Monterrei, Monterrei

Santa María de Monterrei é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Monterrei
Iglesia de Santa María de Gracia de Monterrei xeral
Igrexa de Santa María de Gracia de Monterrei.
ConcelloMonterrei
Poboación76 hab. (2017)
Entidades de poboación2

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Monterrei, Monterrei.
Monterrei, Monterrei, Monterrei 11
Monterrei, Monterrei, Monterrei 07
Igrexa de Santa María de Gracia, Monterrei
Monterrei, Monterrei, Monterrei 04

Lugares e parroquias

Parroquias de Monterrei

Véxase tamén

Outros artigos

A Pousa, Monterrei, Monterrei

A Pousa é un lugar pertencente á parroquia de Santa María de Monterrei, no concello ourensán de Monterrei.

A Pousa sitúase a unha altitude entre os 400 e os 420 m sobre o nivel do mar. O seu territorio agrícola é contiguo á aldea e está atravesado pola estrada OU-1021. As terras de labor desenvólvense de noroeste a sueste, ocupando terreos sen relevo destacable que se estenden ao longo de toda a franxa que chega ata o río Támega polo leste. A Pousa ocupa unha superficie dunhas 7,51 has., das que arredor de 3,35 has. corresponden ao seu núcleo tradicional. Ten 48 vivendas, do que resulta unha densidade de 6,39 viv./ha.A Pousa está situada na proximidade do camiño que conecta Monterrei con Laza pasando por Estevesiños e Vences. Está atravesado polo camiño que leva a Verín, identificado coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII de Antonino Pío, no punto no que se cruza co que leva a Vilela. Este camiño foi integrado a partir da idade media no Camiño de Santiago, na variante da Vía da Prata que pasa por Laza. En 1848 menciónase como pertencente ao concello de Laza.

Castelo de Monterrei

O castelo de Monterrei é unha fortificación medieval, situada no concello de Monterrei, nun outeiro sobre o val do río Támega, na confluencia entre os camiños de Pobra de Seabra e Ourense. É unha das fortalezas mellor conservadas de Galiza. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931, e na actualidade é un Ben de Interese Cultural.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Galería de imaxes de Monterrei, Monterrei

Santa María de Monterrei é unha parroquia que se localiza no concello de Monterrei.

Monterrei, Monterrei, Monterrei

Monterrei sitúase a entre 500 e 520 m de altitude no alto dunha pequena elevación que domina o val de Monterrei, nas estribacións da serra de San Salvador, sobre o río Támega. O relevo do contorno ten unha acusada pendente que descende cara ao val polas bandas este, sur e oeste do núcleo e sobe cara á serra pola súa banda noroeste.

Monterrei é a cabeceira da parroquia de Santa María de Monterrei, á cal pertence tamén A Pousa. É un asentamento de tamaño medio, con 2,69 ha intramuros. Todo o seu recinto fortificado ocupa unha extensión próxima ás 9 has. Na actualidade o núcleo de Monterrei non ten función residencial e os únicos edificios que non están arruinados teñen un uso dotacional.

Preferente Autonómica de Galicia 2015/16

A tempada 2015–16 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 23 de agosto de 2015 e finalizou o 22 de maio de 2016.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.