Monterrei

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés[5], montederrense[6] ou montederreguense.

Coordenadas: 41°57′00″N 7°25′00″O / 41.95000, -7.41667

Monterrei
Bandeira de Monterrei
---
Escudo de Monterrei
Casa do Concello.
Ponte vella de Martiñán.
Casa do Concello e Pazo das damas.
Situacion Monterrei
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación2.602 hab. (2018)
Área119,1 km²
Densidade21,85 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luís Suárez Martínez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7

Outros: VDEM 3
Eleccións municipais en Monterrei
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes79,99%
Na rede
http://www.monterrei.es/

Xeografía

O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda.

Demografía

O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Na actualidade Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.

Censo Total (Habitantes) 2.809 (2014)
Menores de 15 anos 155 (5.52 %)
Entre 15 e 64 anos 1.487 (52,94 %)
Maiores de 65 anos 1.167 (41.54 %)
Evolución da poboación de Monterrei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.233 5.156 6.108 5.005 3.187 3.036 2.924 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Monterrei na literatura popular

  • De ise outro lado do río/ ouvín cantar e chorei,/ eran os estudeantes/ que ían pra Monterrei [7].
  • Do outro lado do río/ ouvín cantar e chorei:/ eran os meus amoriños/ que ían pra Monterrei [8].
  • Do outro lado do río/ ouviuse cantar un rei:/ era un estudiantiño/ que ía pra Monterrei [9].
  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [10].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Monterrei.
Fortaleza de Monterrey

Castelo de Monterrei

Bandeira de Monterrei Ourense Galiza

Bandeira de Monterrei, Ourense.[11]

Lugares de Monterrei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterrei vexa: Lugares de Monterrei.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Monterrei". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 52. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68. No orixinal: choréi. Os xesuítas tiveron en Monterrei unha escola de moita sona desde o século XVI.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: choréi.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72)
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela seixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
  11. Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Albarellos, Monterrei

Santiago de Albarellos é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 519 habitantes (260 homes e 259 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 36 habitantes en relación ao ano 2000. Nesta parroquia está a capital do concello.

Castelo de Monterrei

O castelo de Monterrei é unha fortificación medieval, situada no concello de Monterrei, nun outeiro sobre o val do río Támega, na confluencia entre os camiños de Pobra de Seabra e Ourense. É unha das fortalezas mellor conservadas de Galiza. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931, e na actualidade é un Ben de Interese Cultural.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Condado de Monterrei

O Condado de Monterrei (ou Monterrey en castelán) é un título da nobreza española.

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro

Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

Estevesiños, Monterrei

San Mamede de Estevesiños é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 231 habitantes (108 homes e 123 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

Nesta parroquia, amais da igrexa parroquial de San Mamede, atópase a Igrexa de Santa María de Mixós.

Flariz, Monterrei

San Pedro de Flariz é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 373 habitantes (186 homes e 187 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 58 habitantes en relación ao ano 2000.

Infesta, Monterrei

San Vicenzo de Infesta é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 266 habitantes (145 homes e 121 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.

Mariana Carballal

Mariana Fernández Pérez, nada en Albarellos (Monterrei) o 10 de febreiro de 1962, é unha actriz e directora galega, máis coñecida como Mariana Carballal.

Medeiros, Monterrei

Santa María de Medeiros é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. Segundo o IGE no ano 2008 tiña 406 habitantes (204 homes e 202 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 492 habitantes.

Monterrei, Monterrei

Santa María de Monterrei é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2000.

Oímbra

Oímbra é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2020 habitantes (1991 en 2003).

Rebordondo, Monterrei

San Martiño de Rebordondo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Monterrei. Segundo o IGE en 2015 estaba despoboada a única entidade de poboación da parroquia, o lugar de Paradiña. Este lugar xunto cos lugares de Rebordondo e Pena Verde da parroquia civil de Rebordondo do veciño concello de Cualedro, forman a parroquia eclesiástica de Rebordondo do arciprestado da Limia da diocese de Ourense.

San Cristovo, Monterrei

San Cristovo é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 157 habitantes (79 homes e 78 mulleres) nunha soa entidades de poboación, o que supón unha diminución de 37 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Serras do sur de Galicia

As serras do sur de Galiza son aquelas que se estenden polo país ao longo da raia con Portugal até o río Miño. Trátase dunha agrupación de serras que non teñen unha continuidade dado que están interrompidas pola depresión de Monterrei. Teñen a fractura de varias fallas con orientación N-S ou NE-S.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vilaza, Monterrei

San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.