Monterroso

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015 tiña 3778 habitantes (1880 homes e 1898 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterrosino.

Coordenadas: 42°47′33″N 07°50′10″O / 42.79250, -7.83611

Monterroso
Bandeira de Monterroso
---
Escudo de Monterroso
MonterrosoConcelloIgrexa
Casa do Concello e Igrexa parroquial.
Situacion Monterroso
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Ulloa
Poboación3.667 hab. (2018)
Área114,6 km²
Densidade32 hab./km²
Entidades de poboación28 parroquias
Capital do concelloMonterroso
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Gato Soengas (Independientes X Monterroso[3] [4])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 3
Outros: IxM 4; CxG 1
Eleccións municipais en Monterroso
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes77,82%
Na rede
www.monterroso.es

Poboación

Censo total 2018 3667 habitantes
Homes 1827
Mulleres 1840
Evolución da poboación de Monterroso   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5524 5808 5795 4763 4237 4241 4032 3969 3888 {{{13}}} 3667
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.

No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre[6] amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.

A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.

En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.[7]

Monterroso na cultura popular

Refraneiro
  • Bestas en pelo, hainas en Monterroso [8].
Cantigueiro
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo [9].
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo [10].
  • Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo [11].
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo [11].
  • Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.[12]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Monterroso.
Praia fluvial.
Praia fluvial. 
Torre e pazo de San Miguel das Penas.
Torre e pazo de San Miguel das Penas. 

Lugares de Monterroso

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. La junta electoral central confirma que en Monterroso ganó Antonio Gato
  4. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Monterroso". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, La reina Urraca, ed. Nerea, 2006.
  7. Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso Arquivado 11 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  9. No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey 1929, 189.
  10. No texto: qu’eu, d’a cabalo. Saudade nº 4, xullo 1943, 27.
  11. 11,0 11,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín, de un.
  12. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 57. ISBN 978-84-9812-210-7.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cabana Outeiro, Alexandra e Xohán Cabana, Darío (2001): Monterroso na Ulloa. Lugo, Concello de Monterroso.
  • Giz Ramil, Julio (1990): Monterroso en las tierras de Ulloa, León, Everest.
  • Gómez Alvite, M. J. (2010): A feira de Monterroso. Elementos do patrimonio histórico (V), 221 pp. Concello de Monterroso.
  • Méndez Vázquez, Carlos (1983): Castros de Monterroso, Lugo, Alvarellos.
  • Yebra de Ares, A. (1987): Monterroso. Pasado y presente. Lugo, Deputación Provincial de Lugo.
Etnografía
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • Bouza Brey, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 153-204 [en facsímile II].
  • Lorenzo Fernández, X. (1973): Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo.
  • Rodríguez González, E. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bidouredo, Monterroso

Santiago de Bidouredo é unha parroquia do concello lugués de Monterroso. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 46 habitantes (22 homes e 24 mulleres), dezaseis menos ca en 1999.

Comarca da Ulloa

A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2014 tiña 9532 habitantes, 4690 homes e 4842 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Leborei, Monterroso

Santa María de Leborei é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 46 habitantes, deles 21 eran homes e 25 eran mulleres, o que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Ligonde, Monterroso

Santiago de Ligonde é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 196 habitantes (104 homes e 92 mulleres), o que supón unha diminución en 9 habitantes en relación ao ano anterior.

Lodoso, Monterroso

San Xoán de Lodoso é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 76 habitantes, deles 34 eran homes e 42 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Marzán, Monterroso

Santa María de Marzán é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 69 habitantes (34 homes e 35 mulleres), un máis ca en 2006.

Novelúa, Monterroso

San Cristovo de Novelúa é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 115 habitantes (62 homes e 53 mulleres), cinco menos ca en 2006.

O Bispo, Monterroso

Santa María do Bispo é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 53 habitantes, deles 23 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 57 habitantes.

Os Ferreiros, Monterroso

San Cibrao dos Ferreiros é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 41 habitantes (20 homes e 21 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Penas, Monterroso

San Miguel de Penas é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 169 habitantes, deles 114 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pol, Monterroso

San Cibrao de Pol é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 64 habitantes, deles 28 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Salgueiros, Monterroso

Santa María de Salgueiros é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres), sete menos ca en 1999.

San Breixo, Monterroso

San Salvador de San Breixo é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 178 habitantes, deles 88 eran homes e 90 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Satrexas, Monterroso

Santa Eufemia de Satrexas é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 72 habitantes, deles 31 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sirgal, Monterroso

Santo André de Sirgal é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 31 eran homes e 28 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sucastro, Monterroso

Santa Mariña de Sucastro é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 89 habitantes, deles 45 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Tarrío, Monterroso

Santa María de Tarrío é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 52 habitantes, deles 26 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Valboa, Monterroso

San Salvador de Valboa é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. En 2007 tiña 56 habitantes (24 homes e 32 mulleres), 2 menos ca no ano anterior.

A igrexa parroquial, de arquitectura románica, foi construída en 1147.

Viloíde, Monterroso

San Cristovo de Viloíde é unha parroquia do concello de Monterroso na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 33 eran homes e 22 eran mulleres, o que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.