Montederramo

Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.

Coordenadas: 42°16′36″N 07°30′15″O / 42.27667, -7.50417

Montederramo
Bandeira de Montederramo
---
Escudo de Montederramo
Casa do Concello.
Mosteiro de Montederramo.
Casa do Concello e Fachada do Mosteiro de Santa María de Montederramo.
Situacion Montederramo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación722 hab. (2018)
Área135,6 km²
Densidade5,32 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Rodríguez Álvarez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 0
Outros: M.A.M. 3
Eleccións municipais en Montederramo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes83,30%
Na rede
http://www.montederramo.com/

Poboación

Censo total 722 (2018)
Menores de 15 anos 15 (2.08 %)
Entre 15 e 64 anos 382 (52.91 %)
Maiores de 65 anos 325 (45.01 %)
Evolución da poboación de Montederramo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.076 3.795 3.443 2.047 1.130 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico

Na parroquia de Santa María atópase o mosteiro de Santa María de Montederramo. Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia e na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico Herreriano.

Montederramo na cultura popular

Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguiu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela [5].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Montederramo.
Montederramo, Vilariño Frío, ponte

Ponte romana en Vilariño Frío.

Claustro reglar montederramo

Claustro reglar do Mosteiro.

Claustro da porteria mosteiro de montederramo

Claustro da portería do Mosteiro.

Lugares de Montederramo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Montederramo vexa: Lugares de Montederramo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Montederramo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. *Risco, V. (1962): "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, (reed. Akal 1979, 255-777). Páx. 345.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Medorra, Montederramo

Santiago da Medorra é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 54 habitantes (29 homes e 25 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

As Chás, Maceda

San Xoán das Chás é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica das Chás que está formada polos 5 lugares desta parroquia civil, máis os 8 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

As Chás, Montederramo

San Xoán das Chás é unha parroquia do concello de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 67 habitantes (36 mulleres e 31 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica das Chás que está formada polos 8 lugares desta parroquia civil, máis os 5 lugares da parroquia homónima do concello de Maceda.

Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Covas, Maceda

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Maceda na comarca de Allariz-Maceda da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 4 habitantes (1 home e 3 mulleres) nunha das dúas entidades de poboación que compoñen a parroquia, estando a outra despoboada.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 9 lugares da parroquia homónima do concello de Montederramo.

Covas, Montederramo

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 59 habitantes (27 mulleres e 32 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Covas que está formada polos 9 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Maceda.

Gabín, Montederramo

San Pedro de Gabín é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 93 habitantes (52 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación (A Ferrería, Fontedoso, Gabín, Mazaira, A Mogaínza, As Pereiras, O Teixedo, Touzal, Valdarias e Vilanova); o que supón unha diminución de 24 habitantes en relación ao ano 2000.

Macizo Central ourensán

O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.

A zona acolle a beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.780 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).

Marrubio, Montederramo

Santo André de Marrubio é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 106 habitantes (55 homes e 51 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

Montederramo, Montederramo

Santa María de Montederramo é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 183 habitantes (91 homes e 92 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2000.

Mosteiro de Santa María de Montederramo

O mosteiro de Santa María de Montederramo é un mosteiro galego medieval, beneditino e logo da orde do Císter posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social ata desamortización. A fachada da igrexa é un exemplo do estilo herreriano en Galicia.

Nogueira, Montederramo

Santa María de Nogueira é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 69 habitantes (36 homes e 33 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.

Os Abeledos, Montederramo

San Vicente dos Abeledos é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

O fitónimo Os Abeledos fai referencia á abundancia de abeleiras.

Paredes, Montederramo

Santa María de Paredes é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 59 habitantes (32 homes e 27 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 24 habitantes en relación ao ano 2000.

San Cosme de Montederramo, Montederramo

San Cosme de Montederramo é unha parroquia do concello de Montederramo. Segundo o IGE en 2011 tiña 83 habitantes (42 homes e 41 mulleres).

A maioría dos seus habitantes adícanse a gandería e a agricultura. Celebra as súas festas patronais o 26 de setembro na honra de San Cosme.

Sas do Monte, Montederramo

San Pedro de Sas do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 37 habitantes (19 homes e 18 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Seoane Vello, Montederramo

San Xoán de Seoane Vello é unha parroquia do concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 20 habitantes en relación ao ano 2000.

Serra de San Mamede

A serra de San Mamede forma xunto coa serra da Queixa, a serra do Fial das Corzas e os montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo (ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romaría na segunda semana do mes de agosto.

Vilariño Frío, Montederramo

Santa María de Vilariño Frío é unha das 13 parroquias do concello ourensán de Montederramo, situada na Terra de Caldelas. Segundo o IGE en 2012 tiña 84 habitantes (45 mulleres e 39 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.