Monte do Castro

O monte do Castro é un outeiro de 149 m no que nas súas abas se sitúa a cidade de Vigo. Constitúe un dos maiores parques da cidade tras o de Castrelos. Inclúe ademais dunha boa mostra de especies botánicas, diversos monumentos, unha fortaleza no cumio convertida en miradoiro, e un museo a ceo aberto do poboado castrexo, orixe da vila. Ten unha superficie total de 21 hectáreas.

O Castro de Vigo (43)
Áncoras, monumento aos galeóns de Rande.

Historia

O monte do Castro era chamado antigamente monte Feroso ou Terroso.[1][2]

O espazo foi noutrora o lugar de emprazamento dun antigo poboado fortificado (castro) do que se pode apreciar hoxe unha parte escavada en distintas intervencións arqueolóxicas, con varias construcións circulares (prerromanas) e cuadrangulares (forma proveniente da romanización). O Castro de Vigo está datado entre os séculos VI antes de Cristo ao II despois de Cristo. O mundo castrexo coincide coa chamada Idade de Ferro en Galicia e a romanización nos seus albores. No parque tamén se poden contemplar os restos dunha das fortificacións do século XVII que formaban parte -xunto co próximo castelo de San Sebastián e as murallas que rodeaban a cidade antiga- da estrutura defensiva de Vigo.

O Castro de Vigo (48)
Vista do castro.

O monte do Castro é o punto de orixe da cidade de Vigo, o lugar onde os primeiros poboadores se asentaron. Así podemos atopar restos castrexos datados do século II e III a. C. Hoxe en día aínda se conservan unhas 45 construcións pétreas na aba dereita do monte.

Na Idade Media construíuse o Castelo do Castro que coroa a cima do Castro, agora convertido en miradoiro. Nel podemos atopar o monumento dedicado ao empuxe vigués e aos canteiros. En 1934 o monte foi cedido á cidade de Vigo polo Ministerio de Guerra. Decidiuse converter en parque polo que se plantaron especies arbóreas ornamentais e exóticas. Nese momento escávase o castro.

Nos primeiro anos do século XXI as escavación arqueolóxica é restaurada e convertida nun museo a ceo aberto.

Características

Parquedocastro
A polémica Cruz dos Caídos e a escalinata.

Vigo defínese pola inclinación das súas rúas cara ao mar, o monte do Castro (149 m) é un deses puntos elevados da cidade dende o que se olla toda a ría.

Na vertente oeste, fica o castro que dá nome ao recinto. O poboado prehistórico sorprende pola proximidade coas casas. Encóntrase parcialmente escavado con predominio das edificacións circulares. Esta parte do parque está ocupada por un amplo piñeiral.

Sen dúbida, a coroa do monte presidida pola fortaleza que se conserva íntegra é un dos puntos de maior interese. No seu perímetro encóntranse múltiples elementos da antiga construción defensiva nun espazo axardinado e dotado dunha fonte central. Dende o miradoiro hai unha boa panorámica sobre a baía.

Até esta contorna hai unha senda botánica das frondosas do parque que sinaliza o percorrido por máis de trinta especies diferentes. Esténdese principalmente polo lado meridional e o paseo Rosalía de Castro, que arrodea o centro do parque e comunica varios establecementos hostaleiros.

Ademais dos paseos, O Castro contén un gran número de instalacións de lecer urbano. Na vertente oriental ou paseo dos Cedros atópase a zona de recreo infantil denominada parque Charlie Rivel, onde se atopa unha pista de patinaxe e skate, unha pista-circuíto de bicicletas con semáforos, dous parques infantís, dúas cafetarías, un parque botánico e un pequeno encoro de parrulos.

Patrimonio natural

O Castro é un magnífico parque botánico, con gran variedade de especies tanto autóctonas como foráneas. Cómpre destacarmos que o monte ficaba completamente desarborado até mediados do século XX, como amosan as fotografías antigas, especialmente da feira de gando que se celebraba onde hoxe está a praza do Rei e a casa do concello. Estaba cuberto de vexetación arbustiva atlántica empregada coma estrume: uces, queiroas, toxos e xestas.

No momento que se estudou coma parque comezaron a se plantar especies ornamentais, hoxe convertidas en destacados exemplares de piñeiros, cedros e camelias principalmente. Tamén atopamos tileiros (principalmente nos paseos), carballos, xinkgos etc.

A respecto da fauna, ademais de numerosos paxaros, en ocasións téñense visto esquíos e incluso no estío unha pequena ave rapaz nocturna chamada moucho de orellas (Otus scops ).

Patrimonio histórico artístico

Parque do Castro
Parque alta da fortaleza e miradoiro.

No parque atopamos unha vintena de esculturas. Encóntrase un monumento dedicado a Curros Enríquez, un dos máximos representantes da literatura galega do século XIX; un monumento dedicado ao trobador medieval Martín Codax, así coma diferentes pezas pétreas de animais, coma un oso ou unha xirafa. Quizais o monumento máis salientábel do parque é o dedicado á batalla de Rande de 1702, un pequeno encoro con tres grandes áncoras atopadas no leito do estreito completado con cinco canóns recuperados de buques naufragados na ría. Na aba cara á praza do Rei e a avenida das Camelias áchase a polémica Cruz dos Caídos, monumento franquista en honra aos caídos durante a Guerra Civil española, coa súa grande escalinata que ascende até os pés da fortaleza. No alto da fortaleza, no medio dun encoro áchase o monumento "O Empuxe Vigués", de Camilo Nogueira Martínez (1969).

Cómpre mencionar tamén a existencia de pasadizos soterrados que comunicaban con diferentes puntos da vila no século XVII e que serviron coma punto de execucións durante a Guerra Civil Española.

Existía no alto do monte un edificio do século XX de perpiaño e ameado acaroado á fortaleza (chamado "El Castillo"), que até hai pouco fora un coñecido restaurante da cidade. Desde finais do século XX estaba en ruínas e agochaba parte da muralla. A finais de 2013 por orde do Concello de Vigo iníciase o derrubamento do edificio.[3]

Fortaleza

Artigo principal: Fortaleza do Castro.

O Castelo do Castro, do século XVI, formaba parte do sistema defensivo da cidade. Construíuse na Idade Media ao mesmo tempo que a Fortaleza de San Sebastián e mais a fortaleza que unía ambas as fortificacións. A fortaleza do Castro estaba formada por tres recintos amurallados. Na actualidade só se conserva o primeiro recinto e parte do segundo; o terceiro, que sería a muralla da cidade, desapareceu na súa totalidade. O primeiro recinto é a fortaleza que coroa o cumio do Castro, agora convertida en miradoiro. O segundo recinto é a fortaleza de San Sebastián, na actualidade ocupado pola praza do Rei e a casa consistorial. Atopáronse pasadizos e túneles que comunicaban os castelos entre si e coa cidade.

Ten forma poligonal e está construída en fábrica de perpiaño de granito. Áchase aberta ao público, sendo un dos lugares de máis interese do parque. Por unha banda polo miradoiro, con excelentes vistas á ría, pola outra, pola ruta botánica e os xardíns da parte alta, onde salienta a fonte e a escultura do “empuxe vigués” de Camilo Nogueira Martínez, símbolo da vila. A fortaleza atópase baixo protección de Patrimonio Histórico Español.

Poboado castrexo

Artigo principal: Castro de Vigo.

O sitio está aberto á visita pública dende febreiro de 2010.

Aínda que existen accesos rodados, o principal ascenso a pé parte da Praza do Rei xunta a casa do Concello, onde ata os anos 70 se conservou o castelo de San Sebastián do que na actualidade só son visibles fragmentos da muralla. Unha longa escalinata con descansos e miradoiros propician un ascenso sen présas.

Servizos: Castro, fortaleza. Miradoiros. Xogos infantís. Rótulos botánicos (Ruta das frondosas). Merendeiros. Aparcadoiro. O parque está aberto sempre ao público de xeito gratuíto. A visita do sitio do Castro ten un horario:

  • Horario de Inverno (outubro - abril): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 16 a 18 horas polas tardes.
  • Horario de Verán (maio - setembro): mércores a domingo de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
  • Visitas guiadas gratuítas: Teléfono de información cidadá 010.

Galería de imaxes

Vigo dende o monte do castro

Vista dende o monte.

Castro de vigo

Citania.

O Castro de Vigo (42)

Parque co castro no fondo.

O Castro, Vigo

O antigo restaurante “El Castillo”, hoxe derrubado.

Vigo-A los Galeones de Rande-1967 08 26

Monumento aos galeóns de Rande.

Monte castro

Vista do parque co concello e a ría ao fondo.

Notas

  1. Parque do Castro en Turgalicia
  2. El Feroso da su adiós a las armas artigo no xornal La Voz de Galicia (en castelán)
  3. "El Concello inicia el derribo del antiguo restaurante El Castillo" en La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Lama

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

A Merca

A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).

Besomaño, Ribadumia

Santa María de Besomaño é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ribadumia. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 147 habitantes (68 mulleres e 79 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 173 veciños, e 2005, cando eran 197

Nesta parroquia están os restos do poboado castrexo de Monte do Castro, habitado entre o século III ANE e o século I.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Estadio Municipal de Barreiro

O Estadio Municipal de Barreiro é un estadio de fútbol situado na parroquia de Lavadores de Vigo. É propiedade do concello de Vigo.

É utilizado como feudo local polo Celta de Vigo B, que xoga na Segunda B. Ten capacidade para 4.500 espectadores. É utilizado tamén polo Gran Peña Fútbol Club.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Fortaleza do Castro

A fortaleza do Castro é un forte ergueito no alto do monte do Castro, na cidade de Vigo. A fortaleza actual data do século XVI, e formaba parte, xunto co Castelo de San Sebastián e as desaparecidas murallas da cidade, dunha rede estratéxica de castelos para a defensa da cidade.

Hospital Xeral de Vigo

O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde. O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa característica cor verde cobre froito das últimas rehabilitacións da fachada.

A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, atópase dende 2017 en obras de rehabilitación para poder acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo.

Illa de Toralla

Toralla é unha pequena illa situada na costa sur da ría de Vigo, a uns 200 metros da praia do Vao. Pertence ao concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2013 tiña 142 habitantes (76 homes e 66 mulleres).

Monte da Guía

O monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo. É un dos parques maiores da cidade.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande. Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Está coroada por unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves: Nosa Señora da Guía, obra do arquitecto Manuel Gómez Román.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Conta cunha carballeira e distintas especies ornamentais de interese, nas que destacan ademais dos carballos, os piñeiros.

O monte da Guía está conectado co centro da cidade a través do autobús urbano (liña 17).

Paderne

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.502 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Portas

Portas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal, no ano 2014 tiña unha poboación de 3.025 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portense».

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Santa Comba, Agolada

San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo. Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisíologo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.