Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Monte Xiabre
Monte Xiabre.
IX Rapa das Bestas do Xiabre en Catoira
IX Rapa das Bestas do Xiabre en Catoira.

Características

Ten abundante vexetación, debido a ter unhas precipitacións anuais duns 1.500 mm. É o máis alto dunha serie de cumios da mesma serra, coma o Aguadelo (413 m), Lobeira (290 m), A Xaiba (280 m) ou o Pousadoiro (220 m).

Dende a aba oeste obsérvase Vilagarcía de Arousa e a ría de Arousa.

Monte Xiabre desde Lobeira
Vista desde Lobeira.

A zona de Fontefría é unha pradeira con regatos, que conta cunha área recreativa con mesas.

Nos últimos anos sufriu moitos incendios forestais que devastaron decenas de hectáreas. Un dos incendios máis importantes tivo lugar o 23 de agosto de 2005 que arrasou moitas zonas da montaña.

Este monte sufriu tamén, como outras zonas, a vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia, cando en Xiabre arderon centos de hectáreas que provocaron unha fumareda de máis de 5 quilómetros de radio.

No pico da Gaiba atópase un poboado castrexo aparentemente ben conservado. En diversos chans, como a denominada Rosa de Parroibas, localizáronse diversos túmulos funerarios de probable cronoloxía neolítica. Un destes túmulos, o máis grande, está nun esporón chamado Fonte Loureiro. Os veciños de Castrogudín contan diversas lendas que unen o castro da Xaiba co pobo a través dunha gabia (de onde viría o nome). Tamén sinalan a existencia dun túnel ou gabia dende Fonte Loureiro.

Xiabre Galicia - España
Monte Xiabre.

En 2007 a prensa publicou a localización de petróglifos neste monte.

Véxase tamén

Bibliografía

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

Ligazóns externas

Castelo de Vigo

O Castelo de Vigo é unha construción defensiva sita nos Montes Penedo de Vigo, entre as parroquias de Sabugueira (Santiago de Compostela) e Vigo (Boqueixón). O estado actual é de ruínas, pero aínda é apreciable unha elevación artificial no cumio do Alto do Castelo, a 498 m de altitude.

Dende esta posición domínanse o val da Ulla e o Pico Sacro, onde había outro castelo, e garda visuais con outros picos: Pico Xesteiras, Monte Xiabre, Outeiro da Meda, Monte Muralla, Iroite, Monte Pindo, Monte Pedroso, Monte Xalo, Serra dos Ancares e Monte Farelo. Na actualidade goza tamén dunha visión privilexiada sobre o aeroporto da Lavacolla.

Cea, Vilagarcía de Arousa

San Pedro de Cea é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o INE en 2016 tiña 1 199 habitantes (620 mulleres e 579 homes), distribuídos en 36 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 248 habitantes, e 2005, cando eran 1 317.

Cordal de Montouto

O cordal de Montouto é unha importante elevación divisoria das provincias da Coruña e Lugo, entre os concellos de Aranga e Guitiriz.

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Montes do Testeiro

Os Montes do Testeiro constitúen unha serra galega localizada entre a Comarca do Deza e a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, de dirección NL-SO e superficie achairada debido á acción dos ríos Deza, Avia e Lérez, os seus cumes máis importantes son o Monte Uceiro (1003 metros) e a Pena Pixín (988 metros).

Pico Sacro

O Pico Sacro, coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa. Nel érguese unha ermida, unha cova con varias entradas e un vértice xeodésico.

Serra da Cadeira

A serra da Cadeira é unha serra pertencente ás serras orientais de Galiza que está localizada ao leste do río Masma, entre o val de Lourenzá e mais o va do río Eo.

O punto de maior altura é Cerrochán, con 776 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Lastra

A serra da Lastra é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación norte-sur e está localizada entre os concellos da Fonsagrada e de Baleira.

O punto de maior altitude é O Padornelo, con 958 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Burgo

A serra do Burgo é unha serra galega que discorre paralela á serra da Queixa, da que queda separada polo río Navea. Está ocupada por un parque eólico.

O cumio de maior altitude é O Serro, con 1.211 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Muradal

A serra do Muradal é unha das serras orientais de Galiza e está unida á serra do Hospital na súa parte norte. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas e ten dirección NE-SO.

O punto de maior altura é o Pico do Muradal, con 1.108 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pando e Maseiras

A serra do Pando e Maseiras é un sistema montañoso dentro das serras setentrionais de Galiza que pode ser considerado como unha prolongación dos Ancares. Ten orientación NE-SO.

O punto de maior altitude é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Piornal

A serra do Piornal é unhas das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE. Limita ao norte co concello de Pedrafita do Cebreiro e ao nordeste con Navia de Suarna.

O monte máis alto é o monte Carballeda, con 1.392 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Portelo

A serra do Portelo é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está localizada no concello de Becerreá.

O punto de maior altitude é o Portelo, con 938 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Pozo

A serra do Pozo é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación norte-sur e limita a norte co río Eo e polo leste cun dos seus afluentes. No sur do sistema nace o río Neira, afluente do río Miño.

O punto de maior altitude é o monte Panda, con 933 metros sobre o nivel do mar.

Valga

Valga é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valgués, valguesa».

Serras e montañas de Galiza
Dorsal galega
Serras setentrionais
Serras orientais
Macizo central ourensán
Serras do sur
Serras litorais
Varias

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.