Montevideo

Montevideo é a capital e cidade máis grande de Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.

Coordenadas: 34°53′1″S 56°10′55″O / -34.88361, -56.18194

Montevideo
Coat of arms of Montevideo Department
Montevideo aerial
Vista aérea da cidade.
Localización
Montevideo en Uruguai

Montevideo
Montevideo
PaísUruguai Uruguai
DepartamentoMontevideo
Xeografía
Altitude43 msnm
Superficie525,54 km²
Demografía
Poboación1.338.408 hab. (2009)
Densidade6.523 hab/km²
Xentiliciomontevideano/a
Outros datos
Código postal11#00 & 12#00
Intendencia Municipal de Montevideo

Xeografía

Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Prata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.

Demografía

Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.

Historia

Karte Montevideo MKL1888 kl
Mapa histórico de Montevideo

Entre 1680 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses de Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Prata, fronte a Buenos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española proveniente de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital de Uruguai.

Orixe do nome

Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vi eu", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo. A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".

MontevideoIndependencePlaza1900
Praza da Independencia, Montevideo, c. 1900
A Arnoia

A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arnoiao».

Buenos Aires

Buenos Aires, ás veces escrito en galego Bos Aires, é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños ou bonaerenses. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento. É, principalmente, unha cidade de servizos.

Carlos Pereira Martínez

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Carlos Zubillaga

Carlos Alberto Zubillaga Barrera, nado en Montevideo en 1941, é un historiador, xenealoxista e docente universitario uruguaio. Membro de honra da Real Academia Galega..

Club Nacional de Football

O Club Nacional de Football ou simplemente Nacional é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo. Fundouse o 14 de maio de 1899 e compite na Primeira División de Uruguai.

Dagoberto Moll

Dagoberto Moll Sequeira, nado en Montevideo o 27 de xullo de 1927, é un ex futbolista e adestrador de fútbol uruguaio. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez

Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez, nado o 8 de setembro de 1964 en Montevideo (Uruguai) é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de defensa. Fillo de emigrante galego con catorce anos volveu a Galicia, onde se formou e desenvolveu a súa carreira futbolística.

Julio María Sanguinetti

Julio María Sanguinetti Coirolo, nado en Montevideo o o 6 de xaneiro de 1936, é un avogado, historiador, xornalista e político uruguaio. Foi tres veces deputado, dúas veces ministro, senador e Presidente da República en dous períodos, 1985-1990 e 1995-2000. É membro do sector "Foro Batllista" do Partido Colorado, do cal foi Secretario Xeral de 1983 a 1985 e de 2004 a 2009. É autor dunha extensa biografía do pintor Pedro Figari.

Leopoldo Nóvoa

Leopoldo Nóvoa García, nado en Salcedo (Pontevedra) o 17 de decembro de 1919 e finado en París o 23 de febreiro de 2012, foi un pintor e escultor galego.

Luis Alberto Lacalle

Luis Alberto Lacalle de Herrera, nado en Montevideo o 13 de xullo de 1941, é un avogado e político uruguaio, presidente do seu país entre 1990 e 1995.É neto do tamén político Luis Alberto de Herrera.

Manuel Meilán

Manuel Meilán Martínez, nado en Lugo o 18 de xullo de 1904 e falecido en Montevideo o 26 de setembro de 1994, foi un dinamizador do galeguismo na comunidade emigrante no Uruguai.

Mundial de Fútbol de 1930

O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campeonato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Uruguai do 13 ao 30 de xullo. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu a Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan. Tódolos partidos xogáronse na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.

Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e o custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.

As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.

Río da Prata

O río da Prata, en castelán Río de la Plata, é un río do Cono Sur de América do Sur, formado pola xunción dos ríos Paraná e Uruguai. Pode ser dividido en dous sectores: o sector interior composto polos tramos superior e medio, que posúe pouca profundidade e está ausente de intrusión salina, e o sector exterior comprendido entre Montevideo, Punta del Este, e a baía de Samborombón, tramo de maior profundidade, e cunha importante influencia mariña, sendo un estuario do océano Atlántico. Ten unha forma triangular de 290 km de lonxitude, servindo de fronteira en toda a súa traxectoria entre a República Arxentina e a República Oriental do Uruguai. Posúe un rumbo xeral noroeste-sueste, vertendo no mar Arxentino a escorrentía da súa cunca hidrográfica máis a dos seus afluentes, que suma unha área de arredor de 3 200 000 km². Considérase tradicionalmente, en especial nos dous países das súas ribeiras, como o río máis ancho do mundo, con 220 km de ancho na súa foz.

Selección de fútbol da Arxentina

A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo. Dende aquela a selección arxentina converteuse nun dos equipos máis exitosos do fútbol mundial, sendo campioa en dúas acasións da Copa Mundial de Fútbol (1978 e 1986) e finalista noutras dúas ocasións (1930 e 1990). En 1992, o equipo arxentino gañou a Copa FIFA Confederacións, en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do devandito torneo, caendo ante Dinamarca e Brasil respectivamente.

Arxentina é xunto a Uruguai, a selección que máis veces gañou a Copa América, lográndoa en catorce ocasións. Ademais é a selección que máis subcampionatos logrou na competición, nunhas doce oportunidades. Nos Xogos Olímpicos a Selección Arxentina obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 e nos de 2008. Á súa vez, gañou a medalla de prata en 1928 e en 1996. O seleccionado xuvenil Sub-20 é o máximo campión da Copa Mundial da categoría, con 6 títulos en 1979, 1995, 1997, 2001, 2005 e 2007. Ademais foi finalista na edición de 1983. Arxentina e Francia son as únicas seleccións do mundo que gañaron a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos e a Copa Confederacións.

Grandes xogadores da historia futbolística pasaron por esta selección, entre os cales destaca o volante Diego Armando Maradona, considerado como un dos mellores xogadores na historia, sendo elixido Mellor Xogador do Século nunha votación realizada no ano 2000 no sitio web da FIFA. En marzo de 2007 alcanzou por primeira vez o posto un no ranking FIFA. Aquela mención duroulle só ese mes, aínda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificación ata xullo de 2008.

Trofeo Teresa Herrera

O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de verán, de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. O equipo anfitrión é o Deportivo da Coruña e o actual campión é o propio Deportivo, tras a final de 2019.

É o terceiro torneo entre equipos profesionais máis antigo de España e está considerado como un dos torneos amigables máis prestixiosos do mundo debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.

Uruguai

O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.

Segundo as Nacións Unidas é o país de Latinoamérica co nivel de alfabetización máis alto.

Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país de Latinoamérica (despois da Arxentina e de Chile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Tamén é o país de Latinoamérica (xunto con Costa Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto, (despois de Cuba, Costa Rica, Chile e Ecuador, coa esperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, co PIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica co PIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Sudamérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" de The Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar a unión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Walter Pandiani

Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como El Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un ex-futbolista uruguaio. Xogaba na posición de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Xesús Canabal

Xesús Canabal Fuentes, nado no Amenal (O Pino) en marzo de 1897 e finado en Montevideo o 29 de agosto de 1985, foi un empresario e destacado persoeiro da emigración galega no Uruguai.

Xulio Sigüenza

Xulio Sigüenza Raimúndez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1898 e finado en Vigo o 15 de abril de 1965, foi un xornalista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.