Monteagudo

O topónimo galego Monteagudo pode referirse a:

En Galicia
En España
Na Arxentina
  • Monteagudo, localidade e comuna rural do departamento Simoca da provincia de Tucumán.
  • Monteagudo, localidade do departamento Guaraní da provincia de Misiones.
En Bolivia

Amais, como apelido pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

10 de agosto

O 10 de agosto é o 222º día do ano no calendario gregoriano e o 223º nos anos bisestos. Quedan 143 días para finalizar o ano.

22 de febreiro

O 22 de febreiro é o 53º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 312 días para finalizar o ano, 313 nos anos bisestos.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Castelo de Brandufe

O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.

Codeseda, A Estrada

San Xurxo de Codeseda é unha parroquia do concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.

Cíes

As Illas Cíes, chamadas no pasado Illas de Baiona forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo, pertencente ás Rías Baixas, na provincia de Pontevedra, Galiza. As illas pertencen ao concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas. Foron declaradas parque natural en 1980, e están incluídas no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza creado o 1 de xullo de 2002. Son tamén unha zona especial de conservación (ZEC) e, polas importantes colonias de aves mariñas, contan coa declaración de Zona de Especial Protección para as Aves da Rede Natura 2000.

Dolmen

Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Grial (revista)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Luís Monteagudo

Luís Monteagudo García, nado na Coruña en 1919 e finado en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2018, foi director do Museo Arqueolóxico da Coruña, membro do Deutsches Archäologisches Institut de Berlín, colaborador de Prähistorische Bronzefunde e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Monte da Zapateira

A Zapateira é un monte de 236 metros de altitude, no límite dos concellos da Coruña, Culleredo e Arteixo.

Monteagudo, Arteixo

San Tomé de Monteagudo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 353 habitantes (184 mulleres e 169 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 429 habitantes.

Monteagudo, Codeseda, A Estrada

Monteagudo é un lugar na parroquia de Codeseda no concello da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.

No ano 2009 tiña 8 habitantes, deles 5 eran homes e 3 eran mulleres, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 11 habitantes.

Neste lugar está o Pazo de Monteagudo ou Casa de Ballesteros, catalogado no inventario patrimonial de Galicia.

Monteagudo de las Vicarías

Monteagudo de las Vicarías é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 246 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 97,04 km².

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Valderrueda, León

Valderrueda é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 1.001 habitantes (2011).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.