2013.

Gran Premio de España de 2014

O Gran Premio de España de 2014 (oficialmente o Gran Premio de España Pirelli 2014) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 11 de maio de 2014 no Circuíto de Barcelona-Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.

Gran Premio de España de 2015

O Gran Premio de España de 2015 (oficialmente o Gran Premio de España Pirelli 2016) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 10 de maio de 2015 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 e o cuadraxésimo quinto Gran Premio de España consecutivo no Campionato Mundial de Fórmula 1, e o vixésimo quinto en Cataluña. A carreira foi gañada por Nico Rosberg pilotando un Mercedes no que logrou a súa primeira vitoria da tempada, a primeira en España e a novena da súa carreira. O seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton terminou segundo logo dun mal comezo, seguido de Sebastian Vettel no terceiro posto.

Gran Premio de España de 2016

O Gran Premio de España de 2016 (oficialmente o Fórmula 1 Gran Premio de España Pirelli 2016) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 15 de maio de 2016 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 e o vixésimo sexto en Cataluña.

Gran Premio de España de 2017

O Gran Premio de España de 2017 (oficialmente o Fórmula 1 Gran Premio de España Pirelli 2017) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 14 de maio de 2017 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 e o vixésimo sétimo en Cataluña.

Gran Premio de España de 2018

O Gran Premio de España de 2018 (oficialmente o Fórmula 1 Gran Premio de España Emirates 2018) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 13 de maio de 2018 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 marca a cuarenta e oito proba do Gran Premio de España como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950 e a vinte e oito vez que se celebrou unha rolda do Campionato do Mundo no circuíto de Barcelona-Cataluña.

O piloto de Mercedes Lewis Hamilton é o último vencedor da carreira, e inicia a rolda cunha vantaxe de catro puntos sobre Sebastian Vettel no Campionato Mundial de Pilotos. No Campionato Mundial de Construtores, Ferrari lidera sobre Mercedes por catro puntos.

Gran Premio de España de 2019

O Gran Premio de España de 2019 (oficialmente o Emirates Gran Premio de España Emirates 2019) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 12 de maio de 2019 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a quinta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 marca a cuarenta e nove proba do Gran Premio de España como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950 e a vinte e nove vez que se celebrou unha rolda do Campionato do Mundo no circuíto de Barcelona-Cataluña.

HRT F112

O HRT F112 é un monopraza de competición construído por HRT F1 Team para competir na tempada de Fórmula 1 de 2012. Será pilotado polo español Pedro de la Rosa e o indio Narain Karthikeyan e presentouse o 5 de marzo en Montmeló.

Río Besòs

O Besòs é un río catalán que transcorre pola provincia de Barcelona cun curso de 17,7 km. Nace na comarca do Vallès Oriental, da unión dos ríos Mogent e Congost, e desemboca no mar Mediterráneo en Sant Adrià de Besòs, moi preto de Barcelona.

A súa conca travesa os concellos de Aiguafreda, Figaró-Montmany, la Garriga, les Franqueses del Vallès, Canovelles, Granollers, Montmeló, Mollet del Vallès, Montcada i Reixac, Santa Coloma de Gramenet, Sant Adrià de Besòs e Barcelona.

O caudal do Besòs é típico do Mediterráneo, moi irregular durante todo o ano. Ten cinco afluentes principales: o Mogent, o Congost, o Tenes, a riera de Caldes e o Ripoll.

UVigo Motorsport

UVigo Motorsport é un equipo automobilístico pertencente á Universidade de Vigo e que participa cos seus monoprazas na competición da Fórmula Student en circuítos de toda Europa. O equipo está constituído por 28 estudantes de diversas ramas da Enxeñaría industrial, estruturado nunha xefatura de equipo, unha dirección técnica, e os departamentos de mercadotecnia e organización, de transmisión e propulsión, de dinámica, de chasis e seguridade, de carrozaría e aerodinámica, e de electrónica e programación.

Vallès Oriental

O Vallès Oriental é unha comarca da provincia de Barcelona, na zona central de Cataluña. A súa capital é Granollers. En 2009 tiña 394.061 habitantes.

A comarca limita ao norte con Osona e o Moianès, ao nordeste coa Selva, ao sueste co Maresme, ao sur co Barcelonès, ao suroeste co Vallès Occidental, e co Bages polo noroeste.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.