Montes de Galicia

Os montes de Galicia son uns dos lugares máis referenciais do noso país, dado que o relevo galego e moi accidentado e case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda, ou unha montaña emblemáticos. Na tradición oral de lendas e historias os montes galegos teñen grande importancia, así coma os ríos e os animais, o que demostra o respecto e admiración que os nosos antergos sentían pola natureza.

Cómpre ter presente que a cuarta parte do territorio galego, é dicir, máis de 700.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en mancomún, xestionada por 2800 comunidades de montes. Isto non só pon de relevo a importancia desta figura como sinal de identidade e cultura do país, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

Pena trevinca
Pena Trevinca (2127 m).
Nevado must
O Mustallar (1924 m).
Ancares, degrada a Piornedo, Cervantes. Tres Bispos
Tres Bispos (1795 m).
Rio San Lazaro(nacimiento)
Cabeza de Manzaneda (1778 m).
Monte do Faro desde San Cristovo
Monte Faro (1187 m).
Nome Comarca Serra Altitude
Pena Trevinca Valdeorras Serra do Eixo 2127 m
Pena Negra Valdeorras Serra do Eixo 2121 m
Pena Surbia Valdeorras Serra do Eixo 2116 m
Alto Ladeira da Medias Valdeorras Serra do Eixo 2066 m
O Xubial Valdeorras Serra do Eixo 2053 m
Pena Trevinca Norte Valdeorras Serra do Eixo 2041 m
Cota 2002 Valdeorras Serra do Eixo 2032 m
Cuíña Serra dos Ancares 1987 m
O Mustallar Os Ancares Serra dos Ancares 1935 m
Maluro Serra do Eixo 1925 m
Lanza Serra dos Ancares 1867 m
Corno Maldito Serra dos Ancares 1849 m
Penarrubia Serra dos Ancares 1822 m
Tres Bispos Serra dos Ancares 1795 m
Cabeza de Manzaneda A Terra de Trives Serra da Queixa 1778 m
Os Tolleiros Serra da Queixa 1734 m
Fonte do Santo Serra de San Mamede 1714 m
O Sistil Branco Serra da Queixa 1707 m
O Seixo A Terra de Trives Serra do Fial das Corzas / O Invernadeiro 1705 m
Formigueiros Serra do Courel 1639 m
Piapaxaro Serra do Courel 1619 m
Monte Faro Serra do Courel 1615 m
O Turrieiro Serra da Enciña da Lastra 1612 m
Alto da Devesa Serra do Courel 1603 m
Cabeza da Veiga do Fial Serra do Fial das Corzas 1552 m
Reiteixido Serra da Enciña da Lastra 1540 m
A Nevosa A Baixa Limia Serra do Xurés 1539 m
O Piornal Serra da Enciña da Lastra 1528 m
Penagache A Terra de Celanova Serra de Laboreiro 1225 m
Monte Faro Chantada / O Deza Serra do Faro 1187 m
Alto da Veneira A Terra de Lemos / Sarria Serra do Courel 1164 m
Faro de Avión Serra do Suído 1154 m
Pena dos Catro Cabaleiros A Terra de Lemos / Sarria / Quiroga Serra do Courel 1131 m
Monte Loureiro Serra do Faro 1076 m
O Suído Serra do Suído 1060 m
O Cadramón Serra do Xistral 1056 m
Penas de Pasadama A Fonsagrada 1049 m
O Xistral Serra do Xistral 1032 m
Monte Pradairo Lugo 1029 m
Coto da Puza Serra do Suído 1027 m
Penedo dos Tres Reinos Viana Serra de Marabón 1025 m
Alto de San Bieito O Deza / Tabeirós-Terra de Montes Serra do Candán 1015 m
Lombo Pequeno Terra Chá Serra do Xistral 1015 m
Uceiro Deza / Tabeirós-Terra de Montes Montes do Testeiro 1003 m
Pena Pixín Deza / Tabeirós-Terra de Montes Montes do Testeiro 988 m
Monte Coco Deza / Tabeirós-Terra de Montes Serra do Candán 969 m
Paradanta A Paradanta Montes da Paradanta 954 m
Monte Farelo O Deza / A Ulloa Serra do Farelo 951 m
Coto da Moura A Terra de Celanova 944 m
Pena Grande Meira 935 m
Monseivane A Terra Chá Serra da Carba 929 m
Mioteira A Terra de Lemos Serra do Courel 871 m
O Candán Serra do Candán 845 m
Monte da Cova da Serpe A Terra Chá / Lugo / A Terra de Melide Serra da Cova da Serpe 841 m
O Home Grande (Peñido) A Terra de Lemos Serra do Courel 824 m
Monte Campelo A Terra de Melide 811 m
O Careón Serra do Careón 798 m
O Home Pequeno A Terra de Lemos Serra do Courel 784 m
Monte Caxado O Eume Serra da Faladoira 756 m
O Pedregal O Sar 742 m
Monte Xesteiras Caldas 717 m
Monte Pendiella Serra da Loba 712 m
Monte Galiñeiro Vigo Serra do Galiñeiro 711 m
Pena Verde Serra da Loba 709 m
A Cabana O Sar 705 m
O Serrón do Lobo Serra da Loba 700 m
San Nomedio O Condado Montes da Paradanta 690 m
Monte Couso A Terra de Lemos Serra das Penas 689 m
Iroite A Barbanza Serra do Barbanza 687 m
Muralla A Barbanza Serra do Barbanza 679 m
Alto da Groba Vigo Serra da Groba 662 m
Outeiro Verde O Deza / Tabeirós-Terra de Montes 650 m
Cerro de Pereira (A Serra) A Terra de Lemos Serra de Auga Levada 648 m
Monte Xiabre Caldas Serra do Xiabre 641 m
Alto da Groba Vigo 632 m
Monte Aloia O Baixo Miño Serra do Galiñeiro 629 m
A Moa (Monte Pindo) Muros Montes do Pindo 627 m
Faro de Domaio Serra de Domaio 622 m
Vixía Herbeira Serra da Capelada 613 m
Monte Enxameado Betanzos / A Terra de Melide 602 m
Andraíde Meira / A Terra Chá 592 m
Mondigo A Mariña Oriental 569 m
Covallo A Terra de Lemos Serra da Trapa 564 m
San Trocado O Ribeiro / O Carballiño 550 m
Castro Sevil Caldas 545 m
A Enxa Noia Serra do Barbanza 538 m
Moncai A Terra de Lemos Serra do Moncai 531 m
Pico Sacro Santiago 530 m
Tremuzo Comarca de Noia 525 m
A Pena Negra O Deza 512 m
Monte Xalo A Coruña / Ordes 510 m
Monte Penalonga A Mariña Oriental 509 m
Monte San Fernando A Mariña Oriental 509 m
Monte Alba Vigo Serra do Galiñeiro 503 m
A Curota A Barbanza Serra do Barbanza 498 m
Monte Pedroso Santiago 461 m
Tralomoredo A Terra de Lemos Serrón de Guntín 451 m
O Espiño Santiago Serra de Ameixenda 424 m
Aguadelo Caldas Serra do Xiabre 413 m
Monte Neme Comarca de Bergantiños 389 m
Pedrouzos Santiago Serra de Ameixenda 385 m
Monte do Gozo Santiago 380 m
Monte de Nenos Ferrol 367 m
San Lois Noia Serra do Barbanza 363 m
Coto do Rei Ferrol 356 m
Santa Trega O Baixo Miño 341 m
A Peneda Vigo 329 m
Monte Breamo O Eume 305 m
Monte do Viso Vigo 260 m
Monte de Baltar (Outeiro Grande) Vigo 260 m
A Zapateira A Coruña 236 m
Monte da Cidá A Barbanza 213 m
Monte de Santa Cruz A Mariña Oriental 192 m
Monte Siradella O Salnés 166 m
Monte do Castro Vigo 149 m
Monte da Guía Vigo 100 m

A

B

C

D

E

  • O Espiño, 424 m, no concello de Ames, pertence á serra de Ameixenda e é o punto máis alto do municipio.

F

G

I

L

M

N

P

R

S

T

U

V

X

Véxase tamén

Bibliografía

  • Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.
  • Mapa Topográfico Nacional de España (2002), Instituto Geográfico Nacional, Ministerio de Fomento.

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bidueira

Unha bidueira é unha árbore caducifolia moi común nos montes de Galicia. Como topónimo Bidueira pode referirse a:

San Miguel de Bidueira, parroquia do concello de Manzaneda;

Bidueira, lugar de dita parroquia;

Bidueira, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Bidueira, lugar da parroquia de San Martín de Neira de Rei, no concello de Baralla;

A Bidueira, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza;

A Bidueira, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira;

A Bidueira, lugar da parroquia de Loiba, no concello de Ortigueira;

Castiñeiro

O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos.

Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia. Contrariamente á crenza popular que di que o seu espallamento data da época romana, é en realidad unha árbore autóctona galega, que xa estaba presente no noroeste da península hai máis de 20.000 anos.

Francisco Barreiro

Francisco Barreiro Barciela, coñecido como Paco Barreiro, nado en Vigo en 1911 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista de Galicia e guerrilleiro antifranquista galego.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de cabos de Galicia

Galería de imaxes de cabos de Galicia.

Galería de imaxes de illas de Galicia

Galería de imaxes de illas de Galicia.

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia.

Galería de imaxes de montes de Galicia

Galería de imaxes de montes de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Monte Iroite

O Iroite é un monte galego, altura máxima da serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia e Arousa. Ten unha altura de 687 metros e o seu cume o comparten os concellos de Porto do Son, Boiro e Lousame.

No seu cume ten a súa sede o Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), unha base aérea militar do Exército Español creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, xeneral xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela.

Ó seu pé, cara ó sur e ó poñente, esténdense as Chans do Iroite, unha penichaira a monte baixo moi coñecida pola súa necrópole megalítica, na que destacan as mámoas con cámara da Casota do Páramo e a Arca de Barbanza.

Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Monte San Fernando

O monte San Fernando é un accidente xeográfico situado na parroquia da Valboa (Trabada, na Mariña Oriental). Ten dous cumes de case igual altura, o pico Axilde (509 m) e o pico San Fernando (508 m). Na súa ladeira está a ermida de San Fernando.

Montes do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso(Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirogais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bole de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Conta coa categoría de parque natural desde o 5 de xuño de 1997 , pero foi refuxio de caza como espazo natural en réxime de protección xeral coa Orde do 15 de novembro de 1989 e coa regulación das actividades de uso público segundo a Orde do 8 de xaneiro de 1990, ocupando unha extensión de 5.500 ha.

Natureza

A natureza inclúe todo aquilo que existe no universo, o que non é artificial ou imaxinado. Nun senso máis amplo, equivale ao conxunto do cosmos, do universo existente, e iso abrangue dende as partículas subatómicas ata os obxectos astronómicos, incluíndo a Terra, os seres vivos e os procesos que se relacionan.

O termo "natureza" fai referencia aos fenómenos do mundo físico, e tamén á vida en xeral. En xeral non inclúe aos obxectos artificiais nin á intervención humana, a non ser que se empregue un cualificativo que faga referencia. Nun senso máis restrinxido, adóitase empregar o termo para referirse ao ambiente[Cómpre referencia].

Serra de San Mamede

A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.