Montes Cárpatos

Este artigo é sobre a cadea de montañas da Terra. Existe tamén unha cordilleira lunar chamada Cárpatos (Lúa).
Carpathians-satellite
Imaxe satélite dos Cárpatos

Os Cárpatos (checo, eslovaco, polaco e ucraíno Karpaty, romanés Carpaţi, húngaro Kárpátok) forman a á oriental do gran sistema de montañas da Europa, percorrendo 1500 km ao longo das fronteiras da República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Ucraína.

Nome

O nome deriva probabelmente da tribo dacia Carp, que vivía no primeiro milenio a.C. nas elevacións orientais dos Cárpatos. Outra fonte puido ser a palabra indoeuropea "karpa", que significa montaña ou rocha. Como Chrawat, usárona primeiro os habitantes da rexión, de onde pasou á forma Krapat ou Karpa para dar nome á cadea de montañas.

En documentos oficiais húngaros do século XIII e XIV os Cárpatos eran chamados Thorchal ou Tarczal, ou aínda Montes Nivium. A parte externa dos Cárpatos formaba a fronteira do reino da Hungría do século XIII ata o inicio do século XX.

Xeografía

Comezan no Danubio preto de Bratislava, contornan a Hungría e a Transilvania nun largo semicírculo cuxa concavidade está dirixida ao suroeste, e terminan no Danubio, preto de Orşova, na Romenia. O comprimento total dos Cárpatos é de máis de 1500 km e a súa largura varía entre 12 e 500 km. A maior largura dos Cárpatos coincide coa súa maior altitude. Así, a cadea atinxe súa largura máxima no planalto da Transilvania e no sector das montañas Tatra (maior altitude: monte Xerlachovsky - 2655 m por riba do nivel do mar, en territorio eslovaco). Os Cárpatos cobren unha área de 190.000 km², formando a máis longa cordilleira europea despois dos Alpes.

Os Cárpatos non forman unha cadea ininterrompida de montañas, mais son compostos de diversos grupos distintos tanto orograficamente como xeoloxicamente; na verdade, presentan tanta variedade canto os Alpes. Os Cárpatos, que raramente atinxe máis do que 2500 m, non presentan campos con neve, nin grandes glaciares, nin cataratas nin os lagos que se poden atopar nos Alpes. Non posúen neves eternas en ningún punto, e non hai presenza de glaciares. Así, mesmo nos seus puntos máis elevados, lembran a rexión mediana dos Alpes, cos cales, non obstantes, teñen diversos puntos en común, como a aparencia, estrutura e flora.

O Danubio separa os Cárpatos dos Alpes, que se encontran en apenas dous puntos, os Montes Leitha en Bratislava, e os Montes Bakony, mentres que este río sepáraos dos Balcáns en Orsova, na Romanía. O val do March e o Oder separa os Cárpatos das cadeas da Silesia e da Moravia, que pertencen á á central do gran sistema de montañas europeo. Contrariamente ás outras ás do sistema montañoso europeo, os Cárpatos, que son o punto de división das augas entre os mares do norte e o mar Negro, están rodeados de planicies por todos os lados, principalmente a planicie Panoniana no suroeste, a planicie do Baixo Danubio (Romanía) no sur e a planicie da Galitzia no nordeste.

Bielsko-Biała

Bielsko-Biała (en alemán: Bielitz-Biala; checo: Bílsko-Bělá) é unha cidade do sueste polaco situada no Voivodato de Silesia (dende 1999), previamente a capital do Voivodato de Bielsko-Biała (1975-1998). Bielsko-Biała está composta por dous núcleos poboacionais establecidos a ambos lados do río Biała, Bielsko e Biała, unidos en 1951 como unha única cidade. Durante a primeira partición de Polonia no ano 1772, Biała foi anexionada por Austria e pasou a formar parte de Galicia ou Galitsia, a rexión histórica do leste de Europa.

A cidade conta cunha poboación de 174.370 habitantes (2013). Sitúase ao pé dos Montes Cárpatos, moi preto da fronteira coa República Checa e con Eslovaquia. Situada entre Cracovia e Katowice.

As súas actividades turísticas céntranse na práctica do esquí e do sendeirismo e son moi coñecidas as súas rutas polas Montañas Tatra.

Bratislava

Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten aproximadamente 446.819 habitantes (2005) e está situada á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.

A cidade ten a maior densidade de poboación de Europa central. Os montes Cárpatos comezan no territorio ocupado pola cidade (Malé Karpaty, "Pequenos Cárpatos"). Bratislava é a sede do parlamento e goberno eslovacos e conta cunha grande oferta artística, cultural e educativa. Nos últimos anos está sufrindo unha gran transformación, tanto a nivel de recuperación de edificios emblemáticos, como é a mellora das deterioradas infraestruturas herdadas do antigo réxime comunista. A zona máis interesante dende o punto de vista monumental e artístico é a cidade vella, colorista e acolledora, onde se pode gozar dunha gran variedade de comercios e servizos, aínda que os prezos son sensiblemente superiores a outras zonas da cidade, e por suposto duplican ou triplican os do interior do país. Mención especial merece tamén o porto fluvial, onde se poden ver barcos mercantes e unha grande actividade.

O Castelo de Bratislava foi erixido no século XV durante o reino de Sexismundo de Luxemburgo. En 1811, un incendio destruíu o castelo, así como gran parte do casarío contiguo, logo do cal se realizou unha reconstrución gradual. Actualmente, o castelo alberga o Museo Nacional Eslovaco, que abrangue exhibicións arqueolóxicas, históricas e artísticas.

Tradicionalmente, a cidade foi influída por varias nacións e como é común en antigas cidades do Imperio Austrohúngaro, tivo o nome Pozsony (Presburgo ) ata a fin da Primeira Guerra Mundial. (Pressburg en alemán e Prešporok en eslovaco son aínda nomes oficiais recoñecidos)

Carpo (homónimos)

Carpo pode referirse a:

Carpo, o cunxunto dos ósos que costitúen o esqueleto do pulso.

Carpo, cuarto artello das patas dos crustáceos, terceiro dos que forman o endopodito.

Carpo, unha das Horas da mitoloxía grega.

Carpo, un satélite natural de Xúpiter.

Carpo, individuo do pobo dos Carpos, tribo dacia que habitaba nas abas orientais dos montes Cárpatos.

Carpo de Antioquía, un antigo matemático grego.

Carpo de Beroia, un dos setenta discípulos, citado no Novo Testamento en 2 Timoteo.

Carpos

Os carpos eran unha tribo dacia que habitaba as abas orientais dos montes Cárpatos.

O seu nome semella estar vencellado ao lugar onde viviron, significando a "rocha" ou o "outeiro".("carpë"=rocha albanés; "kar"=pedra armenio "chrb"=outeiro checo).

Mentres ca maioría das tribos da Dacia (como os costobocios) ou foron derrotadas polo Imperio romano ou absorbidas polos pobos xermánicos, os carpos medraron o seu poder no transcurso do século II, converténdose até as invasións bárbaras nos adversarios máis importante de Roma na Europa sudoriental. No período que vai do 238 ao 273, aliados cos godos, os carpos atacaron a provincia romana de Moesia. A finais de século atacaron as cidades tracias de Calatis, Dionisópole e Marcianópole.

Convertidos nunha seria molestia para o Imperio, Diocleciano combateunos e venceu en 297 adquirindo o sobrenome de "Carpicus Maximus". Segundo Amiano Marcelino foron deportados a Panonia na zona onde esta a actual cidade de Pécs, onde permaneceron até as invasións hunas. Sexto Aurelio Víctor confírmao, mais os seus posteriores ataques fan dubidar diso. Noméaos por derradeira vez o historiador Zósimo coa denominación de dacio-carpos (quizais para diferencialos dos panónicos), no transcurso da narración das campañas danubianas de Teodosio o Grande nos derradeiros anos do século IV, sendo derrotados por este.

O futuro dos carpos (e outros grupos dacios non conquistados polos romanos) é descoñecido; probablemente ficarían asimilados aos dacios-romanos e valacos formando o actual pobo romanés. Outros serían eslavizados, coma os carpos panónicos ou os actuais ucraínos hutsules, que viven na fronteira entre Ucraína e Romanía. Por exemplo, atopáronse elementos carpos ou dacios entre os ucraínos sudoccidentais (Hutsúlshchina, Bucovina, Podolia). Outra das posibilidadades é que emigraron cara ao sur para formar o pobo albanés actual; as semellanzas que existen entre as linguas albanesa e romanesa avalan esta hipótese.

Chaira panónica

A chaira panónica é unha gran chaira de Europa Central orixinada tras o desecamento durante o Plioceno do Mar Panonio. O río Danubio divídea aproximadamente pola metade e é un subsistema xeomorfolóxico do sistema Alpes-Himalaia.

Escáncer

O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia Anguidae pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo.

Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso.

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Grévol

O grévol, Tetrastes bonasia, é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que compoñen o xénero Tetrastes, propia dos bosques temperados e boreais de Europa e Asia.

Henrique I de Alemaña

Henrique I, chamado o Paxareiro, nado en 876 e finado o 2 de xullo de 936, fillo de Otón I de Saxonia e pai de Otón I de Alemaña e de Henrique I, duque de Baviera, foi duque de Saxonia dende 912 e rei da Francia Oriental dende 919 até a súa morte. Primeiro da dinastía otoniana de reis e emperadores alemáns, é xeralmente considerado como o fundador e primeiro rei do Estado alemán medieval, coñecido ata entón como Francia Orientalis. Un ávido cazador, obtivo o sobrenome "o Paxareiro" porque se di que estaba a fixar as súas redes de caza de aves cando os mensaxeiros chegaron a informalo de que ía ser rei.

Lúa

A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.

A rotación da Lúa foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra. O hemisferio visible está marcado con escuros mares lunares de orixe volcánico entre as brillantes montañas antigas e os destacados astroblemas. Malia ser en aparencia o obxecto máis brillante no ceo despois do Sol, a súa superficie é en realidade moi escura, cunha reflexión similar á do carbón. A súa prominencia no ceo e o seu ciclo regular de fases fixeron da Lúa un obxecto con importante influencia cultural desde a antigüidade tanto na linguaxe, como no calendario, a arte ou a mitoloxía. A influencia gravitatoria da Lúa produce as mareas e o aumento da duración do día. A distancia orbital da Lúa, preto de trinta veces o diámetro da Terra, fai que se vexa no ceo co mesmo tamaño que o Sol e permite que a Lúa cubra exactamente ao Sol nas eclipses solares totais. Esta coincidencia de tamaño visual aparente é unha coincidencia. A distancia lineal da Lúa á Terra está aumentando a un ritmo de 3,82 ± 0,07 cm por ano, aínda que esta taxa non é constante.A Lúa é o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado. Aínda que o programa Lúa da Unión Soviética foi o primeiro en alcanzar a Lúa cunha nave espacial non tripulada, o programa Apolo de Estados Unidos conseguiu as únicas misións tripuladas ata a data, comezando coa primeira órbita lunar tripulada polo Apollo 8 en 1968, e seis aluaxes tripulados entre 1969 e 1972, sendo o primeiro o Apollo 11 en 1969. Estas misións regresaron con máis de 380 kg de rocha lunar, que permitiron alcanzar unha detallada comprensión xeolóxica das orixes da Lúa (crese que se formou fai 4500 millóns de anos logo dun grande impacto), a formación da súa estrutura interna e a súa posterior historia.

Desde a misión do Apollo 17 en 1972, foi visitada unicamente por sondas espaciais non tripuladas, en particular polos astromóbiles soviéticos Lunokhod. Desde 2004, Xapón, China, India, Estados Unidos, e a Axencia Espacial Europea enviaron orbitadores. Estas naves espaciais confirmaron o descubrimento de auga xeada fixada ao regolito lunar en cráteres que se atopan na zona de sombra permanente e están situados nos polos. Planeáronse futuras misións tripuladas á Lúa, tanto por gobernos como por empresas privadas, pero non se puxeron en marcha aínda. A Lúa mantense, baixo o tratado do espazo exterior, libre para a exploración de calquera nación con fins pacíficos.

Moldavia

A República de Moldavia (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Río Dnister

O Dnister[Cómpre referencia] (Dniestr en polaco, Дністер, en ucraíno, Nistru en romanés, Днестр (Dniestr) en ruso e Tyras en latín) é un río da Europa oriental, cunha lonxitude de 1.370 km e un caudal medio de 380 m³/s, que atravesa a Ucraína e Moldavia.

Río Olt

O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².

O río atravesa os distritos romaneses de Harghita, Covasna, Braşov, Sibiu, Vâlcea e Olt.

Río Siret

O río Siret (en ucraíno: Серет; en ruso: Сирет; en húngaro: Szeret; o seu antigo nome en latín era Hierasus) é un longo río europeo, un dos principais afluentes do río Danubio que discorre por Ucraína e Romanía. Ten unha lonxitude de 706 km (559 km en Romanía) e drena unha conca de 44.835 km².

Saiga

O saiga, Saiga tatarica, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.Para a maioría dos autores é unha especie monotípica, isto é, a única do seu xénero, na que se recoñecen dúas subespecies.

Tracios

Os tracios foron un pobo indoeuropeo, que vivía na rexión de Tracia e en rexións próximas (territorios das actuais Bulgaria, Romanía, Moldavia e leste de Serbia). Falaban a lingua tracia.

Varsovia

Varsovia (en polaco: Warszawa, [varˈʂava] (AFI), escoitar; en alemán: Warschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos.

A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas. A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.

A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.

O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.

Visigodos

O pobo dos godos foi nomeado xa por Tácito, que os chamou Gotones. Entón habitaban o Norte de Xermania, en terras que antes poboaron Boii, Getae e Scythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana e sármata) e dominaron do Theiß (en alemán) ou (Tisza) ao Don e do Ponto ao mar Báltico.

Xeografía de Romanía

Unha grande parte das fronteiras da Romanía coa Serbia e Bulgaria seguen o curso do Danubio. No Danubio vai desaguar o río Prut, que serve de fronteira coa Moldavia.

Os montes Cárpatos dominan a parte occidental da Romanía, con picos de ata 2 500 m. O máis elevado, o Moldoveanu, atinge os 2.544 m.

As principais cidades son a capital, Bucarest, Braşov, Timişoara, Cluj-Napoca, Constanţa, Craiova, e Iaşi (Jassy).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.